We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Onde vive o silencio
Que había onde vive o silencio?
Os silencios dos lugares abandonados envolven o espazo como unha néboa espesa. Noutros tempos foron conversas en voz baixiña, risas alborotadas, choros, historias agora esquecidas.
Esta serie de pezas pretenden recuperar as memorias de casas, escolas, salas de festa, bares… das persoas que, noutro tempo, habitaron eses espazos. A través de entrevistas á veciñanza construiranse pezas que mesturen fotografías, palabras e material sonoro para adentrarse no pasado.
Se coñeces algún espazo abandonado que engaiole historias, podes escribirnos a osalto.galiza@elsaltodiario.com e poñerémonos en contacto contigo.