Salud Pública
Radon, o tráxico esquecemento dun problema de país

Nin goberno nin oposición afrontan con decisión un risco de saúde pública que causa a morte a máis de cen persoas en Galiza cada ano.

Coordinador do Instituto Resiliencia

3 feb 2024 06:00

Aínda que o radon é o causante dun número similar de mortes no noso país ás causadas cada ano polos accidentes de tráfico, trátase dun risco aínda pouco coñecido pola poboación, sobre o que non existen campañas informativas ou de prevención por parte das autoridades responsables da saúde pública e ao que tampouco se destinan os cartos públicos precisos. Porén, 7 de cada 100 mortes de galegas ou galegos por cancro de pulmón son debidas á exposición a este gas radiactivo emitido polos nosos solos graníticos e polas pedras e outros materiais cos que están construídas moitas das nosas vivendas, especialmente no rural, mais tamén moitos centros de traballo.

A desidia do Estado á hora de protexer a poboación deste letal risco é tal que a Unión Europea tivo que ameazar con multar o Reino de España por incumprir os prazos para a trasposición da normativa europea ao respeito. Cinco anos de retraso, nos que se produciron máis de sete mil mortes atribuíbles a este gas. E aínda así, seguen sen cumprirse dunha maneira suficiente as normas existentes relativas á protección das persoas nos centros de traballo, de estudo ou nas súas vivendas. A normativa sobre radon aplícase en España e en Galiza, tarde, mal e arrastro. E isto non ten pinta de cambiar: nalgún dos programas electorais que se van coñecendo de cara ás eleccións do 18 de febreiro, non se lle dedica nin unha soa liña, agás o do PP que fala de crear unha “Estratexia autonómica transversal de acción contra o radón” (sic). Máis, como indica o catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC Alberto Ruano, é triste que os programas electorais teñan que recoller o cumprimento do que xa é unha obriga legal. Na opinión deste investigador do Laboratorio do Radon de Galiza, resulta “sorprendente o pouco conocimiento que existe acerca do radon por parte da población”, mais tamén “a inacción da meirande parte das administracións públicas deste país”. Madia leva, cando o radon é considerado a primeira causa ambiental de cancro en países coma os EUA.

É sorprendente o descoñecemento e a inacción pública sobre o perigo que supón o radon

En case todo o territorio galego, polas súas características xeolóxicas, existen niveis elevados de emisións deste gas procedente da desintegración do uranio contido nas rochas. O problema para a nosa saúde aparece cando ese gas se coa dentro das casas, a través dun solo mal protexido, de muros e canalizacións, fendas ou materiais porosos, e se acumula. A modernización das vivendas, paradoxalmente, fai que esta acumulación se produza en moitas ocasións en concentracións máis perigosas, debido a que, por aforro enerxético e impulsados pola normativa de eficiencia enerxética, cada vez illamos máis os pechamentos das casas, portas e ventás, e as facemos máis herméticas, co cal a calor non fuxe... mais o radon tampouco, e continúa a emitir (el e os elementos nos que se vai desintegrando) radiación ionizante de tipo alfa dentro do noso tronco pulmonar, causando un efecto acumulativo que pode derivar en cancros moi agresivos. O estilo de vida sedentario e a menor actividade no exterior contribúen a empeorar as cousas, incrementando o tempo de exposición en lugares pechados, e se xa somos fumadores o risco multiplícase de maneira moi notable.

En Galiza, malia contar cun dos centros máis importantes de referencia sobre a materia, o risco non remata de ser tido en conta como merece nin pola poboación nin polas administracións (agás contadas excepcións a nivel local), e debe ser cada particular o que se preocupe de medir, pagando do seu peto, se a súa familia está exposta e en qué grau, e de acometer as intervencións construtivas recomendadas en caso de superar os niveis de bequereis (desintegración de núcleos atómicos por segundo) marcados como máximos pola OMS ou pola UE. A partir de xuño deste 2024, a lexislación vixente obrigará as empresas e institucións a medir nos centros de traballo situados en municipios de actuación prioritaria a exposición dos traballadores e a poñer en práctica as medidas requiridas para reducila, especificamente nos sotos, a rente do chan e primeiros andares, se superan os 300 Bq/m3, porque segundo nos explica o profesor Ruano “a exposición vai reducíndose coa altura”. Ruano é precisamente autor dun recente estudo en milleiros de postos de traballo en España que sacou á luz que un de cada cinco postos de traballo en Galiza superaba ese umbral máximo de exposición laboral permitida: isto quere dicir que a partir deste verán, unha de cada cinco empresas galegas vai ter que tomar medidas para reducir o risco de que os seus empregados contraian cancro de pulmón polo radon respirado durante a súa xornada laboral.

En Galiza o 20% dos postos de traballo supera a exposición máxima permitida

Porén, non existen aínda os mecanismos (recursos e persoal) precisos para realizar un control efectivo de que isto se vaia facer, nin se está a informar ás empresas, autónomos ou sindicatos, nin ás diversas administracións desta obriga inminente. Existe o fundado temor de que, tal como sucede actualmente coa suposta obriga de medir mediante laboratorio acreditado o radon nas casas de nova construción antes de llelas entregar aos propietarios, as normativas fiquen en papel mollado sine die, mentres traballadores e particulares continúan contraendo cancro de pulmón e posiblemente outros coma o cerebral sobre os que existen indicios de vencello co radon así coma con doenzas neurodexenerativas. En canto ás vivendas de segunda man, resulta sorprendente que o Estado obrigue a calquera vendedor(a) a acreditar a eficiencia enerxética da súa vivenda para que a persoa compradora saiba se vai gastar moito ou pouco en aclimatala, mais non haxa obriga de acreditar ata qué punto as características e ubicación da vivenda poden causarlle un cancro a causa deste gas radioactivo, indetectable para os nosos sentidos.

No noso rural o problema é especialmente importante, tanto pola antigüidade de moitas vivendas, como pola ubicación de moitas casas a rente do chan. Aínda que nos cascos históricos das vilas e cidades galegas existen tamén edificios que poden acumular niveis perigosos de radon, segundo explican os expertos e confirman as medicións. En canto á presenza do radon nas aguas de consumo, só desde hai pouco, co Real Decreto 3/2023 que marca os criterios técnico-sanitarios de calidade da auga, existe a obriga de medilo nas redes públicas de subministración, mais aínda faría falla darlle pulo ao control e mitigación da concentración de radon nas mesmas, como se leva tempo facendo en países coma os Estados Unidos, polo seu posible vencello con outros tipos de cancro, como o de estómago.

A causalidade é clara nos cancros de pulmón entre persoas non fumadoras, mais tamén podería causar outros tipos de cancro

Máis como é de grave o risco? Se partimos dos estudos que cuantifican nun 16% o incremento do risco de padecer cancro de pulmón (en persoas non fumadoras) por cada 100 Bq/m3 de media na nosa exposición a longo prazo, unha persoa que habite durante anos unha casa onde a media é de 400 Bq/m3, terá aproximadamente un 60% máis de risco de padecer este tipo de cancro, mentres que se ten 800 podería multiplicar entre 2 e 3 veces ese risco. “O verdadeiramente importante é a exposición media das persoas ao longo do tempo”, explica o profesor Ruano, xa que os niveis de radon flutúan moito ao longo do día, e varían tamén coa temperatura, coa época do ano, coa presión atmosférica, e outra serie de circunstancias. Nas máis de 4.000 medicións que leva feitas o Laboratorio do Radon de Galiza, o 15% superaban os 300 Bq/m3 de media. Porén, hai quen critica que este tipo de medicións poden non estarnos a dar unha imaxe real do risco, xa que son medicións integradoras con medidores pasivos na súa meirande parte, e non discriminan o tempo de ocupación dos locais.

Segundo a OMS, o recomendable é estar por baixo dos 100 Bq, mentres que a normativa española (medidas engadidas en 2022 ao Código Técnico de Edificación tras a presión das autoridades europeas sobre o goberno español) sitúa os 300 como máximo para obra nova e permite até os 600 para vivendas antigas (6 veces o nivel da OMS!). Como con calquera radiación ionizante, a realidade é que non hai nivel seguro por riba de 0, mais as diversas administracións fixan certos umbrais a partir dos cales cómpre actuar para reducir o risco para a saúde: no caso da UE son 200 bequereis por metro cúbico, equivalentes a 5 picocurios por litro, cuxo impacto é comparable a fumar 10 cigarros diarios ou facer 250 radiografías de tórax cada ano. Así, é doado comprender que as persoas fumadoras que viven en casas con radon están correndo un risco moi alto, menor no caso das exfumadoras (vai diminuíndo co tempo trascorrido desde que se deixou o hábito), mais non inexistentes para as que nunca fumaron, pois é a causa da práctica totalidade dos cancros de pulmón entre non-fumadoras.

Xa que logo, se vives nunha casa cunha media de 400 Bq/m3 vén sendo coma se estiveses fumando un paquete de tabaco ao día, sen o ti saberes. Probablemente consideres que algunha administración debería molestarse en avisarte dunha situación así, e poñer recursos para te axudar a librarte dese importante risco para a túa saúde e a da túa familia, por exemplo dispoñendo sistemas para o control efectivo do cumprimento da normativa existente mediante a realización de medicións periódicas nos fogares e centros de traballo. Tristemente, no que levamos de precampaña cara ás eleccións do 18 de febreiro, os principais candidatos a gobernar o país do radon non están a dar un só chío sobre a cuestión.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Sanidad
Sanidad La Atención Primaria, uno de los escalones de la Sanidad más abandonados
Este 12 de abril se celebra el Día Internacional del primer peldaño de acceso a los servicios sanitarios. Falta de inversión, largas listas de espera y falta de tiempo para atender son algunas de las denuncias más repetidas.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Estados Unidos
Estados Unidos La buena sintonía entre Trump y Meloni
Como era de esperar, los mandatarios mostraron afinidades políticas e ideológicas. La italiana insistió en la idea de “fortalecer Occidente”.
Valencià
València Duelo colectivo y brecha de género, las consecuencias de la dana en la salud mental
Más allá de lo material, el sufrimiento mental continúa golpeando las vidas de l´Horta Sud. Mujeres cuidadoras y colectivos vulnerables encabezan un luto que todavía no ha encontrado descanso.
Galicia
Galicia La UE cava hondo: litio gallego para el nuevo militarismo europeo
En pleno rearme ordenado desde Bruselas, Galicia entra en el tablero geopolítico como potencial proveedor de litio para la industria de defensa. Un enclave de alto valor ecológico en Doade (Ourense) se convertirá en cantera para baterías militares.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Almería
Artes escénicas Almería reclama su (dancístico) lugar
A menudo relegada al olvido en los mapas culturales, esta provincia oriental sigue siendo una gran desconocida, a pesar de su riqueza histórica, su diversidad paisajística y su potencia creativa.

Últimas

Series
Series Masculinidad hegemónica o plomo: la sátira contra los hombres en ‘The White Lotus’
La serie culmina de forma trágica, llevando al extremo la lógica neoliberal, y se cuestiona si es posible una transformación que no termine cooptada por el propio patriarcado.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.

Recomendadas

Series
Series Masculinidad hegemónica o plomo: la sátira contra los hombres en ‘The White Lotus’
La serie culmina de forma trágica, llevando al extremo la lógica neoliberal, y se cuestiona si es posible una transformación que no termine cooptada por el propio patriarcado.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
Camboya
Camboya 50 años del inicio del genocidio en Camboya
El régimen de Pol Pot acabó con la vida de más de dos millones de personas. Solo tres integrantes de los Jemeres Rojos han sido condenados por crímenes contra la humanidad.
Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.