Corpos Incómodos
Reflexións en primeira persoa. Para que a memoria?

Cando debatemos sobre a necesidade de procurar e construír unha memoria LGBTI da Galiza facémolo partindo do anhelo das nosas soidades. Precisamos coñecer a aquelas que loitaron, porque só coa súa loita o conseguiron.

corpos incómodos memoria
Antes de ser fusilada e enterrada nunha fosa en Alacant, Soledad puido ser retratada coa súa filla.
29 may 2020 08:29

Marchei para a Galiza fai case dez anos e só levei comigo a miña memoria e un can, e agora podo dicir que os tres medramos en paralelo nun lume lento alimentado pola distancia, o amor que perdura e os desexos de non perder aquelo que nos configura como parte dun todo. Sen embargo, eu, persoalmente, e a diferencia doutras compañeiras na diáspora, puiden experimentar unhas cantas veces ao ano ese complexo proceso da volta, tan intensa como efémera, tan persoal como colectiva, tan plena como os seus propios baleiros.

Unha volta a un universo ao que non lle bastaba ir a mil por hora para permanecer estático nos meus adentros, paralizado polo medo de non ser recoñecida como o que son, medo de que os nosos camiños paralelos nunca se xuntaran, e, a fin de contas, medo de perdelo. É por iso que os meus retornos non se reduciron a un espazo, senón que se tinguiron de profesionalidade para procurar nas fontes históricas rastros do seu (e do meu) pasado.

Deste xeito, nestes últimos dez anos escribín un libro sobre a represión franquista na miña vila, onde recollín a información de máis de cento cincuenta consellos de guerra utilizados polo exército franquista para exercer a violencia contra as súas veciñas. Voltei, ademais, sobre moitas destas traxectorias no meu TFM e na miña tese, onde me dediquei a xuntar pequenas biografías de individuos que outorgaran unha panorámica global da sociedade que eu quería ollar.

Soledad Amorós Girona e outras compañeiras puxeron o mono de milicianas, mudaron o latón da conserva polo aceiro do fusil. Os informes de Falanxe acúsana de formar a milicia feminina

Neste proceso, houbo historias que marcaron a miña vida e as miñas decisións, referentes que me emocionaron e me apoderaron, que me ensinaron a chorar. De feito, aquí e agora, facendo o exercicio de lembrar a unha muller que non coñecín, Soledad Amorós Girona, atrévome a recoñecer algo que non fun capaz de recoñecerlle ao meu tribunal de tese cando me preguntou, un tribunal ao que non lle acababan de bastar as argumentacións académicas que nela explicaban por que era preciso para o coñecemento en xeral traballar a historia do meu pobo. Agora, lembrando a Soledad, sinto a forza para dicir que quixen utilizar algo que aprendín na academia, a investigación, para voltar, para emocionarme, e, sobre todo, para procurarme.

Soledad era unha traballadora dunha fábrica de conservas que non tivo a opción de elixir unha vida sen política, como tantas outras para as que non nos chegan os rescates do sistema. En 1931 o seu irmán José, foi asasinado candoacudiu a protestar a un mitin da dereita republicana, por considerar que se trataba dun partido tapadeira dos antigos monárquicos. Ese mesmo ano ela sindicábase no primeiro sindicato de mulleres do municipio, o de obreiras conserveiras, á vez que o resto da súa familia se adhería ao Partido Comunista e á federación Nacional de Traballadores da Terra.

Pouco despois do Golpe, Soledad e outras compañeiras non dubidaron en enfundarse o mono de milicianas e mudar o latón da conserva polo aceiro do fusil. Os informes de Falanxe acúsana de formar a milicia feminina, pronunciar mítines ante as masas e neles, insultar e menosprezar con palabras soeces aos seus “Gloriosos Generales, especialmente al caudillo”.

Lembrando a Soledad, sinto a forza para dicir que quixen utilizar a investigación para voltar, para emocionarme, e para procurarme

No fondo, e malia a épica do asunto, as evidencias revelan que as milicianas do meu pobo só puideron artellar un espazo propio adscrito á JSU, a Unión de Muchachas, un local onde se formaban e facían representacións teatrais. A súa guerra, polo tanto, foi tamén a guerra de ser mulleres, xa que o seu papel relegouse a coser roupas para a fría fronte de Teruel e preparar “conejo con tomate” para os milicianos. Esta irremediable asunción, redundaba en que non puideran ser vencelladas directamente con ningún dos asasinatos cometidos polos republicanos na vilaen tempos de retagarda, polo que foron acusadas dunha sorte de “traición ao seu xénero”, que lembra á que reproduce Margaret Atwood no Conto da Criada. Como ben me dixo unha informante, “a Soledad le tenían mucha manía porque era una mujer de armas tomar, le llamaban la Pasionaria”.

A documentación do Consello de Guerra corroborábao. Nos expedientes de Soledad Amorós, alias “la Pasionaria”; Trinidad Montesinos, alias “la Culebra” ; Remedios Zaragoza, alias “la Zaragoza”, e Luisa Rebollo, alias “La Campesina” nunca se lles perdoaría vestir os pantalóns do mono de milicianas, levar unha arma, e, a fin de contas, invadir o espazo público sendo mulleres. Foron criminalizadas como o foi todo (e o é) o que cuestionaba a súa norma sacrosanta, e, polo tanto, acusadas de indutoras e represaliadas por iso. Á Culebra e á Zaragoza condenáronas a trinta e vinte anos de cadea respectivamente, mentres que á Pasionaria e á Campesina aplicóuselles a pena de morte, se ben á segunda conmutóuselle por quedar tetrapléxica na prisión, posiblemente a causa das malleiras.

A memoria é un proceso que bebe do pasado, pero que se constrúe no presente.

Outra testemuña contoume como sendo unha nena viu a Soledad cando era sacada do cárcere que improvisaron os falanxistas no hospital (cuestión de prioridades), e a levaban para ser fusilada. Os seus ollos iluminábanse cando me dicía “como yo soy tan roja, lo vi”. A memoria mesturábase coa identidade e o resultado ante min era esa señora en toda a súa profundidade, en toda a súa claridade humana. Nese punto que se xuntaban a empatía e o recoñecemento, e que é capaz de forxar unha comunidade. Contoume que nese intre que sacaban a Soledad, moitas veciñas desafiaron o novo poder dos falanxistas e levantaron o puño con ela, entoando o Adiós muchachos de Carlos Gardel. Adiós muchachos, compañeros de mi vida cantaba a señora antes de que esa lembranza lle fixera de enlace con outra na que se recoñecía como muller. De novo a memoria e a identidade. Esta vez a cor dos ollos desapareceu entre o seu ceño fruncido cando espetou que, segundo escribira Soledad nunha carta, matábana porque o falanxista xefe da prisión quixo “hacer con ella” e esta negouse. Soledad foi fusilada e enterrada na fosa 524/2009 do cemiterio de Alacant en 1941, despois de dar a luz a súa filla, coa que tivo a sorte de poder retratarse, e eu de poñerlle cara, grazas á amabilidade dun descendente.

A memoria é un proceso que bebe do pasado, pero que se constrúe no presente. E eu construín a miña con respecto ás miñas devanceiras, á miña terra e ás miñas referentes. Decidín non esquecer a Soledad, e aportar o meu gran de area ao feito de que no pobo non exista nin unha soa mención a estas mulleres. O mellor de todo é que na miña vida preciseina, cousa que non podía ter imaxinado antes de descubrila. Vinme nela xusto antes de voltar ao meu pobo para contarlle a todo o mundo que era trans. Sentín que aquelas mulleres que levantaron o puño para cantar con ela a Gardel seguían aí e aparecerían trala vixilancia que eu tanto temía. Quizais, sen iso, nunca me tería atrevido a dar o paso e a comprobar que así foi, que sempre existiría humanidade, amor, comunidade, e veciñanza, para impoñerse ao odio.

Cando hoxe teorizamos e debatemos sobre a necesidade de procurar, traballar e construír unha memoria LGBTI da Galiza facémolo partindo do anhelo das nosas soidades. Precisamos coñecer a aquelas que loitaron, porque só coa súa loita o conseguiron. Deixaron estela, rastro, mudanzas, e, a fin de contas, un mundo máis vivible de como o atoparon. Precisamos máis Elisas e Marcelas, máis Soledades, e iso, só pode facerse apostando pola investigación e a colectivización dos resultados. Precisamos repensar, emocionarnos, clarificarnos nesa mestura de identidade e memoria, do que realmente somos.

Memoria histórica
Los triángulos rosas españoles

El franquismo fue un periodo de especial opresión y clandestinidad para las personas LGTB, así como para la clase obrera, las mujeres o el resto de sectores oprimidos que querían organizarse y luchar contra el régimen. A las decenas de miles de presos políticos de izquierda fusilados tras la guerra o encarcelados y torturados se unían también personas LGBT asesinadas o encerradas por el hecho de serlo. Fueron los “triángulos rosas” marcados y castigados por intentar vivir su sexualidad libremente.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

La Colmena
La Colmena Los curas de Fregenal y el antídoto anticlerical
Un ejemplo de anticlericalismo militante en la Extremadura de finales del siglo XIX a propósito de la disputa por los enterramientos civiles en Fregenal de la Sierra.
Extremadura
Censura Reinauguración en Torre de Miguel Sesmero de una escultura censurada por PP y Vox en Losar de la Vera
Este viernes 25 de abril la Asociación 25 de marzo colocará ‘Crearte La Vera’, la escultura de Carlos Díaz de homenaje a la clase trabajadora, en un sitio público de Torre de Miguel Sesmero (Badajoz).
Opinión
Opinión Contextos de la guerra en Ucrania
El historiador Antonio Fernández Ortiz repasa la relación entre Occidente, la Revolución Rusa y distintos proyectos de construcción nacional.
Comunidad de Madrid
Paros 28 y 29 de abril Huelga total en la educación pública madrileña
Infantil, Primaria, Secundaria, FP, Educación Especial, Universidad. Las plantillas de todos los niveles de la educación madrileña pararán este lunes 28 de abril por la “infrafinanciación” que Ayuso mantiene en la enseñanza.
Laboral
Laboral Trabajar para vivir, morir por trabajar
El 28 de abril se conmemora el Día Mundial de la Seguridad y la Salud en el Trabajo con la necesidad de la implementación de medidas ante la siniestralidad laboral, que dejó en el país en 2024 la muerte de 796 personas.
Genocidio
Genocidio Activistas crean la embajada de Palestina en Bruselas mientras Israel prosigue con su asedio en Gaza
Mientras los ataques de Israel sobre la Franja de Gaza ya han dejado más de 51.490 muertos, activistas han rociado de sangre un edificio que simula ser la embajada de Palestina, dejando un rastro de pintura roja hasta la embajada del Estado sionista.
Sevilla
Sanidad Pública Profesionales de Atención Temprana advierten del colapso del servicio en Andalucía
El servicio que atiende a más de 32.000 niñas y niños de entre 0 y seis años se encuentra en una situación crítica, con profesionales precarizados y listas de espera que incumplen la Ley de Atención Temprana aprobada en 2023
Análisis
Análisis La izquierda donde rompe la ola
El crecimiento electoral de un amplio abanico de fuerzas de extrema derecha desde hace unos años complica la consecución de decisiones a nivel de la UE.
Senegal
Migraciones El mito de la migración ordenada: la denegación de visados por el Consulado de España en Dakar
Maltrato institucional. Estas dos palabras son las más escuchadas cuando se pregunta a personas descontentas con el Consulado de España en Dakar. Cada vez más personas denuncian denegación de visados que no consideran justificados.

Últimas

Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
Ayuntamiento de Madrid
Paros en Madrid Fin de la huelga de basuras en Madrid
La plantilla ha votado a favor de la última propuesta, en un paro que comenzaba el pasado 21 de abril y con el que se demandaba la actualización de un convenio que se ha quedado obsoleto.
LGTBIAQ+
Juicio el 9 de mayo Lidia Falcón pide cinco años de cárcel a una mujer trans por un tuit de 2021 que no la menciona
La activista antiderechos Lidia Falcón denunció a Diana Juan Cano en 2021 por un tuit que apenas tuvo repercusión. La acusación pide una pena de cinco años de prisión y 50.000 euros de indemnización.
Comunidad de Madrid
LGTBifobia Femen protesta contra las terapias de conversión en un acto de la familia de psiquiatras Rojas Estapé
El movimiento Femen ha querido denunciar públicamente la relación de esta familia con sectores ultraconservadores de la Iglesia y su postura abiertamente contraria a los derechos del colectivo LGTBIQ+
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sánchez piensa en un paréntesis legislativo para evitar roces con los socios tras una semana explosiva
El choque bronco por el caso de las compras de balas israelíes a cargo de Grande Marlaska puso sobre la mesa como nunca la ruptura de la coalición, aunque nunca fue una opción.
Más noticias
La vida y ya
La vida y ya Espacios de encuentro
Me contaba que, al final del día, le dolían mucho las manos y que había dejado de escribir. Que ya no llevaba el cuaderno pequeño que tenía para anotar ideas que luego se transformarían en artículos o poemas.
LGTBIAQ+
Juicio el 9 de mayo Lidia Falcón pide cinco años de cárcel a una mujer trans por un tuit de 2021 que no la menciona
La activista antiderechos Lidia Falcón denunció a Diana Juan Cano en 2021 por un tuit que apenas tuvo repercusión. La acusación pide una pena de cinco años de prisión y 50.000 euros de indemnización.
Galicia
Galicia Cuidar sin derechos: la lucha de las trabajadoras en las residencias privadas de Galicia salta a la huelga
Sin tiempo ni medios para ofrecer unos cuidados adecuados, alertan de una situación insostenible en los centros y denuncian la privatización de un servicio a costa del bienestar de las personas mayores y dependientes.

Recomendadas

Guinea-Bissau
Internacional Guinea-Bissau arranca una ola de represión tras el sabotaje popular de una mina de arena en un parque natural
Una acción liderada por las mujeres del pueblo de Varela provocó un incendio en la bomba de extracción de la mina de arena pesada. El Gobierno ha llevado a cabo la detención de 16 personas, entre las que se encuentran líderes locales.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña y Ourense compraron material policial a Israel por medio millón de euros en solo cuatro años
El alcalde ourensano, Gonzalo P. Jácome, adjudicó un contrato por 70.000 euros días después del siete de octubre. Abel Caballero firmó otro de más de 200.000 euros y la alcaldesa de A Coruña siguió la estela con un contrato de 170.000 euros.
Turquía
Pinar Selek “Turquía sigue gobernada en base al miedo”
La profesora y socióloga turca, quien ha sufrido además de cárcel, un acoso judicial por 27 años, habla de la falta de independencia del poder judicial, del adoctrinamiento social y de la formación de la sociedad turca.