Okupación
A difícil relación entre o goberno da Marea Atlántica e o Centro Social Ocupado A Insumisa

Considerada "unha magnífica oportunidade" pola Administración local e "unha extorsión e unha proposta electoralista" pola Asemblea da Insumisa, a reforma das naves e máis o proxecto de usos do Concello polarizan a opinión de cidadanía, activistas e simpatizantes do centro social e da Marea Atlántica.

A Insumisa
Exterior dunha das catro naves recuperadas polo Centro Social Ocupado A Insumisa Sara Roca

O pasado 21 de decembro, o goberno da Marea Atlántica presenta o proxecto Naves do Metrosidero, a proposta de plan de usos para tres naves que fan parte das instalacións situadas na antiga Comandancia de Obras da Coruña, propiedade do Ministerio de Defensa, un espazo ocupado actualmente polo Centro Social Ocupado e Autoxestionado A Insumisa.

Falamos con representantes da Insumisa, con Claudia Delso, concelleira de Participación do Concello da Coruña e con Iago Carro, do colectivo de urbanismo crítico Ergosfera, sobre un conflito político que pon sobre a mesa a necesidade dun complexo pero necesario diálogo entre institucións e movementos sociais autónomos.

Contexto

En 2013 o Ministerio de Fomento licita as obras de rehabilitación do espazo ao tempo que asina unha cesión temporal de uso ao goberno municipal do Partido Popular. Este proceso detense en 2016, coa Marea Atlántica xa no Concello, por un defecto de forma. "Hai sospeitas de que o Ministerio paralizou as obras anteriores porque eran cartos para un novo equipamento público co cal o goberno da Marea podería anotarse un tanto", comenta Iago Carro.

As naves foron ocupadas en decembro de 2016 por un grupo de persoas que abre as instalacións e configura un centro social: A Insumisa. Neste contexto, Fomento reaviva o proceso de rehabilitación, liberando un millón douscentos mil euros para a reforma. "Tamén hai sospeitas de que a rehabilitación se reactivou cando o espazo foi ocupado. Do contrario, probablemente aquí non tería pasado nada", engade o arquitecto. En troques deste desbloqueo do proxecto de rehabilitación, Fomento solicita do Concello un plan de usos do espazo posterior ás obras.

A reforma das naves e máis o proxecto de usos do Concello polarizan a opinión de cidadanía, activistas e simpatizantes do centro social e da Marea Atlántica nun momento moi delicado, especialmente para o Concello, forzado por uns tempos de execución marcados desde Fomento que dan pouca marxe de manobra, e unha intensa campaña mediática, que tamén lle afecta con intensidade á asemblea da Insumisa.

A proposta do Concello

A Concellaría de Participación e Innovación democrática do goberno da Marea Atlántica presenta en decembro Naves do Metrosidero, proposta de usos para as tres naves dos terreos de Defensa, actualmente ocupadas pola Insumisa, nun acto ao cal asisten asociacións veciñais, culturais e axentes sociais con interese en participar no proxecto. As persoas usuarias do CSOA A Insumisa tamén reciben convite e asisten ao encontro, convocando tamén un acto paralelo de protesta ante o posible desaloxo do centro social ocupado.

"Formulamos unha proposta que cremos necesaria: un espazo para xente moza que poida funcionar con outros modelos de xestión". A concelleira de Participación, Claudia Delso, remarca que foi deseñado "desde o respecto ao colectivo que actualmente fai uso do espazo, pero tamén desde a responsabilidade da defensa do público".

Co modelo de La Harinera en Zaragoza ou do Ateneu de Nou Barris en Barcelona como posibles exemplos de funcionamento, o Concello propón desenvolver este proceso "aberto e dialogado" de planificación da xestión e usos das naves no tempo que duren as obras de acondicionamento, para o cal necesariamente a asemblea terá que abandonar as instalacións. Ningunha comunicación fai mención explícita á posibilidade dun desaloxo pola forza, a pesar de que se antolla unha opción máis que posible.

"Na Insumisa recibimos a proposta con sorpresa porque replica a estrutura e os usos que ten actualmente, nave por nave", comenta unha representante do centro social. "O proxecto do Concello fagocita o proxecto actual cambiando os nomes do espazo e dos usos". Outra das activistas do centro social engade que o concello "está contando a historia do que vai pasar no espazo sen ter en conta a xente que xa está nese espazo". "A parte forte pídelle á feble que se adecúe ao plan proxectado sobre o espazo. A única baza con que xogamos é a negativa a deixar o espazo. No momento que marchas, perdes calquera opción de negociación".

Ergosfera analiza o contexto e a situación a medio prazo e sostén un argumento que vai máis aló de proxectos sobre o papel e hipotéticos desaloxos: "O que non pode o concello é propor algo tan experimental como un centro xuvenil con novas formas de xestión cidadá que sabes que dependen ao cen por cen do que pase en maio de 2019, porque se nesa data non están no goberno, ese proxecto vaise co vento. É comprensible que ante esta situación algunhas persoas poidan entender o proxecto como unha nube de fume".

Un diálogo que non foi

Tanto a asemblea do Centro Social como o Concello botan en falta unha vontade de diálogo real pola outra parte. A Insumisa e outras voces dos movementos sociais critican que a proposta do Concello leva implícita a desaparición do proceso autoxestionado que se leva a cabo nas naves ocupadas. "Cando a xente do Concello se achega á asemblea é para presentar o proxecto feito". Para o Centro Social, Naves do Metrosidero "é o que van facer cando marchemos ou nos boten, non o consideramos un punto de partida razoable. Ese diálogo real onde se nos ten en conta non existiu previamente".

O Concello, pola súa banda, insiste na importancia de que o centro social se incorpore ao proceso, apelando tamén ás dificultades para dialogar coa asemblea da Insumisa. "Levamos meses tentando interlocutar coa xente que actualmente está no espazo. O diálogo non foi sinxelo porque non houbo vontade real de sentar con nós", afirma a edil de participación. "Fixemos reunións fundamentalmente informais coas persoas usuarias e con algunha persoa que tamén participa da asemblea. Constituíuse un grupo de mediación a través de persoas que compoñen a Marea Atlántica que levou o proxecto á asemblea antes da súa presentación pública, pero a primeira vez que nos escoitamos foi alí, na xuntanza aberta de presentación".

"Explorar a posibilidade de que a Insumisa continúe ten que ser unha das posibilidades a debate. Non se pode empregar a palabra diálogo cando as condicións mínimas dunha parte implican a eliminación da outra parte. Esta cuestión "flota" en cada texto do concello", apunta Iago Carro.

Dez, cen, mil centros sociais

Desde un punto de vista analítico, Ergosfera sostén que A Insumisa "tería que estar argumentando por que as cidades precisan exterioridades onde acontezan procesos políticos, culturais e sociais que non se dan no marco institucional. Dalgún xeito teñen que deixar claro que non queren ser unha asociación, nin formalizarse, institucionalizarse, nin subvencións, nada. A casa tería que ter asumido o papel de explicar por que non vai marchar, e por que o Concello ten que cambiar de opinión, non acusar directamente o concello de vendidos porque os van desaloxar".

Para a edil de Marea Atlántica "teñen que existir e son necesarios espazos puramente autoxestionados que manteñan a súa autonomía", pero tamén destaca que "hai que entender que neste caso non se dan as condicións para que isto suceda: neste momento a Insumisa ocupa un espazo destinado a ser un ben de dominio público, e a vontade do goberno é que así sexa".

Baixo a opinión de Iago Carro, "seguramente quen foi presentar este proxecto tería algunha esperanza de que o fosen aceptar, ou se disolvese parte da xente que considerase unha oportunidade este proxecto e que podería continuar coas súas actividades. Pero no goberno hai xente que coñece como funciona un centro social destas características, e sabe que non se trata só da comunidade que o conforma". Desde o Centro Social insisten en que a súa posición estaba clara desde un primeiro momento e non consideran responsabilidade súa "construírlle o discurso ao goberno". "A Insumisa está ocupando un espazo, e estaremos aí ata que se nos bote. O Concello está nunha encrucillada: non se fixo ningún traballo desde o partido para valorar como se tratan este tipo de espazos. Ou constrúen un discurso diferente ou van perder rédito electoral, fagan o que fagan".

RECOÑECEMENTO MUTUO

No que respecta ao proxecto, Delso sinala que "estamos recoñecendo o centro social da Insumisa como interlocutor, como o axente que está facendo uso do espazo, onde tamén son axentes entidades xuvenís e o Ministerio de Fomento, o de Defensa, e o Concello como responsable e futuro titular do espazo".

"Non se trata de manter as actividades, trátase de que nós somos suxeitos políticos. Se perdemos horizontalidade, autoxestión e independencia política, que é o que nos queda como centro social? Facer obradoiros? O que reclamamos é que non interveñan no proceso", sinalan desde A Insumisa, reivindicando que un centro social é moito máis que as actividades que se fan.

Iago Carro analiza as posicións do Concello e do centro social e conclúe que polo de agora non existe recoñecemento mutuo. "O centro social non recoñece a lexitimidade do goberno, e o concello indirectamente non está recoñecendo a lexitimidade deste proceso social presentando este proxecto, que pode resultar insultante para algunhas usuarias do centro social".

UNHA SAÍDA DIalogada

Para o Concello parece non haber máis opción que a entrada das máquinas no recinto da Insumisa, e para a Asemblea do Centro Social semella non haber outra saída que agardar o desaloxo. Só Ergosfera formula vías de escape, agardando que as obras non se executen.

Para o estudo de arquitectura e urbanismo, neste contexto parece difícil atopar solucións, "pero nun contexto de cero o Centro Social podería traballar coas esixencias: se non queren pasar polo aro da formalización, legalización ou institucionalización (porque non é bo, nin para quen fai uso do espazo nin para a cidadanía), poderían admitir que entren técnicos do Concello para facer un estudo de seguridade, e que se comprometesen a facer unha obra que asegure que nese espazo non vai haber un accidente que fose un verdadeiro problema, así como mellorar os aspectos referidos á súa accesibilidade e apertura cara a cidade. Ou poderían falar de tempos. Os propios textos da asemblea falan dunha temporalidade de cinco anos para ter un proxecto consolidado: pois que traballen como mínimo co tempo das próximas eleccións. O Concello podería propor que, por suposto, a Insumisa queda como mínimo ata maio de 2019, e de revalidar, poderían comezar un proceso para ir facendo unha transición cara outras formas de xestión. Adaptarse aos tempos dos procesos de base si que sería innovación política. Decataríanse que hai un recoñecemento mutuo, aínda que se queira negar desde ambas as partes".

En calquera caso, a obra de acondicionamento xa está adxudicada e comeza a final de mes, deixando unha marxe moi estreita de movemento. No aire, a dúbida sobre se finalmente o Concello asumirá o desaloxo da naves ou renunciará a facelo, tendo en conta que tamén podería ser executado desde o Ministerio, responsable último dos terreos en conflito.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Okupación
Desalojo Miles de personas piden “encender la lucha” por los gaztetxes tras el desalojo de Etxarri
Denunciaron que la Ertzaintza hirió a varios manifestantes y uno de ellos tuvo que ser operado de urgencia por un balazo de foam. Señalaron la alianza entre Ayuntamiento de Bilbao y Amenabar.
Bilbao
Bilbao La Ertzaintza desaloja el gaztetxe Etxarri II en el barrio bilbaino de Rekalde
Noche de cargas policiales en Bilbao. Cinco personas fueron detenidas cuando trataban de evitar el desalojo del edificio, que se ha producido hoy a las 11h. A las 19h hay convocada una manifestación desde el parque de Amezola.
El Salto Radio
El Salto Radio Criminalizar la okupación, perseguir la movilización
Los "18 de la Macarena” se enfrentan a una petición de 77 años de prisión por ejercer su derecho a la protesta. De ello y del derecho a la vivienda hablamos con Macarena Olid, vicecoordinadora de la Asociación pro Derechos Humanos de Andalucía.
#11507
21/3/2018 17:48

A insumisa non se merca

Que é o que non teñen claro?

0
0
#7727
31/1/2018 14:56

O concello poderia renunciar ao desaloxo renunciando a obra de millon de euros. Neste caso a Marea e os Ocupas serian vistos como os culpables da perda desta inversion. Saindo os dous grupos perdendo. Esto poderia ser revocable se marea e ocupas unense nunha campaña para demostrar que non e necesaria esa inversion. Para o cal debera existir unha relaccion de confianza entre os dous grupos.
Se esto e imposible, o que toca e o desaloxo, que seria ben visto por boa parte da cidadania, e a construccion dun centro social, que de ser ben xestionado, tamen pode ser positivo para a cidade. E o movemento ocupa, volveria a buscar un novo espazo para as suas actividades. Volvendo a casilla inicial.

0
0
#6826
17/1/2018 10:55

Desactivando la calle. Asaltando mentes vaciás.

4
1
Gasto militar
Gasto militar ¿De dónde sacará Sánchez el dinero para financiar el incremento del gasto en defensa?
La promesa de aumentar las partidas presupuestarias militares necesita redirigir 10.471 millones de euros para alcanzar el 2% del PIB. Cumplirlo este año abre a su vez un grave problema para hacerlo en 2026.
Salud
El precio justo La nueva ley del medicamento o estrategias para bajar el precio de los genéricos (que son caros)
En España pagamos de media un 10% más por los medicamentos genéricos que consumimos que en el resto de la UE. Al mismo tiempo, nuestro gasto farmacéutico ha aumentado un 33% en la última década.
Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
Laboral
Laboral Tres nuevos días de huelga para parar el ERE en Bridgestone
Los sindicatos de forma unánime convocan paros los días 24, 25 y 26 de abril y no descartan ampliar las acciones de lucha para evitar el despido de 546 trabajadores.
There Is Alternative
There Is Alternative De redes, software, cacharritos y todo lo que no sea Elon Musk | TINA #1
Primer programa del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre el lado oscuro de la tecnología y sus alternativas éticas y responsables.

Últimas

Opinión
Opinión Priorizar bombas sobre camas de hospital
El presupuesto público parece tener siempre un límite cuando se trata de contratar personal o mejorar infraestructuras en Sanidad. Pero no lo tiene cuando se trata de gasto militar.
Opinión
Guggenheim Urdaibai Respuesta al Agirre Center: no participaremos en este juego con cartas marcadas
VV.AA.
El “proceso de escucha” se invalida a sí mismo al existir un plan ya elaborado y no publicado “de expansión discontinua del Guggenheim de Bilbao en Urdaibai”.
Estados Unidos
Extrema derecha Los beneficios de Tesla caen un 71% y Musk anuncia que reducirá su colaboración con Trump
Las protestas contra Elon Musk funcionan y hacen caer los beneficios y el valor en bolsa de la compañía. El anuncio del millonario hace que las acciones de Tesla crezcan cerca de un 5% en apenas unas horas.

Recomendadas

El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.
Siria
Siria Fragmentos de un retorno
Regresar no siempre es fácil. En estas misivas, los sirios Naoura A., residente en Francia, y Basem Al Bacha, residente en Alemania intercambian opiniones con motivo de la vuelta de Naoura a la ciudad donde se conocieron: Damasco.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.