Poesía
Pensamento, emoción, Bach e muiñeira vella: isto é Luísa Villalta

Marga do Val, Armando Requeixo e Xurxo Souto reflexionan arredor da vinculación entre poesía e música na obra Luísa Villalta, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024.
Luísa Villalta - 1
Luísa Villalta tocando o violín. Autor: Rafael Villalta. Fonte: Arquivo familiar - Centro Ramón Piñeiro (fotografía obtida a través da RAG).
21 mar 2024 05:30

“Se o princípio foi a palabra, antes dela foi o son e, despois, o entendimento e transmisión da súa melodia. Eis a Música, que brota como o rio da existencia, e a Palabra, que interpreta o seu ritmo como unha danza ritual arredor do lume da intelixéncia. Eis a Poesia, palabra melódica”. Así comeza o prólogo, asinado por Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), que abre o seu primeiro libro de poemas, Música reservada (Ediciós do Castro, 1991), unha obra onde “a palabra é enerxia en pensamento”. “Pensar, pensar (...) / porque a razón é tráxica / como tráxico é calquer fin último”. Despois chega Ruído (Espiral Maior, 1995), o segundo poemario: “mentres a música se prolonga en ecos interminábeis abrindo-lle portas ao infinito, o ruído é por si mesmo un astro estourado cuxas partículas caen a toda velocidade e se desintegran de súpeto, para ser sempre outra cousa, noutro lugar, con outro valor”, recolle no prólogo. “Calquera que fose o principio de todo, o único seguro é que produciu un ruído”, escribe a poeta da Cidade Alta no ensaio O outro lado da música, a poesía (Edicións A Nosa Terra, 1999).

Galego
Lingua As mulleres que merecen as Letras Galegas
Só cinco mulleres foron homenaxeadas no Día das Letras Galegas en 60 anos.

O outro lado da música, a poesía

“Cando penso en Luísa Villalta hoxe en día véxoa como unha muller renacentista”, afirma a súa amiga, a escritora e docente Marga do Val (Marga Romero Lorenzo), nunha conversa no andar superior da libraría Couceiro, en Compostela, onde confesa que non lembra con exactitude o instante no que coñeceu á autora homenaxeada no Día das Letras Galegas deste 2024, xa que é como se formara parte da súa vida desde a súa toma de conciencia como galega e como escritora. Ademais, salienta que Villalta adoraba a arte en xeral, e relacionábaa co saber e coa súa maneira de estar no mundo, vinculando tanto poesía con música, fotografía ou teatro.

Para o investigador, profesor e crítico literario Armando Requeixo, responsable da edición de Pensar é escuro, Poesía reunida (1991-2004) (Galaxia, 2023), Luísa Villalta é unha poeta e unha escritora que non se entende sen o curso do mundo musical. “A literatura e a música eran as súas grandes paixóns e desde a primeira hora fundiunas e transfundiunas”. “Isto podemos velo ao longo da súa traxectoria literaria, pero tamén noutras facetas como é a actividade propiamente profesional desde o musical”, explica nunha entrevista no Centro Ramón Piñeiro, en Compostela, do cal, alén de investigador, tamén é secretario. Requeixo incide en que precisamente algúns dos primeiros escritos que Villalta publica na súa vida son textos arredor da relación entre música e poesía, como poden ser A música como arte (La Voz de Galicia, 1982); A língua do son e Música observada, conservada e reservada, ambos de 1987, o primeiro en Luzes de Galicia e o segundo en Grial

“É marabilloso a onde chega cando describe o que pode ser unha muiñeira na obra de Rosalía ou de Manuel Antonio, e iso faino moi ben porque ela tamén establecía ese tipo de vinculacións na súa obra”, explica Marga do Val

“O outro lado da música, a poesía debería estar en todos os institutos e non está, debería ser unha referencia fundamental en todos os traballos de crítica ou ensaio literario e non está”, denuncia o músico, escritor, actor e docente Xurxo Souto no Auditorio do Conservatorio de Música de Compostela, que este ano vén de publicar Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta (Xerais, 2024). O ensaio da poeta coruñesa é, desde a perspectiva de Souto, un punto de inflexión na historia da crítica literaria galega e na historia da música galega, onde reivindica a esencial relación entre música e poesía. “Na primeira parte explícanos como todo está codificado polos gregos e na segunda cóntanos a historia da literatura galega en clave musical”, aclara, concretando que Villalta concibía o son e a poesía como dúas formas retóricas do propio son. “Ela denuncia que coa aparición da imprenta a poesía quedou relegada á escrita poética que se pode ler en silencio, considerando que esa era toda a poesía”, subliña. Por outra banda, Marga do Val indica que nesta obra Luísa dálle a man á tradición cultural e á tradición popular: “É marabilloso a onde chega cando describe o que pode ser unha muiñeira na obra de Rosalía ou de Manuel Antonio, e iso faino moi ben porque ela tamén establecía ese tipo de vinculacións na súa obra”.

Luísa Villalta - 3
Retrato de Luísa Villalta nunha praia. Fonte: Arquivo familiar - Centro Ramón Piñeiro (fotografía obtida a través da RAG).

Música reservada e Ruído

En palabras de Requeixo, para Luísa Villalta a música e a poesía nacen da mesma fonte. O inicio do universo humanizado é o son, e ese son esténdese en dous grandes cosmos: o da palabra e o da música: “Eses dous inmensos territorios procúranse sempre nunha reciprocidade que non se entende se non se comprende que son un todo e que un sen o outro non ten sentido”, sinala. “E iso é probablemente o que quixo facer desde Música reservada”. “Desde a harmonía, a amplitude, a música máis acabada, máis esférica, pásase a ese outro espazo de son tamén musical que é o Ruído, que é o que nos deita no seu segundo poemario”, relaciona o crítico.

Afondando no seu primeiro libro de poemas, Música reservada, Xurxo Souto destaca que estamos ante unha obra na que existe unha necesidade de crear unha música propia que saia dos canons,    pero que dialogue con eses propios canons. Con todo, “na conexión coa realidade non é todo harmonía, non é todo a música das esferas, non é todo perfección formal, chega o Ruído, o desacougo”, conecta Souto coa segunda creación poética de Villalta. En relación con esta, Marga do Val opina que aquí está, se cadra, o testamento poético de Luísa: “Ese dicir, isto é tamén unha muller que resiste ou haberá poesia en que salvar-se?”, profunda. “Hai unha serie de versos que nos falan da Luísa que está crecendo como poeta, e ese crecer como poeta fai que se afaste un pouco dela mesma”. “É súa máxima unidade entre a música e a poesía”, aclara. 

Música reservada e Ruído son primeiros poemarios de Villalta. “Entre ambos, está o silencio, que é moi importante tamén na poesía e na escrita en xeral de Luísa. Ela ten tamén dalgún xeito unha poética do silencio”, di Armando Requeixo

Ademais, como amiga e coñecedora de teimosía pola perfección da futura homenaxeada no Día das Letras Galegas deste 2024, Marga do Val recorda que cando Villalta lle deu un exemplar da primeira edición de Ruído, ía corrixida a man, por ela mesma, unha gralla nunha letra grega. “Corrixiu a man todos os exemplares das subscritoras e dos subscritores de Espiral Maior. Este é un exemplo de como coidaba e mimaba os seus libros”, resalta.

Música reservada e Ruído, así titulou Luísa Villalta os seus primeiros poemarios. “No medio, entre ambos, está o silencio, que é moi importante tamén na poesía e na escrita en xeral de Luísa. Ela ten tamén dalgún xeito unha poética do silencio”, reflexiona Armando Requeixo. “Ese silencio é o contraste necesario para que entendamos a produción do non silencio, é dicir, do son, é a amalgama para comprender toda esta escrita e outra que produciu ao longo da súa vida”, engade.

O terceiro son

Ao remate de Ruído, Luísa Villalta fai referencia ao “terceiro sonido”. Tal como lembra Requeixo, en sentido máis lineal, alude a unha realidade dun intérprete que era capaz de crear música nun instrumento que non producía un son primario senón un son secundario, mesmo un terceiro son resultante. Dese xeito, “ela utiliza esa metáfora para explicar, segundo o meu modo de ver, cal é a súa visión integral do todo, do mundo da creación e tamén da súa propia vida. Entre a harmonía, a música, a música reservada se se quere tamén, e a disonancia e caos, o fragmentario, o non harmónico que é o ruído, entre eses dous extremos está a posibilidade dese terceiro son, que sería xustamente a fusión e creación dun espazo que os reunisen como polos nun todo autoconsistente que é a propia vida sensitiva, a vida artística”. “Esa creo que é a gran lección filosófico-poético-musical de Luísa: hai que procurar unha vida en plenitude, unha vida sensible no artístico e iso está  catalizado a través desa terceira vía, dese terceiro son”, engade.

En opinión de Xurxo Souto, ese terceiro son non é outro que a “pura emoción”: “Luísa Villalta lévanos cara a ese mundo do son, cara a ese mundo da plenitude, cara a ese mundo da vibración cósmica porque Luísa foi unha auténtica revolucionaria”, defende, “unha muller absolutamente apaixonada e plena que desde a percepción formal transmitiu a revolución”. Regresa á mente de Souto unha conversa que tivera coa poeta no programa A tropa da tralla, que dirixía en Radio Coruña, ao que Villalta acudiu varias veces. Nunha ocasión a autora contou unha anécdota que lle acontecera ao remate dunha actuación co grupo Escaino, composto por ela, Luísa Villalta, Juan Fernán Vello, Paulino Pereiro e Xosé Luís Pereiro: “Un señor maior que tocaba o violín con só dúas cordas montou a revolución da emoción alí, e ao finalizar dixo: que bonito sería saber tocar o violín”. “Luísa comentaba que lle deu unha gran lección, porque ela tiña a técnica e o académico, e o señor non tiña nada de técnica pero toda a emoción”.

Luísa Villalta - 2
Luísa Villalta (violín), Juan Fernán Vello (percusión), Paulino Pereiro (frauta traveseira) e Xosé Luís Pereiro (clarinete), integrantes do grupo Escaino, durante unha actuación. Campos da Torre de Hércules (1980). © Xoan Piñón.

Bach e Hildegard von Bingen

Bach era un dos compositores favoritos da poeta da Cidade Alta. “Ela amaba a Bach, era un compañeiro inseparable e unha inspiración e, dalgún xeito, tamén podemos dicir que Luísa é a poeta de Bach”, confesa Requeixo. Nese senso, Marga do Val comenta: “Recordo chamala cando estiven a primeira vez en Leipzig, na igrexa onde está enterrado Bach, e mandarlle unha fotografía, porque  emocionáballe moito as Sarabandas de Bach”. A escritora tamén menciona a especial vinculación que Villalta tiña con Hildegard von Bingen: “Eu vivín na zona de Bingen, e coñecín Disibodember onde ela entrou con 7 ou 8 anos”. “A min gustábame moitísimo falar con Luísa de Hildegard, porque foi algo que nos uniu, como eu vivía alí e a ela lle gustaba moito as súas sinfonías, faláballe das súas visións, dos libros que escribira e desa lingua que inventou, porque debeu ser das primeiras persoas no mundo que inventou unha lingua descoñecida”.

“Perfección formal absoluta, paixón e cheiro popular. Esa síntese é moi difícil de facer pero ela conseguiuno”, sostén Xurxo Souto

Ante a pregunta arredor da música que podería ser Luísa Villalta, Xurxo Souto sinala ben alto e claro: “Unha muiñeira vella berghantiñá”. “Tamén podía ser unha obra de Béla Bartók e, sobre todo, calquera obra referida á música das esferas de Bach”. E remata: “Bach e muiñeira vella, iso é Luísa Villalta. Perfección formal absoluta, paixón e cheiro popular. Esa síntese é moi difícil de facer pero ela conseguiuno”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Literatura
50 aniversario Aresti vive en la memoria de un pueblo vasco en disputa
Hoy comienzan en Bilbao los actos del 50 aniversario de la muerte de Gabriel Aresti, referencia ineludible e incómoda de la literatura vasca moderna.
Feminismos
Feminismo “Gatazka eta abusua ez dira gauza bera”, feminismoko eztabaidei heltzeko
Laura Macayaren liburua ekarri du euskarara Katakrakek. Amaia Astobizak itzuli du, feminismoaren baitako eztabaidak ireki eta beste begirada batzuetatik ekiteko helburuarekin.
Multinacionales
Multinacionales Maersk y las rutas de complicidad con el genocidio israelí en Gaza
Crece la presión internacional contra la naviera danesa que está aprovisionando a Israel de armas para cometer el genocidio de Gaza en contra de las medidas cautelares tomadas por la Corte Internacional de Justicia.
Estados Unidos
Estados Unidos La buena sintonía entre Trump y Meloni
Como era de esperar, los mandatarios mostraron afinidades políticas e ideológicas. La italiana insistió en la idea de “fortalecer Occidente”.
Valencià
València Duelo colectivo y brecha de género, las consecuencias de la dana en la salud mental
Más allá de lo material, el sufrimiento mental continúa golpeando las vidas de l´Horta Sud. Mujeres cuidadoras y colectivos vulnerables encabezan un luto que todavía no ha encontrado descanso.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Galicia
Galicia La UE cava hondo: litio gallego para el nuevo militarismo europeo
En pleno rearme ordenado desde Bruselas, Galicia entra en el tablero geopolítico como potencial proveedor de litio para la industria de defensa. Un enclave de alto valor ecológico en Doade (Ourense) se convertirá en cantera para baterías militares.

Últimas

Series
Series Masculinidad hegemónica o plomo: la sátira contra los hombres en ‘The White Lotus’
La serie culmina de forma trágica, llevando al extremo la lógica neoliberal, y se cuestiona si es posible una transformación que no termine cooptada por el propio patriarcado.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.

Recomendadas

Almería
Artes escénicas Almería reclama su (dancístico) lugar
A menudo relegada al olvido en los mapas culturales, esta provincia oriental sigue siendo una gran desconocida, a pesar de su riqueza histórica, su diversidad paisajística y su potencia creativa.
Series
Series Masculinidad hegemónica o plomo: la sátira contra los hombres en ‘The White Lotus’
La serie culmina de forma trágica, llevando al extremo la lógica neoliberal, y se cuestiona si es posible una transformación que no termine cooptada por el propio patriarcado.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
Camboya
Camboya 50 años del inicio del genocidio en Camboya
El régimen de Pol Pot acabó con la vida de más de dos millones de personas. Solo tres integrantes de los Jemeres Rojos han sido condenados por crímenes contra la humanidad.