Medio rural
Saír da norma: o rural fronte á diferenza

Nun contorno que se caracteriza polo traballo práctico, que lugar ocupa o traballo intelectual? Fronte ó desafío que supón para a convivencia a diverxencia, como construír un diálogo?
13 mar 2021 09:30

No medio rural a vida é práctica en todos os sentidos: todo o que se fai, faise co corpo, cunha clara finalidade e do xeito máis efectivo. É como se o práctico fose unha filosofía de vida. Presinto que esta maneira de vivir vén de outrora, dunha sabedoría que as comunidades levan perpetuando dende hai séculos. A lóxica é sinxela e palpable: se sachas as cebolas, medran mellor; se botas as sementes a finais do inverno, tes comida durante primavera; se atopas un traballo, calquera que este sexa, podes cotizar para a xubilación. Toda acción, ten o seu sentido, a súa resposta material.

Así, cando penso na vida da miña veciñanza sinto que toda ela sabe perfectamente os pasos que hai que seguir para vivir do xeito máis óptimo.  É un saber herdado que xurdiu da súa relación coa terra e dos séculos de empobrecemento e exclusión. Podo imaxinar que o seu pasado urdiu unha rede de coñecementos enfocados  na resolución dos seus problemas materias máis profundos.  

Traballar ou as pexas para estudar 

A maioría da miña veciñanza adolescente, por exemplo, non contemplan na súa perspectiva de vida estudar unha carreira universitaria. Cousa que é totalmente lexítimo, mais suxíreme facer unha analoxía co dilema do ovo e da galiña: que foi primeiro, ter unha vida orientada ó traballo ou, máis ben, non posuír a oportunidade de pensar nos estudos como unha opción?  

As posibilidades de acceder a unha carreira universitarias vivindo no rural non son as mesmas que na cidade, son moito máis reducidas. Nin nas aldeas nin nas vilas hai  promoción cultural que expanda os horizontes profesionais das persoas e as universidades tampouco atenden procesos de promoción fóra do contexto urbano. A precariedade e a exclusión territorial empurran dende o bacharelato ó mundo laboral. A carencia en termos de mobilidade obstaculiza os traslados, termina consumindo tanto tempo, tantos cartos e tanta enerxía que non é estraño que a deserción estudantil no medio rural sempre sexa maior que nas cidades. Ou é que se debe só á unha perspectiva de vida diferente? 

O caso é que o mundo do estudo queda afastado e, para moita da mocidade do rural, é  inalcanzable ou inconcibible. É coma se só polo feito de nacer a máis de 20 quilómetros das cidades xa estivese determinada a túa traxectoria de vida desde o principio.  

Saír da norma 

Quizabes é por esa distancia que decidir estudar unha carreira universitaria pode chegar a ser mal visto polas comunidades do rural.  Sobre todo se se trata de carreiras as que non se lles vexa un rendemento económico claro, como si o teñen a avogacía ou a medicina. Que se fai cun título en humanidades? De que sirve ler? Onde está o beneficio? Os libros non dan de comer como si o fai traballar a terra, sementar unhas patacas ou criar uns años. 

É así como comeza a estigmatización.  Acostumada como están as poboacións a saír a traballar ó campo, resulta natural que se pense que, se o corpo non se move e fica sentado ó escritorio, non se está a traballar realmente.  

A nosa relación coa comunidade fracturouse desde o momento en que o meu compañeiro decidiu estudar na universidade en lugar de traballar. E tornouse irreconciliable cando o meu traballo, ós seus ollos inexistente, me afastou da terra, do traballo “de verdade”.

Foi entón cando nos dimos de conta que a comunidade era moito máis complexa do que pensaramos apenas chegar á aldea. A mesma veciñanza, que nos recibira cos brazos abertos e con cestos cheos de hortalizas, podía tamén chegar a retirarnos a palabra. 

Primeiro iniciaron os reclamos a través do xa característico “hai que traballar!”, despois os sinalamentos ás costas que aseguraban que non traballar no campo coma todos e preferir estudar era un asunto de soberbia. Por último, chegou o silencio. Acabaron os saúdos, as risas, deixaron de chamar por nós.  

Co pasar dos meses, este choque entre dous mundos foise diluíndo. O illamento ó que fomos sometidos, foi rematando pouco a pouco. Mais, nese tempo coñecemos a outra faceta da aldea. Soubemos o duro e alienante que foi converterse en obxecto dos rumores, dos reclamos. E, por outra banda, tamén recoñecemos a enorme distancia que os centros académicos construíron cos espazos non urbanos.

Aprender a vivir xuntes 

No transcurso de todos estes acontecementos, dinme de conta que quizabes hai algo de irreconciliable entre os diferentes xeitos de vida. Que, en todo caso, o que habería que facer para restablecer a relación coa veciñanza era procurar estratexias. Mais non co obxectivo de que se valorasen os nosos intereses, senón só para reparar a conxuntura e poder vivir con acougo.  

Se non podemos ofrecer os produtos da terra ou dos animais, como é usual aquí, que tipo de intercambios podemos facer?, que podemos aportar á comunidade? Os lazos comunitarios requiren traballo, negociacións. Ó chegarmos aquí, atopámonos cunha colectividade feita, cos seus pactos, acordos, axudas e dinámicas establecidas para vivir da mellor forma posible nas diferenzas. Mais, ó sermos nós a diferenza, decateime que a vida en común non se dá por si soa, polo mero feito de partillar un espazo. Xa o teñen demostrado as confrontacións armadas, os éxodos, os guetos. 

O medio rural ensínanos, mais tamén nos fai reformularnos a pregunta: como vivir xuntes?  

Aínda non o sei. Quizabes non logre pescudalo na miña propia pel. Mais sei que é posible construír o respecto á diferenza, a empatía e o recoñecemento da dignidade allea. Ó final, que facemos neste mundo, para que lemos, escribimos, traballamos, imos ó cine ou ó bar se non é para atoparnos e tentar aprender a vivir xuntes? 

Archivado en: Galicia Medio rural
Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Galicia
Galicia Las calles gallegas exigen un freno inmediato al negocio de rentistas y fondos de inversión con la vivienda
Los sindicatos de inquilinas de las grandes ciudades y la mayor parte de los colectivos de la sociedad civil en Galicia consiguen convocar unas movilizaciones abundantes en las grandes urbes.
Galicia
Galicia La trabajadora de Stellantis pierde la pierna y se suma a otros dos accidentes graves en la planta desde 2022
El Ministerio de Trabajo estudia el siniestro mientras el sindicato CUT señala la responsabilidad de la empresa en confrontación con los errores humanos: “El servicio de prevención ha preferido optar por la estrategia del avestruz”.
#84827
13/3/2021 16:48

Diox... que oportuno este texto para o meu propio proceso de ruralización.

1
0
Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Pensamiento
Fabian Scheidler “El progreso tecnológico se utiliza para aumentar la riqueza de unos pocos. No sirve a nadie más”
El autor de ‘El fin de la megamáquina. Historia de una civilización en vías de colapso’ ha desarrollado la metáfora del capitalismo como una máquina destructora y reivindica que hay oportunidades para el cambio.
Madrid
Cañada Real Habitantes de Cañada Real se manifiestan para señalar, por primera vez, al Ayuntamiento de Rivas Vaciamadrid
Los y las vecinas se han manifestado este domingo contra las políticas fallidas de todas las administraciones local, regional y estatal. que han actuado, o dejado de actuar, en este poblado de la periferia madrileña.
Fotografía
Fotografía ‘Sin Identificar’: poniendo nombre a los rostros de la Guerra Civil
‘Sin Identificar’ es un proyecto impulsado por la Biblioteca Nacional de España que aprovecha la inteligencia colectiva para identificar y contextualizar las fotografías de su archivo sobre la Guerra Civil Española, en concreto ocho cajas.
Opinión
Opinión ¿Justicia o persecución? La ultraderecha y el arte de ganar perdiendo
La derrota de Le Pen y la ultraderecha francesa tiene que ser social, en las calles, centros de trabajo y ciudades de Francia, una derrota política que tenga una sentencia electoral.
Opinión
Pacifismo ¿Cómo sería un kit de supervivencia de no violencia alternativo al de la UE?
La paz no es el objetivo, es el método de trabajo en los conflictos internacionales, la paz es la esencia de la ética como lo explica el paradigma de cooperación-no violencia.
La vida y ya
La vida y ya Fotos en sepia
Las dos mujeres de más edad narran eligiendo las palabras con dedicación, porque saben de la importancia de la memoria, de mantenerla.
LGTBIAQ+
Asexualidad Cinco vivencias asexuales para entender la orientación más invisible de la sociedad
Un grupo de personas asexuales hemos decidido redactar este escrito, donde contamos nuestras vivencias, nuestros anhelos o nuestros sentimientos, en el Día de la Visibilidad Asexual.

Últimas

Opinión
Opinión IA: la nueva estética del fascismo
Es vergonzoso, destructivo y parece una mierda: el arte generado por IA es la forma estética perfecta para la extrema derecha.
Economía social y solidaria
Economía social “La educación debe ir más allá de maximizar beneficios económicos”
Un proyecto educativo lleva años plantando la semilla de la Economía del Bien Común en centros educativos de ESO y FP del País Valenciano.
Economía social y solidaria
ESS Los colectivos migrantes y racializados están construyendo su propio espacio en la Economía Social y Solidaria
A pesar de que se ha avanzado mucho, según los datos existentes, solo un 7% de las personas trabajadoras en la economía solidaria son migrantes o racializadas mientras representan más de un 20% de la población.

Recomendadas

Salud
Enfermedades raras La enfermedad de Huntington: los rostros de una dolencia invisible
Hace 32 años se descubrió el gen responsable de la enfermedad de Huntington. Desconocida entre ciudadanos y sanitarios, se hereda en un 50% de los casos cuando uno de los progenitores la tiene.
Fronteras
Fronteras 24 horas en un albergue de Tijuana: “Que no se olviden de nosotros”
Unos 80 migrantes siguen con preocupación la política de cerrojazo y militarización de la frontera de Donald Trump desde sus casas de nylon.
Literatura
Iban Zaldua “El mercado no llega a todos los rincones. Entonces, bueno, hay que introducir la fantasía”
En el cómic ‘Botere handi batek’ trata lo cotidiano mediante elementos irónicos, como los superhéroes y los seres superpoderosos, que nos conectan con la realidad histórica del conflicto vasco.
Migración
Migraciones Recortes, despidos y desamparo: la crisis en los centros de acogida gestionados por Rescate Internacional
Usuarios, voluntarios y trabajadores vinculados a la ONG denuncian condiciones indignas, reducción de costes y falta de atención básica en los dispositivos gestionados por la entidad, que se financia con fondos públicos.