rajoy rueda feijoo
Alfonso Rueda, no centro, acompañado de Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo.

Elecciones
Alfonso Rueda: da nobreza do estado á Presidencia da Xunta

O candidato do Partido Popular non é nin un semellante nin un home feito a si mesmo. Unha análise sobre o seu liderado: abordamos as continuidades e novidades con respecto a Feijóo, así como a posición de clase que o levou até o cumio do seu partido.

Cando Alfonso Rueda accedeu á Presidencia da Xunta era un perfil pouco coñecido para a maioría do electorado, incluso para máis da metade dos votantes do Partido Popular. Na maioría dos medios aparece como un técnico á sombra de Alberto Núñez Feijóo que, a base da súa xestión e a súa lealdade consegue situarse na cúspide do PPdeG. Naquel momento, a mediados do 2022, cando o agora líder do PP substitúe a Pablo Casado, Rueda acumulaba unha experiencia como deputado autonómico de 13 anos, ocupando o segundo posto máis importante do executivo: a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. O PPdeG sabía que o seu novo líder, malia ser a man dereita de Feijóo, tería que procurarse un liderado propio. Comeza a manobra: continuar o legado de Feijóo e explotar as novidades potenciais de Rueda.

As tres patas de Rueda para o continuismo con Feijóo

As primeiras continuidades sucedéronse no seo da organización. O PPdeG fixo un conxunto de actos co obxectivo de traspasar o legado simbólico de Feijóo. Dixo que Rueda era o “mellor sucesor posible” e resaltou a súa vitalidade: “É un triatleta”; tamén a conexión cos poderes públicos como “coñecedor da Administración Pública”; a lealdade ao partido e tamén, dixo, as súas virtudes morais. Rueda presentouse perante os seus como un candidato de consenso e como alguén capaz dun fito histórico: a mobilización de 7.000 avais das catro provincias galegas. Observar como trataron de fundamentar a idea do estilo Rueda poñendo a base na “humildade, traballo, cercanía, sensatez e amabilidade”, da boa conta do marco de comprensión que pretenderon instalar.

O perfil técnico de Rueda semellaba idóneo para continuar con varios puntos nodais do discurso do PPdeG, ben cimentado nesa hexemonía“máis naturalizada a través dos aparellos administrativos e a xestión técnica” que no combate ideolóxico. Rueda continúa coa concepción patrimonial das institucións, insistindo nun obxectivo: equiparar ao PPdeG coa Xunta e á Xunta co PPdeG. Co propósito de acadar a identidade dese binomio mantén tres ideas fortes.

A primeira delas é a defensa dunha Galiza estable. Rueda defende a noción de Galiza como unha “illa de estabilidade” perante as “turbulencias políticas a nivel nacional”. Neste senso presenta á Xunta como un referente en canto a xestión: a “primeira comunidade de España en aprobar os orzamentos para o ano 2024”, que tamén leva “15 anos aprobando os orzamentos en tempo e forma”. Votados sempre e exclusivamente polos deputados e deputadas da súa formación política que ostentan a maioría absoluta.

A segunda é a defensa da “Galicia na que vivimos”. Rueda parte dun marco conservador da autonomía que considera que as cousas están ben como están e polo cal non é preciso desenvolver máis competencias. Tamén expón unha visión esencialista do pobo segundo a cal a tarefa dun goberno é axustarse aos valores primordiais dos galegos: a cautela e a estabilidade. Exprésase con transparencia no combate ao BNG, forza ameazante: “Agardamos que os galegos estean libres no mañá de ningún nacionalismo”. Acúsaa dun sentimento patolóxico que chama “nacionalismo enfurruñado” e de acomplexarse do seu propio pobo, ao que desexarían mudar por outro, disque: “Defendemos unha Galicia que non teña envexa de ninguén (...) que pouco entendín aos que din que lles gustaría que Galicia se parecese máis a outros sitios”.

A última idea forte é a identificación do PPdeG co sentido común, coas “políticas con sentidiño”. Esta idea é debedora do paradigma postpolítico, consistente en presentar os asuntos económicos como actividades de xestión técnica e os programas neoliberais como únicas opcións realistas. Rueda tende a personificar o saber obxectivo e neutral que esixe o postpolítico. Un exemplo está na resposta que lle deu a Ana Pontón sobre a proposta dunha tarefa eléctrica galega: “Que é iso da tarifa eléctrica galega? As nosas propostas son realizables”. Estas tres grandes ideas representan algunhas das principais continuidades entre ambos liderados, pero Rueda presenta dúas grandes novidades.

Hai Galiza máis alá da era Feijóo?

A primeira é a estatalización da súa campaña. O PPdeG insiste nos temas que ocupan ao PP na política estatal: Sánchez e os seus socios de goberno. Se nas eleccións do 2020, no contexto da pandemia, Feijóo xa ensaiara unha campaña agresiva contra o goberno central, na actualidade, Rueda tratará de aproveitar ao máximo as contradición xurdidas no seo das alianzas parlamentarias do Goberno do Estado español.

Serán as eleccións galegas máis estatalizadas das últimas dúas décadas e boa mostra disto son os sentidos impresos no anuncio de nadal Galicia Rueda. Neste aparecen elementos meméticos como as froiteiras identificadas co “me gusta la fruta” de Isabel Díaz Ayuso, o rexeitamento do independentismo catalán, cun faltón “aquí non paramos, nin de coña”, ou a identificación dun mozo condutor con Feijóo, de quen leva unha foto no seu coche.

Rueda manéxase con solvencia nestes temas, sobre os que se ten manifestado en múltiples ocasións: arremeteu contra o uso do galego no parlamento estatal tachándoo como unha “cesión a Puigdemont”), á lei de amnistía e ás alianzas do PSOE. Trátase de incorporar na súa campaña o receitario estatal do partido, que percibe a Sánchez como “refén de parte do seu propio goberno”.

A división do espazo á esquerda do PSOE ou o independentismo catalán serán puntos nodais no discurso de Rueda, que se presentará como o defensor dunha Galicia agraviada: “Galicia non é unha sucursal de serie b, Galicia ten a súa personalidade (...) Cada gallego va a tener que pagar 400 euros para perdonarles la deuda”.  

A estatalización da campaña será unha novidade pero a agresividade da ofensiva non. Rueda foi un dos artífices das campañas máis agresivas que podemos recordar: aquela que cargou contra o bipartito de Touriño e Quintana. O eixo daquela campaña garda paralelismos coa actualidade. Tratouse dunha ofensiva de desprestixio contra o bipartito, centrada na acusación de corrupción e mala xestión e no aproveitamento das tensións internas entre o PSdeG e o BNG. Anos despois, como conselleiro, Rueda implicaríase na acusación contra o PSdeG da “trama agraria” , coa que se tratou de probar que o PSdeG mantivera unha trama de financiamento ilegal coas Unións Agrarias e que se arquivaría anos despois.

Naqueles anos, o PPdeG apartouse do galeguismo conservador dos tempos de Fraga e incorporou ao seu discurso elementos propios do nacionalismo español, concretamente do aznarismo, promovendo unha ofensiva cultural que cristalizou nas manifestacións de Galicia Bilingüe, nas que o propio Rueda participou en primeira fila.

A distancia entre o que di que hai e o que verdadeiramente hai

A outra novidade que presenta Rueda con respecto a Feijóo refírese a unha singularidade que este non tiña: a súa proximidade. Trátase dun liderado co que é máis doado identificarse, e a súa simpatía é un valor do que o PPdeG quere sacar rédito. Desde a súa entrada na presidencia, e especialmente desde os últimos meses, os populares apostaron por instalar na opinión pública un relato sentimental sobre Rueda. A súa participación no Land Rober da CRTVG é o exemplo máis claro desta aposta. A súa sería a historia dun home feito a si mesmo, familiar, moderno (runner, fan das motos) e próximo á xente (gústalle tomarse unhas 1906, confrade do xamón na Cañiza). A Rueda non lle incomoda presidir a petición viral de matrimonio dun policía ou recoñecer nunha entrevista que fumou algún porro de novo.

Rueda non é exactamente nin un semellante nin un home feito a si mesmo. Ten unha orixe familiar pouco común tanto no referido á clase social como ao grao de responsabilidade política. Polo lado materno (Lola de Valenzuela López-Montenegro) procede dunha familia de ascendencia señorial que garda lazos de proximidade co clan dos Garrido Valenzuela, cuxos membros integran algunhas institucións poderosas como o Instituto de Crédito Oficial ou a patronal de Pontevedra. Polo lado paterno (José Antonio Rueda Crespo), tivo como referente a un xefe do IRYDA e representante de Alianza Popular próximo a Mariano Rajoy que, desterrado da política tras apoiar á Coalición Galega de Xosé Luís Barreiro, foi recuperado por Xosé Cuíña nos 2000.

Tampouco resultan comúns amizades como as de Juan Carlos Aladro, fiscal xefe de Pontevedra, ou Javier Domínguez, presidente de Sogama. Esta última empresa posúe participacións (10%, xunto co 40% do goberno galego, 38% de Abanca e 12% de Reganosa) na sociedade Impulsa Galicia, un antecedente do fondo de apoio para proxectos empresariais de 300 millóns de euros anunciado por Rueda no Debate sobre o Estado da Autonomía.

O relato sentimental sitúa a Rueda nos seus inicios como un humilde comercial que vendía fondos de investimento porta a porta e que a base de esforzo consigue acceder a un bo posto como funcionario. A realidade é que Rueda pertence á tecnoestrutura e garda máis similitudes coa “nobreza do estado” da que falaba Bourdieu que co cidadán común.

As súas oposicións, preparadas co actual secretario municipal do Porriño Eduardo Fernández Portela, non son accesibles para calquera cidadán: implican anos de preparación e son custosas economicamente. Con elas accedeu a unha carreira como funcionario da Administración local, da que obtivo habilitación nacional e categoría superior, o que o levou até á Dirección Xeral de Administración Local da Xunta no 2005. Neses anos perfilarase como un candidato adecuado, e en 2006, substitúe a Xesús Palmou, de quen foi xefe de gabinete, na secretaría xeral do PP. Aquel ascenso faríase baixo o abrigo de Palmou e o impulso de Romay Beccaría, unha das persoas máis influentes en Feijóo, catalogado por moitos analistas como o Andreotti da dereita española.

O relato sentimental de Rueda sitúa a súa carreira política no momento no que o chama Feijóo. Algo que resulta falso: na década dos noventa acumula experiencia no Concello de Pontevedra e convértese no líder provincial das Novas Xeracións.

A de Rueda é unha desas traxectorias típicas do PP. Un perfil técnico híbrido entre o público e o privado que ve na súa condición unha virtude á hora de gobernar. Esta condición é a que soubo aproveitar para ascender dentro do partido: durante o seu desempeño profesional nos concellos de Cervantes, A Cañiza e Cambados coñece a figuras relevantes como son César Mera, Manuel Cores Tourís ou José Benito Suárez Costa. Estes perfís conectan a Rueda coas elites do partido en distintos momentos e fanlle merecedor dunha confianza interna.

As dinámicas internas do PPdeG prometen unha reprodución similar das novas elites do partido, tal e como se observa en compañeiros de viaxe como Paula Prado, Ángeles Vázquez e Diego Calvo, ou no tempo acumulado en política institucional de gran parte do grupo parlamentario galego: dos 43 deputados populares 29 teñen dilatadas traxectorias como políticos profesionais e 14 levan mínimo dúas lexislaturas.

Que podemos esperar de Alfonso Rueda no futuro?

Os populares traballan desde fai tempo para que no 18 do febreiro Rueda se inscriba na liña de sucesión dos presidentes populares: Albor, Fraga e Feijóo. O tempo dirá se o caso dos pellets ou os balances negativos sobre a súa presidencia son suficientes para que o PP perda a maioría absoluta no parlamento galego.

A folla de ruta programática expúxose durante a súa sesión de investidura, o proxecto “traballo, familia e futuro”. O discurso de Rueda influenciarase polas correntes que atravesan ao PP, unha organización integrada na gaiola de ferro do Estado que se caracteriza por un gran tamaño interno e por compoñerse por dirixentes centrados na conservación dos seus postos. Rueda habitará as contradicións propias do PP, que artella un discurso económico individualista cunha moral tradicional-conservadora e pretende encarnar o liberalismo hispano ao mesmo tempo que se implica nunha deriva reaccionaria nas súas alianzas coa extrema dereita.

A posición do PP estatal mudará o ideario procedente da tradición política do PPdeG, un partido, en palabras de Emilio Pérez Touriño, “moderado, central e galeguista”. De momento, tal e como deixou entrever no acto de proclamación da súa candidatura, Rueda recolle a testemuña de todos os que lle antecederon: Albor, un “señor dos pés á cabeza”; Fraga, o “ciclón” creador dun “partido amplo”; e Feijóo, o líder “insubstituíble”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Podemos
Izquierda Podemos mantiene el ‘modo revancha’ y en Sumar se dividen entre el hartazgo y la resignación
En su V Asamblea Estatal, la formación morada pisa el acelerador en su confrontación pública con el grupo de Yolanda Díaz. Con Montero ya precandidata, la confluencia electoral parece una quimera aunque algunos yolanders no ven otra opción.
El Salto Radio
El Salto Radio Viva Nicaragua Libre!
Se cumplen 7 años de la Rebelión de abril, la insurrección cívica que puso en jaque a la dictadura Ortega-Murillo y estableció un antes y un después en la historia de Nicaragua.
Galicia
Galicia La UE cava hondo: litio gallego para el nuevo militarismo europeo
En pleno rearme ordenado desde Bruselas, Galicia entra en el tablero geopolítico como potencial proveedor de litio para la industria de defensa. Un enclave de alto valor ecológico en Doade (Ourense) se convertirá en cantera para baterías militares.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Camboya
Camboya 50 años del inicio del genocidio en Camboya
El régimen de Pol Pot acabó con la vida de más de dos millones de personas. Solo tres integrantes de los Jemeres Rojos han sido condenados por crímenes contra la humanidad.
Senegal
Senegal Una ‘Escuela de rehenes’ o cómo Francia usó la educación en África para transformar las mentes
La administración colonial francesa puso en marcha en 1855 un centro educativo que tenía el objetivo de formar a los hijos de los reyes locales mediante el borrado de su cultura.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.

Recomendadas

República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.