Culturas
Música galega comprometida: 18 artistas con mensaxe para combater os tempos revoltos

Músicas que loitan contra a desigualdade, dan voz a quen non a ten e denuncian inxustizas tanto propias como alleas.
Mercedes Peón_2_Gal
Mercedes Peón. David F. Sabadell
9 mar 2025 05:30

A música sempre foi, como calquera forma de arte, unha vía idónea para transmitir todo tipo de ideas e mensaxes. Desde os máis banais e lixeiros ata os máis comprometidos e relevantes. Destes segundos atopamos uns cantos exemplos na música galega, especialmente na última década, cunha enorme presenza feminina entre as protagonistas. Músicas que loitan contra a desigualdade, dan voz a quen non a ten e denuncian inxustizas tanto propias como alleas.

1. Mercedes Peón, a gran pioneira

En ocasións fálase de que o éxito de Tanxugueiras no Benidorm Fest abriu a porta a outras propostas de aires renovadores que viñeron despois, como Fillas de Cassandra, Mondra ou Caamaño & Ameixeiras. O certo é que todas estas propostas son debedoras, e así o recoñecen a maioría, da valentía de Mercedes Peón. Artista incansable, fixo de todo no eido da música tradicional: recompilar aldea por aldea as cancións das cantareiras, difundir a cultura propia en escolas, universidades e medios de comunicación; ser pioneira na renovación dun xénero musical e levalo polo o mundo adiante. Sempre a contracorrente, sempre libre.

Que escoitar: Deixaas (2018)

Mercedes Peón 1
Mercedes Peón. David F. Sabadell

2. High Paw, a singjay en busca do cambio

A cantante viguesa, a ritmo de reggae ou hip hop, envía “mensaxes de activación para o cambio, cara a unha realidade que considero máis xusta, máis libre”, explicou nunha entrevista. Como muller que lidera o seu propio proxecto musical viviu na súa pel o machismo tan presente na industria musical, repleto de paternalismos e situacións “non violentas pero que violentan”. Tanto ten se é en galego, castelán ou inglés: High Paw non se morde a lingua á hora de denunciar as inxustizas cun flow envexable.

Que escoitar: Novas herbas (2021), xunto a Elephants Yard

High Paw 2
High Paw. Bea Saiáns

3. O'Leo Arremecáchona, a mente de vencer

Probablemente, O'Leo de Matamá sexa o cantautor máis irreverente e incómodo de toda esta listaxe. Non hai canción do Leo que non estea afiada coma unha fouce nin bata na mesa coma un martelo. Sen dúbida, é o maior representante da canción protesta da Galiza contemporánea. O escritor Diego Ameixeiras xa o explicou mellor que ninguén nestas páxinas: “O'Leo escribe e canta despoxándose de todo, sen pretensión de sinalarse, rebotando harmonías coa firme convicción de que xa houbo alguén que cargou cos mesmos pasquíns noutra fase da historia, sexa polo delta do Mississippi ou por unha leira de Matamá”.

Que escoitar: sé [mente de vencer] (2019) 

Leo Arremecághona
Leo Arremecághona. Foto: Bene Riobó

4. O Rabelo, rave e foliada para todes

“A min encantaríame facer festas cheas de xente diferente para estarmos todes tranquis e pasalo ben. Persoas de moitas cores e formas. Mulleres con barba e homes con tetas, persoas non binarias, xente que leve roupas chulas e que, se lle apetece, se pinte a cara”, di O Rabelo na introdución do seu disco Silva. É un bo resumo da súa proposta: música alegre, combativa e inclusiva para bailar en compañía a ritmo de reguetón, rap e folclore. O seu último proxecto, Xerme, é un libro-disco que fala de xente que se organiza para facer fronte ao malestar e a precariedade a través do travestismo e o vandalismo. Nas publicacións en redes sociais nas que anuncia as súas actuacións ou presentacións sempre inclúe información sobre a accesibilidade do espazo onde se celebra o evento ou como chegar en transporte público.

Que escoitar: Silva (2023)

O Rabelo
O Rabelo. Bea Saiáns

5. A Banda da Loba, fabricando luz

O quinteto formado por Andrea, Estela, Iria, Marcela e Xiana caracterízase, no musical, polo eclecticismo de estilos, pero sempre cun resaibo pop. Esta heteroxeneidade tamén se percibe no apartado lírico, onde demostran a súa implicación coa cultura e idioma propios, coa diversidade, coa memoria histórica, co feminismo ou o ecoloxismo.

Que escoitar: Lovismo (2025)

A Banda da Loba
A Banda da Loba.

6. Rebeliom do Inframundo, contra vento e marea

Carraxe e insubmisión poden ser dous bos termos para definir a esta banda de hip hop creada en 2005 a cabalo entre Ponteareas e Vigo. Para Nervo, cantante do grupo, a arte precisa xerar unha emoción ou sentimento en quen o recibe, e iso é o que busca de xeito incansable a través dunhas letras enchoupadas de contido social e político e aderezadas con rabia e moita ironía: “Teu ego é feio, si , como Pablo Motos, / como o sorriso de políticos na foto, / como ver morrer uma flor de loto, / como que Ana Rosa Quintana tenha direito a voto” cantan en ‘Copérnico’.

Que escoitar: Amor ou barbárie (2023)

Rebeliom do Inframundo
Rebeliom do Inframundo

7. Dakidarría, historias dunha terra

O multitudinario grupo do Val Miñor é o rei dese punk ska comprometido tan debedor de The Clash. Capitalismo, feminismo, independentismo, diversidade cultural, corrupción, fascismo, caza, mocidade, consumismo e memoria son algúns dos temas que atopamos nos seus seis discos de estudio, que comezaron sendo en castelán para pasarse ao galego en 2015. Unha postura militante que non é incompatible coa diversión: demostran que é posible protestar e bailar ao mesmo tempo.

Que escoitar: Utopías emerxentes (2015)

Dakidarría
Dakidarría. Foto: Gabri Rei Cen.

8. Bala, bestas ruidosas

Nunha entrevista, Anxela Baltar, voz e guitarra de Bala, comentou que un dos motivos polos que cambiaron de selo discográfico foi que os dirixentes non estaban moi a favor de que puidese conciliar a súa actividade musical co coidado da súa filla recén nacida. A maternidade e a conciliación laboral son temas que atopamos nalgunha das canción do seu novo disco, Besta, como tamén a saúde mental ou a situación social e económica do noso tempo: “Y que no pare de pensar, producir y pagar seis malditos euros por el aceite de oliva que antes costaba tres y pensar en mi hija y en a ver que pasa el día de mañana”, canta sen reserva en ‘Prisas’. Nesa mesma canción fala do “maldito privilexio” que supón vivir de aluguer ou do pouco valor que teñen os estudos universitarios a día de hoxe.

Que escoitar: Besta (2024)

Bala
Bala.

9. Youcanthide, berro xeracional

“Soy palestino, fuck Valentino / Fuck Inditex, Israel mata niños / Fuck España, su bandera y sus signos / Su genocidio por todos sabido”. Así de contundente se mostra Kaixo, cantante da banda de hardcore e rap Youcanthide no tema ‘9 Gates’. No resto de temas dos seus dous álbumes aborda diversas problemáticas, como a crise que esta a asolar a xente nova, a guerra, a ameaza da intelixencia artificial ou as fake news.

Que escoitar: Guerra (2024)

youcanthide
youcanthide

10. Su Garrido Pombo, facendo a revolución desde un patio de luz

É difícil non atopar a Su nun evento de carácter social, especialmente en Vigo. Colabora con diferentes asociacións locais como Emaús ou Amigas das Árbores e as súas actuacións en directo son un oasis de paz e comunidade: “Cando eu considero que eu podo axudar a reverter unha inxustiza, non dubido en actuar”, comentou nunha ocasión. Música cos pés na terra, arraigada ao fogar, que se espalla pola cidade e polo rural, en festivais de calquera tipo e en manifestacións. Armada cunha guitarra, unha pedaleira de loops e a súa fermosa voz, Su é sinónimo de xenerosidade, paixón e emoción.

Que escoitar: Patios de luz (2022)

Su Garrido Pombo
Su Garrido Pombo.

11. Tanxugueiras, cantareiras comprometidas coa terra

Situar a música tradicional galega en Televisión Española na hora de máxima audiencia baixo o lema de “Non hai fronteiras” xa é, de por si, unha vitoria e toda unha declaración de intencións. Ademais dese labor de popularización do folclore galego alén da nosa terra e de encabezar o movemento neotradi que tantos éxitos está a acadar nos últimos anos, o trío de cantareiras non dubida en situarse abertamente en contra da homofobia (‘Pano corado’) ou do proxecto da macrocelulosa de Altri nun vídeo nas súas redes sociais, entre outras causas.

Que escoitar: Diluvio (2022)

Tanxugueiras
Tanxugueiras.

12. Fillas de Cassandra, o rexurdir da mitoloxía feminista

Non se lembra un ascenso tan meteórico en Galicia. En marzo de 2022 daban o seu primeiro concerto na pequena sala Kominsky de Vigo e nos tres anos seguintes dedicáronse a encher practicamente todos os espazos nos que actuaron, entre os que se atopan algúns dos máis multitudinarios do país (a praia de Riazor en Coruña, a Porta do Sol ou o Auditorio Mar de Vigo, a Praza de España en Pontevedra…), salas do resto de Estado e mesmo en Bruxelas. Os motivos do éxito son moitos, e sen dúbida un deles é a mensaxe abertamente feminista do dúo, quen reinterpretou ao seu xeito a mitoloxía clásica grega no disco Acrópole (2023). Frases como “Credes en Deus pero en nós non” xa son iconas da música popular do noso tempo.

Que escoitar: Acrópole (2023)

Fillas de Cassandra
Fillas de Cassandra. Foto: Santi Iglesias.

13. SonDaRúa, sempre pelexando

Seguindo co rap combativo en galego, SonDaRúa son (ou eran, ata a súa disolución en 2023) un dos seus máximos expoñentes. Con Hugo Guezeta (agora en solitario) e Álex Arnoso (actualmente no grupo de rap metal Vimbio) ás voces e That Bass aos pratos, convertéronse en pouco máis dun lustro en referentes do xénero urbano grazas a unhas letras repletas de mordacidade, tradición e reivindicación.

Que escoitar: Eterno combate (2020)

Sondarua
SonDaRúa.

14. SÉS, referente irredutible

Se pensas nunha artista galega comprometida automaticamente vén á mente María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés. Fala sempre claro, sen reservas, tanto enriba como fóra do escenario. A súa toma de postura radical a nivel político e artístico ao longo de tantos anos, segundo ela, pechoulle máis portas das que lle abriu, pero nin con esas conseguiron calar á compositora coruñesa, unha das nosas músicas máis senlleiras das últimas décadas.

Que escoitar: Co xenio destrozado (2013)

SES cantante gallega 1
La cantautora gallega, SES. David F. Sabadell

15. Pauliña, unha rebelde que vai cos tempos

Hai xéneros máis proclives para a música implicada a nivel social e político, e o rock e o blues actualmente non adoitan ser uns deles. Para cambiar esta tendencia está a cambadesa Paula Chaves, Pauliña, que carga de mensaxe a música de raíz norteamericana con actitude punk. Mensaxes feministas, a prol do idioma (Galego is not dead é o título do seu último disco) e da liberdade de expresión, contra a policía e moi ligados a realidade social dos nosos días son algunhas das temáticas que atopamos no seus catro discos, sempre caracterizados polo uso dunha linguaxe directa e clara.

Que escoitar: A Mafalda (2020)

paulinha
Pauliña.

16. PAVA, costumbrismo poético

Pava é o novo proxecto musical da compositora e poeta Lucía Aldao, que leva o nome dos dous EP que publicou en 2021 e 2022 e no que está acompañada por Analís na batería, David Santos no baixo e Pablo Silva na guitarra.. Aldao aposta por un costumismo poético no que non faltan a reivindicación, o compromiso, o humor, a liberdade e o afán de mostrar novas identidades e xeitos de relacionarse.

Que escoitar: 3 (2024)

Lucía Aldao
Lucía Aldao. Bea Saiáns

17. Najla Shami, músicas do mundo que miran cara Palestina

Resulta difícil manterse allea ao xenocidio que está a acontecer desde hai anos en Palestina. Máis aínda se as túas orixes están alí. É o caso da cantante compostelá Najla Shami, quen visitou a terra do seu pai nos meses previos a empezar a traballar en Ela sabe a sol (2019). Alí viviu en primeira persoa a situación dramática que está a vivir o pobo palestino, polo que non dubida en denuncialo en entrevistas ou participar en actos solidarios, como o recibimento do barco Marianne en Bueu en 2015, que despois poñería rumbo a franxa de Gaza coa fin de romper o bloqueo israelí.

Que escoitar: Ela sabe a sol (2019)

Najla Shami
Najla Shami.

18. Vértebras, MC cos pés na rúa

O dúo formado por Amari e Ika Subversiva é de recente creación, pero vén pisando forte. Co disco 42 gramos deixan as súas intencións ben claras: “Amistad y rebeldía siempre por bandera / de cara y de frente contra su violencia / somos las insumisas, obreras e insurrectas / no somos apariencia ni modas pasajeras / mujeres recitando sólo vivencias”, cantan no tema ‘Amistad y rebeldía’. Temas como o feminismo, o anticapitalismo, a saúde mental ou a precariedade están presentes no seu rap directo de aires clásicos, tamén coñecido como boom bap.

Que escoitar: 42 gramos (2024)

Vertebras
Vértebras.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Lugo
Lugo Os sindicatos esixen a Traballo que tome medidas no “peche patronal” de Sargadelos
O dono, Segismundo García, permitiu a entrada de case todo o persoal tras catro días do que cualifican de “chantaxe”. Desde CCOO e CIG denuncian que este mércores “ignorouse a 12 traballadores”.
Lugo
Lugo As traballadoras de Sargadelos esixen a reapertura da fábrica e rexeitan a “irresponsabilidade” do dono
Os sindicatos apuntan a que a reacción do propietario é “inxustificada” pola multa de Inspección e apuntan a que usa ao persoal para chegar a un acordo coa Xunta de Galiza.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Palestina
Palestina La UE apoya a Palestina con 1.600 millones de euros más pero sin entrar en la situación de Gaza
Los ministros de Exteriores europeos, que se han reunido en la mañana del 14 de abril con la Autoridad Nacional Palestina en Luxemburgo, no aumentan las sanciones contra Israel.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.