We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
A Catapulta
X.M. Xespi, coordinador do Entreverbas, chega o luns 15 ao noso programa de poesía en Twitch e Youtube
“A Catapulta”, o programa mensual do Salto Galiza nas plataformas Twitch e Youtube, contará o luns 15 de maio coa participación do poeta e coordinador do Entreverbas X.M. Xespi. Apaixonado pola poesía, pola fotografía e pola simbiose entre ambas as disciplinas, X.M. Xespi é o promotor dun evento singular e realmente fermoso como o Entreverbas, unha iniciativa que leva a expresión poética ata unha pequena aldea de Salvaterra, implicando a veciñanza e permitindo o acceso a propostas culturais pouco habituais nos núcleos máis pequenos.
No programa “A Catapulta”, ademais de coñecer máis en profundida a labor de poetas e persoas vinculadas á poesía, fálase sobre a súa situación e do seu día a día, dun xeito distendido e relaxado. O programa tamén conta cunha axenda mensual de eventos poéticos para non perder nada do que está a se mover no mundo da poesía galega.
Ademais de poder seguir o programa en directo, puidendo interactuar durante a emisión a través do chat de Twitch e Youtube, cada episodio queda dispoñible para revisión nestas dúas canles e tamén está dispoñible en formato podcast posteriormente a través da web do Salto. Desde hai uns días, A Catapulta tamén se pode escoitar dentro da programación de El Salto Radio, a emisora online de El Salto.
Velaí a ligazón ao TWITCH
Velaí a ligazón ao YOUTUBE