Medio ambiente
Así gañou un pobo á expansión eólica: A Groba contra as multinacionais enerxéticas

Activistas do Instituto de Estudos Miñoráns e da asociación SOS Serra da Groba reflexionan sobre as súas recentes vitorias xudiciais fronte as empresas promotoras de parques eólicos na zona do Val Miñor (Pontevedra)
SOS A Groba 2
Bruno Centelles, Xilberte Manso e Anxo Reigosa, do Instituto de Estudos Miñoráns. Miguel Núñez

A proxección de ducias de parques eólicos ou o caso da macrocelulosa de Altri proxectan sobre o conxunto da poboación unha sensación de impotencia ante os plans de depredación do territorio despregados por empresas que só buscan o beneficio privado. Ao outro lado da cadea, atopan nas institucións, e concretamente na Xunta, un punto de apoio sobre o que desenvolver os súa política de despoxo. Fronte ao relato da indefensión, hai experiencias nos movementos veciñais que, como no caso da serra da Groba, marcan un camiño de resistencia cidadá contra os plans das multinacionais ante a expansión eólica en Galiza. Esta é a súa historia.

A importancia de tecer redes nas comunidades locais

No ano 2005, chegan por vez primeira ás veciñas e veciños do Val Miñor novas sobre a instalación dun parque eólico na serra da Groba, o Albariño 1. Dúas décadas despois, a súa mobilización conseguiu a eliminación en fase administrativa do 100% dos proxectos eólicos —un total de 8— previstos no Val Miñor e no Baixo Miño, constituíndo un exemplo de como a organización colectiva e o traballo en común poden traducirse en vitorias a favor do patrimonio ecolóxico e cultural.

Este 2024, o Instituto de Estudios Miñoráns (IEM) cumpre 25 anos. A súa fundación, por parte dun grupo de entusiastas con diferentes intereses que van dende a arqueoloxía ate a zooloxía, pero co elemento común de querer relacionarse, protexer o seu entorno e dalo a coñecer ás demais xunto cun claro afán de conservación e divulgación, permite entender a capacidade de mobilización que na zona do Val Miñor ten a Plataforma SOS Groba. En base a diferentes estratexias de concienciación e información, xunto cun inxente traballo por parte dos seus membros, foron quen de eliminar en fase administrativa os 8 parques eólicos previstos no Val Miñor e no Baixo Miño.

Esta asociación xorde no ano 2007, ao calor das protestas veciñais que outras plataformas como Salvemos Monteferro comezaron no verán de 2005, cando chegaron as primeiras noticias sobre o proxecto Albariño 1, un parque eólico que ameazaba o patrimonio natural e histórico da Groba. O seu traballo, inspirado pola oposición frontal contra este tipo de macroparques, achegase á sociedade miñorá en forma de charlas, conferencias, visitas guiadas pola zona, publicacións de diversa índole, campañas informativas ou saídas escolares, chegando ás veciñas e conseguindo unha enorme resposta cidadá, como mostran as múltiples mobilizacións coas que, dende o ano 2019, amosaron a súa contrariedade ante os plans da Xunta. 

Este tipo de proxectos, que tiñan e teñen como marco o Plan Sectorial Eólico do ano 1997, e que polo tanto non conta coa avaliación ambiental pertinente que se esixe dende 2013 —ano no que entra en vigor a Lei de Avaliación Ambiental— incumpren normas e presentan prácticas fraudulentas como a fragmentación artificiosa dos parques para eludir o control estatal, xa que a Xunta pode tramitar aqueles que teñan unha potencia de ata 50MW. Todo este tipo de fallas que se tratan de empregar por parte dos promotores, en conivencia coa Xunta, son as que dende SOS Groba empregaron para impedir que os eólicos enchesen a zona do Val Miñor, chegando ate o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

Tras ese primer intento no ano 2005 e uns anos nos que os proxectos eólicos quedaron en segundo plano ⎯aínda que a zona seguiu ameazada por unha mina aurífera e un campo de golf⎯, 2019 marca un novo punto de revitalización destes proxectos que, como sinalan dende a asociación e tamén fan outros expertos como os consultados por este mesmo medio en ocasións anteriores, son puramente especulativos. Dende SOS Groba insisten en que o negocio das enerxías renovábeis, e en concreto dos parques eólicos, está na súa instalación e montaxe e non tanto na produción de enerxía e é, precisamente dende esta crítica á lóxica especulativa, onde arrancan tanto a súa oposición así como toda a estratexia despregada para loitar contra este fenómeno que incide nos procesos de despoxo do territorio.

Un método propio para unha presión colectiva

Unha das ferramentas que deseñaron dende SOS Serra da Groba coa finalidade de facer máis visibles as formas de depredación sobre o territorio é o trazado das poligonais —a area afectada pola instalación dun parque eólico— sobre o terreo, apoiándose para isto en aplicacións de mapas. Deste xeito, representan de forma clara a fragmentación fraudulenta e a compartición de elementos comúns como torres meteorolóxicas ou elementos de canalización e evacuación da enerxía producida. Na práctica, esta condición esixiría a avaliación dos proxectos como un só se estes son compartidos, xa que ao cartografar os parques, faise moi evidente como as súas áreas solápanse, mesmo nos casos nos que sobre o papel falamos de proxectos presentados por empresas diferentes —como Acciona, Greenalia ou Naturgy—, que crean ad hoc promotoras que non contan con experiencia previa nin coa capacitación técnica para levar a cabo estes proxectos. Ademais, o trazado destas poligonais sobre o terreo revela que, en moitos casos, as áreas afectadas ocupan territorios particulares, vivendas, infraestructuras industriais e montes en man común. Na práctica, isto convirte estes terreos en susceptibles de expropiación sempre e cando sexan cedidos en concesión ás promotoras para o seu uso como solos industriais, especificamente para producir enerxía eléctrica. 

A propia Xunta de Galiza leva realizadas, no momento no que se escribe esta reportaxe, dúas modificacións en leis coa fin de axilizar a instalación dos parques e dificultar o acceso á información dos e das interesadas e para facer susceptibles de expropiación os terreos e propiedades afectadas ao consideralas solo de uso industrial, coa particularidade de que obteñen esta cualificación só para ser empregados para a produción de enerxía eléctrica en concesión exclusiva para as empresas promotoras. 

Así, a Lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galiza (2021) reduce os prazos de acceso á información á metade, pasando de 30 a 15 días, e a Lei Galega de medidas fiscais e administrativas, que permite ao Goberno galego declarar unilateralmente de interese pública superior os polígonos eólicos autonómicos. Ademais, dende o 16 de setembro deste ano, sabemos tamén que a Comisión Europea avala a decisión da Xunta de impulsar a Lei de administración ambiental simplificada de Galiza que, aliñada coas dúas xa aprobadas nos anos 2021 e 2023, afonda na redución dos prazos de actuación por parte daqueles interesados e interesadas en coñecer o alcance dos proxectos industriais —nos que se inclúen, por suposto, os parques eólicos— e achanda o terreo ás empresas, que durante os últimos anos veñen afirmado que existe unha grande “inseguridade xurídica” por mor das denuncias recibidas e a paralización dos eólicos proxectados reducindo as trabas administrativas. 

Estas chamadas á facilitar a implantación de novos parques, pasando por riba dos mecanismos de control e avaliación ambiental veñen acompañadas de acusacións de carácter persoal a membros do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza como Luis Villares, maxistrado da sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo e candidato de En Marea nas eleccións autonómicas de 2016, cuestionando así a independencia do seu traballo e as súas decisións. Ata o ano 2022, a tramitación dos parques eólicos era competencia da Consellería de Industria, mais dende o novo goberno de Alfonso Rueda, depende de Medio Ambiente, polo que as novas alegacións que cheguen ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza pasan agora pola sección segunda, nun novo intento de garantir a “seguridade xurídica” para os promotores. 

Por se fose pouco, e como apuntan dende SOS Serra da Groba, a Xunta está incumprindo o Convenio de Aarhus, un tratado internacional en vigor dende o ano 2001 e ratificado por España en 2004. Dito convenio e a consecuente lei estatal que o traspuxo sinalan que os prazos máximos para a entrega da información ambiental son de un mes, e dende a asociación levan agardando pola entrega dos informes pertinentes sobre os parques que están en poder da Xunta dende o 2021, ano no que levaron a cabo a solicitude formal previo pago das taxas pertinentes.

As vitorias acumuladas e os próximos obxectivos

En que se traduce toda a actividade que levan a cabo dende SOS Groba e outras asociacións coas que colaboran como Petón do Lobo ou Galiza Atlántica e Verde? Falamos dunha serie de colectivos que, traballando conxuntamente, foron quen de presentar 80 recursos administrativos, un por cada parque eólico proxectado en Galiza. Actualmente, e grazas ao seu traballo e o de moitas outras asociacións, conseguiron a paralización cautelar de 59 proxectos. Estes “éxitos administrativos” son o resultado dun traballo que resultou en alegacións de máis de 600 páxinas que ademais de incluír os trazados das poligonais caracterízanse pola súa composición multisectorial, produto da colaboración dos membros do IEM que proveñen de diferentes campos. Estes enormes documentos foron resumidos no que deron por chamar un “documento de titulares” que inclúe dun xeito máis esquemático as ilegalidades e danos ao patrimonio, facilitando así a súa comprensión para todas as persoas interesadas. 

Pero a súa tarefa non remata aquí: no marco máis próximo como son as serras da Groba, do Galiñeiro e Aloia, aspiran a conseguir que sexan declaradas de figuras de protección especial, status que garante a seguridade do patrimonio histórico e natural da zona prohibindo definitivamente esta clase de proxectos na área. Advirten de que a situación repítese en todo o territorio galego e que estas vitorias son só unha pequena mostra de todo o que se pode conseguir. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Xunta de Galicia
Sanidade A Xunta de Feijóo, condenada por negar as visitas a unha muller falecida de cancro por ter covid-19
A xuíza di que a situación requiriu medidas de prevención “flexibilizadoras”. Faleceu a principios de 2022 no Hospital Álvaro Cunqueiro durante os últimos meses de administración do xefe do PP con Julio García Comesaña como conselleiro.
O Teleclube
O teleclube 'O Teleclube' viaxa á preciosa aldea de 'Vermiglio' a finais da Segunda Guerra Mundial
A película de Maura Delpero, seleccionada para representar a Italia nos Oscar, retrata a vida dunha familia de Vermiglio, unha aldea nevada nos Alpes italianos.
Historia
Descifrando a historia Así foi a rebelión antifiscal galega de 1790 contra a burocracia española
A monarquía española quixo implantar a Contribución Única, algo que provocou fortes protestas. A máis coñecida foi o motín da Ulloa, chamado así porque se produciu nas zonas desta comarca. Foi a maior revolta antifiscal do Antigo Réxime en Galiza.
Madrid
La burbuja del alquiler Sumar, Podemos y sindicatos de inquilinos presionan para convertir en indefinidos los contratos de alquiler
Sumar lanza una propuesta legislativa para transformar en indefinidos los contratos de alquiler, una de las principales demandas de la manifestación por la vivienda del 5 de abril. Una moción de Podemos, rechazada en el Congreso, pedía lo mismo.
Líbano
Ocupación israelí Israel incumple el acuerdo de paz y mantiene tropas en el sur de Líbano para “vigilar” a Hezbollah
El Ejército sostiene la ocupación de cinco colinas a lo largo de la frontera tras evacuar sus soldados de decenas de municipios. Miles de civiles regresan a sus casas para descubrir que lo han perdido todo.
Galicia
Galicia La Xunta de Feijóo, condenada por negar visitas a una mujer que murió de cáncer por tener covid-19
La jueza dice que la situación exigía “flexibilizar” las medidas de prevención. Falleció a inicios de 2022 en el Hospital Álvaro Cunqueiro durante los últimos meses de la administración del jefe del PP con Julio García Comesaña de conselleiro.
Egipto
Egipto Ashraf Omar continúa en prisión provisional por dibujar
Ashraf Omar, caricaturista político del medio digital AlManassa, sigue en prisión preventiva indefinida tras ser arrestado violentamente en su domicilio el 22 de julio de 2024.

Últimas

Justicia
Justicia Rubiales, condenado por agresión sexual y absuelto del delito de coacciones
18 meses de multa con cuota de 20 euros al día por un delito de agresión sexual. Es la condena al expresidente de la RFEF Luis Rubiales por los hechos ocurrido en la ceremonia de entrega e medallas del pasado mundial celebrado en agosto en Sidney.
Tribuna
Tribuna Verde de ecosocial, verde de educación pública
En nuestras aulas se ha colado una prisa ansiosa, que juzga al alumnado como un gasto, que lo dirige, poco a poco, a un mundo laboral tecnoptimista y completamente atomizador.
Más noticias
El Salto Radio
El Salto Radio Humedales necesarios
Damos un paseo radiofónico por algunos de los humedales de Andalucía, espacios fronterizos entre el mar y la tierra, tan necesarios para nuestra supervivencia. Lo hacemos con Juan Martín Bermúdez, de SALARTE y algunos oyentes.
Fascismo
Memoria antifascista Allí donde hay humo, hay fuego
A unos días de las elecciones alemanas, donde la ultraderecha acude fortalecida, un repaso sobre el proceso de desnazificación posterior a la Segunda Guerra Mundial y sus medias verdades.

Recomendadas

Feminismos
Ana Bueriberi “El activismo tiene que ser colectivo: para contribuir al cambio es imprescindible despersonalizar la causa”
La periodista madrileña Ana Bueriberi reconoce que no sintió la discriminación hasta que llegó a la Universidad. Hoy, desde el proyecto Afrocolectiva reivindica una comunicación antirracista, afrofeminista y panafricanista.
Inteligencia artificial
Militarismo La máquina de los asesinatos en masa: Silicon Valley abraza la guerra
Las fantasías distópicas sobre los futuros usos de las máquinas en la guerra están más extendidas que el relato de lo que ya está pasando en los campos de batalla.
América Latina
Extrema derecha Los soldados de Donald Trump en América Latina
Mientras algunos presidentes latinoamericanos, con mayor o menor ímpetu, intentan ponerle freno, otros tantos se arrodillan y le rinden pleitesía sin recibir nada a cambio. ¿Quiénes son los súbditos latinoamericanos de Trump?