Audiovisual
Illa Bufarda: “A historia do dentón mostra un rural activo e conectado co mundo que nunca se nos contara”

O documental ‘Negro Púrpura’ recupera o relato agochado nun pequeno fungo do centeo que puxo Galiza no mapa cando a gran sombra do Franquismo só favorecía o illamento.
Illa bufarda
Sabela Iglesias (esquerda) e Adriana P. Villanueva (dereita), directoras de Negro Púrpura. Cedida
29 mar 2021 07:00

“A miña avoa traficaba con LSD!”. Desta sorprendente confesión que un bo día chegou aos oídos de Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva, navegantes da produtora creativa Illa Bufarda, agromou, coma o centeo da terra, un filme documental sobre a historia do dentón: un fungo negro e pequeniño que medra nas espigas dos campos galegos deste cereal e que fiou conexións directas entre Galiza e os Estados Unidos ou Xapón na década dos 50. ‘Ouro negro’ ou ‘wolframio vexetal' que levedou primeiro canda a sabedoría popular das nosas avoas e que protagonizou logo grandes investigacións farmacéuticas no mundo. Trouxo diñeiro ás empobrecidas casas labregas da época e foi o punto de partida desde o que o suízo Albert Hofmann descubriu o coñecido agora como LSD. Unha historia alucinante —de maneira literal tamén— que o documental Negro Púrpura, con agardada proxección internacional, rescata agora das memorias das nosas devanceiras e que chega á pantalla este 6 de abril no Museo do Pobo Galego. Eis a conversa coas súas directoras, Sabela e Adriana, para ir abrindo boca.

Que é o que máis vos atrapou desta historia?
Adriana P. Villanueva: A conexión do fungo co mundo; como algo tan pequeno e do que nunca escoitaramos falar tiña tantas vinculacións con outros países. Galiza era o epicentro do negocio do dentón, e pensamos que se trata dunha historia necesaria de contar para valorarnos como pobo; non queremos que soe paternalista, pero sempre se nos vende a historia de que estamos illadas, de que este é un pobo atrasado…, e esta historia demóstranos que, ostrás!, para nada!, nos anos cincuenta petámolo! (risas).

Cornello, cornecho, dentón, caruncho, corno, grao de corvo… Este fungo de mil nomes retrata unha realidade poliédrica na Galiza de metade do século pasado. Que significaba para as nosas avoas e avós?
Sabela Iglesias: Significaba recurso económico. Chegaban cartos á casa grazas a ese fungo negro que lle nacía ao centeo. Non había moita conciencia de para que servía, pero como de repente houbo un boom, unha gran demanda, todo o mundo o recollía e gañaba uns cartiños. Con anterioridade a este boom tíñase a idea de que era un veleno e non había moito coñecemento sobre as súas propiedades. Hai testemuñas que directamente teñen ignorado a súa presenza e o moían á par do centeo co que despois facían os bolos. Incluso a día de hoxe as testemuñas non teñen moi claro para que serve.

Adriana: Había quen pensaba que ía para os cañóns da guerra; confundíase co wolframio, que era outro recurso que tamén daba diñeiro. O que si se sabía era que marchaba para Alemaña, para Estados Unidos… Vendíase nas feiras, e a figura de comerciante maiorista xuntaba toneladas e exportaba. Quizais esa xente si que coñecía o seu destino, que era a industria farmacéutica. Nos anos 1950 e 1951 chegouse a pagar o quilo a mil pesetas, e aquilo daba para comprar un cuxo! Tamén é certo que recoller un quilo levaba moito tempo. Había moito traballo detrás feito por mulleres e por nenos. Durante uns anos foi un plus económico moi grande. Unha muller contábanos que lle permitía ter uns cartos independentemente dos da casa para ela poder gastar, por exemplo, nunhas medias de cristal.

As parteiras empregaban o dentón tanto para acelerar o parto como para abortar, unha sabedoría transmitida de xeración en xeración

Antes de chegar a grandes investigacións por parte da industria farmacéutica, o dentón xa estaba moi presente na sabedoría popular e na saúde das mulleres, sobre todo, no vinculado ao mundo da obstetricia. Con que fins empregaban as parteiras este fungo? E que relato de xénero se pode fiar a través do dentón? 
Sabela: O fungo estaba presente tanto para acelerar o parto cando as contraccións estaban moi avanzadas, unha sabedoría transmitida de xeración en xeración, como para abortar. Dá que pensar como ese coñecemento de hai tantos anos xa estaba aí e como logo iso a industria farmacéutica tamén o captou para evitar as hemorraxias, para acelerar partos… Tamén se di que un dos medicamentos que comercializou Zeltia, farmacéutica de Vigo, se utilizaba para abortar.

Adriana: A esas mulleres que tiñan ese coñecemento, as parteiras da aldea, acusábaselles de bruxas e, en cambio, cando unha farmacéutica impulsaba estes mesmos recursos xa adquiría toda a elegancia do mundo… Tamén isto é curioso: como o saber científico é valorado e o saber popular é denostado, aínda que tamén é certo que este último ás veces era moi perigoso porque se non se aplicaba ben, podía causar mortes, non só da nena senon tamén da nai. Era un recurso de dobre fío.

ASalta
“Raxáronme sen avisar”: relatos de violencia obstétrica (I)
As prácticas inxustificadas ou non consentidas e o trato deshumanizado antes, durante e despois do parto segue sendo unha realidade para moitas mulleres que maternan en Galiza.

 

A nivel científico, o dentón tamén xogou un papel importante na industria farmacéutica galega. Naceu, de feito, da man del, non? 
Adriana: Estivo primeiro da man do laboratorio Miguel Servet, fundado en Vigo no ano 1939, a primeira empresa farmacéutica da que logo sairía Zeltia, que seguiu coa investigación do cornello. Isto, nunha época na que tampouco era moi fácil investigar porque nos atopamos en pleno Franquismo. Neste caso Zeltia tiña relación con outras farmacéuticas e conseguiron sacar as investigacións adiante. Illaron os alcaloides do cornello e comercializaron un anticoagulante chamado Pan Ergot. Que isto o puidésemos facer aquí grazas á sabedoría das persoas da Universidade tamén rompe con esa idea de Galiza como pobo atrasado.

A través do dentón danse moitos vínculos que nos falan dun rural activo e en movemento. Sentiamos que esta historia nunca se nos contara

E de que xeitos o dentón nos conecta co mundo? 
Entre Sabela e Adriana: Fomos unha potencia á hora de comerciar con este fungo, porque o noso estaba en moi alta estima. Dacón (Ourense), un dos lugares que sae no documental, era o que marcaba os prezos de Estados Unidos e de Xapón. Sorprendíanos moitísimo que un pequeno comerciante da vila tivera contactos con comerciantes deses lugares. Grandes empresas farmacéuticas como Bayer viñeron aquí experiementar con el e, todo isto, nun contexto de guerras moi convulso. As testemuñas tamén nos falaban moito do contrabando que se producía na raia, de Galiza para Portugal e de Portugal para Galiza. Logo tamén está a parte do descubrimento do LSD por parte do químico suízo Albert Hofmann, que experimentou os efectos alucinóxenos dun dos principais activos do cornello nos anos 40. Gústanos pensar —non podemos afirmalo— que o fungo co que descubriu o LSD era galego. A través do dentón danse moitos vínculos que nos falan dun rural activo e en movemento, dun pobo conectado. Sentimos que esta historia nunca se nos contara. Que non se nos dixera que fóramos importantes naquela época. O cornello dá a chave: precisamente nunha época na que todo favorecía estar pechados, na que case nada se exportaba nin se importaba, Galiza non estaba adurmiñada.

O dentón
O dentón, fungo que nace nas espigas do centeo. Cedida

Outra das faces máis sorprendentes do dentón ten que ver con eses efectos alucinóxenos que falabades agora. Un dos sinais de identidade do filme é que se move constantemente nunha fina liña entre o estritamente documental e o terreo ficcionado, con escenas que evocan sensacións de mareo e irrealidade. Foi o lugar preciso para mostrar tamén esa parte máis psicodélica?
Sabela: Si, dábanos moito xogo. Os recursos psicodélicos tiñámolos pensado desde o comezo; e xunto coa música, fai todo un empaque óptimo. Ademais, a parte ficcionada tamén nos servía para cubrir ocos que non podiamos conseguir a través de testemuñas. Doutra banda, cremos que ao poñer unha cámara diante e estar nós alí presentes xa todo se converte en ficción; e gústanos permitir que o espectador poida ver eses momentos nos que se fai evidente a nosa presenza, por exemplo cando as persoas se dirixen a nós. En realidade todo documental está mesturado con ficción.

Adriana: Queriamos que houbese unha psicodelia moi sutil pero presente ao longo de todo o documental. Tamén xogar coas visións e con todo ese imaxinario galego que hai ao redor delas.  Gústanos pensar na posibilidade de que se debían ao consumo voluntario ou involuntario de caruncho (rin).

Queda hoxe algo de todos estes vínculos?

Sabela e Adriana: As novas xeracións non saben del e a nivel farmacéutico xa non se precisa porque está sintetizado, e polo tanto non é un recurso importante. Pero seguir segue existindo. Nós gravámolo hai dous veráns. Hai moita xente que bromeaba con nós e nos dicía ‘veña, pois tomade un pouco e facedes unha viaxe!’, pero, ei, que é velenoso. Que a xente non se poña a comelo! (Risas) Parece que só ten unha parte recreativa máis vinculada ao LSD, pero se o consumes de xeito continuado, tamén provoca a enfermidade do ergotismo, Fogo Ardente, lume de San Antón… Iso causa problemas na pel, gangrena, convulsión muscular… Ningunha das tres cousas agradable!


A pesar da súa importancia foi unha historia que nunca se nos contou. A que credes que se debe este silencio histórico?
Sabela Iglesias: Cremos que a xente que o viviu de primeira man non lle deu a importancia ou o valor como para que tivera que ser transmitido. ‘Como se vai contar isto? Que tontería! E como che interesa?’. En moitas historias hai moito de non poñer en valor o propio e, polo tanto, de non contalo.

A xente que viviu o dentón de primeira man non lle deu a importancia como para que esta historia fose transmitida

Foivos difícil logo atopar documentación relacionada e relatos de persoas vinculadas ao dentón para reconstruir a historia?
Adriana: Hai perfís que nos foron máis fáciles de atopar porque eran abundantes, por exemplo, a xente que o recollía e o vendía. Outros resultaron máis difíciles, ben porque tocaban unha parte da historia máis tabú ou máis persoal relacionada coa obstetricia, ou porque non eran tan abundantes. Démonos conta tamén de que o perfil de xente que buscabamos tiña de 80 anos para arriba, e aí as lagoas da memoria xa se notan… Topamos con moita xente que no seu momento podía ternos dado moita información e agora a súa cabeza xa non o permitía. Viamos como a memoria ía fallando, e tamén é un proceso duro de ver: a xente quere falar pero non pode. Iso fíxonos ser conscientes de que tiñamos que apurar para contar esta historia ou se non perderíase.

Chegastes a tempo! Agora co filme rematado nas mans e a piques de estrear no Museo, que significa Negro Púrpura para vós? Que gratificacións vos dá a nivel persoal?
Sabela: Foi un proceso longo e intenso, cheo de aventuras e de momentos moi gratificantes nos cales aprendimos un montón. Sentímonos tamén moi privilexiadas de que a xente, con toda a xenerosidade, nos abrise as portas das súas casas e nos invitase a escoitar historias.  Privilexiadas e en débeda. Foi guai tamén mostrar o proceso de investigación nas redes, porque iso permitiu que a xente nova preguntase na casa e a partir de aí contactasen con nós e atopar testemuñas. Esa implicación foi moi importante para o docu e estamos moi agradecidas. Agora, poder mostralo e estrealo é unha meta feita realidade.

Adriana: Estamos moi contentas de ter gravado antes da pandemia, iso tamén! Foi un proceso que se alongou no tempo máis do que nos gustaría, pero sabiamos que iamos a contrarreloxo. Quedou unha peza que me gusta a nivel contido e a nivel audiovisual, non me canso de velo! (ri). A banda sonora está feita por Paulo Pascual, o Modulador de Ondas, thereminista de Vigo, e polo que estivemos investigando, esta é a primeira película do Estado con banda sonora integramente composta cun theremin. Ver tamén que a distribuidora confía nunha peli tan galega e que lle vexan proxección internacional… Pois que pasada! Eu aí vexo un paralelismo co propio fungo. Aquí a xente non sabía para que valía e de repente vendíase polo mundo adiante; con esta historia pasa algo semellante.

Quedan moitas historias por contar. O conto de como é o pobo galego non está completo e, moitas veces, non é realista

Que vos gustaría provocar ou que pouso vos gustaría deixar nas persoas que vaian ver este documental?
Adriana: A min dáme moito medo a expectativa. Como é un proceso co que levamos tanto tempo, e a xente se implicou moito no crowdfunding, cada quen, sen querelo, faise a súa peli na cabeza; e logo se coincide coa nosa… iso xa vai ser casualidade! (Risas). Pouso? Ver que quedan moitas historias por contar e que ese relato que temos no imaxinario do que somos e o que fomos é moito máis digno do que parece. Que o conto de como é o pobo galego non está completo e non é realista moitas veces. Hai historias a pe de rúa moi interesantes. A xente ten moita sabedoría e hai que valoralo.

Sabela: Gustaríanos que toda esa curiosidade que nós sentimos no proceso, e esa sorpresa ao ver as conexións, tamén as viva o espectador. Se o viven un pouquiño como o vivimos nós xa sería marabilloso! Tamén nos gustaría que os espectadores queden coa idea de que se poden contar historias propias e en galego que interesen fóra de Galiza. Iso para nós é importante.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Drogas
Geopolítica de las drogas Fentanilo: la droga que destruye Estados Unidos y golpea las puertas de América Latina
Más de 100.000 personas murieron en EE UU por sobredosis de fentanilo en 2023. Esta droga sintética amenaza con revolucionar el mercado mundial de los estupefacientes y provocar una “epidemia” en toda América Latina.
O Teleclube
O teleclube A desaparición de Paula é a protagonista do décimo terceiro episodio de 'O Teleclube'
Sonia Méndez estréase nas longametraxes de ficción con 'As Neves' un filme no que seguimos a un grupo de adolescentes e o por que dunha perda.
PSOE
Caso Koldo García Asesinato por “ajuste de cuentas”: así era el club donde trabajó el asesor de José Luis Ábalos
Koldo García, detenido por una trama de compra-venta de mascarillas que facturó 52 millones, fue guardaespaldas de altos cargos del PSE y trabajó en Rosalex, club de alterne sobre el que pusieron su lupa el Defensor del Pueblo y la Fiscalía navarra.
Justicia
Reportaje El imperio de los jueces-soldado
La justicia española ha entrado en un callejón peligroso. Desde hace años, el Poder Judicial se ha mostrado escorado a la derecha y más como un problema para la resolución de cuestiones cruciales para el Estado.
Opinión
Revista El Salto Debajo de la palabra “lawfare” no está la playa
El sistema judicial, si se fijan, no obedece o asume propuestas o presiones del Ejecutivo o del Legislativo. Sino que más bien ocurre lo contrario.
Dana
València Mazón se atrinchera detrás de un militar y cierra su crisis de gobierno
El president valenciano ha remodelado el Consell de la Generalitat dando salida a dos conselleras y fichando un general en la reserva para la vicepresidencia.
Opinión
Opinión Yo he venido aquí a licitar
El capitalismo de licitación, o capitalismo licitador, es el modelo económico que mejor define las prácticas que los diferentes gobiernos del PP valenciano han llevado a cabo a lo largo de la historia.
Opinión
Opinión La distopía no es un género literario
Hay grandes carteles por todos lados donde te hacen responsable de tener el móvil bien cargado y aconsejan llevar una batería externa para evitar percances.
América Latina
Leandro Morgenfeld “El triunfo de Trump va a empoderar a los Milei y los Bukele”
El historiador e investigador argentino especializado en la relación entre Estados Unidos y América Latina, analiza el triunfo electoral de Donald Trump y el impacto que tendrá en una región que Washington sigue considerando su “patio trasero”.
Relato
Relato 39663A y 41288B
Un relato de Iban Zaldua sobre infiltraciones policiales.

Últimas

Palabras contra el Abismo
Palabras contra el Abismo Lee un capítulo de ‘Café Abismo’, la primera novela de Sarah Babiker
El barrio es el espacio físico y social en los que transcurre ‘Café Abismo’, la primera novela de la responsable de Migraciones y Antirracismo de El Salto, Sarah Babiker.
Opinión
Opinión Aprender de las fantasías de la conspiración
Difícilmente los desmentidos científicos convencen a quienes ya han incorporado una fantasía de la conspiración. Sin embargo, estas fantasías se corresponden con un hecho como que el desasosiego por el futuro es un sentimiento generalizado.
Que no te lo cuenten
Que no te lo cuenten De contracumbres y personas sin hogar
VV.AA.
Abrimos noticiero con el G20 de Brasil y la ausencia de soluciones de vivienda para las familias afectadas por la dana.
La vida y ya
La vida y ya Huipil
Han escrito un libro que se titula 'Nuestros tejidos son los libros que la colonia no pudo quemar'. No hay lugar para las dudas sobre lo que te vas a encontrar al leerlo.
València
Dana La Diputación de València adjudica a dedo otros 735.000 euros a una empresa de Gürtel para obras de la dana
El gobierno del Partido Popular contrata por el procedimiento de emergencia a CHM Obras e Infraestructuras, que tienen detrás a los hermanos Martínez Berna, condenados en el marco del 'caso Gürtel' a un año y nueve meses de prisión.
Más noticias
COP29
Cumbre del clima La propuesta de los países ricos para cerrar la COP29 enfurece a las naciones en desarrollo
El Norte global, causante histórico del cambio climático, propone 250.000 millones de dólares anuales para la adaptación y mitigación climática del Sur, cuando el propio borrador del acuerdo establece que al menos serían necesarios cinco billones.
Opinión
Opinión Vacío y censura en el colonialismo del interior
VV.AA.
La historia está siendo escrita con un silencio cómplice con el genocidio y mediante la censura a su condena. El silencio implica un precio terrible, pues consolida el borrado impune de la existencia, la cultura y el futuro del pueblo palestino.
Italia
Italia Milán, cuando la ciudad de las oportunidades se hace inaccesible
Ya quedan pocos talleres, farmacias, peluquerías o papelerías de barrio en Milán, y el precio de la vivienda aniquila su población originaria.

Recomendadas

Argentina
Argentina El Bonaparte: la historia del hospital de salud mental que le torció el brazo a Milei
Es el centro referente en Argentina para tratamientos de salud mental y adicciones. Javier Milei intentó acabar con él, pero los profesionales sanitarios y los pacientes del hospital no lo permitieron. Esta es su historia.
Fondos buitre
Fondos buitre El Sindicato de Inquilinas demanda al fondo buitre Néstar-Azora por las cláusulas abusivas de sus contratos
Las vecinas afectadas por este fondo, en huelga de alquileres desde septiembre, están obligadas a asumir los gastos de comunidad y abonar los costes del seguro de impago e IBI a la propiedad, pese a ser estos requisitos totalmente ilegales.