Minería
Guerra xudicial da patronal mineira contra ecoloxistas que denuncian as súas verteduras contaminantes

Ecoloxistas en Acción leva á ONU a empresa explotadora da mina galega de San Finx por “denuncias abusivas e infundadas” mentres a Cámara Mineira anuncia accións legais contra a organización tras unha protesta pacífica na súa sede.
accion ecologistas san finx
Acción de Ecoloxistas en Acción na mina de San Finx. Ecologistas en Acción

“Asalto violento con intimidación”. Esas son as palabras que decidiu empregar a patronal galega das empresas mineiras, a Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), para referirse a unha acción pacífica coa que Ecoloxistas en Acción trataba de poñer sobre a mesa os perigos das verteduras contaminantes das minas coruñesas de San Finx e Touro. Tras pedir permiso para entrar as oficinas do organismo localizadas nun edificio público da Xunta en Expocoruña, varios activistas quixeron facer entrega dunhas botellas de auga recollida nas verteduras de ambas minas para invitar, simbolicamente, á cúpula da patronal a bebela. “O persoal da Cámara rechazou a invitación”, chancea Cristóbal López, voceiro da organización. Con todo, a directiva da Cámara Mineira anunciou “medidas legais” contra os activistas que, grazas gravar todo o proceso pacífico, probablemente se sumen á cada vez máis longa lista de sobresementos do que semella ser unha sorte de estratexia de lawfare desordenado que está por ver se acabará callando. Por agora, entre as persoas que conforman a organización non teñen dúbida de que é outro caso máis de preitos estratéxicos contra a participación pública (SLAPP, polas súas siglas en inglés).

É probable que nas oficinas deste organismo financiado pola Xunta de Galicia non pasaran inadvertidos as últimas análises da propia Consellería de Medio Ambiente sobre as aguas fluviais da controna de San Finx que constataron niveis de cadmio ata 78 veces por riba do permitido por lei. Non só de cadmio. As anáises dos técnicos de Augas de Galicia tamén atoparon niveis preocupantes doutros metais pesados como cobre ou zinc e que superan 48 veces e 8 veces respectivamente os valores máximos permitidos. “E a pesar destes datos totalmente obxectivos pretenden intimidarnos con accións xudiciais que é evidente que non van ir a ningures”, despacha a polémica López. 

san finx patronal minera
Activistas de Ecoloxistas en Acción durante a acción que a patronal mineira tachou de violenta e intimidatoria.

Mais o que semellaba unha acción para pretender infundir medo entre activistas converteuse nun motivo máis de acción social. Esta mesma semana, Ecoloxistas puxo en coñecemento á Relatora Especial das Nacións Unidas sobre a situación das persoas defensoras de dereitos humanos, Mary Lawlor, o que consideran un “uso sistemático de denuncias abusivas e infundadas” tamén por parte da empresa mineira que explota San Finx, Tungsten Sano Finx SL. “Son denuncias con afán intimidatorio contra as organizacións ecoloxistas e sociais que vimos denunciando a situación ilegal da explotación e os danos ambientais que causan as súas verteduras”, sinalan. Fano a tan só sete quilómetros da ría de Muros e Noia, onde se atopa o maior banco de berberechos de Galicia e onde a poboación local vive fundamentalmente do mar.

De feito, hai apenas unhas semanas que a empresa mineira se querelou contra a organización pola realización de acto simbólico de protesta do pasado 5 de xullo no que bloquearon brevemente a canalización pola que a empresa realiza “verteduras ilegais”. Precisamente, a raíz desta protesta e das cartas enviadas á Consellería de Medio Ambiente por ese grupo e a plataforma rexional contra as verteduras, iniciouse un procedemento sancionador que podería impoñer unha multa de ata 300.000 euros á empresa, unha vez comprobados os alarmantes niveis de metais contaminantes nas inmediacións de San Finx.

É a segunda vez en menos dun ano que esta mineira presenta unha denuncia contra Ecoloxistas cun pretexto similar

É a segunda vez en menos dun ano que o grupo australiano que é propietario de San Finx presenta unha “denuncia falsa” contra Ecoloxistas en Acción, que xa fora denunciada en 2022 ante o xulgado de Negreira cun pretexto similar, meses antes de que a Xunta declarara a caducidade das concesións mineiras e que se iniciara un procedemento sancionador por verteduras ilegais en contra da mina Santa Comba. Nese momento, o tribunal arquivou de inmediato a demanda por falta de fundamento. Aínda que a organización ecoloxista confía en que o resultado esta vez vai ser idéntico, decidiron denunciar o caso ante a relatora especial da ONU porque se trata “dun uso sistemático do acoso xudicial intentando criminalizar e frear os movementos sociais para que non denuncien as ilegalidades cometidas polas empresas”, denuncia o voceiro de Ecoloxistas en Acción.

Un acoso xudicial que vén de atrás

A mineira de San Finx é coñecida entre o ecoloxismo galego por utilizar este tipo de estratexias de ataque xudicial. Xa en 2017 denunciara ante os xulgados de Noia a outras dúas organizacións ecoloxistas con pretextos similares. Verdegaia fora denunciada por fotografar “obras ilegais”, o que deu lugar a un procedemento sancionador en Augas de Galicia no que a empresa foi multada con varios miles de euros e obrigada a derrubar todo o construído. No caso da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), o grupo ambientalista foi denunciado por tomar mostras de auga que, tras ser analizadas, tiraron graos de contaminación preocupantes con metais pesados. En ambos casos, a Fiscalía solicitou o arquivo das accións por tratarse de denuncias infundadas.

A mineira de San Finx é coñecida entre o ecoloxismo galego por utilizar este tipo de estratexias de ataque xudicial. Tanto Adega como Verdegaia sufriron intentos similares

Perigos para o medio ambiente e a saúde

Pero o problema que subxace vai moito máis aló das accións xudiciais contra Ecoloxistas, Verdegaia ou Adega. As verteduras de substancias tóxicas como o cadmio, o cobre e o zinc convertéronse nunha crecente preocupación medioambiental en todo o mundo. Estes metais, que se atopan en numerosas actividades industriais e mineiras, representan unha seria ameaza para os ecosistemas acuáticos e terrestres, fundamentais na economía do litoral galego, así como para a saúde humana. A medida que a demanda de produtos manufacturados aumenta, tamén o fai produción e liberación destes contaminantes nos Estados onde se explotan.

A acumulación de cadmio, a vertedura máis preocupante en San Finx, no corpo humano ao longo dos anos pode provocar enfermidades crónicas graves como enfermidades renais e óseas

O cadmio acumúlase nos solos e corpos de auga, contaminando os cultivos e afectando á fauna acuática, on son especialmente sensibles os bancos marisqueiros.Ademais, o bioacumulativo, é dicir, que se concentra a medida que avanza na cadea alimentaria, podendo alcanzar niveis perigosos nos seres humanos que consumen alimentos contaminados. Xunto a el, o cobre, cando se deposita en ríos e océanos, pode interferir na reprodución de peixes e outros organismos acuáticos e afectar gravemente os ecosistemas acuáticos. Ademais, o cobre é tóxico para moitas formas de vida microscópica, o que desencadea desequilibrios nas cadeas alimentarias e prexudica a biodiversidade.

A exposición continua a estes metais pesados ao longo do tempo pode ter efectos devastadores na saúde humana. A literatura científica ao respecto demostrou que a acumulación de cadmio no corpo humano ao longo dos anos pode levar a enfermidades crónicas graves como enfermidades renais e óseas. Ademais, a exposición a longo prazo ao zinc e o cobre en niveis elevados pode contribuír ao desenvolvemento de enfermidades neurodexenerativas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Medio ambiente
Medio ambiente Máis de 200 colectivos esixen transparencia sobre a mina Doade e piden a intervención do Parlamento Europeo
Organizacións de toda Europa, lideradas por SOS Suído-Seixo, esixen a Bruxelas acceso á documentación sobre a explotación prevista, denunciando opacidade, privilexios empresariais e risco ambiental en zonas protexidas de Galiza.
Industria textil
Industria textil #Tirandodelhilo: la industria textil al descubierto
Comprar ropa se ha convertido en un gesto automático, pero detrás de cada prenda barata se esconde una realidad marcada por la explotación laboral, la violencia de género y el deterioro ambiental.
Comunidad de Madrid
Paros 28 y 29 de abril Huelga total en la educación pública madrileña
Infantil, Primaria, Secundaria, FP, Educación Especial, Universidad. Las plantillas de todos los niveles de la educación madrileña pararán este lunes 28 de abril por la “infrafinanciación” que Ayuso mantiene en la enseñanza.
Laboral
Laboral Trabajar para vivir, morir por trabajar
El 28 de abril se conmemora el Día Mundial de la Seguridad y la Salud en el Trabajo con la necesidad de la implementación de medidas ante la siniestralidad laboral, que dejó en el país en 2024 la muerte de 796 personas.
Genocidio
Genocidio Activistas crean la embajada de Palestina en Bruselas mientras Israel prosigue con su asedio en Gaza
Mientras los ataques de Israel sobre la Franja de Gaza ya han dejado más de 51.490 muertos, activistas han rociado de sangre un edificio que simula ser la embajada de Palestina, dejando un rastro de pintura roja hasta la embajada del Estado sionista.
Análisis
Análisis La izquierda donde rompe la ola
El crecimiento electoral de un amplio abanico de fuerzas de extrema derecha desde hace unos años complica la consecución de decisiones a nivel de la UE.

Últimas

Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
Ayuntamiento de Madrid
Paros en Madrid Fin de la huelga de basuras en Madrid
La plantilla ha votado a favor de la última propuesta, en un paro que comenzaba el pasado 21 de abril y con el que se demandaba la actualización de un convenio que se ha quedado obsoleto.
LGTBIAQ+
Juicio el 9 de mayo Lidia Falcón pide cinco años de cárcel a una mujer trans por un tuit de 2021 que no la menciona
La activista antiderechos Lidia Falcón denunció a Diana Juan Cano en 2021 por un tuit que apenas tuvo repercusión. La acusación pide una pena de cinco años de prisión y 50.000 euros de indemnización.
Comunidad de Madrid
LGTBifobia Femen protesta contra las terapias de conversión en un acto de la familia de psiquiatras Rojas Estapé
El movimiento Femen ha querido denunciar públicamente la relación de esta familia con sectores ultraconservadores de la Iglesia y su postura abiertamente contraria a los derechos del colectivo LGTBIQ+
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sánchez piensa en un paréntesis legislativo para evitar roces con los socios tras una semana explosiva
El choque bronco por el caso de las compras de balas israelíes a cargo de Grande Marlaska puso sobre la mesa como nunca la ruptura de la coalición, aunque nunca fue una opción.
La vida y ya
La vida y ya Espacios de encuentro
Me contaba que, al final del día, le dolían mucho las manos y que había dejado de escribir. Que ya no llevaba el cuaderno pequeño que tenía para anotar ideas que luego se transformarían en artículos o poemas.
Más noticias
LGTBIAQ+
Juicio el 9 de mayo Lidia Falcón pide cinco años de cárcel a una mujer trans por un tuit de 2021 que no la menciona
La activista antiderechos Lidia Falcón denunció a Diana Juan Cano en 2021 por un tuit que apenas tuvo repercusión. La acusación pide una pena de cinco años de prisión y 50.000 euros de indemnización.
Galicia
Galicia Cuidar sin derechos: la lucha de las trabajadoras en las residencias privadas de Galicia salta a la huelga
Sin tiempo ni medios para ofrecer unos cuidados adecuados, alertan de una situación insostenible en los centros y denuncian la privatización de un servicio a costa del bienestar de las personas mayores y dependientes.
València
València Convocan una huelga general contra Mazón el próximo 29 de mayo
CGT, CNT, COS e Intersindical llaman a la movilización por la gestión de la Dana, los recortes y la situación de acceso a la vivienda.

Recomendadas

Guinea-Bissau
Internacional Guinea-Bissau arranca una ola de represión tras el sabotaje popular de una mina de arena en un parque natural
Una acción liderada por las mujeres del pueblo de Varela provocó un incendio en la bomba de extracción de la mina de arena pesada. El Gobierno ha llevado a cabo la detención de 16 personas, entre las que se encuentran líderes locales.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña y Ourense compraron material policial a Israel por medio millón de euros en solo cuatro años
El alcalde ourensano, Gonzalo P. Jácome, adjudicó un contrato por 70.000 euros días después del siete de octubre. Abel Caballero firmó otro de más de 200.000 euros y la alcaldesa de A Coruña siguió la estela con un contrato de 170.000 euros.
Turquía
Pinar Selek “Turquía sigue gobernada en base al miedo”
La profesora y socióloga turca, quien ha sufrido además de cárcel, un acoso judicial por 27 años, habla de la falta de independencia del poder judicial, del adoctrinamiento social y de la formación de la sociedad turca.