Deportes
Put me back on my bike

Esa tarde Helen Simpson tomaba o sol. Estaba en Cerdeña, eran sobre as cinco e media da tarde. Helen adoitaba baixar á praia. Nunca esquecía a radio. Escoitaba así, cada pouco, as informacións do Tour. Aquela tarde, unha nova sobresaltouna. Escoitara que Tom, o seu marido, caera ao chan. Non ten importancia pensou. Pouco despois, o locutor falou dunha segunda caída. Entón pensou que podería ser algo máis grave.

Tom Simpson 1
Tom Simpson nunha imaxe de arquivo.
20 jul 2019 09:00

Pero antes de chegar á tarde de 1967 da entrada, se non vos importa, quero parar o Deloream nunha data. O 1 de xullo de 1970 era venres, facía calor. Eddy Merckx atopábase fuxido camiño da cima do Mont Ventoux. A un quilómetro e trescentos metros da meta, o coche de Jacques Goded, o director do Tour de Francia, frenou con suavidade. Jacques baixou do coche. Deixou o chapeu no vehículo en sinal de respecto e percorreu cun ramo de flores nas mans a distancia que separa a estrada do monumento que hai a Tom Simpson nese punto do Mont Ventoux.

Eddy Merckx chegaba nese intre, camiño da cima, para gañar a etapa. Tíñao prometido. Na saída de Gap, o director do Faema, comunicáralle a morte de Vicenzo Giacotto, o seu manager, vítima dun infarto na súa casa de Milán. Merkx chorou como un neno, apoiado en Mario Vinna. Despois prometeu que gañaría. Levaba 6 minutos de vantaxe sobre o segundo, non tiña necesidade de atacar desde lonxe, pero así fixo. Pola memoria do seu amigo. Mentres Jacques Goded depositaba as flores a Tom Simpson, Merckx transitaba ese mesmo treito da estrada. Eddy volveu a cabeza cara o monumento e quitou a gorra en sinal de homenaxe ao heroe caído. Cando perdeu de vista o monólito, na ante penúltima curva da ascensión, Merckx volveu a cubrirse a cabeza coa viseira cara atrás. Fixo o último quilómetro case extenuado. E foi trasladado a unha ambulancia, case sen dar declaracións, para recibir osíxeno. A falta de 10 etapas, tiña sentenciado outro Tour de Francia.

Pero quen foi ese Tom Simpson que facía parar a un director do Tour de Francia o seu coche ou que o Caníbal Merckx sacase a súa gorra en sinal de respecto e homenaxe? Foi un ciclista profesional británico, un pioneiro. En 1962, foi o primeiro británico en vestir o maillot amarelo de líder do Tour de Francia. En 1965, foi o primeiro británico en gañar o Campionato do Mundo en Ruta. O 30 de novembro de 1937 nacía en Heswell, Inglaterra, Thomas Simpson, menor de seis fillos. Cando tiña 12 anos, a familia Simpson mudouse a Harworth, e foi alí onde o mozo Tom Simpson comezou a ter contactos coa bicicleta. Empezou traballar de repartidor en bicicleta nunha tenda de ultramarinos, e a disputar as súas primeiras carreiras amateurs. Ese ano, George Berger, aconselloulle que comezase practicando ciclismo en pista. Así comezou adestrar e en 1956 foi subcampión nacional na disciplina de persecución. Estas actuacións valéronlle un posto no equipo olímpico británico de ciclismo en pista para os Xogos de Melbourne 1956, onde acadaron a medalla de bronce como equipo.

Un pioneiro. En 1962, foi o primeiro británico en vestir o maillot amarelo de líder do Tour de Francia. En 1965, foi o primeiro británico en gañar o Campionato do Mundo en Ruta

En 1959, Tom trasladou a súa residencia a Francia cun obxectivo: ser ciclista profesional. Estableceuse na Bretaña, en Saint-Breine. En xuño de 1959 asinou o seu primeiro contrato profesional co equipo Rapha, por 80 francos ao mes. Durante a súa primeira tempada estivo correndo clásicas e carreiras menores, acumulando 28 vitorias en total. En 1960 debutou nas grandes clásicas, nos monumentos, ademais en maio logrou a vitoria no Tour do Sudeste. Un mes despois debutaba no Tour de Francia con 22 anos, acabando no posto 29 da clasificación xeral.

En 1961 gañou o Tour de Flandes, mais no Tour de Francia debeu abandonar por mor dunha lesión. En 1962 contratouno o equipo Gitane-Leroux-Dunlop. Revalidou o título en Flandes e chegou ao Tour de Francia como líder do equipo. Na décimo segunda etapa, no Tourmalet, un ataque valeulle para coller o maillot amarelo. Foi o primeiro británico en conseguilo. Ese ano gañou Jacques Anquetil, Tom Simpson acabou sexto. En 1963, Tom, fichou polo equipo Peugeot. En 1964 gañou a Milano-Sanremo; eses mesmo ano estivo a piques de acabar cunha vitoria de etapa no Tour, terminando 14º na clasificación xeral. Asentado como un dos máis destacados ciclistas do pelotón internacional en 1965, Simpson escribiu no xornal británico The People, dando a entender que o consumo de drogas nas carreiras ciclistas era algo habitual, aínda que dicindo que era unha cousa dos outros. O 5 de setembro de 1965 en Donosti-San Sebastian acadou ser o primeiro británico en gañar o Campionato do Mundo en Ruta e vestir o maillot arco da vella.

O ciclismo é territorio de tópicos como poucos deportes, un deles é sen dúbida a lenda da maldición do maillot arco da vella, vinculada á pouca ou ningunha fortuna que acompaña aos ciclistas que gañan o Campionato do Mundo en Ruta mentres levan o maillot de Campión. Simpson comezou a notar os efectos da famosa maldición cando, de vacacións en inverno de 1966, fracturouse a tibia nun accidente de esquí. Recuperouse milagrosamente, xusto para disputar o Tour de Francia, estando a piques de conseguir a vitoria de etapa que semellaba esquiva, ao terminar segundo nas etapas 12 e 13. Pero na etapa 17, despois dun ataque no Col du Galibier, non foi quen de suxeitar o manillar e sufriu unha caída durante o descenso. Non competiu máis ese ano.

O ciclismo é territorio de tópicos como poucos deportes, un deles é sen dúbida a lenda da maldición do maillot arco da vella

En 1966 o Tour decidiu practicar os primeiros controis antidopaxe. Foi o 29 de xuño de 1966. Pasárono 12 ciclistas e houbo 6 positivos por anfetaminas. No comezo da seguinte etapa, o pelotón fixo unha folga de bicis caídas, que durou 3 minutos, como protesta polas análises. Os líderes da revolta foron os archinimigos Jacques Anquetil e Raymond Poulidor. Conseguiron que non fixesen ningún control máis en todo ese Tour, e no seguinte. A protesta contou co apoio até do presidente Charles de Gaulle que dixo cando foi preguntado: Dopaxe? Que dopaxe? Como van facer probas a un home como Anquetil que fai sonar “A Marsellesa” no estranxeiro?

No comezo da tempada 1967, Tom Simpson atopábase en forma. Mellor que nunca. Gañara a París-Niza e viaxou por primeira vez á Vuelta A España, que por esas datas disputábase antes do Giro e o Tour, recollendo dúas vitorias de etapa e o posto 33 na clasificación xeral. No comezo do Tour de Francia de 1967 Simpson amosou optimismo. Tom confesoulle a Georffrey Nicholson, xornalista de The Guardian, que quería demostrar que era un home Tour, que podía ser perigoso, que xa non tiña máis escusas. Porque por moito empeño que poñía Simpson, semellaba gafado coa rolda gala. O ano anterior, en 1966, tivo que abandonar por unha caída no Galibier. En 1965 correu baixo mínimos por unha infección e en 1964 contaxiouse da miñoca solitaria. No ano 1967 sabía que o único xeito de acadar un bo contrato era completar unha boa clasificación xeral no Tour. E estaba tan seguro que podía, incluso, gañar aquel Tour que antes de viaxar a Francia pagou a entrada dun Mercedes Benz e despediuse da súa esposa dicindo: “véxote en París... vestido de amarelo”.

Porque Tom Simson tiña un plan. Marcara tres puntos clave onde atacar. O obxectivo era chegar á crono da última etapa con menos de 3 minutos perdidos. “Se consigo iso, gañarei o Tour”, asegurou. Eses puntos clave eran o Galibier, o Mont Ventoux e Puy de Dome. Durante a primeira semana todo foi segundo o guión marcado. Tom era sexto na clasificación xeral. Pero unha doenza estomacal comezou afectar o seu rendemento, e na etapa 10 no Galibier sufriu unha diarrea. Pese a todo, a súa desvantaxe cos grandes favoritos non superaba os catro minutos.

Porque Tom Simson tiña un plan. Marcara tres puntos clave onde atacar. O obxectivo era chegar á crono da última etapa con menos de 3 minutos perdidos

Tres días despois o pelotón saía de Marsella e remataba en Carpentras pasando polo Mont Ventoux, a montaña do vento. O día era caloroso, extraordinariamente seco no Ventoux, a montaña que describiu Petrarca e que desde antigo os romanos deixaran pelado o seu cumio. Un xigante, só, no medio da Provenza. Descarnado, ventoso, implacábel. Séneca relatou que Xulio César ordenou construír un templo na súa cima dedicado a Circe, o Mistral, ese vento terríbel que azouta no seu cumio. E a temperatura superaba, nas horas centrais do día, os 40 graos centígrados. Con estas condicións, os últimos metros serían un inferno a máis de 1900 metros de altura, nun escenario semellante a un paisaxe luar. O Tour descubrira uns anos antes esta subida, en 1951 foi o primeiro ascenso. Catro anos despois, o Mont Ventoux, cobrou a súa primeira “vítima”: Ferdinand Kluber. O campión suizo caeu no chan tras cruzar a liña de meta. A calor e o esforzo fixeron que se desmaiase. Nada máis recuperarse, convocou unha rolda de prensa onde anunciou o seu retiro, engadindo con retranca: “Ferdi suicidouse no Ventoux”.

Pero volvamos a 1967. 13 de xullo de 1967, etapa 13, demasiados treces para que todo saíse ben. Algo tétrico rondaba a atmosfera. O sol abrasaba cunha temperatura superior aos 35º. Durante o amencer o médico do Tour, Pierre Dumas, deu un paseo pola zona da saída da etapa. “Con este tempo, se algún corredor cae ao chan, podemos acabar cun morto nos brazos”, dixo. Tom Simpson, pola súa banda, espertou ese día aínda con molestias dos seus problemas estomacais. Sétimo na clasificación xeral, o británico ademais estaba nun equipo minguado no que só quedaban catro ciclistas. E os tres compañeiros que lle quedaban non lle servían de gran axuda nunha etapa de montaña. Con todo, Tom estaba de bo humor e brincaba cos seus compañeiros na saída.

E comezou a etapa, os técnicos británicos subiron ao Peugeot 404, que era o coche do equipo. Adiantaron ao pelotón, entregaron o avituallamento e volveron á cola do gran grupo. A carreira xa estaba rota antes de chegar ao Ventoux. Comezaron a ascensión. Harry Hall (o mecánico) empezou ver cousas estrañas, raras, presaxios dun final que non podía ser feliz. Os favoritos xa estaban en cabeza. Julio Jiménez e Raymond Poulidor sacaban metros de vantaxe ao grupo do maillot amarelo; conformado por Roger Pingeon (líder), Felice Gimondi, Franco Balmamion, Jan Janssen e Tom Simpson. Tom conseguiu poñerse á fronte deste grupo, pero pronto comezou a quedar descolgado. Simpson, con dificultades, sumouse a outro grupo liderado por Lucien Aimar, gañador do Tour anterior. Pero a estancia de Tom neste grupo foi curta, Aimar chegou declarar: “Ofrecinlle bebida. Podía ouvir, mais a súa ollada estaba perdida no baleiro. O máis estraño foi que mantivo as gañas de seguirme. Aviseille que non fixese iso, pero nin sequera respondeu”.

Harry Hall empezou ver cousas estrañas, raras, presaxios dun final que non podía ser feliz

Nese momento a situación de Simpson empeorou de xeito dramático. A cámara de Harry Hall, a quen lle gustaba o cinema, gravou a primeira parte do drama, que comezou a 2,5 quilómetros da cima. Simpson zigzageaba coa cabeza dobrada cara a dereita, coma un paxaro co pescozo roto. Caeu por primeira vez a quilómetro e medio do cumio, apoiado nun talude. “Báixate, o teu Tour rematou”, dixo o seu mecánico aterrado. “Quero seguir, levántame”, respondeu Tom Simpson. Foi un suspiro. Máis voluntarioso que forte. Foron as últimas palabras que dixo, aínda que a lenda, iniciada por un xornalista de The Sun diga que dixo “Put me back on my bike” (volve subirme na miña bici). Percorreu 400 metros máis; cando, de súpeto, comezou dar tombos. E caeu de novo. O mecánico Harry Hall e o director Alec Taylor baixaron do coche e suaron para tentar levantalo. A ollada perdida. As mans agarrotadas no guiador. Tiveron que soltarlle os dedos un a un. Rigor mortis. Hall tentou facerlle o boca a boca desesperado, mentres unha enfermeira premía os pulmóns. A pel do ciclista amosaba unha transparencia amarela. Logo chegou Pierre Dumas coa máscara de osíxeno. Chegou un helicóptero para trasladalo ao Hospital de Avignon. Inútil, entrou no hospital xa cadáver.

Tom Simpson 2
Tom Simpson, moribundo na cima do Mont Ventoux en 1967. Imaxe de arquivo.

Hora e media despois foi a confirmación da morte de Tom Simpson. No seu maillot atoparon dous frascos de anfetaminas baleiros, nesa época era habitual que os corredores mesturasen o consumo de anfetaminas con cognac. No comunicado os médicos non permitían para o enterramento de Tom. Vinte días despois da traxedia, o 2 de agosto de 1967, fixéronse públicos os resultados da autopsia que dicían que a causa directa da morte foi unha serie de factores vinculados entre si: un golpe de calor, o sobre esforzo físico e a falta de osíxeno, que levaron a Tom a sufrir unha insuficiencia cardíaca. A autopsia tamén confirmaba que sen tomar anfetaminas, que afectaron a súa percepción da fatiga, nada disto tivese acontecido. O Tour de 1967 rematou con Jan Janssen primeiro na clasificación xeral. A Unión Ciclista Internacional reaccionou á morte de Tom regulando por primeira vez o consumo de sustancias dopantes. No ano seguinte, 1968, o Tour de Francia realizou os primeiros controis antidopaxe.

Ao ano de morrer, levantouse un monumento no lugar onde caeu Tom Simson, hoxe sigue en pé. É curioso que Simson sexa lembrado como un heroe e teña aínda un monólito na súa honra no Ventoux. Hoxe é complicado imaxinar unha fascinación similar polo texano Lance Armstrong, convertido hai uns anos nun dos malos do mundo do deporte. Quizais iso sexa o único positivo desta historia: o feito de que os seareiros do ciclismo xa non están (estamos) dispostos a aceptar máis mentiras.

In memoriam: Tom Simpson.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Boicot
Boicot a Israel Banderas palestinas denuncian que el genocidio continúa durante toda La Vuelta ciclista a España
Cada uno de los 21 días de recorrido de La Vuelta, organizaciones y colectivos pro-Palestina realizaron acciones en ciudades, pueblos y pequeñas localidades para seguir recordando que el genocidio contra el pueblo palestino no se ha detenido.
Perfiles con tiempo
Perfiles con tiempo Sandra Alonso, ciclista: “El miedo te da mucha fuerza”
Como ciclista que disputa las principales pruebas del calendario internacional, Sandra Alonso resume con una palabra su vinculación con el ciclismo: “compromiso”.
Deportes
Deportes El gasto oculto de las tres etapas del Tour en Euskadi eleva la inversión pública a 14,2 millones
La empresa de comunicación de la esposa del director de Deporte del Gobierno Vasco, una agencia de publicidad cercana al PNV o una consultora sancionada por prácticas colusorias con la competencia son algunas de las beneficiarias de los contratos para la ‘grande boucle’. Además de los 12 millones de euros de fondos comprometidos, Hordago-El Salto ha localizado otros 2,2 millones para el evento privado que se celebrará en julio.
Energía
Península ibérica Apagón masivo en toda España: se desconocen los motivos
Cortes eléctricos en todo el país y en Portugal. Los cortes comenzaron a las 12:30h del 28 de abril.
Comunidad de Madrid
Paros 28 y 29 de abril Huelga total en la educación pública madrileña
Infantil, Primaria, Secundaria, FP, Educación Especial, Universidad. Las plantillas de todos los niveles de la educación madrileña pararán este lunes 28 de abril por la “infrafinanciación” que Ayuso mantiene en la enseñanza.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Facultades cerradas en Madrid para denunciar la precarización y la infrafinanciación
Los piquetes están informando de la huelga en universidades como la Complutense y la Autónoma, en la que ha habido algunos incidentes con personal de seguridad y con la extrema derecha.
Palestina
Genocidio Israel asesina a cien personas en Gaza durante las últimas 48 horas
Esta semana comienza una vista oral en la Corte Internacional de Justicia que examina la ilegalidad de la decisión israelí de cortar la cooperación con la agencia de derechos palestinos de la ONU, UNRWA.
Laboral
Laboral Trabajar para vivir, morir por trabajar
El 28 de abril se conmemora el Día Mundial de la Seguridad y la Salud en el Trabajo con la necesidad de la implementación de medidas ante la siniestralidad laboral, que dejó en el país en 2024 la muerte de 796 personas.
Genocidio
Genocidio Activistas crean la embajada de Palestina en Bruselas mientras Israel prosigue con su asedio en Gaza
Mientras los ataques de Israel sobre la Franja de Gaza ya han dejado más de 51.490 muertos, activistas han rociado de sangre un edificio que simula ser la embajada de Palestina, dejando un rastro de pintura roja hasta la embajada del Estado sionista.
Sevilla
Sanidad Pública Profesionales de Atención Temprana advierten del colapso del servicio en Andalucía
El servicio que atiende a más de 32.000 niñas y niños de entre 0 y seis años se encuentra en una situación crítica, con profesionales precarizados y listas de espera que incumplen la Ley de Atención Temprana aprobada en 2023

Últimas

Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
Análisis
Análisis La izquierda donde rompe la ola
El crecimiento electoral de un amplio abanico de fuerzas de extrema derecha desde hace unos años complica la consecución de decisiones a nivel de la UE.
Ayuntamiento de Madrid
Paros en Madrid Fin de la huelga de basuras en Madrid
La plantilla ha votado a favor de la última propuesta, en un paro que comenzaba el pasado 21 de abril y con el que se demandaba la actualización de un convenio que se ha quedado obsoleto.
LGTBIAQ+
Juicio el 9 de mayo Lidia Falcón pide cinco años de cárcel a una mujer trans por un tuit de 2021 que no la menciona
La activista antiderechos Lidia Falcón denunció a Diana Juan Cano en 2021 por un tuit que apenas tuvo repercusión. La acusación pide una pena de cinco años de prisión y 50.000 euros de indemnización.
Comunidad de Madrid
LGTBifobia Femen protesta contra las terapias de conversión en un acto de la familia de psiquiatras Rojas Estapé
El movimiento Femen ha querido denunciar públicamente la relación de esta familia con sectores ultraconservadores de la Iglesia y su postura abiertamente contraria a los derechos del colectivo LGTBIQ+
Más noticias
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sánchez piensa en un paréntesis legislativo para evitar roces con los socios tras una semana explosiva
El choque bronco por el caso de las compras de balas israelíes a cargo de Grande Marlaska puso sobre la mesa como nunca la ruptura de la coalición, aunque nunca fue una opción.
La vida y ya
La vida y ya Espacios de encuentro
Me contaba que, al final del día, le dolían mucho las manos y que había dejado de escribir. Que ya no llevaba el cuaderno pequeño que tenía para anotar ideas que luego se transformarían en artículos o poemas.
LGTBIAQ+
Juicio el 9 de mayo Lidia Falcón pide cinco años de cárcel a una mujer trans por un tuit de 2021 que no la menciona
La activista antiderechos Lidia Falcón denunció a Diana Juan Cano en 2021 por un tuit que apenas tuvo repercusión. La acusación pide una pena de cinco años de prisión y 50.000 euros de indemnización.

Recomendadas

Senegal
Migraciones El mito de la migración ordenada: la denegación de visados por el Consulado de España en Dakar
Maltrato institucional. Estas dos palabras son las más escuchadas cuando se pregunta a personas descontentas con el Consulado de España en Dakar. Cada vez más personas denuncian denegación de visados que no consideran justificados.
Guinea-Bissau
Internacional Guinea-Bissau arranca una ola de represión tras el sabotaje popular de una mina de arena en un parque natural
Una acción liderada por las mujeres del pueblo de Varela provocó un incendio en la bomba de extracción de la mina de arena pesada. El Gobierno ha llevado a cabo la detención de 16 personas, entre las que se encuentran líderes locales.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña y Ourense compraron material policial a Israel por medio millón de euros en solo cuatro años
El alcalde ourensano, Gonzalo P. Jácome, adjudicó un contrato por 70.000 euros días después del siete de octubre. Abel Caballero firmó otro de más de 200.000 euros y la alcaldesa de A Coruña siguió la estela con un contrato de 170.000 euros.