Memoria histórica
Zurdo e deportivista, até a última pinga

O dicionario define xenocidio como a matanza dunha colectividade humana por motivos de raza, relixiosos ou políticos. Falemos claro, o que aconteceu en Galicia despois da sublevación militar de xullo de 1936 foi un exterminio por motivacións políticas. Aviso, hoxe viaxamos nunha máquina do tempo decorada dun xeito estraño. Unha metade está pintada de negro loito e a outra metade de branquiazul.

Zurdo e deportivista 1
Imaxe de arquivo
27 may 2019 10:00

Os oito irmáns García García naceron en Ribadeo (Lugo). O pai, militante socialista, foi desterrado de Ribadeo e obrigado a vivir a non menos de 150 quilómetros da vila polas súas ideas políticas. Por este motivo, a familia trasladouse a Coruña, establecendo vivenda e negocio na Rúa San Roque, no barrio de Monte Alto. A familia traballaba nunha pequena fábrica de lixivia, dedicada á venda e distribución. Os oito fillos axudaban ao pai no negocio familiar repartindo lixivia por toda a cidade. Pola súa actividade eran coñecidos en toda A Coruña co alcume “os da lexía”.

Un dos irmáns da “lexía”, Bebel García, foi xogador do Deportivo da Coruña durante catro tempadas. Co equipo en segunda división normalmente non era titular, senón o típico xogador que sae como revulsivo na segunda parte. Na tempada 32-33 xogou cinco partidos e anotou un gol. Na 33-34 disputou vinte encontros e marcou dez tantos. Na 34-35 foron dous partidos e na 35-36 tan só un. Xogaba na posición de extremo dereito, pero era zurdo. Zurdo en Riazor, zurdo tamén fora de Riazor e militante das Xuventudes Socialistas Unificadas. Como mostra da súa militancia e segundo o xornal El Progreso, en marzo do 1935, foi atopado nun incidente no fortín no barrio coruñés de Durmideiras xunto a 41 persoas máis, vestidos de vermello e facendo exercicios de formación paramilitar. O goberno civil acordou a súa detención e impúxolles unha multa de 250 pesetas por consideralos culpábeis de actos contra a orde pública.

Ás 14 horas do luns 20 un grupo de soldados proclamou na Praza de María Pita o bando declarando o estado de guerra

A sublevación do 36, iniciada en África, estendeuse desde o 18 de xullo polas principais cidades do estado. Na tarde do 17 de xullo do 36 chegaron as primeiras novas do golpe de estado ao goberno civil da capital herculina. Non obstante, na Galiza, o golpe non estourou até o 20 de xullo, polas dúbidas do xeneral Salcedo Molinuevo, xefe da división militar con sé na Coruña, e do xeneral de brigada Caridad Pita a declarar o estado de guerra. Debido ás reticencias amosadas para unirse á rebelión, o xeneral Mola puxo o alzamento en mans do tenente Luís Tovar Figueras. A Coruña foi a última división militar que se sumou ao alzamento, provocando un atraso na expansión do golpe na Galiza. Tanto na cidade como nas vilas da contorna foron creadas comités de defensa, integrados polos partidos da Fronte Popular e os sindicatos UXT e CNT. Porén, toda a actividade foi insuficiente para deter aos importante efectivos militares.

O 20 de xullo, xa pola mañá, os oficiais sublevados da Coruña detiveron aos xenerais Salcedo Molinuevo e Caridad Pita. Ás 14:00 horas un grupo de soldados proclamou na Praza de María Pita o bando declarando o estado de guerra; trinta minutos despois unha batería de artillería localizada no Paseo do Parrote comezou cos disparos de artillería e metralleta sobre o pazo do Goberno Civil.

A axuda de obreiros e militantes, entre eles Bebel García e dous dos seus irmáns, aos Gardas de Asalto para defender o fortificado edificio do Goberno Civil non impediron que este caese. Din que no terceiro tiro de canón, o gobernador civil ordenou render a súa sé. Como consecuencia dos enfrontamentos producíronse 31 falecidos entre o 20 e o 22 de xullo por feridas de arma de fogo na Coruña. A característica principal da guerra no país foi a represión violenta contra a suposta disidencia. Como exemplo, os xefes militares Salcedo Molinuevo e Caridad Pita foron fusilados en Ferrol antes do remate do 1936.

Zurdo e deportivista 2
Bebel García, segundo pola esquerda, nunha alineación do Deportivo.

O 25 de xullo Bebel e un irmán, France, foron detidos en Guitiriz cando tentaban escapar cara a fronteira republicana en Asturias. Leváronos a Coruña e foron encerrados no antigo Cárcere Provincial, situado fronte á Torre de Hércules. Un día despois, o coronel Enrique Cánovas Lacruz iniciou un xuízo sumarísimo no que contou coa axuda de José María Salvador y Merino, presidente do Deportivo entre 1935 e 1941. Salvador y Merino asesorou á autoridade militar na elevación do xuízo a plenario, actuando contra o seu ex-xogador. O capitán de infantería Ignacio Olavide Torre actuou como xuíz instrutor, como fiscal actuou o tenente auditor de primeira Herrán Martín-Barbadillo. O encargado da defensa foi un militar, o tenente de artillería Estebán López Ipiéns. Un teatro cun único obxectivo: acadar unha sentenza de culpabilidade. Á marxe da loita contra o golpe militar, os Irmáns da Lexía foron acusados da queima de igrexas, ataques contra persoas de dereitas nos meses previos, de estar vinculados co asasinato dos irmáns Freire acontecido o 29 de xuño de 1936 e co atentado o día 18 de xuño no Hotel Francia contra o xeneral Bosch.

Os xuízos militares representaron a forma legalizada de represión, aplicando leis do século XIX: o Código de Xustiza Militar de 1890 e o Código Penal da Mariña de Guerra de 1888. Códigos aplicados en virtude dunha preeminencia da xurisdición militar sobre a civil, ao entrar en efecto a declaración de estado de guerra, que permitía condenar a civís e a militares. O mesmo día 26, cando rematou o xuízo sumarísimo, Bebel e France foron declarados culpábeis co veredicto de pena de morte por unanimidade.

O 29 de xullo de 1936 amenceu anubrado na Coruña. Á primeira hora da mañá apareceu un pelotón de soldados no antigo Cárcere Provincial

O 29 de xullo de 1936 amenceu anubrado na Coruña. Á primeira hora da mañá, ás 9 aproximadamente, apareceu un pelotón de soldados no antigo Cárcere Provincial. Sacaron a Bebel e a France das súas camas e leváronnos ao Campo da Rata en Punta Herminia, coñecido en toda a cidade por ser utilizado como campo de fusilamentos. Si. Primeiro mataron ao irmán maior, France, e despois preguntáronlle ao irmán pequeno, Bebel, se tiña unha última vontade. Nun primeiro momento non dixo nada, pero cando o militar ao mando do pelotón comezou a darlle as costas, no Campo da Rata escoitouse un berro: “Un momento!”. Nese intre todos miraron para Bebel e el, cando tivo a certeza de ter toda a atención dos presentes, desabrochou os botóns do seu pantalón, lentamente, un a un. Baixou os seus calzóns. E tranquilo, con calma, mentres miraba aos ollos dos seus verdugos, botou unha mexada. Cando rematou dixo: “Agora si”.

Dos “irmáns da Lexía”, dous máis foron xulgados por tribunais militares os días posteriores ao golpe de estado: Pepín García e Jaurés García, menor de idade. Jaurés fora capturado en Guitiriz xunto a Bebel e a France. Ao non ter a maioría de idade, o veredicto condenatorio foi a cadea perpetua e non a pena de morte. Sendo aínda menor, apareceu morto unha noite. As autoridades penitenciarias afirmaron que fora abatido cando tentaba fuxir durante un traslado a outra prisión. Pepín, despois de semanas agochado en casa de amigos, secuestrou un pesqueiro coa axuda de varios camaradas cos que chegou a Baiona, Francia. Xa a salvo, decidiu de novo cruzar a fronteira pirenaica e unirse ao exercito republicano. Nomeado como capitán gobernador era coñecido entre a tropa como Capitán Coruña.

Zurdo e deportivista 3
Placa da rúa na Coruña en honor aos Irmáns da Lexía.

No 1939, ao rematar a Guerra Civil, Pepín embarcou no Winnipeg, o barco que coa axuda de Pablo Neruda estivo a disposición de máis de 2000 exiliados republicanos para trasladalos a Chile en condición de sobrecompresión. De Chile pasou a Paraguai, onde viviu un tempo e naceu a súa filla, Selva García. A familia marchou vivir a Arxentina, onde Pepín residiu até o 1977, cando volveu á Coruña. Nunha cidade onde din que ninguén é forasteiro, Pepín regresou con tal condición. A súa volta foi homenaxeado pola agrupación socialista local. Morreu en 1996 e os seus restos repousan baixo un monumento aos defensores da liberdade, no cemiterio coruñés de San Amaro. Un dato: os restos dos tres irmáns fusilados están supostamente localizados en fosas comúns situadas no mesmo cemiterio. No ano 2002 o Concello da Coruña inaugurou unha rúa en memoria dos Irmáns García, Rúa “Irmáns da Lexía”. A rúa é visíbel desde o antigo Cárcere Provincial da Coruña; onde estiveron recluídos Bebel, France e Jaurés.

A filla de Pepín, Selva García, continuou vivindo na Arxentina. Alí coñeceu a Eduardo Galeano, a quen contou a historia da súa familia. No 2008, grazas a un relato escrito por Galeano (publicado no libro “Espellos, unha historia case universal”) a historia do fusilamento de Bebel pasou de ser un pequeno pedazo na memoria dunha cidade para ser parte da Historia da Humanidade. Paradoxos. Porque os militares que ordenaron o fusilamento, fixérono pensando que así o seu recordo marcharía co vento. Sen saber que, oitenta anos despois, ninguén vai poder borrar a súa memoria, porque o seu nome percorre o tempo. Bebel García, zurdo e deportivista, ata a última pinga.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Fútbol
Fútbol y política Las gradas de todo el mundo enseñan la tarjeta roja a Israel
La campaña ‘Show Israel the red card’ suma más de 170 acciones desde que, en febrero, el grupo ultra del Celtic de Glasgow hizo un llamamiento al mundo del fútbol para exigir que la FIFA cumpla sus estatutos y suspenda a Israel de sus competiciones.
Argentina
Argentina Balas de goma contra jubilados e hinchas
Las hinchadas de varios equipos de fútbol argentinos, enfrentadas entre sí por sus colores, participaron juntas en la concentración de los jubilados que acabó con una fuerte represión por parte de la policía.
Gasto militar
Gasto militar ¿De dónde sacará Sánchez el dinero para financiar el incremento del gasto en defensa?
La promesa de aumentar las partidas presupuestarias militares necesita redirigir 10.471 millones de euros para alcanzar el 2% del PIB. Cumplirlo este año abre a su vez un grave problema para hacerlo en 2026.
Salud
El precio justo La nueva ley del medicamento o estrategias para bajar el precio de los genéricos (que son caros)
En España pagamos de media un 10% más por los medicamentos genéricos que consumimos que en el resto de la UE. Al mismo tiempo, nuestro gasto farmacéutico ha aumentado un 33% en la última década.
Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
Laboral
Laboral Tres nuevos días de huelga para parar el ERE en Bridgestone
Los sindicatos de forma unánime convocan paros los días 24, 25 y 26 de abril y no descartan ampliar las acciones de lucha para evitar el despido de 546 trabajadores.
There Is Alternative
There Is Alternative De redes, software, cacharritos y todo lo que no sea Elon Musk | TINA #1
Primer programa del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre el lado oscuro de la tecnología y sus alternativas éticas y responsables.

Últimas

Opinión
Opinión Priorizar bombas sobre camas de hospital
El presupuesto público parece tener siempre un límite cuando se trata de contratar personal o mejorar infraestructuras en Sanidad. Pero no lo tiene cuando se trata de gasto militar.
Opinión
Guggenheim Urdaibai Respuesta al Agirre Center: no participaremos en este juego con cartas marcadas
VV.AA.
El “proceso de escucha” se invalida a sí mismo al existir un plan ya elaborado y no publicado “de expansión discontinua del Guggenheim de Bilbao en Urdaibai”.
Estados Unidos
Extrema derecha Los beneficios de Tesla caen un 71% y Musk anuncia que reducirá su colaboración con Trump
Las protestas contra Elon Musk funcionan y hacen caer los beneficios y el valor en bolsa de la compañía. El anuncio del millonario hace que las acciones de Tesla crezcan cerca de un 5% en apenas unas horas.

Recomendadas

El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.
Siria
Siria Fragmentos de un retorno
Regresar no siempre es fácil. En estas misivas, los sirios Naoura A., residente en Francia, y Basem Al Bacha, residente en Alemania intercambian opiniones con motivo de la vuelta de Naoura a la ciudad donde se conocieron: Damasco.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.