We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Historia
Así foi a rebelión antifiscal galega de 1790 contra a burocracia española
No noso imaxinario, lastrado por décadas anteriores, fixéronnos crer que os galegos e galegas eramos un pobo incapaz de loitar contra as inxustizas. Pero se acudimos á historia, esta dános unha versión completamente diferente.
Corría o ano 1790 e a monarquía española quería implantar en todo o territorio o imposto coñecido como a Contribución Única. Este novo imposto ía afectar a propietarios e campesiños e con el incrementaríase os abusos dos recadadores do rei. Cabe sinalar que a intención do imposto único xa viña de mediados do século XVIII.
Historia
Descifrando a historia As cortes de Melide, así foi como o medo da nobreza galega tratou de frear novas revoltas como a Irmandiña
Ante esta situación, comezan as protestas. A máis coñecida foi o motín da Ulloa, chamado así porque se produciu nas zonas desta comarca. Foi a maior revolta antifiscal do Antigo Réxime en Galiza.
Produciuse entre os meses de agosto e novembro do 1790 coa participación de entre 6.000 e 8.000 campesiños. Estes ían polas feiras e mercados de Galiza co seguinte lema: “Viva o Rei, viva a Ulloa, morra a Única”. Que vaia por mercados e feiras é intencionado, xa que hai moita xente e poden crear bastante balbordo.
Se vos fixades, no seu lema din “viva o rei” isto é porque non consideraban culpable a esta figura, senón todo o contrario, á burocracia e aos alcabaleiros, aos que consideraban culpables de querer implantar este imposto único. Finalmente estas protestas foron sufocadas e a contribución única nunca foi implantada.