Redes sociales
Quen censura a Trump?

Cuestionar a liña política das redes sociais conduce a cuestionar a propiedade sobre elas. Detrás de Twitter, fondos investidores e un príncipe saudita.

“Os seus espazos. Os seus himnos. Os seus símbolos. Os seus termos. Os seus marcos e relatos. E cando logremos apropiarnos de todo iso, usalo contra eles mesmos. Así se gaña a guerra informativa. Así se vence na batalla cultural”. Con esta transparencia e acerto, sintetizaba nunha publicación de Twitter a estratexia a adoptar Alvise Pérez, un dos grandes propagandistas da ultradereita en redes sociais.

No 2016, cando había apenas medio ano que botara a andar OKDiario, o seu director Eduardo Inda era convidado como poñente polo Foro de la Nueva Comunicación para explicar o seu proxecto. Inda escolle a Antonio García Ferreras para que o introduza e acompañe. Ambos se declaran publicamente bos amigos. No foro participan ou asisten empresarios e políticos de Vox, PP, PSOE e Cs como Ortega Smith, Esperanza Aguirre e Cristina Cifuentes. Inda define como un eixo central do diario as noticias de corrupción, quizais un dos primeiros puntos fortes do relato da esquerda parlamentaria en serlle arrebatado a golpe de trola. Un de tantos. Mesmo a atribución ao adversario político da construción do seu éxito social en base ao bulo tamén lle sería arrebatado. “O ‘late motiv’ que lle inculquei á miña xente foi: hai que matar a noticias aos rivais”, lembraba Inda.

As novas articulacións do fascismo e a ultradereita souberon e están sabendo sacar proveito do escenario socio-político actual. A saturación das redes sociais con noticias falseadas non nos fala do por que do apoxeo destas vertentes políticas —por moito que infinidade de artigos así nolo presenten—, pero si do como, dun dos mecanismos en xogo, e parece conducirnos irremediablemente a unha estéril e frustrante loita por desmentilas, á zaga, mentres cedemos a axenda do debate social e estes contidos van impregnando a opinión pública. Co gallo de evitar estes efectos, resulta máis interesante centrarse en ofrecer perspectivas, relatos e programa propios.

Elites contra burgueses

Sexa porque a Wall Street non lle atrae a idea de que alguén tan imprevisible como Trump goberne a primeira potencia mundial, sexa por contradicións en materia de política económica, sexa por pechar filas co ideario democrático liberal, sexa para evitar perdas económicas en publicidade, sexa simplemente por evitar as consecuencias legais que podería carrexar para unha rede social permitir que nela se chame a asaltar edificios institucionais coa fin de impedir un cambio de goberno, ou por un conxunto das anteriores, Twitter, Facebook, Instagram e Youtube eliminaron as publicacións e perfís do mandatario estadounidense.

De novo, os marcos e os relatos. O clásico “censúrannos” como instrumento para lexitimar calquera discurso e situalo nun mesmo plano, así como para amosalo como alternativa ao hexemónico e así canalizar o descontento social. Citando palabras de Santiago Abascal do pasado mes de maio, “desde hai anos a ditadura progre persegue a liberdade de expresión nas redes sociais. Están nerviosos porque perderon o monopolio da comunicación”. Palabras que procedían das mesmas filas dedicadas ao reporte masivo de usuarios de esquerda.

Presentar como contrahexemónica unha ideoloxía reaccionaria que descansa nas dinámicas de poder existentes require de moitos malabarismos.

Claro que presentar como contrahexemónica unha ideoloxía reaccionaria que descansa nas dinámicas de poder existentes require de certos malabarismos. Require, e nace, de non opoñerse —nin comprender— as relacións sociais existentes e o seu avance histórico, de proxectar a desafección en inimigos concretos que desde a sombra manexan á súa vontade os fíos que corrompen e rexen o destino da humanidade con intereses abstractos pero intrinsecamente malignos, xa sexan as “mafias da inmigración”, a “axenda LGTB” ou as “elites globalistas”. Como dixo Abascal a Pedro Sánchez: “Vostedes son só a sucursal duns progres multimillonarios e duns narcoditadores comunistas”.

cartel nazi
"Detrás das potencias inimigas: o xudeu". Cartel alemán de 1942 localizado no Museo Estadounidense Conmemorativo do Holocausto (USHMM)

Un cartel da Alemaña nazi rezaba, iniciados os anos corenta, “detrás das potencias inimigas: o xudeu”. Se ben se pode apreciar un certo continuísmo das narrativas fascistas da Modernidade tardía, tampouco debe obviarse que é un trazo común á dereita política —e mesmo á esquerda reformista—, empurrada pola necesidade de xustificarse ideoloxicamente, a consideración de que quen non se adhire á súa corrente o fai porque está manipulado polos medios de comunicación en mans do adversario. Nos tempos actuais habería que engadir: e as redes sociais.

Espertada en Twitter a pantasma das elites progresistas á fronte das grandes redes sociais, e baixo o compás de Estados Unidos, milleiros de contas optaron por alternativas que sintonizasen cos seus principios, nomeadamente Gab e Parler. Apple e Google reaccionaron retirando Parler das súas tendas de aplicacións e Amazon impediulle continuar usando os seus servidores. Isto exasperou aos máis ferventes defensores da “libre” competencia, do “libre” mercado e, en definitiva, da “libre” xestión da empresa. Algún discípulo de Anxo Bastos devido en reaccionario e colaborador frecuente de Estado de Alarma publicou: “Isto non é capitalismo, é unha nova forma de tiranía”.

Só quen posúe grandes cantidades de diñeiro pode investir nas fábricas da opinión pública, e dificilmente vai facelo para articular discursos contrarios á propiedade privada.

Hugo Pereira non ía desencamiñado. Só lle faltou, no canto de negar, designar o problema. A chave do asunto tiña forma de pato, andaba coma un pato e emitía os mesmos sons, pero aparentemente algo impedía predicir de que se trataba. Hai un feito básico e obxectivo ao respecto da orientación política dos grandes medios sociais e de comunicación: poñelos en marcha e situarse á fronte require de enormes cantidades de capital, en ocasións xerando grandes perdas, e son controlados por propietarios. A ninguén resulta novidosa a abafante presenza de accionistas do Ibex-35 nas principais televisións e xornais españois. Dito outramente, só quen posúe grandes cantidades de diñeiro pode investir nas fábricas da opinión pública, e dificilmente vai facelo para articular discursos precisamente contrarios á propiedade privada e ao beneficio particular dos seus tenentes. “A clase que ten á súa disposición os medios para a produción material dispón con iso, asemade, dos medios para a produción mental” (A ideoloxía alemá, Karl Marx e Friedrich Engels). Unha comprensión nestes termos, no canto de pretender convencer sobre orientacións políticas en abstracto, resulta moito máis esclarecedora, e por iso mesmo indesexable para algúns.

Este razoamento pódese extrapolar ao eido das redes sociais: son os propietarios quen, dentro dos marcos legais, condicionan desde elas a opinión pública. As redes sociais non son alleas a estas lóxicas polas que se condensan nas mesmas mans grandes empresas privadas e a capacidade para influenciar publicamente.

Moitos dos nacidos nos 90 lembrarán Ask.fm. A rede social na que se recibían preguntas anónimas comparte holding empresarial, IAC, con Tripadvisor ou Vimeo, así como co diario The Daily Beast. Ata hai moi pouco The Huffington Post, Flickr e Tumblr eran propiedade da mesma corporación, Verizon Communications, que actualmente segue incluíndo no seu paraugas a Yahoo! e TMZ, á vez que controla Vodafone Italia. Flickr, ao igual que ata agora Parler, emprega servidores de Amazon, pero non é o único tentáculo de Jeff Bezos nas redes sociais, dono de Twitch tras verse forzado Google a renunciar a compralo polo monopolio ilegal no que podería incorrer ao posuír Youtube. Un dos primeiros medios de comunicación en rexistrarse en Twitch e apostar por esta rede social foi The Washington Post, propiedade de Bezos. Amazon non se limita á venda polo miúdo vía Internet, tendo a súa propia plataforma de filmes e series en streaming, Amazon Prime Video, que non por casualidade agasalla subscricións en Twitch. A promoción e produción dunha serie sobre Amancio Ortega ilustra, a modo de exemplo, o impacto cultural. Amazon é tamén responsable do desenvolvemento de tecnoloxía militar e sistemas de vixilancia policiais como Amazon Rekognition.

Twitter e a estela do diñeiro

No ano 2015, sendo Pepe López de Ayala director xeral de Twitter España, interveu na Escola de Verán do Partido Popular presentado por Pablo Casado para apuntar unha serie de liñas orientadoras sobre os usos políticos da rede social. No 2017 sucederíao Nathalie Picquot, casada cun membro da Familia Real, como directora de Twitter España e Portugal. López de Ayala quedaría ao mando de Twitter Latinoamérica.

Ata 2019, á fronte de Twitter Europa, Oriente Medio e África atopábase Gordon MacMillan, que exercía á vez como axente da unidade de información do exército británico, participando na Brigada 77, encargada das psyops ou guerra psicolóxica, é dicir, da propaganda de interese belicoso nos medios e redes sociais.

De novo, seguirlle o rastro ao diñeiro pode darnos pistas. Quizais o máis relevante é que Twitter promociona medios como ABC e El Mundo en base a acordos de contido. Grupos de noticias como Unidad Editorial e PRISA e grupos audiovisuais como Atresmedia, Mediaset e Mediapro forman parte do seu amplo elenco de socios, o que ratifica que a capacidade de condicionar a opinión pública por medio das redes sociais está en mans de grandes capitalistas. Desde agosto, na súa “loita contra as fake news”, Twitter cataloga como afiliadas aos gobernos ruso e chinés decenas de contas de medios como RIA, Sputnik, RussiaToday, Ruptly ou Redfish, e People’s Daily, Xinhua, CGTN, GlobalTimes, ECNS ou CCTV, respectivamente, nas súas diferentes linguas e temáticas, por exemplo, de deportes. Estas contas tampouco aparecen suxeridas polo buscador de Twitter. Porén, polo visto, Radio Free Europe ou The Voice of America representan a neutralidade. Precisamente a conta persa deste último inviste en Twitter para promocionar unha enorme cantidade de contidos cada día en Irán, como pode comprobarse no Centro de Transparencia Publicitaria de Twitter.

A capacidade de condicionar a opinión pública por medio das redes sociais está en mans de grandes capitalistas.

Seguindo a estela do diñeiro, e segundo os datos de 2015, o segundo maior accionista de Twitter é Al Waleed bin Talal, propietario de Kingdom Holding Company, que conta con investimentos en Citigroup —a maior empresa de servizos financeiros—, News Corp —un conglomerado de medios entre os que se inclúen o New York Post ou The Wall Street Journal— e Snap, empresa propietaria de Snapchat, entre outros. Al Waleed bin Talal é un príncipe saudita multimillonario, neto do rei fundador de Arabia Saudita, e foi sinalado polo único condenado polo atentado do 11S como financeiro de Al Qaeda. A el pertence unha porcentaxe da compañía maior, de feito, que ao propio fundador da rede social, Jack Dorsey. Así a todo, o 75% de Twitter non está en mans de particulares, senón de fondos investidores como The Vanguard Group, Morgan Stanley ou BlackRock.

Se ben é certo que Twitter actúa contra as campañas de contas falsas de propaganda saudita, todo isto ten unha tradución no que respecta ás políticas de censura da rede social. Non deixa de resultar curioso que tras as ameazas vertidas hai un ano por Trump en Twitter durante a escalada de tensión con Irán a raíz do ataque aéreo que matou ao comandante Qasem Soleimani, a conta cancelada fose a do goberno sirio.

No mesmo mes de xaneiro, Twitter suspendía á vez máis dunha ducia de contas persoais, de medios e de institucións de Venezuela, incluídas a presidencial e varias ministeriais, así como de deputados ou do Presidente do Centro Nacional de Tecnoloxías de Información. Algunhas, como a de Aviación das Forzas Armadas ou o medio dixital Ciudad Caracas, non puideron ser recuperadas. Non era a primeira vez. En setembro de 2019 suspendeu á vez as contas de medios e xornalistas cubanos como o Periódico Granma, Cuba Debate ou Radio Rebelde Cuba e a do Partido Comunista de Cuba. Máis grave quizais resulta que manteña suspendida a conta do Ministerio para a Saúde de Venezuela precisamente desde o inicio da pandemia.

No 2019, Twitter e Facebook realizaron unha serie de operacións conxuntas. Primeiro tiraron páxinas e contas en Twitter supostamente vinculadas a Irán, Rusia e Venezuela e en Facebook e Instagram exclusivamente a Irán, que publicaban para ata millóns de seguidores sobre “temas como as relacións entre Israel e Palestina e os conflitos en Siria e Iemen” segundo o comunicado, que ilustra con exemplos as publicacións e acusa a estas contas de conformaren unha rede —moito tino, non vaiades conformar redes nas redes sociais—. No mes de agosto fixeron o propio en China con 936 contas activas en Twitter e 200.000 de forma preventiva que, segundo a compañía, deslexitimaban as protestas de Hong Kong coordinadas polo Estado chinés, así como 15 usuarios, páxinas e grupos de Facebook con miles de seguidores “asociados co goberno chinés” que conformaban “unha pequena rede” que difundía contidos sobre as protestas. Xa en xuño de 2020, a rede do paxaro azul volvía eliminar 23.750 perfís por difundiren “narrativas xeopolíticas favorables ao Partido Comunista de China” e suspendía outras 150.000 por seren “amplificadoras”. Ao mesmo tempo, a modo de exemplo clamoroso, unha rede de case 5.000 contas creadas en Bolivia no momento do golpe de Estado difundindo mensaxes idénticas contra o masismo pasaba desapercibida para a compañía.

No 2019, nunha reunión cos directivos de Twitter un empregado preguntaba por que se se puido automatizar a eliminación de propaganda do Estado Islámico non se podía aplicar o mesmo á propaganda neonazi e ao supremacismo branco. A resposta doutro empregado especializado na materia foi que, de facer iso, o algoritmo tamén suprimiría as contas dos políticos do Partido Republicano. Twitter nunca aclarou se efectivamente estaba absténdose de automatizar estes procesos para protexer o partido liderado por Trump.

Archivado en: Redes sociales
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Elon Musk
Elon Musk Tesla Takedown, el movimiento contra Elon Musk que ya ha conseguido golpear al magnate
Protestas frente a concesionarios, venta de acciones y otro tipo de acciones se organizan por todo el planeta desde hace una semana. Las acciones de Tesla caen un 8% en una mañana.
Redes sociales
Gobernanza en la red ¿Pueden realmente ser transformadoras las redes sociales (digitales)?
El control de las redes sociales por parte de multinacionales las ha hecho derivar en espacios no afines con la transformación ecosocial. ¿Hay algún reducto que resista?
Editorial
Editorial El Salto deja de publicar en X
La asamblea de este proyecto informativo ha decidido congelar sus publicaciones en la red social propiedad de Elon Musk.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición El PSOE da muestras de cansancio con Yolanda Díaz
Tanto en Moncloa como en Ferraz la opinión sobre la gestión política de la vicepresidenta está en mínimos. Sin criticar su labor en Trabajo, la tropa de Sánchez ya anhela un socio que impulse la unidad a su izquierda con la mira puesta en el 2027.
Palestina
Palestina Israel prohíbe regresar a los 40.000 palestinos desplazados en el norte de Cisjordania
El ejército de Israel desplaza a miles de sus casas en campos de refugiados en diferentes ciudades de Cisjordania ocupada. Mientras, Israel presiona para no llegar a una segunda fase de alto el fuego.
Turismo
Turismo depredador Poca agua, mucho turismo: la crisis hídrica amenaza las islas Eolias en Italia
Las islas italianas del Mediterráneo están acusando especialmente las consecuencias de la turistificación, pero también de una crisis hídrica sin precedentes provocada por el cambio climático. Es el caso de las islas Eolias, en el norte de Sicilia.
Palestina
Palestina Illan Pappé: “No esperaba esta magnitud de indiferencia europea ante lo que está sucediendo en Palestina”
El historiador de origen israelí no se ha sorprendido la violencia cometida por Hamás en octubre de 2023 ni de la reacción de Israel o el apoyo a Estados Unidos, pero sí de cómo ha abordado la cuestión la sociedad europea.
Argentina
Argentina Gauchito Gil, uno de los nuestros hace milagros
En enero, más de 620.000 personas llegaron a Mercedes, una localidad de la provincia de Corrientes, en Argentina. Caminando, de rodillas, a caballo, para agradecer y hacer promesas a un santo popular: el Gauchito Gil.
Andalucismo
Día de Andalucía ¿Por qué Andalucía sigue celebrando el 28F?
Las andaluzas y andaluces celebramos el día de Andalucía entre los actos institucionales y las reivindicaciones políticas, reflexionamos sobre la vigencia y la influencia política de este día.
Macrogranjas
Maltrato animal Una investigación revela una nueva “masacre” en una granja de pollos que salpica a Mercadona
En España, la granja investigada comercializa el producto ‘Cuartos traseros de pollo’ en la cadena de Juan Roig y está certificada con el sello catalán Welfair de bienestar animal, según denuncia el colectivo ARDE que ha realizado la investigación.
Oriente Próximo
Oriente próximo Abdullah Öcalan llama a deponer las armas para lograr la plena democracia para el pueblo kurdo
El líder del Partido de los Trabajadores de Kurdistán llama a la disolución de la organización. Ankara dice que “estudiará” la situación, que también influye sobre Siria, Irán, Iraq y la situación en los países de Oriente Próximo.

Últimas

Ley de dependencia
Derechos sociales Reclaman más financiación para la ley de dependencia ante el nuevo anteproyecto
Bustinduy garantiza como universales servicios como la teleasistencia o recibir sanidad se resida donde se resida, en referencia a los protocolos del covid en las residencias.
Opinión
Opinión De Errejón a Monedero: reflexiones sobre el ciclo del desasosiego
¿Qué pasa cuando quien abusa ha sido o es tu compañero de filas, tu colega, alguien que se consideraba feminista, y no una caricatura facha o un incel de manual? ¿Cómo manejamos la complejidad?
Barcelona
Activismo Absueltos los ecologistas que pintaron el megayate de Walmart en Barcelona
La sentencia afirma que la acción no constituye un delito de daños leves, ya que “la pintura biodegradable fue fácilmente limpiada con una manguera de agua”.
Sanidad pública
Barómetro sanitario La mitad de las personas que piden cita en el centro de salud esperan más de seis días para ser atendidas
De media, la población espera 8,7 días para ser atendida por su médico o médica de Atención Primaria, cuando hace diez años la espera media era de 3,5 días.
Más noticias
Ecuador
América Latina El final abierto de las elecciones en Ecuador
El 13 de abril, la correísta Luisa González y el multimillonario y actual presidente Daniel Noboa se disputan la presidencia de Ecuador en la segunda vuelta. Todas las miradas están en la posición del poderoso movimiento indígena.

Recomendadas

Pensamiento
Mar García Puig “Habitar la metáfora es un peligro que merece la pena”
La escritora catalana Mar García Puig publica ‘Esta cosa de tinieblas’, un breve ensayo narrativo que defiende el poder liberador de la metáfora frente a una pureza simplificadora y paralizante.
Guerra en Ucrania
Geopolítica Trump fuerza a Zelensky a hipotecar la explotación de minerales críticos a cambio de su apoyo
Según el borrador del acuerdo comercial presentado por EE UU, esta potencia deberá obtener el 50% de todos los beneficios de las nuevas explotaciones minerales de Ucrania.
Represión
Represión Javitxu, desde la cárcel de Zuera: “Lo que peor llevo es estar lejos de la gente que más quiero”
Francisco Javier Aijón, Javitxu, es uno de ‘los seis de Zaragoza’. Entró en la cárcel el pasado mayo con una condena de casi cinco años basada en las declaraciones policiales durante el juicio.
Racismo
Fatima Ouassak “Las madres tenemos un papel estratégico dentro del feminismo”
En Francia hay una organización antirracista que lucha por una infancia sin violencia. Es el Frente de Madres y Fatima Ouassak es su fundadora. En ‘El poder de las madres’ (Capitán Swing, 2025) defiende la maternidad como sujeto político.