Servicios públicos
Enquístase a folga do funcionariado de xustiza

O paro laboral continúa sen visos de arranxarse tras máis de dous meses de folga e un conflito que se arrastra desde outubro.

Xustiza en loita
Xustiza en loita Dani Gago
14 abr 2018 08:17

A folga de funcionarios da xustiza en Galiza alóngase. Os sindicatos presentaron unha solicitude para retomar as negociacións interrompidas, pero seguen sen resposta da Xunta. A última xuntanza foi o 26 de marzo.

O conflito comezou o 3 de outubro. O Comité sindical presentou entón un informe denunciando, por un lado, unha situación de inferior retribución económica con respecto a outras comunidades a pesar de seren funcionarios do Estado e, polo outro, un cadro de persoal insuficiente para atender as demandas. As negociacións avanzaron ata que a Xunta cambiou aos interlocutores a mediados de xaneiro. A folga comezou o 7 de febreiro. E ata hoxe.

As competencias de xestión están trasladadas á Xunta desde 1996, ao igual que noutras once comunidades autónomas. O orzamento devén dos Presupuestos Generales del Estado (PGE) salvo o Complemento Autonómico Transitorio (CAT), denominación que varía en cada comunidade. No momento da transferencia de competencias, Galiza tiña aos seus funcionarios no termo medio da táboa, pero mentres outras autonomías foron renovando os seus acordos, Galiza quedou á cola. Comparando a retribución económica con Cantabria, de PIB semellante, os funcionarios reciben 200 euros menos mensuais.

Os sindicatos reclaman a consolidación de prazas fixas que son cubertas por interinos, así como a recuperación de 106 prazas perdidas nas Audiencias Provinciais desde 2012. Ese ano, a Dirección Xeral de Xustiza elaborou un plan de amortización polo cal esas prazas vacantes non volvían saír a concurso, aínda que o Ministerio permitiu só dez. Tino Novoa, de CC.OO. Xustiza, afirma que “non houbo un investimento suficiente, e iso reflíctese en cuestións coma o atraso” na convocatoria de prazas.

O Ministerio fixo un plan de amortización de 106 prazas polo cal as que foran quedando vacantes (por xubilación ou outros motivos) non serían cubertas, porque as bloqueaban e non as sacaban a concurso. A cousa é que o Ministerio permitiu só 10. Por un lado, os sindicatos reclaman a súa recuperación ou a creación de postos de apoio. Polo outro, que implica tamén que vía PGE a Xunta estea recibindo fondos coma se tivesen esas prazas.

En canto á retribución económica reclaman a eliminación dos descontos salariais por incapacidade laboral temporal, que supón o 50% nos tres primeiros días e o 25% nos seguintes -e que non sofren os outros estamentos cos que traballan-, e o cobro do mesmo salario que recibirían os titulares das substitucións de corpos superiores, ademais da equiparación do CAT.

NEGOCIACIÓNS QUE NON EXISTEN


As negociacións entre a Xunta e os sindicatos con mediación do Consello de Relacións Laborais avanzaban en todos os puntos. Pero a mediados de xaneiro o Goberno situou á Consellería de Facenda á fronte, rexentada por Valeriano Martínez. Pablo Valeiras, portavoz do comité de folga, denuncia que “as negociacións como tal non existen. Chegan á mesa, presentan unha oferta, e se non aceptamos, levántanse. Así ata que nos volven chamar quince días máis tarde”.

Alfonso Rueda, número dous do goberno de Feijóo, estivera presente nas primeiras xuntanzas pero deixou de asistir pese a ser a cara visible da Xunta no conflito. Fontes sindicais apuntan a que Rueda, posible candidato a suceder a Feijóo no goberno, perdeu a batalla. Valeriano Martínez, alongando as negociacións, estaría desgastando a Rueda. Un dos posibles beneficiados desta situación sería Francisco Conde, outro posible candidato, hoxe Conselleiro de Economía, Emprego e Industria.

“QUE MIGREN”


“Se non están de acordo [coa oferta da Xunta] que migren”, expoñía en febreiro o director xeral de Función Pública, José María Barreiro. Entón chegou a folga, con ata un 95% de seguimento, segundo datos sindicais. Actualmente atoparíanse por riba do 80%, segundo as mesmas fontes. O comité denunciou os servizos mínimos por consideralos abusivos ante o Tribunal Superior de Xustiza, sen recibir resposta. Máis tarde, a Xunta emitiu un informe declarando que os servizos mínimos eran insuficientes. Despois, o tribunal mandou unha directriz a través da Secretaría de Goberno aseverando que era necesario propor un aumento. Ademais, o 4 de decembro a Cámara aprobou unha moción pola cal se instaba ao Goberno a resolver o problema, incluído o voto da propia bancada popular, pero a Xunta non está a cumprir o mandato parlamentario.

“Salvo causas excepcionais que vemos en dereito penal ou de familia, a maioría de xuízos están sen celebrarse”, explica Javier Villar, que colabora cos xulgados da Parda. Ao redor duns 18.500 xuízos xa foron suspendidos. Varios xulgados do Social en Vigo están citando para finais de 2019. Novoa reclama que “a folga non só é un problema para nós, senón para toda a cidadanía. Poucas veces vimos na administración un conflito destas características. Por iso, a Xunta debería sentar a negociar”.

Cando remate a folga haberá unha sobrecarga de traballo para todos os estamentos. Os avogados que agora non teñen procesos terán unha sobrecarga por mor dos prazos computados. A fiscalía, cuxos procesos de xestión son levados por funcionarios, atópase nunha situación de certa parálise. Así todos os corpos.

Alfonso Rueda afirmou que a oferta do Goberno “suporía máis de 300 euros máis ao mes para cada traballador”. Os sindicatos afirman que, se iso fose verdade, firmaríano no acto. Así, as centrais sindicais pediron na última xuntanza un aumento do CAT de 180 euros. A oferta por parte da Administración foi de 135 euros para forenses, 108 para tramitadores e 105 para corpos de auxilio sen explicar os prazos nos que revisaría a suba. Queda moito por negociar.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Ayuntamiento de Madrid
Violencia institucional Una mujer con dos hijas a punto de ser desahuciadas por segunda vez en un mes
Primero, Sareb expulsó a la familias del bloque de El Yesero 10, y ahora, el recurso municipal que le asignaron, “Las Caracolas”, le ha dado un ultimátum para salir este viernes 11 de abril.
Dependencia
Dependencia Los cuidados necesitarán entre 300.000 y 600.000 trabajadores más en cinco años
Las empleadas de residencias y ayuda a domicilio reclaman mejoras en esas nuevas plazas. “Debemos tener un sistema de cuidados universal y público, debe ser un derecho y no un negocio”, piden desde el sindicato ELA.
Ayuntamiento de Madrid
Residuos La “motosierra de Almeida” no frena la oposición social al cantón de la limpieza en Montecarmelo
Los vecinos no entienden por qué el Ayuntamiento madrileño no accede a construir el cantón en una parcela técnicamente viable y que no afectaría a miles de niños y la única zona verde del barrio.
Historia
Historia Cuando la solidaridad antifascista reunió a musulmanes, judíos y cristianos en la España republicana
Marc Almodóvar y Andre Rosés rescatan a los combatientes árabes de la Brigadas Internacionales en el libro ‘Moros contra Franco. El antifascismo y la Guerra Civil española en el mundo árabe’.
Crisis climática
Crisis climática La UE se entrega al ardor guerrero mientras descuida la crisis social y la emergencia climática
Varios países de la UE ya están recortando drásticamente en servicios públicos y estado del bienestar para poder costear el aumento del presupuesto militar.
Opinión
Space X Los viajes al espacio y el efecto Katy Perry
El 2024 fue el año más caliente desde que hay registros, mientras que Katy Perry y un puñado de millonarias nos deleitaron con su viaje espacial cortesía de Jeff Bezos.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Estados Unidos
Estados Unidos La buena sintonía entre Trump y Meloni
Como era de esperar, los mandatarios mostraron afinidades políticas e ideológicas. La italiana insistió en la idea de “fortalecer Occidente”.
Más noticias
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.

Recomendadas

Economía social y solidaria
Tecnología Inteligencia Artificial y economía solidaria: ¿posibles aliadas?
¿Cómo debe relacionarse la economía solidaria con una tecnología que vulnera derechos humanos y ambientales constantemente? Cooperativas e investigadoras tecnológicas animan al movimiento a perderle el miedo y a utilizarla de manera crítica.
Valencià
València Duelo colectivo y brecha de género, las consecuencias de la dana en la salud mental
Más allá de lo material, el sufrimiento mental continúa golpeando las vidas de l´Horta Sud. Mujeres cuidadoras y colectivos vulnerables encabezan un luto que todavía no ha encontrado descanso.
Galicia
Galicia La UE cava hondo: litio gallego para el nuevo militarismo europeo
En pleno rearme ordenado desde Bruselas, Galicia entra en el tablero geopolítico como potencial proveedor de litio para la industria de defensa. Un enclave de alto valor ecológico en Doade (Ourense) se convertirá en cantera para baterías militares.