Política
O desprezo de Feijóo polas linguas: cando o seu españolismo superou ao de Fraga

Aos seus 13 anos de goberno na Xunta débeselles o maior retroceso legal do galego na autonomía e chegar á menor proporción de falantes da historia. O PP galego acaba de votar en contra da súa utilización no Congreso.
feijoo elecciones verano
O líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo

Nin bilingüismo harmónico, nin bilingüismo cordial. É improbable que se poida descubrir se Alberto Núñez Feijóo fala galego na intimidade, pero en base á súa traxectoria como presidente da Xunta de Galicia, si que se pode concluír que o seu goberno foi o máis lesivo para o estatus legal da lingua galega na historia da Autonomía. Legal e, como consecuencia, tamén social. Hoxe, por primeira vez desde que existen rexistros, o español é, aínda que por pouco, a lingua maioritaria empregada por galegos e galegas na súa vida cotiá. A falta dunha semana para que, previsiblemente, sexa aprobada de maneira definitiva a posibilidade normativa de empregar as linguas propias de Catalunya, Euskal Herria, Galiza e València no Congreso dos Deputados, o partido que dirixe Feijóo encomendouse aos designios da súa rama máis españolista para, de novo, facer da sociolingüística unha arma política.

Galego
A lingua das crianzas (I): Paus nas rodas ao galego na infancia

Nos últimos anos, Feijóo, Pocoyó e os seus amigos aceleraron o proceso histórico de substitución lingüística do galego a prol do castelán. A política lingüística da Xunta e a súa inacción ante a imposición estrutural do castelán favorece unha desgaleguización que comeza coa vulneración dos dereitos lingüísticos dos nenos e nenas galegas.

O actual presidente do Partido Popular ten unha ampla bagaxe neses mesteres. Polo menos, desde 2007, cando decidiu surfear a onda centralista impulsada desde a rúa Xénova e que comezara José María Aznar nos seus mandatos á fronte do Goberno español. Aquela estratexia política era insólita en territorio galego e rompía mesmo con consensos culturais e identitarios que asumira ata o exministro franquista e fundador do PP, Manuel Fraga, durante os seus 15 anos como presidente da Xunta. Feijóo adiantouno pola dereita.

Feijóo rompeu con consensos culturais e identitarios que asumira ata o exministro franquista, Manuel Fraga, durante os seus 15 anos como presidente da Xunta

Consciente dos potenciasi votos españolistas que se estaban a xestar arredor das accións provocadoras da organización ultra Galicia Bilingüe, o entón candidato e sucesor de Fraga escorouse máis aínda cara a dereita. A menos dun mes das eleccións galegas de 2009, a cúpula galega do Partido Popular acolleu con fervor unha mobilización da asociación dirixida por Gloria Lago e que, entre as súas distópicas reivindicacións, dicían loitar contra “a imposición do galego” e pola “liberdade para elixir”. Con todo, pouco máis de 3.000 persoas marcharon por Santiago de Compostela, mais as súas reclamacións foron cubertas profusamente pola prensa hexemónica.

A sobrerrepresentación mediática quizais estivo condicionada pola presenza de manifestantes destacados como o agora presidente da Xunta, Alfonso Rueda; a exministra de Sanidade, Ana Pastor; a exalcaldesa de Vigo, Corina Porro; ou o exalcalde da Coruña, Carlos Negreira. E aínda que ese día o sector galeguista do PP brillou pola súa ausencia, o seu oco turrando da pancarta ocupárono a xa entón líder de UPyD, Rosa Díez, ou un novísimo Albert Rivera que, xunto ao seu compañeiro Antonio Robles, facía apenas tres anos que estrearan partido político baixo o nome de Ciudadanos. Todo un ensaio preparatorio para o que lle acontecería en Catalunya uns anos despois. As crónicas dos poucos diarios progresistas que publicaban en Galicia recolleron os disturbios que se produciron cunha contramanifestación convocada por militantes galeguistas e onde se chegou a escoitar por parte dos manifestantes de Galicia Bilingüe odas aos voos da morte de Pinochet: “A estes hai que tiralos ao mar como en Chile”.

A menos dun mes das eleccións galegas de 2009, a plana maior do Partido Popular acolleu con fervor unha mobilización que dicía loitar contra “a imposición do galego”

E así, o partido de Alberto Núñez Feijóo adquiriu co espazo electoral que representaba Gloria Lago o compromiso de desenvolver unha normativa á altura das súas demandas centralizadoras. Logo de gañar as eleccións en marzo de 2009, o seu goberno comezou a xestar o mal chamado “decreto do plurilingüismo”. Ao equipo de Feijóo bastoulle apenas un ano da súa primeira lexislatura como presidente galego para aprobar ese decreto e botar por terra un consenso histórico que o seu propio partido, o PSdeG e o Bloque Nacionalista Galego adquiriran en 2004 nunha insólita unanimidade do Parlamento de Galiza. No que fora un acordo histórico.

Para a instrución en preescolar, recomendábase que polo menos un terzo do tempo fose impartido en galego en áreas onde o castelán era predominante. En canto a primaria, a educación secundaria obrigatoria (ESO) e o bacharelato, suxeríase que polo menos a metade das materias foran impartidas en galego, cun enfoque especial en materias fundamentais e troncais como as ciencias puras. O obxectivo viña reflectido naquel documento: “Garantir que calquera cidadán poda vivir plenamente en galego”. Pois todo aquilo foise pola borda. Ou máis ben, Feijóo e o seu séquito empuxárono. Especialmente, o seu conselleiro de Educación, Jesús Vázquez. Que fixeron? Entre outros agravios, prohibiron por decreto que o galego fose lingua vehicular en materias troncais de ciencias como física, química, tecnoloxía ou matemáticas. Algo que, na práctica, relegábao a un idioma de segunda. Un espazo que se pretendía ocupase o inglés, pero que só chegou a alcanzarse nalgúns centros de educación privados e apenas no 25% dos públicos, segundo os datos actualizados en 2022 pola propia Xunta.

O decreto parecía estar nesgado cara ao castelán en detrimento do galego. A súa implantación produciu manifestacións multitudinarias por todo o país que esgrimían acusacións de que o goberno galego estaba a socavar a cultura e a identidade do seu pobo ao reducir o uso do galego na educación. Ademais, o decreto foi implementado sen un proceso de consulta adecuado coa comunidade educativa e outros actores relevantes. A falta de diálogo e participación xerou resentimento e desconfianza cara ao goberno ademais de non abordar adecuadamente a formación dos docentes en canto ao ensino bilingüe. Tanto é así, que os grandes axentes culturais de Galicia, as centrais sindicais e boa parte da comunidade educativa tomaron posicións. Incluso a Real Academia Galega levou sen éxito aos tribunais ao goberno. Primeiro ao Tribunal Constitucional e despois ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

Con todo e desde entón, o Consello Europeo chamou a atención varias veces á Xunta sen que esta tome medida algunha. En sucesivos informes, a entidade europea advertiu que a aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais non mellorou en Galicia e lembroulle que a simple presenza do idioma no ensino “non é suficiente” para garantir a súa protección. Mesmo chegou a pedir expresamente que “se eliminasen as limitacións á docencia” do galego.

Galego
O galego que falamos
A nossa língua perde palavras, sons... e falantes. Num contexto de espanholizaçom acelerada, o galego tem no português umha boia de vida para frear a sua deturpaçom.

Case quince anos despois da redución das proteccións do galego na educación, os resultados son evidentes. Segundo as análises máis recentes de organizacións non dependentes do goberno galego, tanto cuantitativos como cualitativos, o panorama é desolador. En cambio, a Xunta nunca levou a cabo unha avaliación formal dos resultados da súa propia medida, ou polo menos nunca a fixo pública para a cidadanía. En 2017, o Consello da Cultura Galega confirmou que o suposto caso da “imposición do galego”, que Feijóo abanderara, botara raíces na poboación máis nova. E nun traballo demoledor publicado en 2018, a Real Academia Galega constatou que a escola galega estaba a desempeñar un papel fundamental como axente desgaleguizador.

Galego
'Sotaques': Galegos que soan diferente
VV.AA.
Persoas estranxeiras contan por que falan galego.
Galego
'Sotaques' (II): Galegos prohibidos
VV.AA.
Afondamos nos ámbitos ou circunstancias que fan que a fala do galego en Galiza está a ser ameazada.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Galego
Manifestación Miles de persoas enchen Compostela cun berro único en defensa da lingua galega
A plataforma Queremos Galego conseguiu aglutinar voces diversas da Galiza social, política e cultural para “parar a emerxencia lingüística” que sofre a lingua propia e así esixir á Xunta “un cambio de actitude”.
Galicia
Galicia Exámenes en castellano en la CRTVG: un retroceso histórico tras 40 años de consenso
La cadena que dirige Alfonso Sánchez-Izquierdo permite por primera vez elegir entre gallego y castellano en los exámenes de acceso, generando dudas sobre el futuro de la lengua gallega en los medios públicos de Galicia.
Genocidio
Genocidio Activistas crean la embajada de Palestina en Bruselas mientras Israel prosigue con su asedio en Gaza
Mientras los ataques de Israel sobre la Franja de Gaza ya han dejado más de 51.490 muertos, activistas han rociado de sangre un edificio que simula ser la embajada de Palestina, dejando un rastro de pintura roja hasta la embajada del Estado sionista.
Análisis
Análisis La izquierda donde rompe la ola
El crecimiento electoral de un amplio abanico de fuerzas de extrema derecha desde hace unos años complica la consecución de decisiones a nivel de la UE.
Senegal
Migraciones El mito de la migración ordenada: la denegación de visados por el Consulado de España en Dakar
Maltrato institucional. Estas dos palabras son las más escuchadas cuando se pregunta a personas descontentas con el Consulado de España en Dakar. Cada vez más personas denuncian denegación de visados que no consideran justificados.
Ayuntamiento de Madrid
Paros en Madrid Fin de la huelga de basuras en Madrid
La plantilla ha votado a favor de la última propuesta, en un paro que comenzaba el pasado 21 de abril y con el que se demandaba la actualización de un convenio que se ha quedado obsoleto.
LGTBIAQ+
Juicio el 9 de mayo Lidia Falcón pide cinco años de cárcel a una mujer trans por un tuit de 2021 que no la menciona
La activista antiderechos Lidia Falcón denunció a Diana Juan Cano en 2021 por un tuit que apenas tuvo repercusión. La acusación pide una pena de cinco años de prisión y 50.000 euros de indemnización.

Últimas

Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
Comunidad de Madrid
LGTBifobia Femen protesta contra las terapias de conversión en un acto de la familia de psiquiatras Rojas Estapé
El movimiento Femen ha querido denunciar públicamente la relación de esta familia con sectores ultraconservadores de la Iglesia y su postura abiertamente contraria a los derechos del colectivo LGTBIQ+
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sánchez piensa en un paréntesis legislativo para evitar roces con los socios tras una semana explosiva
El choque bronco por el caso de las compras de balas israelíes a cargo de Grande Marlaska puso sobre la mesa como nunca la ruptura de la coalición, aunque nunca fue una opción.
La vida y ya
La vida y ya Espacios de encuentro
Me contaba que, al final del día, le dolían mucho las manos y que había dejado de escribir. Que ya no llevaba el cuaderno pequeño que tenía para anotar ideas que luego se transformarían en artículos o poemas.
LGTBIAQ+
Juicio el 9 de mayo Lidia Falcón pide cinco años de cárcel a una mujer trans por un tuit de 2021 que no la menciona
La activista antiderechos Lidia Falcón denunció a Diana Juan Cano en 2021 por un tuit que apenas tuvo repercusión. La acusación pide una pena de cinco años de prisión y 50.000 euros de indemnización.
Galicia
Galicia Cuidar sin derechos: la lucha de las trabajadoras en las residencias privadas de Galicia salta a la huelga
Sin tiempo ni medios para ofrecer unos cuidados adecuados, alertan de una situación insostenible en los centros y denuncian la privatización de un servicio a costa del bienestar de las personas mayores y dependientes.
Más noticias
València
València Convocan una huelga general contra Mazón el próximo 29 de mayo
CGT, CNT, COS e Intersindical llaman a la movilización por la gestión de la Dana, los recortes y la situación de acceso a la vivienda.
Opinión
Opinión “Tener correa” y la ridiculización del afecto
Existe una presión muy fuerte sobre los propios hombres para que no amen demasiado, no cuiden demasiado. El ideal de “libertad masculina” tradicionalmente se entiende como independencia, desapego, y muchas veces, desinterés.
Que no te lo cuenten
Que No Te Lo Cuenten De armas y crisis climática
VV.AA.
Repasamos la actualidad política internacional y miramos los visibles efectos de la crisis climática en la costa mediterránea

Recomendadas

Guinea-Bissau
Internacional Guinea-Bissau arranca una ola de represión tras el sabotaje popular de una mina de arena en un parque natural
Una acción liderada por las mujeres del pueblo de Varela provocó un incendio en la bomba de extracción de la mina de arena pesada. El Gobierno ha llevado a cabo la detención de 16 personas, entre las que se encuentran líderes locales.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña y Ourense compraron material policial a Israel por medio millón de euros en solo cuatro años
El alcalde ourensano, Gonzalo P. Jácome, adjudicó un contrato por 70.000 euros días después del siete de octubre. Abel Caballero firmó otro de más de 200.000 euros y la alcaldesa de A Coruña siguió la estela con un contrato de 170.000 euros.
Turquía
Pinar Selek “Turquía sigue gobernada en base al miedo”
La profesora y socióloga turca, quien ha sufrido además de cárcel, un acoso judicial por 27 años, habla de la falta de independencia del poder judicial, del adoctrinamiento social y de la formación de la sociedad turca.