Laboral
O metal volve colapsar Vigo, mentres a patronal ameaza con non negociar ata que se desconvoque a folga

Miles de traballadores e traballadoras do sector reclaman subas salariais xustas e CIG, CC.OO. e UXT anuncian dúas novas xornadas de folga previstas para os vindeiros días 12 e 13 de xullo
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 3
Miles de traballadoras e traballadores durante a mobilización deste mércores en Vigo. Miguel Núñez

Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra e cuarto día de negativas da patronal Asime a aceptar as demandas das miles de traballadoras e traballadores da provincia. Segundos as tres principais centrais sindicais (CIG, CC.OO. e UXT), a folga rexistrou novamente “un seguimento practicamente total”, con milleiros de persoas percorrendo dende primeira hora da mañá os principais polígonos industriais e “visitando as empresas máis belixerantes co seu persoal”. Logo dos piquetes informativos de primeira hora, as rúas de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía acolleron marchas multitudinarias que transcorreron sen incidentes malia estar escoltadas todas elas por fortes dispositivos policiais: “Outra vez organizados por unha Delegación do Goberno español máis preocupada por defender os intereses da patronal que por garantir o dereito de folga e de manifestación”, denuncian dende o sindicato maioritario do sector, a CIG.

Laboral
Laboral A protesta do sector do metal en Vigo bótase ao monte para esquivar a violencia policial
Na terceira xornada de folga, miles de manifestantes cortaron a principal autopista do país despois de que a subdelegación do Goberno en Pontevedra lles impedise replicar a protesta fronte á feira da patronal que se clausura hoxe na cidade.

“Instamos ao empresariado a reconsiderar a súa postura e a sentarse a negociar unha mellora efectiva das condicións laborais porque do contrario, chegaremos até onde faga falta para garantir os nosos dereitos”, avisaron os delegados e delegadas durante a mobilización. Entre tanto, as asociacións empresariais que conforman a patronal do metal na provincia de Pontevedra, Asime, Atra e Instaelectra, insistiron en ”esixir“ o fin da folga para retomar a negociación do convenio cos sindicatos e reiteraron que estudarán accións legais contra as centrais polo prexuízo económico que as protestas ocasionaron á feira Mindtech celebrada a pasada semana. Neste senso, a CIG censurou os comunicados “fascistas” que está a facer públicos a patronal e quixo deixar claro que non desistirán á hora de reivindicar as súas lexítimas demandas.

Malia a violencia policial sufrida polos traballadores e traballadoras nas mobilizacións da semana pasada, a patronal di estar ”estudando accións xudiciais que permitan reclamar os elevados danos económicos e a varios dos visitantes e expositores, mesmo con responsabilidades de carácter penal e civil no ámbito colectivo e/ou individual". Algo que parece máis ben deixar lonxe un potencial acordo.

Entre as reinvindicacións do sector, salientan o mantemento da cláusula de revisión salarial conforme ao IPC real para compensar a perda de poder adquisitivo dos últimos anos e a redución da xornada anual en 24 horas. Así como garantir a subrogación do persoal entre empresas privadas. Tamén reclama unha suba salarial xusta, fronte ao 2% para 2023, do 3% para 2024 e do 3% para 2025 que ofrece a patronal, cunha cláusula de revisión salarial topada ao 1%, sen carácter retroactivo e sen atrasos. En cambio, as centrais sindicais demandan un incremento do 4% para cada un dos anos.

Ante a ausencia de acordo, os tres sindicatos que promoven as mobilizacións aproveitaron a xornada para anunciar dúas novas xornadas de folga, previstas para os vindeiros días 12 e 13 de xullo, que se veñen sumar ás convocadas xa para o xoves 6 e o venres 7. “Teñen que ter moi claro que non imos dar un paso atrás e que continuaremos coas mobilizacións até que se atenda o que reclamamos”, rematan dende a CIG.

Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 1
Ampliar
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 1
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 1
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 2
Ampliar
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 2
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 2
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 3
Ampliar
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 3
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 3
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 4
Ampliar
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 4
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 4
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 5
Ampliar
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 5
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 5
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 6
Ampliar
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 6
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 6
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 7
Ampliar
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 7
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 7
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 8
Ampliar
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 8
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 8
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 9
Ampliar
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 9
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 9
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 10
Ampliar
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 10
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 10
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 11
Ampliar
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 11
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 11
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 12
Ampliar
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 12
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 12
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 13
Ampliar
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 13
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 13
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 14
Ampliar
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 14
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 14
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 15
Ampliar
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 15
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 15
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 16
Ampliar
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 16
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 16
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 17
Ampliar
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 17
Cuarto día de folga do sector do metal en Pontevedra - 17
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Medios de comunicación
Medios de comunicación Faro de Vigo despide ao seu traballador número 20 nunha década mentres asina beneficios de 2,5 millóns
O comité de empresa e o Colexio de Xornalistas reprenden a decisión da empresa do grupo catalán Prensa Ibérica e convocan unha protesta semanal nas redaccións do xornal por toda Galiza.
O Teleclube
O Teleclube 'Sorda' o debut persoal de Eva Libertad chega a 'O Teleclube'
A directora murciana estrea a súa ópera prima ao carón da súa irmá e protagonista, Mariam Garlo.
Lugo
Lugo Os sindicatos esixen a Traballo que tome medidas no “peche patronal” de Sargadelos
O dono, Segismundo García, permitiu a entrada de case todo o persoal tras catro días do que cualifican de “chantaxe”. Desde CCOO e CIG denuncian que este mércores “ignorouse a 12 traballadores”.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
Partidos políticos
CIS de abril La ultraderecha recorta votos al PP arrastrada por el efecto Trump
El barómetro de abril vuelve a situar al PSOE como fuerza más votada. La izquierda española sigue su contienda por todo lo bajo.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.