Minería
Minatouro, ou a maldición dunha comarca

A contestación social contra a megaminaría en Galiza está a coller novos folgos. Cómpre prepararnos para defendernos, articular redes de apoio, mellorar a nosa capacidade de concienciar á sociedade e manexarnos nos vericuetos da Administración.
touro terreos
Terreos onde se sitúa a antigua mina que Cobre San Rafael quere reabrir.
Activistas de Ecoloxistas en Acción.
25 sep 2024 13:56

A frustración mestúrase coa carraxe cando, malia gañar unha dura e longa pelexa contra a industria contaminante, volvemos ao cadro de saída sen tempo de curar as feridas. A loita reiniciase contra o mesmo monstro devorador de terra e vida, pero desta volta, axigantado por unha administración cómplice no latrocinio.

Cando en 2020 se denegou o proxecto da mina de Touro o partido do goberno cos seus conselleiros á cabeza alegráronse moito de anunciar que “tal e como estaba redactado non se garantía a sustentabilidade ambiental” e contaba con informes “desfavorables” e “insalvables” de Patrimonio Natural e de Augas de Galiza. Afirmando, tamén, que o proxecto mineiro tería unha afección grave á “calidade das augas” dos municipios de O Pino e Touro. Ao tempo que “si hai un desastre” non se garante a protección dunha zona de especial conservación (ZEC), explicaba a Conselleria de Medio Ambiente, daquela e tamén agora, que a única vía que lle quedaba ao promotor era acudir ao recurso contencioso-administrativo.

Minería
Mina de Touro A Xunta oculta desde xaneiro a solicitude dun novo megaproxecto mineiro en Touro
Cobre San Rafael solicita ademais que sexa considerado Proxecto Industrial Estratéxico para “facilitar a súa tramitación exprés e impedir a participación pública”, segundo indican máis dun cento de colectivos nun comunicado conxunto.

O promotor non só acudiu alí, senón que demandou á Xunta de Galiza por tal negativa, feito que aínda está pendente de resolver no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e no que Ecoloxistas en Acción é entidade codemandada tamén.

Pero non quedou aí o asunto, o propio concelleiro de Economía, Emprego e Industria daquela, Francisco Conde, compareceu ao mesmo tempo na sede parlamentar para sumarse ao labor de vixilancia de Augas de Galiza de acordo co que o Plan Hidrolóxico e a propia Directiva Marco da Auga precisa, sinalando que a DIA se tramitara con absoluto rigor, avalada por informes técnicos e a lei e que se compromete a esixir á titular dos terreos un plan de restauración das augas.

As intencións non se cumpriron. En 2021, tivo que recoñecer, novamente no Parlamento, que por parte da Xunta se iniciara un expediente sancionador contra a propietaria da mina polos incumprimentos da ausencia de vertidos, a quen lle tiñan solicitado desde 2018 un proxecto integral de drenaxe das augas acedas de mina. 

A burla daquelas declaracións para contentar á veciñanza fíxose patente hai escasas semanas coa declaración de Interese Estratéxico a unha burda copia do mesmo proxecto que foi rexeitado polos seu impactos ambientais.

Por un cúmulo de indicios sospeitábamos que este ano o Partido Popular, unha vez gañadas as eleccións autonómicas, abriría a man para aflorar un novo proxecto de reapertura da mina de Touro. De feito, o novo proxecto de explotación e estudo de impacto ambiental, presentados o 23 de xaneiro deste ano, semanas antes das eleccións, estivo agochado ata que ao difundirse a súa existencia pola prensa, precipitou a súa tramitación.

O anterior proxecto, irmán xemelgo deste, foi denegado por non acreditar a ausencia de afeccións significativas sobre o ciclo hídrico e sobre as masas de auga afectadas, nin acreditar a integridade do Sistema fluvial Ulla-Deza, espazo da Rede Natura 2000 e base do modo de vida de decenas de millares de persoas agricultoras no Baixo Ulla e mariñeiras ou mariscadoras na Ría de Arousa. A estes impactos súmase o efecto devastador que tería para a economía das comarcas, particularmente sobre o sector agrogandeiro e agroalimentario, así como para o Camiño de Santiago, que xeran emprego sustentábel e respectuoso co medio ambiente e a cultura local.

Está designación de PIE dota ao proxecto mineiro de prebendas sobre a capacidade da cidadanía de opoñerse a el. Supón a redución á metade dos prazos da tramitación, a non subxección aos títulos habilitantes urbanísticos, a declaración de interese social a efectos expropiatorios e a concesión de subvencións sen concorrencia competitiva. Unha tramitación exprés que impide a participación pública e que os organismos sectoriais dispoñan de tempo suficiente para emitir os seus informes. Pero, sobre todo, é toda unha declaración de intencións do Goberno galego de que vai implicarse a fondo para que o extractivismo se impoña.

Isto, a pesar de que Atalaya Mining e a súa filial Cobre San Rafael volven a pór enriba da mesa unha enorme balsa de 23 millóns de metros cúbicos de residuos tóxicos con 1,6 km de lonxitude e unha altura similar á da Catedral de Santiago. Un depósito de residuos que estará a menos de 500 metros do núcleo de poboación Arinteiro cuxa poboación sería aniquilada en caso dun accidente. De feito, a instalación proposta sería ilegal en países como Brasil, Ecuador ou China.

Non podemos agarrarnos a inxenuidade de pensar que, como se gañou antes, automaticamente vaise vencer de novo sen máis aquel que voltar andar o camiño feito. Nada máis lonxe da realidade. Se ben moitas de nós acumulamos experiencia para enfrontarnos ao extractivismo mineiro, o inimigo non estivo quedo estes anos. Infiltráronse entre a poboación, creando unha quinta columna a base de repartir patrocinios entre a sociedade. Estes últimos anos vimos como Atalaya e os seus socios locais aplicaban o manual para mercar a licencia social para operar. Toda unha operación propagandística para agochar o xeito agresivo de explotar as minas desta empresa, algo do que se afana o seu CEO, Alberto Labandeira, e que coñecen, ou máis ben padecen, as nosas compañeiras Ecoloxistas de Andalucía, Estremadura ou Asturias.

Tampouco o ecoloxismo estivo ocioso estes anos. Incontables as denuncias interpostas contra a mina por contaminar os regatos da contorna. Tan incontables as denuncias, como ridículas as sancións ditadas polo organismo responsable,  Augas de Galiza.

Non hai nada de estratéxico para Galiza na extracción de cobre. Nin na creación duns postos de traballo, cando nestas comarcas o índice de paro está entre o 5 e 8% moi por debaixo das taxas de desemprego de localidades como Riotinto ou Nerva onde levan operando décadas e onde a súa taxa de desemprego supera o 16% e 19%.

A realidade é ben distinta, con este proxecto extractivista póñense en perigo miles de familias que viven de traballar en economías tradicionais e sostibles coma a agroalimentaria, agrogandeira, ecoturísticas ou pesqueiras. Sectores que deberían estar catalogados como estratéxicos, que diversifican e manteñen a riqueza nas comarcas ao longo de todo o ano e non xeran monopolios empresariais.

Acudiremos á Xustiza para frear este despropósito. Queda moito traballo por diante, tanto na vía administrativa coma na xudicial, pero para estar seguros de volver a parar este proxecto, a veciñanza de Touro e O Pino ten que rescatar as súas camisetas vermellas do fondo do armario.

Para axudar a que a veciñanza recobre folgos para defender de novo o seu territorio, as ecoloxistas celebramos este ano, en Touro, o III Encontro ibérico de organizacións e colectivos que loitan contra os impactos ambientais e sociais da minaría. Un espazo de debate e reflexión, de comunicación e aprendizaxe, de escoita e entendemento.

Todas sufrimos unha forma de operar do sector mineiro totalmente irresponsable co medio, buscando sempre aforrar en medidas de seguridade e restauración para engordar así os seus beneficios. Isto lógrano moitas veces grazas á permisividade cando non complicidades, dunhas administracións que se esquecen da súa obriga de protexer os medios de economía locais, tradicionais e sostibles, a contorna natural e aos seus habitantes.

Defendernos destes ataques, articular redes de apoio, mellorar a nosa capacidade de concienciar á sociedade ou manexarnos con soltura nos vericuetos da administración ou da Xustiza serán o obxectivo de varios dos obradoiros que realizaremos no Encontro. Construír un movemento de resistencia aos impactos da minaría non é tarefa doada, pero as plataformas e colectivos presentes darán testemuña de que si é posible.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Medios de comunicación
Medios de comunicación Faro de Vigo despide ao seu traballador número 20 nunha década mentres asina beneficios de 2,5 millóns
O comité de empresa e o Colexio de Xornalistas reprenden a decisión da empresa do grupo catalán Prensa Ibérica e convocan unha protesta semanal nas redaccións do xornal por toda Galiza.
O Teleclube
O Teleclube 'Sorda' o debut persoal de Eva Libertad chega a 'O Teleclube'
A directora murciana estrea a súa ópera prima ao carón da súa irmá e protagonista, Mariam Garlo.
Lugo
Lugo Os sindicatos esixen a Traballo que tome medidas no “peche patronal” de Sargadelos
O dono, Segismundo García, permitiu a entrada de case todo o persoal tras catro días do que cualifican de “chantaxe”. Desde CCOO e CIG denuncian que este mércores “ignorouse a 12 traballadores”.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
Partidos políticos
CIS de abril La ultraderecha recorta votos al PP arrastrada por el efecto Trump
El barómetro de abril vuelve a situar al PSOE como fuerza más votada. La izquierda española sigue su contienda por todo lo bajo.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.