Educación
A volta ás aulas na Galiza fronte dúas crises

As escolas rurais atópanse no medio dun longo proceso de desmantelamento e agora tamén buscan o xeito de sortear os obstáculos que a nova normalidade lles esixe.

Para moitos centros educativo no noso país, o regreso a clases significou atender unha disputa na que o proceso de desmantelamento educativo tivo que afrontar a crise sanitaria e os novos protocolos de seguridade. Isto supuxo que se tomasen decisións contraditorias, que poucas respostas poden ofrecer ás preguntas sobre as estratexias de protección e coidado que a nosa nova realidade formula.

Os Acordos da Conferencia Sectorial de Educación sentaron as bases do que sería a estratexia e plan da traballo para o regreso a clases durante o ciclo 2020-2021. O documento foi votado e asinado por cada un dos conselleiros e conselleiras de educación do Estado español. Sendo os únicos que amosaron a súa desconformidade os representantes do País Vasco e a Comunidade de Madrid. Finalmente, estes acordos foron publicados o 26 de xuño, case tres meses antes que as aulas iniciasen en gran parte do Estado. 

Un dos puntos máis relevantes na resolución é aquel no que se lle solicita aos centros educativos o establecemento dun plan para inicio de clases no marco do protocolo que estableza  súa Administración educativa. Iso quere dicir que os centros teñen a responsabilidade de propoñer un plan de acción que se adapte a súas propias condicións.  Os acordos describen así proposta: “De acuerdo con sus condiciones concretas y en el marco de lo dispuesto por las Administraciones educativas, cada centro adoptará las previsiones acerca del uso de sus espacios disponibles, horarios, protocolos de movilidad, agrupamientos de alumnos, que le permitan adaptarse del mejor modo posible a las condiciones de la nueva normalidad”. 

A falta de profesores é un problema vello para os nosos centros, mais a crise sanitaria acentuouno.

Pola outra banda, a Xunta presentou o seu Protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitarios de Galicia para o curso 2020-2021 o 22 de xullo aínda que recibiu unha última actualización o 31 de agosto. O documento serviría como base para a realización dos planes en cada centro. Nese documento especifícanse dúas condicións concretas respecto ao mantemento da distancia adecuada entre alumnos e docentes: cada un deles durante as aulas debe manter un metro de distancia e ademais se debería optar por establecer grupos de ata un máximo 25 alumnos. En caso de que o espazo non permitise a distancia de seguridade, levaríanse a cabo o máximo aproveitamento do espazo e mesmo o emprego de aulas non destinadas ao uso habitual. 

O documento que expresa o protocolo propio do país non sinala ningunha proposta relacionada coa ampliación do corpo docente aínda que a distribución de alumnos e mesmo a adaptación a novos espazos podería implicar a necesidade de máis profesores. Foi ata o día 13 de setembro cando o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, sinalou a integración de novos profesores aínda que non fixo pública a cantidade dos docentes que se integrarían a este ciclo. 

A falta de profesores é un problema vello para os nosos centros, mais a crise sanitaria acentuouno. Na Galiza hai evidencia que amosa, en moitos casos, unha redución do persoal docente e mesmo o peche de espazos educativos, o que supón unha distribución menos axeitada para o alumnado. Isto seguindo as suxestións sanitarias que procuran a maior distancia social entre persoas para evitar posibles casos de contaxio. 

Tal é o caso do CEIP “Pedro Antonio Cerviño” que recibe a 63 estudantes durante o curso. Trátase do centro correspóndente ao consello de Campolameiro.  Alí viven 1,806 habitantes e sitúase na provincia de Pontevedra moi preto de Moraña e Paraños. 

Segundo o anuncia o PSOE nunha carta dirixida á Mesa do Parlamento, a Xunta ten reducido o corpo docente na zona desde os últimos anos ata chegar aos 9 profesores para todo o centro. Con todo, segundo a misiva,  a Consellería ten intención de reducir a sete o número de mestres no próximo ciclo. Deste xeito, tres profesores encargaríanse dos seis niveis que conforman a educación primaria. 

A esixencia que os socialistas presentan sinala que “esta medida ademais de producir un grave prexuízo á calidade educativa e pedagóxica do CEIP, supón unha contradición cos parámetros educativos establecidos para a “nova normalidade”, ao dificultar a distancia social”.

Caso similar é tamén o do CEIP “Rosalía de Castro” en Xinzo de Limia, no que esta medida supón unha neglixencia que toma como precedente unha decisión administrativa. Neste caso, o centro quedou cun profesor menos para impartir aulas, o que ampliou a distribución de nenos e nenas no terceiro de primaria. Deste xeito, a posibilidade  dunha repartición que permitise unha menor cantidade de alumnos na aula quedou anulada. 

A Administración parece actuar a contracorrente ao reducir o corpo de profesores nun contexto no que parece pertinente facer o contrario.

No blog do centro, A charco dos libros, os docentes fixéronse un espazo para facer públicas as súas demandas. Nunha entrada do tres de setembro, os profesores e profesoras involucrados manifestaron a súa posición: 

“1. A súa máis profunda preocupación e rexeitamento á decisión tomada por parte desa Xefatura Territorial de non habilitar unha praza de Educación Primaria como se viña facendo nos  cursos anteriores para poder desdobrar aqueles niveis máis numerosos, e así poder traballar cun rateo que garantira unha educación pública de máis calidade. Este feito parece moito máis incongruente neste curso onde, debido á pandemia causada pola COVID 19, fai máis necesario que nunca non ter grupos numerosos para poder contar coas debidas condicións necesarias de seguridade, respectando as distancias implantadas polo Protocolo ditado pola Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidade.

2. A súa reclamación para que sexan habilitadas neste centro DÚAS UNIDADES de Educación Primaria que permitan desdobrar os dous niveis onde contamos con corenta e nove e corenta e oito nenos e nenas, para así ter un rateo axeitado para poder cumprir as medidas anteriormente citadas”.

A esixencia dos profesores é un reclamo  que se fundamenta nas recomendacións que o protocolo da Xunta ofrece. Mais parece a que a Xefatura Territorial non está tomando en consideración o garante de seguridade que supoñería manter o desdobramento do alumnado. Deste xeito, a Administración parece actuar a contracorrente ao reducir o corpo de profesores nun contexto no que parece pertinente facer o contrario. O argumento que expón a Xefatura Territorial sustentase no feito de que aínda coa supresión da praza, o ratio de alumnos mantén o máximo establecido polo protocolo sanitario. 

O proceso de desmantelamento do ensino no rural leva anos xestándose.

Ata a primeira semana de clases, os profesores continúan mobilizándose para amosar o inxusto e contraditorio que resulta a redución do corpo docente neste novo contexto. 

Nun caso moi parecido encóntrase a escola unitaria de Luaña que xa non abriu no mes de setembro. Alí, Lucía Forján, membra da ANPA do centro, describe para Nós Televisión a realidade que comparten moitas escolas do contexto rural: “O problema precisamente é que vai a pechar a escola e no hai nenos. Entón estamos na pescada que se morde a cola: non hai nenos porque non hai servizos ou non hai servizos por que non hai nenos?” 

O estado de abandono que viven os espazos educativos no contexto rural é compartido por Xinzo de Limia e Campolameiro. Neste caso, Forján sinala tamén a pouca claridade que ten a administración para atender o seu caso: “Intentamos falar co inspector para ver que pasaba: se ía pechar ou non. E como non conseguimos que nos contestase nada claro, o día tres de xullo pedimos unha reunión e fomos a falar con el. Ensinounos un correo onde tiña a orde de que todas as supresións de escolas quedasen paralizadas.” Con todo, a decisión da Administración mudou semanas despois: “A primeira semana de xullo estabamos no prazo de matrícula e os nenos están matriculados na unitaria como se fose a seguir o ano que ven. Xusto despois das eleccións, o día 16 chama a mestre para dicirnos que lle avisaran da supresión da súa praza”.

Finalmente, a redistribución de nenos e nenas a outra escola unitaria marcou o inicio das clases en Luaña. Nin o feito de estar matriculados na súa primeira escola puido deter o seu propio peche. 

Ao igual que sinala Forján e moitas outras involucradas na loita pola conservación do ensino no rural, o proceso de desmantelamento leva anos xestándose e nese contexto é onde as novas políticas educativas no marco da crise sanitaria toman forma.  Os casos aquí expostos súmanse a un debate contraditorio no que hai intencións de concentrar nun centro aos estudantes que se forman na periferia e reducir o número de profesores, e , ao mesmos tempo, acatar os protocolos de seguridade que esixen os planes sanitarios.  As experiencias documentadas parecen demostrar que nin a emerxencia sanitaria é capaz de plantar un alto ao proceso de precarización e desaparición das escolas no rural. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Xunta de Galicia
Sanidade A Xunta de Feijóo, condenada por negar as visitas a unha muller falecida de cancro por ter covid-19
A xuíza di que a situación requiriu medidas de prevención “flexibilizadoras”. Faleceu a principios de 2022 no Hospital Álvaro Cunqueiro durante os últimos meses de administración do xefe do PP con Julio García Comesaña como conselleiro.
Galicia
Galicia La Xunta de Feijóo, condenada por negar visitas a una mujer que murió de cáncer por tener covid-19
La jueza dice que la situación exigía “flexibilizar” las medidas de prevención. Falleció a inicios de 2022 en el Hospital Álvaro Cunqueiro durante los últimos meses de la administración del jefe del PP con Julio García Comesaña de conselleiro.
Sanidad
Sanidad La necesidad de la salud
Que la sanidad esté cada vez menos enfocada a la salud es un objetivo de esos poderes que no son capaces de parar, o al menos gestionar, los políticos.
Madrid
La burbuja del alquiler Sumar, Podemos y sindicatos de inquilinos presionan para convertir en indefinidos los contratos de alquiler
Sumar lanza una propuesta legislativa para transformar en indefinidos los contratos de alquiler, una de las principales demandas de la manifestación por la vivienda del 5 de abril. Una moción de Podemos, rechazada en el Congreso, pedía lo mismo.
Líbano
Ocupación israelí Israel incumple el acuerdo de paz y mantiene tropas en el sur de Líbano para “vigilar” a Hezbollah
El Ejército sostiene la ocupación de cinco colinas a lo largo de la frontera tras evacuar sus soldados de decenas de municipios. Miles de civiles regresan a sus casas para descubrir que lo han perdido todo.
Galicia
Galicia La Xunta de Feijóo, condenada por negar visitas a una mujer que murió de cáncer por tener covid-19
La jueza dice que la situación exigía “flexibilizar” las medidas de prevención. Falleció a inicios de 2022 en el Hospital Álvaro Cunqueiro durante los últimos meses de la administración del jefe del PP con Julio García Comesaña de conselleiro.
Egipto
Egipto Ashraf Omar continúa en prisión provisional por dibujar
Ashraf Omar, caricaturista político del medio digital AlManassa, sigue en prisión preventiva indefinida tras ser arrestado violentamente en su domicilio el 22 de julio de 2024.

Últimas

El Salto Radio
El Salto Radio Humedales necesarios
Damos un paseo radiofónico por algunos de los humedales de Andalucía, espacios fronterizos entre el mar y la tierra, tan necesarios para nuestra supervivencia. Lo hacemos con Juan Martín Bermúdez, de SALARTE y algunos oyentes.
Más noticias
Fascismo
Memoria antifascista Allí donde hay humo, hay fuego
A unos días de las elecciones alemanas, donde la ultraderecha acude fortalecida, un repaso sobre el proceso de desnazificación posterior a la Segunda Guerra Mundial y sus medias verdades.

Recomendadas

Feminismos
Ana Bueriberi “El activismo tiene que ser colectivo: para contribuir al cambio es imprescindible despersonalizar la causa”
La periodista madrileña Ana Bueriberi reconoce que no sintió la discriminación hasta que llegó a la Universidad. Hoy, desde el proyecto Afrocolectiva reivindica una comunicación antirracista, afrofeminista y panafricanista.
Inteligencia artificial
Militarismo La máquina de los asesinatos en masa: Silicon Valley abraza la guerra
Las fantasías distópicas sobre los futuros usos de las máquinas en la guerra están más extendidas que el relato de lo que ya está pasando en los campos de batalla.
América Latina
Extrema derecha Los soldados de Donald Trump en América Latina
Mientras algunos presidentes latinoamericanos, con mayor o menor ímpetu, intentan ponerle freno, otros tantos se arrodillan y le rinden pleitesía sin recibir nada a cambio. ¿Quiénes son los súbditos latinoamericanos de Trump?