Actualidad LGTBIQ+
Sachar na diversidade agrocuir: o movemento LGTBIQ no rural galego

No 2019 celebrarase a sexta edición do Festival Agrocuir da Ulloa, un evento que xerou un punto de inflexión na visibilización da diversidade sexual no rural galego, ao tempo que inseriu perspectivas diferentes ao movemento tradicionalmente asimilado nas cidades.

Agrocuir 1
A comarca da Ulloa comezou hai seis anos o primeiro evento que celebraba a diversidade sexual no rural galego. Foto: Colectivo Agrocuir.
10 jun 2019 10:00

O VI Festival Agrocuir da Ulloa alcanzou o mínimo financiamento imprescindible para poder celebrarse o 30 e 31 de agosto. Esta edición está subvencionándose ata o 15 de xuño a través dun Goteo para cumprir dous obxectivos fundamentais: achegar o evento ó centro de Monterroso e maximizar a participación grazas a non ter que cobrar entrada, superando así as 1.500 persoas do ano 2018. Iso si, o financiamento mínimo logrouse tan só a oito días de pechar a campaña de Goteo, polo que aínda pode aportarse para seguir facendo do Agrocuir o pulo da diversidade sexual no rural galego.

É que a situación a día de hoxe non é a mesma en Galicia nos últimos seis anos, cando na comarca da Ulloa comezou o primeiro evento que celebraba a diversidade sexual no rural. Daquela chamábase Agrogay, “un nome con gancho, pero que vimos que non era o suficientemente representativo de todas as persoas que forman parte do concepto que queríamos reunir: o gai nese caso vencellábase a home, branco, privilexiado, consumista…”, explica Adrián Gallardo, un dos integrantes do colectivo Agrocuir. Tras moito debater se no cambio de nome debería adoptarse a forma anglófona queer (raro, desviado), insistiuse en galeguizar o termo coma cuir.

En que consiste Agrocuir e por que está a ser un motor do resto de activismo LGTBIQ en Galicia? Supón algo máis que unha celebración festiva na comarca de Ulloa. A súa filosofía vai máis aló da música e o baile en horario nocturno, e transcendeu as fronteiras galegas chegando a influír en distintos puntos de España, Europa e Canadá.

Agrocuir 2
O colectivo Agrocuir quere facer un Orgullo do país co que concienciar de que “as loitas das demais deberían ser tamén as miñas loitas”, explican. Foto: Colectivo Agrocuir.

No Agrocuir hai espazo para a reflexión a través de obradoiros de xénero e performance, a presentación dun documental sobre a historia do movemento LGTB en Galicia, ou momentos para compartir en comunidade, como as clases de baile tradicional, concertos de trap rural costumista ou a organización dun partido de fútbol do equipo feminino de Monterroso. Así de diverso e inclusivo quere ser o evento. Pero o Agrocuir é máis que o festival que se celebra a finais de agosto. Como colectivo, teñen formado parte de foros de análise activista sobre diálogo entre entorno urbano e rural, e en xullo participarán na Conferencia Mundial de Dereitos Humanos LGTBIQ.

“En realidade, non inventamos nada”, declara modestamente Adrián Gallero. “Reproducimos unha romaría tradicional, onde hai tamén celebración diúrna, onde prima o relacionarse coma antes, dun xeito interxeneracional, sen que ninguén quede fóra”, aclara. E queren facelo aquí, “sen verse na obriga de ter que marchar a Madrid para vivir o Orgullo, deslocalizando así a festa e a reivindicación” sentencia Gallero. Queren facer un Orgullo do país, “co que concienciar de que as loitas das demais deberían ser tamén as miñas loitas”, concisa Gallardo. Os beneficios en Monterroso falan por si mesmos: para o evento que transcorre a finais de agosto, nestas datas case non quedan aloxamentos dispoñibles e prevese cheo en bares da zona tras as xornadas de festa.

Agrocuir 3
Con estas iniciativas do movemento LGTBIQ concrétase outro rural posible. Foto: Colectivo Agrocuir.

Sobre esta suma de loitas tamén trata o movemento Agrocuir. Se ben o festival acaba sendo a acción na que máis forzas focalizan como colectivo, tamén traballan, ademais de no propio activismo LGTBIQ dentro e fóra de Galicia, no ecoloxismo e na defensa do medio ambiente e do emprego rural. Tal é o caso da súa participación en iniciativas na plataforma pola deseucaliptización Raíces.

A expansión da semente Agrocuir

A semente plantada polo colectivo Agrocuir espallouse e medrou replicándose ó seu xeito noutras zonas de Galicia: Cambados, Ribadumia, Sarria ou Lalín están a organizar os seus Orgullos, e desde os últimos cinco anos, xa se pode reivindicar a diversidade sexual case no propio barrio.

Parte desta efervescencia foi recollida no documental sobre a historia do movemento LGTBIQ en Galicia, Noite irisada, que se presentará no festival Agrocuir. Fernando Rodríguez Gómez, produtor executivo do documental, adianta que na realización desta peza audiovisual mudou a súa perspectiva sobre a situación das persoas diversas no entorno rural: “partía do prexuízo de que habería moita máis represión, cando o que vexo en voz das persoas que entrevistamos é que o rural exercía de familia. Podía non entenderte, pero acollíate. Digamos que ti pertencías a esa aldea a pesar de como sentiras os teus afectos. Neste sentido, penso que neste ámbito existía maior acollida para a súa xente, talvez non así con quen viñera de fóra”, argumenta.

Este sentimento de pertenza aínda se atopa en certo nivel de oasis dentro do deserto. Temos iniciativas en varias vilas galegas, máis segue a existir o que o coeducador Ángel Amaro denomina “éxodo interno”. “Aínda moita xente de Ourense marcha a Vigo, ou desde Valdeorras ata León. E se es unha marica precaria de Maceda estás a un bus que pasa cada catro horas de Ourense, completamente illada e dispersa porque hai zonas desmanteladas”, aclara Amaro. Vítimas deste exilio tamén sinala ás persoas maiores, “que sofren a armarización e a invisibilidade máis que no entorno urbano, sumado ó concepto universal asumido da vellez como unha etapa carente de sexualidade”, subliña.

Agrocuir 4
Este ano pretenden achegar o evento ao centro de Monterroso e maximizar a participación grazas a non ter que cobrar entrada. Foto: Colectivo Agrocuir.

Precisamente, neste ano 2019 a Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Bisexuais e Transexuais (FELGTB), dedica o Orgullo ás persoas maiores, “porque sempre se ten a idea urbana e xove das persoas LGTBIQ, e aínda peor que ter esta percepción é pensar que a nosa vellez si que vai ser diferente, moito mellor… e igual estamos moi equivocadas”, anota Amaro. Sostén o coeducador que o cohousing (compartir vivendas con servizos asistidos) vaise converter nun tema a poñer enriba da mesa no rural galego: “coido que especialmente para o perfil de gai solteiro duns sesenta anos, así poderá sentirse cómodo e visible neste concepto de espazo para vivir, e xa non quererá estar doutro xeito”.

Recoñece Amaro que a situación socioeconómica de certas áreas, nomeadamente Ourense, afecta no peso dos movementos activistas, pero tamén admite que nos últimos anos arrancaron varios motores do activismo en distintos puntos de Galicia. Un deses motores é o Sindicato Labrego Galego, que se converteu na primeira organización rural de Galicia en formular accións para incluír a diversidade sexual na axenda. Foi no ano 2012 cando comezou a falarse de cuestión LGTBIQ, visto o sesgo excesivamente urbano que tiña o movemento. Cinco anos máis tarde, no 2017, celebrouse un acontecemento que supuxo “a saída do armario do Sindicato”, segundo puntualiza Conchi Mogo, dinamizadora do espazo LGTBIQ dentro da entidade.

Este primeiro foro LGTBIQ O rural entende. Faite ver organizado en Arzúa marcou un antes e un despois ó ser o primeiro debate en incluír a diversidade sexual nas organización arredor do rural. Ademais de palestras e obradoiros sobre a introdución de miradas distintas na sexualidade e na identidade, confirmou o compromiso do Sindicato en “levar as preocupacións LGBTIQ a cada comarca e aldea de Galicia”, indica Mogo. Deste xeito, o xornal do Sindicato chegou a cada casa e tivo forza en cada asemblea, facendo ese primeiro paso preciso de visibilización.

Admite Conchi Mogo que a iniciativa de xerar este grupo de traballo partiu da Secretaría das Mulleres, órgano que forma parte do Sindicato Labrego Galego desde o ano 2000 para engadir a mirada feminista. “A sensibilidade partiu desde o feminismo, pero o movemento LGTBIQ xa é independente, aínda que agora pertence á Secretaría das Mulleres ata que logremos crear un grupo estable”, afirma Mogo.

Ademais do encontro celebrado en Arzúa, o Sindicato ten posto as súas enerxías a finais de 2018 no Primeiro Foro de construción de espazos para a diversidade sexual e de xénero nas asociación agrarias europeas a través da organización Vía Campesina. Neste formato continental intercámbianse coñecementos e aprendizaxes para lograr inserir a percepción das persoas LGTBIQ no rural.

A cousa non queda só en palestras. A finais deste ano, desde o Sindicato van lanzar unha campaña “moi visual e efectista” para que siga tendo calado en cada vila do rural galego, contando tamén co apoio de asociacións de contornas urbanas. “Estamos aínda vivindo moitas situación de tabú e invisibilidade, polo que meditamos a necesidade de xerar un logo e un lema propios, para que esta perspectiva tome forma e forza” aclara Mogo, quen destaca o traballo xa iniciado polo propio colectivo Agrocuir ou o consolidado Cocido do Orgullo de Lalín.

O Cocido do Orgullo de Lalín foi outro pulo ó movemento da diversidade sexual en Galicia máis aló dos principais focos urbanos. Comezou con moitas dúbidas no ano 2016 arredor do calado que ía ter, e se non se convertería nun oportunismo político-turístico para dotar dunha visión aparentemente progresista e consumista ó tradicional evento do Cocido de Lalín. “Véndoo en perspectiva foi a moito mellor”, analiza Ángel Amaro, quen tamén repara en que o ano 2015 supuxo a chegada de moitos gobernos de esquerdas a Galicia. Este feito lévao a meditar a inxerencia das institucións no activismo: “este diálogo non é obxectivo nin pode manterse no tempo se os gobernos cambian de cor política. Por exemplo, que faremos en Lalín cun goberno do PP? Se o eliminan, criticalo, pero e se o manteñen? Sería incoherente aplaudilo?” pregúntase Amaro.

Fronte a un Orgullo excesivamente consumista e construído como un produto de marketing nas cidades a visión agrocuir aporta outras preocupacións

Tras a cuestión de politizar e institucionalizar os movementos sociais, Amaro destaca a amplitude de miras do evento: “nos primeiros anos chamábase Cocido Gai e agora é o Cocido do Orgullo, un concepto moito máis inclusivo que mesmo chegou a influír en ofrecer opcións veganas dentro da festa gastronómica. Digamos que foi evolucionando, facendo da xa cuarta edición algo máis diverso a pesar dos peros que se poidan sinalar”, determina.

O que o Orgullo da cidade ten que aprender do rural

Esta inclusión de veganismo, ecoloxismo e outras preocupacións son parte do que aporta unha visión agrocuir da diversidade sexual. Fronte a un Orgullo excesivamente consumista e construído como un produto de marketing nas cidades, Ángel Amaro apunta o que beneficia a mirada rural ao movemento LGTBIQ: “vivir dun xeito decrecentista, menos baseado no consumo, que aposte pola reciclaxe, sen tiranías da estética de Chueca e cun discurso claramente interxeneracional e de reparto dos coidados”.

Agrocuir 5
A semente plantada polo colectivo Agrocuir espallouse e medrou replicándose ao seu xeito noutras zonas de Galicia: Cambados, Ribadumia, Sarria ou Lalín están a organizar os seus Orgullos. Foto: Colectivo Agrocuir.

Como contrapartida crítica, Amaro tamén sitúa no foco non caer na “mitomanía do rural”, “ese postureo que se dá ás veces no vir da cidade a sacar a foto coa vaca para colgar no Instagram”. Deberíamos cuestionarnos, segundo Amaro, “se a cantidade supón calidade; se en realidade esa xente está tan comprometida como podería estalo na cola do Primark en rebaixas ou noutra festa como a tomatina, sen tampouco quitarlle mérito ao poder activista e educativo da festa”, puntualiza.

O rural xa non é o mesmo desde hai seis anos, certo. Hai Agrocuir, hai Orgullos críticos en vilas e moito que aplaudir, pero como cada tempada, seguimos tendo moito que sachar para que non se bote a perder esta boa colleita activista.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Medio ambiente
Medio ambiente Montes comunais en Galiza: á procura de relevo xeracional e dun novo paradigma
Máis de 30 persoas participan nunha xornada interxeracional no Ecolectivo de Vigo para abordar a construcción de comunidades máis inclusivas e adoptar unha visión máis rexenerativa dos montes.
Macrogranjas
Agroindustria El movimiento Stop Ganadería Industrial se prepara para el fin de las moratorias de macrogranjas
La Coordinadora de las organizaciones contra las macrogranjas celebra su encuentro estatal en Retamoso de la Jara (Toledo) con la vista puesta en el próximo fin de las moratorias para nuevas instalaciones en Castilla-La Mancha y Catalunya.
Macrogranjas
El Salto TV Retamoso de la Jara, un pueblo contra dos macrogranjas
Un grupo de vecinos de esta localidad toledana lleva desde 2018 peleando para frenar la instalación de dos explotaciones porcinas industriales en su término municipal. Un reportaje de El Salto para Sphera Network.
Genocidio
Genocidio El TPI emite la orden de detención contra Netanyahu y Gallant por crímenes de guerra
La Sala de Cuestiones Preliminares del TPI rechaza las impugnaciones de competencia formuladas por el Estado de Israel y emite órdenes de arresto contra Benjamin Netanyahu y Yoav Gallant.
COP29
Cumbre del clima La COP29 encara su última jornada con un final agónico sin acuerdo en los temas clave
Los borradores de los textos de negociación sobre la mesa quedan muy lejos de un acuerdo sobre financiación climática en línea con las necesidades para que el planeta no rebase los 1,5ºC de calentamiento medio.
Crisis climática
Informe de Unicef El cambio climático multiplicará por tres la exposición de los niños y niñas a las inundaciones para 2050
Es la proyección que hace Unicef en su informe 'El Estado Mundial de la Infancia 2024'. La exposición a olas de calor extremas será ocho veces mayor para 2050 respecto a la década del 2000. “El futuro de todos los niños y las niñas está en peligro”, advierte la agencia de la ONU.
Barcelona
Derecho a la vivienda El hartazgo por la vivienda impagable se da cita este 23 de noviembre en Barcelona
El amplio movimiento por la vivienda catalán, sindicatos y organizaciones vecinales, sociales y soberanistas demandan soluciones urgentes ante una crisis de vivienda sin solución a la vista
Tribuna
Tribuna Vivienda: es hora de organizarnos
La situación de crisis inmobiliaria nos exige leer el momento para acertar en las batallas que debemos dar ahora, reflexionar sobre los modos de acción colectiva y lograr articular una respuesta política amplia.
Turismo
Opinión Abolir el turismo
VV.AA.
Lleguemos a donde lleguemos, no puede ser que sea más fácil imaginar el fin del capitalismo que el fin del turismo.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Los sindicatos denuncian a la Comunidad de Madrid por exponer a sus sanitarios a “gravísimos” riesgos
Solicitan la mayor indemnización económica pedida contra una administración por no contar con un verdadero plan de prevención de riesgos laborales para atención primaria.
Racismo
Racismo institucional Diallo Sissoko, una víctima más del sistema de acogida a migrantes
La muerte de este ciudadano maliense durante su encierro en el CAED de Alcalá de Henares ha puesto de manifiesto algunas de las deficiencias del sistema de acogida a migrantes en el Estado español.

Últimas

Palabras contra el Abismo
Palabras contra el Abismo Lee un capítulo de ‘Café Abismo’, la primera novela de Sarah Babiker
El barrio es el espacio físico y social en los que transcurre ‘Café Abismo’, la primera novela de la responsable de Migraciones y Antirracismo de El Salto, Sarah Babiker.
Violencia machista
25 de noviembre Con el lema “Juntas, el miedo cambia de bando”, el movimiento feminista llama a organizarse este 25N
En un año en el que ha vuelto al primer plano el debate público sobre la violencia patriarcal sistémica que siguen padeciendo las mujeres, la marcha del 25 de noviembre vuelve a las calles el próximo lunes.
Más noticias
Comunidad de Madrid
Paro del profesorado Nueva jornada de huelga en la educación pública madrileña
Este jueves 21 de noviembre el profesorado se vuelve a levantar contra las políticas del gobierno de Díaz Ayuso, que mantiene paralizadas las negociaciones para mejorar sus condiciones laborales.
València
dana A las 20:11, era tarde
Todavía conservamos el horror de cientos de coches amontonados y arrastrados por la riada. Es por esos millones de turismos y sus emisiones ─aunque no solo─ que vivimos en un planeta que se está calentando demasiado rápido.

Recomendadas

Memoria histórica
Memoria histórica Museo del franquismo, ¿eso dónde está?
España sigue ajena a la proliferación mundial de espacios museísticos dedicados a dictaduras y resistencias democráticas.
València
Dana y vivienda “La crisis de vivienda multiplicada por mil”: la dana evidencia el fracaso de las políticas del PP en València
La dana ha dejado a miles de familias sin hogar. Ante la inacción de las instituciones, han sido las redes familiares las que han asumido el peso de la ayuda. La Generalitat, tras décadas de mala gestión, solo ha podido ofrecer 314 pisos públicos.