Represión
Resistência Galega, un concepto

A operación contra Causa Galiza e Ceivar artéllase na vinculación destas organizacións con Resistência Galega. Pero mesmo a existencia deste grupo é controvertida.

Resistência Galega
Manifestación en contra da ilegalización de organizacións políticas

A operación contra Causa Galiza e Ceivar artéllase en base á vinculación destas organizacións con Resistência Galega, unha conexión nada clara desde o principio da instrución que remata por reducirse a un suposto apoio e xustificación das súas accións. Pero mesmo a existencia de tal organización terrorista, un recurso do que botar man para ilegalizar aquilo que se especule que podería conformar a súa contorna, resulta controvertida.

Resulta significativo que tras a detención de Santiago Vigo Domínguez e Sánchez Gorgas en 2007, pola pretensión de atentar contra un edificio en construción nunha zona de chalés de Portosín en resposta á especulación inmobiliaria, a Unión Federal de Gardas Civís (UFGC) se pronunciase subliñando que, en contra do publicado en prensa, “Resistência Galega como tal non existe” e que “non se sabe que é”, que o que había en realidade eran distintas frontes independentistas “dispostas a atentar”.

Non é ata 2013 que a Audiencia Nacional considera probada a existencia de Resistência Galega como organización terrorista no xuízo a Eduardo Vigo Domínguez (irmán do anterior), Rodrigues Fialhega, Maria Osório e Antom Santos, algo que o Tribunal Supremo ratifica en 2014. Porén, este proceso foi amplamente cuestionado. Os catro declararon defender a non violencia e descoñecer que era Resistência Galega, a tradución do material incautado foi realizada por un funcionario sen titulación en galego ou portugués e durante a vista oral do xuízo a tradución fíxose de forma nesgada. Expulsouse o profesor de Ciencia Política e da Administración na UAM Carlos Taibo, que acudía como perito, por cuestionar os informes da Garda Civil nos que o limiar entre intuicións e certezas non quedaba claro.

Segundo a sentencia, o grupo terrorista tería nacido o 20 de xullo de 2005 coa publicación en Internet do “Manifesto pola Resistência Galega” no que se defendía o uso da violencia contra bens materiais, ó que sucederían accións contra sucursais bancarias, sedes de partidos políticos e outros, unha postura que se reafirmaría nun “Segundo manifesto pola Resistência Galega” publicado en 2011. No contido de ambos comunicados chámase á “resistência galega”, con minúsculas, e non se reivindica a existencia de ningún grupo con este nome, cuxa adxudicación a unha suposta estrutura terrorista obedece a unha fabricación dos medios e xulgados.

Non se reivindica a existencia de ningún grupo con este nome

Tampouco os informes policiais sacan nada en claro sobre a estrutura organizativa de Resistência Galega máis alá de que as accións que lle atribúen empregan explosivos similares, que en todo caso máis que cunha banda armada con fins terroristas corresponde, en palabras do avogado Benet Salellas, con accións de sabotaxe. Segundo Alba Rico, “a única proba de que os xoves independentistas son terroristas é que pertencen a unha organización terrorista, pero a única proba de que pertencen a unha organización terrorista é que son terroristas”.

A propia Fiscalía Xeral do Estado recoñecera na súa memoria de 2012 as “dificultades” para demostrar a existencia “dunha verdadeira banda armada” porque non se visualizan “as súas estruturas de dirección, execución, captación ou financiamento” e as súas accións son “illadas no tempo e no espazo”.

Os sucesivos golpes policiais á suposta estrutura de Resistência Galega chegan ó mesmo resultado final: nada. A Policía Nacional detén en 2012 a Xulio César Sayans e a súa parella Silvia María Casal en Ferrol, coa pretensión de poñer fin así ó aparello de financiamento económico de RG. O nome da parella non chega a figurar no sumario, e Xulio é dispersado a Soto del Real, onde Eloy Velasco o mantén máis de un mes en preventiva, mais en 2014 a Fiscalía arquiva o caso por falta de indicios.

SÁEZ VALCÁRCEL, DOUS VOTOS PARTICULARES

Especialmente salientables resultan as resolucións do xuíz Ramón Sáez Valcárcel a este respecto. No mes de maio, semanas despois da ratificación do Tribunal Supremo de Resistência Galega como grupo terrorista, Xurxo Rodríguez e Carlos Calvo son condenados por un tribunal da Audiencia Nacional presidido por Grande-Marlaska por tenencia de explosivos e integración en organización terrorista a 6 e 12 anos de prisión, respectivamente, pero fano co voto particular en contra de Sáez Valcárcel que considera que “en relación a Resistência Galega o relato de feitos probados fai unha serie de afirmacións que carecen de sustento probatorio”, sinalando que sobre este grupo “non hai sequera unha aproximación ou estimación” dos militantes, e que “non hai proba algunha da presenza dunha estrutura xerárquica, máis alá da conxectura de que ten unha dirección con dúas persoas”.

“Dise que é unha organización terrorista, algo que debe probarse na súa propia realidade ó momento dos feitos, máxime cando os informes policiais tidos en conta establecían que a mesma fora desmantelada en novembro de 2011”, polo que “era obrigado formular se en setembro de 2012 existía dita estrutura”. “As accións violentas que se atribúen a Resistência Galega”, continúa, “consisten na colocación de artefactos explosivos” en “caixeiros automáticos, antenas de telefonía ou sedes de partidos políticos, pero non hai evidencia de que atentasen contra a vida, integridade ou liberdade das persoas”.

“Os feitos non permiten imaxinar unha organización terrorista

Ademais atribúe un carácter tendencioso ó informe pericial que relaciona as “accións violentas” de Resistência Galega: “non se ofrece información completa acerca de se a bomba explotou (posiblemente porque non o fixo nos casos nos que se omite o dato) nin sobre os danos que causou”. “Despois da desarticulación da organización en novembro de 2011 só se cometeu un atentado”. “Para atribuír o resto de accións a Resistência”, continúa, “hai que facer algún esforzo argumental, non abonda a mera especulación”. Sáez Valcárcel tacha tamén de “pura especulación” o feito probado na sentencia de que o grupo contaría cun aparello da captación nos centros sociais, medios de comunicación afíns e asembleas, que non se identifican, e considera que non se pode sustentar a existencia deste grupo en base ó similar emprego de explosivos cando no informe pericial non se distinguen “os atentados reivindicados por Resistência, os atribuídos policialmente e outros ocorridos na Comunidade” e tan só “seguiron o criterio de indagar que outros artefactos eran similares”, ou sexa, o obxecto de proba. Tamén se incide nun argumento circular cando se afirma que dúas persoas en busca e captura conforman unha “estrutura ilegal”, a “cúpula directiva clandestina”, e ó mesmo tempo que a estrutura estaba “integrada por, cando menos, os dous membros ilegais que operan na clandestinidade”.

Sete meses despois, a Audiencia Nacional condena novamente a Xurxo Rodríguez, xunto a Diego Santín e Héctor Naya, pola colocación de artefactos explosivos, atribuíndo a este último a participación en organización terrorista. Sáez Valcárcel volve emitir un voto particular en contra, neste caso, por remitirse á resolución do Tribunal Supremo sobre uns feitos que se sitúan en 2008 para considerar probada a existencia de Resistência Galega en 2012, que se dá por desmantelada en 2011 segundo os informes policiais. “Os feitos non permiten imaxinar unha organización terrorista”. En tal caso, teríase probado a existencia dunha organización dun único membro con dous colaboradores externos, que segundo os rexistros practicados “non dispoñían de armas, nin de explosivos, nin de documentos falsos, nin consta que tivesen xefes nin subordinados”.

Tanto Carlos Calvo como Héctor Naya recorreron ó Tribunal Supremo, que os absolveu nos dous casos de pertenza a grupo terrorista, e a este último de todos os cargos por falta de probas. Tampouco pode probar a Audiencia Nacional en 2014 que Adrián Mosquera pertencese a Resistência Galega, como solicitaba neste caso a Fiscalía.

Resulta sorprendente que malia todos os medios dos que dispoñen os corpos policiais para levar a cabo as investigacións oportunas, como a intervención de chamadas telefónicas, a día de hoxe as instrucións xudiciais practicadas non lograsen chegar máis alá de confabulacións, conxecturas e abstraccións sobre a organización e estrutura de Resistência Galega.

102 ANOS POR SOLIDARIZARSE

A Operación Jaro iniciouse como o enésimo intento de atallar a estrutura terrorista de RG, ou así se xustificou publicamente. A propia Fiscalía descartou xa a pertenza a organización terrorista pero, con todo, isto serviu para preparar unha solicitude de ata 102 anos de prisión para 12 acusados, así como a ilegalización da formación política Causa Galiza e o colectivo Ceivar. Se queres ler máis sobre isto fai clic aquí:

Represión
Operación Jaro, 102 anos por solidarizarse
A Audiencia Nacional solicita a ilegalización de Causa Galiza e Ceivar por consideralas organizacións criminais, e 102 anos de cárcere para 12 dos seus membros.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Represión
Catalunya La mitad de los amnistiados son policías y guardia civiles
Tras cumplirse los dos meses que establece la Ley de Amnistía para resolver un recurso, se aprecia el sesgo ideológico de los tribunales en la resolución de las primeras 215 solicitudes presentadas.
Catalunya
Catalunya Sánchez logra su cometido y ahora el PSOE calibra la relación con Junts en la nueva etapa
Los socialistas vuelven a la Generalitat tras una década y media y cumplen su gran objetivo de ser los sepultureros del ‘procés’. Los presupuestos son la próxima valla y para aprobarlos el grupo de Puigdemont será clave.
Generalitat de Catalunya
Catalunya Illa supera el efecto Puigdemont y es investido como president de la Generalitat
El candidato de Junts ha retornado a Barcelona con un acto público en las inmediaciones del Parlament, pero ha conseguido esquivar el cerco policial y permanece huido.
Asturias
Asturias Cinco muertos en la mina de Zarréu: demasiadas preguntas sin respuesta
El accidente más grave en la minería asturiana en casi tres décadas vuelve a poner en cuestión el sistema de permisos, controles y ayudas públicas para minas en proceso de reconversión.
Estados Unidos
Estados Unidos Estudiantes de Columbia luchan contra las amenazas de deportación
Los estudiantes de Columbia se unen mientras el ICE y el Departamento de Policía de Nueva York (NYPD) atacan el activismo palestino. “[Columbia] está dispuesta a concederle al gobierno de Trump todo lo que quiera”, declara un estudiante a Mondoweiss.
Aviación
Travel Smart Las multinacionales españolas, a la cola de la reducción de emisiones por vuelos de negocios
Un estudio publicado este martes por organizaciones ecologistas señala que las emisiones por vuelos de negocios a nivel global se han reducido un tercio, pero las empresas españolas van a la zaga y suspenden en transparencia u objetivos concretos.
Universidad
Educación El Gobierno anuncia el endurecimiento de la normativa para la creación de universidades privadas
El Consejo de Ministros aprueba la tramitación urgente de una modificación en la legislación que regula la creación de centros privados de enseñanzas universitarias.
Represión
Policía infiltrado La Directa destapa un nuevo caso de policía infiltrado, esta vez, en el activismo de Lleida
Bajo la identidad falsa de Joan Llobet García, un agente de la trigesimosegunda promoción de la Academia de Ávila, pasó dos años infiltrado en espacios independentistas, estudiantiles y ecologistas.
Madres protectoras
Madres protectoras Una madre, condenada a tres años y medio por secuestrar a su propia hija, solicita su indulto
La libertad de Jewel Lázaro depende de la respuesta del Ministerio de Justicia de España a su petición de indulto con el fin de no separarla de otro bebé de nueve meses.

Últimas

Maltrato animal
Maltrato animal Lidl denuncia a los animalistas que detectaron afecciones en la carne de pollo de la cadena
El Observatorio de Bienestar Animal asegura que el departamento legal de la cadena les pidió que eliminaran todas las publicaciones sobre ellos y creen que es una estrategia legal para silenciarles.
Israel
Guerra en Gaza Israel ordena evacuar Rafah ante la previsión de un ataque terrestre
En la mañana del 31 de marzo, las fuerzas militares de Israel han ordenado a la población evacuar gran parte de Rafah, en el sur de la Franja de Gaza.
Más noticias
Francia
Francia Marine Le Pen es condenada por malversación y no podrá concurrir a las elecciones de 2027
Un caso de corrupción con los asistentes del Parlamento europeo golpea a la ultraderecha francesa. Le Pen y su partido, Agrupación Nacional, son condenados por el Tribunal Penal de París.
Opinión
Opinión ¿Cómo acabar con el negocio de la vivienda?
Las reivindicaciones del 5A: bajada de alquileres, paralización de desahucios, desmantelamiento de las empresas de desokupación, ayudarían a acabar con la crisis de vivienda. Pero estas medidas son impensables en este sistema económico.

Recomendadas

Militarismo
Alejandro Pozo “El oportunismo de la industria militar española aprovechando lo que pasa en Gaza es grave”
Este investigador sobre paz, conflictos armados, desarme y acción humanitaria denuncia que el rearme ya está teniendo lugar y que el Ejecutivo escamotea información sobre las relaciones comerciales de la industria con Israel.
Galicia
Galicia Bimba y Lola se aleja de las fibras textiles de Altri con la salida del presidente de Greenalia de su consejo
El presidente de Greenalia y antiguo consejero delegado de Inditex, José María Castellano, abandona su puesto en la empresa cerrando una puerta más a la salida de la celulosa supuestamente creada para fibras textiles.
Redes sociales
El asesino de los CEO El fenómeno fan Luigi Mangione, ¿por qué tanta gente apoya a un asesino?
El caso del chico de clase alta que disparó sobre un CEO de una aseguradora médica ha desatado una ola cultural y de apoyo como no se había visto antes.