Medio ambiente
A Xunta de Feijóo construíu e reformou sen licenza naves e chalés no Parque Nacional das Illas Cíes

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Galicia investiga tres ampliacións de vivendas residenciais e a construción de dúas naves sen licenza, nin informes sectoriais, nun solo coa máxima protección urbanística.

A Xunta de Galicia construíu e acometeu ampliacións urbanísticas no Parque Nacional das Illas Atlánticas (Illas Cíes) en polo menos catro parcelas diferentes e de forma irregular. As actuacións leváronse a cabo en datas posteriores a 2009, mentres o agora líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, aínda era presidente do Goberno galego. Así se desprende das investigacións que está a levar a cabo a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Galicia (APLU) e ás que tivo acceso en exclusiva O Salto.

Trátase de catro expedientes que o organismo encargado de velar polo cumprimento da normativa urbanística abriu tras a reclamación formal dunha persoa que prefire manterse no anonimato. A instancia coas dilixencias previas emítea formalmente o Concello de Vigo, municipio no que se integra o arquipélago e aclara que as catro edificacións están “sen dispor do preceptivo título habilitante nin a autorización sectorial”. A continuación pódese consultar un extracto da investigación que está a levar a cabo a APLU na que se identifican as construcións en situación irregular.

Investigación de la Agencia... by El Salto periódico

Pero sen necesidade de acceder á documentación interna da APLU reproducida parcialmente no documento anterior, a irregularidade das construcións realizadas no Parque Nacional pódea constatar calquera persoa con acceso a un dispositivo electrónico con internet a través da Sede Electrónica do Catastro do Ministerio de Facenda e Función Pública. O catastro é un rexistro administrativo que contén a descrición dos distintos bens inmobles e que permite determinar a súa localización e delimitación mediante a cartografía catastral. En base a eles, as administracións reclaman ás persoas propietarias os tributos relacionados cos inmobles como o IBI. Como confirman fontes do Ministerio de Facenda a esta redacción: “Todo o que non está rexistrado no Catastro, coa súa correspondente documentación urbanística, atópase en situación irregular”. E así figura no rexistro de Facenda.

A obra máis flagrante de todas é a construción de dúas naves nunha parcela de uso agrario e que, a pesar de realizarse arredor de hai máis de dez anos, non está rexistrada nin sequera na relación de bens inmobles da Xunta. A situación destes catro expedientes é paradoxal: a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, que depende da Consellería de Medio Ambiente e cuxos altos cargos son de libre designación, investiga ao Parque Nacional que depende, en última instancia, da propia Consellería.

naves cies
Estado actual de las naves construidas en las Illas Cíes y la ausencia de su registro catastral El Salto

Está investigación que agora publica O Salto deu comezo en marzo de 2022 e, xa entón, fontes oficiais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda explicaron que estas dúas naves eran “dous módulos de emerxencia destinados á seguridade cidadá”. Preguntadas as mesmas fontes polos títulos habilitantes necesarios para a súa construción responderon: “Trátase dun acordo antigo que probablemente non foi dixitalizado, o que dificulta a súa localización”. Máis dun ano e varias peticións de transparencia despois, a Xunta de Galicia non remitiu a esta redacción nin o acordo do padroado que rexe o Parque Nacional para a construción, nin o título habilitante para a obra, nin a declaración de impacto ambiental necesaria para levala a cabo. Nunha nova comunicación con Medio Ambiente días antes da publicación desta investigación, a Consellería volveu rexeitar responder.

Por non falar dos informes sectoriais necesarios para levar a cabo unha escavación de máis de dous metros de profundidade nun lugar onde hai rexistros arqueolóxicos do Paleolítico e na marxe de servidume de costas. O director do Parque Nacional das Illas Atlánticas, responsable directo, e primeira parte interesada na investigación da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, José Antonio Fernández Bouzas, preferiu non contestar a ningunha das preguntas do Salto.

No seguinte extracto, pódese comprobar como o Concello de Vigo constata a inexistencia da licenza urbanística necesaria para as obras que se levaron a cabo.

Confirmación del Ayuntamien... by El Salto periódico

Pero o director do Parque Nacional si tivo que contestar a unha petición amparada na Lei de Transparencia na que explica que as naves se construíron despois de 2009 baixo a actuación “minimización do impacto ambiental en itinerario de uso público e optimización e xestión dos recursos naturais”, incluído no Plan Español para o Estímulo da Economía e o Emprego. Máis coñecido como Plan E. É dicir, foron feitas con diñeiro público. Esta redacción tamén preguntou á Consellería de Medio Ambiente como xustificara o investimento deses fondos, pero non obtivo resposta, aínda que si que confirmaron que as catro obras foron cargadas ao erario público.

Tras máis dun ano de peticións formais, a Xunta non presentou nin un só documento que acredite a legalidade desas catro construcións

Hai agora un ano e dous meses, preguntadas pola non inclusión destas construcións, esas mesmas fontes oficiais de Medio Ambiente responderon: “Os técnicos que se encargan da elaboración das fichas de todas as leiras, infraestruturas e demais bens das Illas Atlánticas acábanlle de comunicar á dirección do Parque Nacional que xa están en disposición de enviar ao Catastro toda a documentación recompilada no caso das Illas Cíes”. Un ano e dous meses despois, esas construcións que están a piques de cumprir 15 anos en pé seguen sen regularizarse. E Medio Ambiente insiste: “Na actualidade o Catastro está a actualizar as propiedades das illas Cíes en colaboración coa Xunta de Galicia”. Con todo, no rexistro oficial non hai ningún expediente que o acredite e a Xunta tampouco quixo documentalo en todo este tempo.

A ampliación de tres chalés de uso residencial

Aínda que a destrución de solo do Parque Nacional das Illas Atlánticas acométese principalmente na construción das dúas naves mencionadas, a Xunta tamén manobrou para reformar e ampliar polo menos tres vivendas de uso residencial (1, 2 e 3) tras a entrada de Alberto Núñez Feijóo ao Goberno da Xunta despois de 2009. Nas tres construcións, inscritas no rexistro de bens da Administración galega, as obras leváronse a cabo para ser ampliadas. Todas as casas e tamén as naves atópanse a escasos metros dunha das praias máis reivindicadas e protexidas de Galicia: Rodas. De feito, a progresión de como se foron executando as obras pode observarse con facilidade na sucesión anual dos mapas aéreos da Xunta e que son de libre acceso para calquera persoa. Nun conciso comunicado dirixido ao Salto, Medio Ambiente explicou que este tres chalés son para “uso do persoal do parque”.

chalet cies ampliado
Uno de los chalets ampliados a escasos metros de la playa de Rodas y la ausencia del registro catastral

Con todo, tras catro días de espera, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, dirixida por Ángeles Vázquez Mejuto (Partido Popular) non respondeu ás preguntas fundamentais que lle formulou esta redacción. Nin se contan coas licenzas, títulos habilitantes e/ou informes sectoriais necesarios para realizar esas obras. Nin como xustificaron formalmente estas construcións. E tampouco por que non se atopan ningunha delas tal como están na actualidade no inventario oficial de bens inmobles da Xunta de Galicia.

Superposición del registro ... by El Salto periódico


Para contrastar que as construcións non están regularizadas, calquera persoa pode cruzar as seguintes referencias catastrais na Sede Electrónica do Ministerio de Facenda e Función Pública co inventario de bens inmobles da Xunta de Galicia:

  1. Ampliación de vivenda: 54057A228000260001UT
  2. Ampliación de vivenda: 54057A228000110001US
  3. Ampliación de vivenda: 54057A228000090001UZ
  4. Construción de dúas naves: 54057A228000010000E

Ningunha delas figura no seu estado actual, transcorridos máis de dez anos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Lugo
Lugo Os sindicatos esixen a Traballo que tome medidas no “peche patronal” de Sargadelos
O dono, Segismundo García, permitiu a entrada de case todo o persoal tras catro días do que cualifican de “chantaxe”. Desde CCOO e CIG denuncian que este mércores “ignorouse a 12 traballadores”.
Lugo
Lugo As traballadoras de Sargadelos esixen a reapertura da fábrica e rexeitan a “irresponsabilidade” do dono
Os sindicatos apuntan a que a reacción do propietario é “inxustificada” pola multa de Inspección e apuntan a que usa ao persoal para chegar a un acordo coa Xunta de Galiza.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.