Maltrato animal
Centos de cans esperan un fogar

Durante as festas de Nadal, moitas familias compostelás consideraron acoller un ser novo na familia, un becho guedelludo que fixera as delicias dos máis cativos. E mentres pequenos cans de raza foron mercados coma agasallo, outros milleiros de peludiños mestizos agardan nas canceiras galegas a que alguén lles dea un fogar.

Benestar Animal Compostela Bando
As protectoras españolas recolleron 104.834 cans durante o ano 2017, segundo datos da Fundación Affinity. Nuria González

Din que o can é o mellor amigo do home, mais en numerosos casos o home non merece o can. O abandono é o principal problema que afecta ós animais domésticos no noso país. Segundo o último informe da Fundación Affinity, as protectoras de animais recolleron 104.834 cans durante o ano 2017, dos que tan só un 17% estaba identificado. Santiago de Compostela non é unha excepción. A Asociación Abeiro apunta a que na nosa cidade son abandonados centos de cans cada ano. Un aumento dos abandonos, unido á prohibición en toda a comunidade do sacrificio, está a provocar unha saturación nas canceiras de toda Galicia.

Maltrato animal

“Nun caso de maltrato, hai que denunciar de inmediato e chamar á Policía ou Garda Civil para que presencie os feitos. Se é posible, sacar fotografías ou vídeos para poder ter tódalas probas posibles”, explica Mati Cubillo, presidenta de Justicia Animal.

A cidadanía ten a obriga de denunciar casos coma estes. Nin sequera é necesario identificarse, unha soa chamada é un motivo para que as autoridades estean obrigadas a acudir ó lugar onde se detectou a infracción. Se eles detectan un caso de maltrato, teñen o deber de actuar e a potestade para decomisar o animal.

En Compostela son abandonados centos de cans cada ano

O can vítima de maltrato presenta certos síntomas identificadores. Primeiro débese diferenciar entre as actitudes que se denominan maltrato. Alejandro Valverde, educador canino, realiza unha lista cos principais malos tratos: unha mala alimentación, ben por exceso ou defecto de inxestión, pode producir problemas físicos e de conduta; a falta de enriquecemento ambiental e o non suplir as súas necesidades físicas e mentais; a ausencia de compaña e o abandono. Todo isto é considerado maltrato á marxe do que se sostén sobre a violencia e as agresións físicas. Os síntomas que amosan son medo, estrés, frustración, dor e conflito. Segundo Valverde, fronte ó medo prodúcense tres reaccións: fuxir, ficar quedo ou atacar.

Encerrados para sempre

No Refuxio de Bando, actualmente conviven ó redor de 150 cans e outros tantos gatos. Os cans pequenos e de razas de caza son moi demandados en Inglaterra e Holanda, así que cada pouco tempo organízanse partidas de aproximadamente dez cans e varios voluntarios os transportan cos seus propios medios ata Asturias, onde existe un centro que xestiona os envíos con protectoras doutros países.

Os cans grandes, porén, adoitan pasar máis tempo en Bando. A falta de recursos provoca que apenas poidan saír dos seus confinamentos un par de días á semana, mais se teñen traumas severos e non toleran o trato humano, estarán encerrados de por vida. “Por desgraza hai cans que son agresivos, de feito hai un que nin os voluntarios temos permiso para sacalo porque é un perigo para nos”, explica Miriam Prieto, que colabora como voluntaria en Bando. O Refuxio dispón de veterinarios e coidadores en nómina, pero non de educadores que poidan rehabilitar ós cans agresivos ou pouco sociables.

En Santiago de Compostela, o Refuxio de Bando acolle ó redor de 150 cans

A tarefa de modificar condutas corresponde a tres profesionais. A primeira figura e a única que consta de titulación é a do etólogo. Borja Ros Villanueva, etólogo clínico, define a etoloxía clínica como a “medicina do comportamento”, especialidade da veterinaria que analiza a conduta dos animais. O etólogo clínico valora o caso para chegar a un diagnóstico e a un prognóstico. A partir de aí, efectúa un tratamento. Ademais, é o único que pode receitar medicación. Xa co tratamento formulado emerxe a figura doutro profesional: o educador canino. Este é o profesional capacitado para a modificación de condutas. O terceiro profesional en discordia é o adestrador canino. Segundo Ros Villanueva, o adestrador canino é o profesional capacitado para aprender ó can unha serie de habilidades ou disciplinas deportivas.

A Lei de Protección e Benestar dos Animais de Compañía

Para facer fronte á impunidade do maltrato e abandono de animais en Galicia, a Xunta de Galicia lanzou, o ano pasado, unha nova normativa, A Lei de Protección e Benestar dos Animais de Compañía, unha Lei que pretendía dotar de ferramentas ás autoridades e ó sistema xudicial para frear esta problemática.

Esta Lei establece unha mellora nos dereitos dos animais domésticos e fixa uns deberes para todos aqueles que queiran gozar da compaña dun animal no seu fogar, como por exemplo, pasear habitualmente o noso can, alimentalo e levalo ó veterinario. Normas ditadas polo sentido común, pero que lamentablemente, non sempre se compren. Estará penado o uso de colares de castigo, a educación de cans para pelexas e xa non se poderán cortar as orellas ou rabos ós animais por razóns estéticas. Ademais, esta Lei, penará a aquelas persoas que teñan ós seus cans atados a maior parte do día, ó considerar esta práctica unha forma de maltrato físico e psíquico.

Irene Tomás, avogada animalista da Fundación Franz Weber, lamenta a situación de moitos cans da nosa comunidade, “en Galiza é habitual que os cans nas fincas ou aldeas estean atados. Non é doado facerlle comprender a estes propietarios e incluso ós axentes da autoridade, que iso implica maltrato e que está totalmente prohibido”, denuncia a escaseza de medios e apunta a necesidade de campañas de concienciación.

Un dos puntos fortes da Lei é a obrigatoriedade dos microchips identificativos para tódolos cans galegos. Esta condición que en principio propiciaría que aqueles que maltraten ou abandonen un can sexan rapidamente localizados, está a provocar o efecto contrario. Lamentablemente unha porcentaxe de xente está abandonando os seus cans, ben por non pagar o custo do chip –os prezos roldan os 45 euros– ou simplemente por non querer facerse responsables do animal.

Un dos puntos fortes da Lei de Protección e Benestar dos Animais de Compañía é a obrigatoriedade dos microchips identificativos para tódolos cans galegos

Outra das grandes achegas desta Lei e o chamado “Sacrificio cero”. Óscar Villar, encargado do servizo de lacería en Santiago de Compostela, lamenta o funcionamento de moitas canceiras galegas antes de que entrase en vigor a nova lei. “Ós 21 días sacrificaban todos os cans, sans, cachorros, unha matanza xeral e fora”, pero tamén recoñece que Santiago é unha cidade pioneira, e que fai moitos anos que estas prácticas non se usan.

Villar, apunta tamén os problemas do censo canino, “imos ós concellos e din: nos non facemos censos caninos, nin control de microchip porque é moi impopular, quítanos votos, e total, nos non temos ningún problema porque a protectora leva os cans”. Por iso cre que é importante que as protectoras deixen de facerse cargo dos animais abandonados, “a nós como empresa interésanos recoller, porque cobramos, pero o efecto que conseguimos é que ós dous ou tres meses de estar pagando, o concello chama e dinos: Cando facemos un censo?”. Villar lamenta a pasividade das autoridades e soña cun día no que unicamente teña que recoller animais extraviados, nunca abandonados.

Voluntariado e adopcións

En Bando, desenvolven programas de voluntariado e apadriñamento para poder contribuír e achegar o máximo benestar ós animais do refuxio. Para darse de alta como voluntario existen unha serie de deberes que hai que cumprir ademais de asistir as reunións informativas e formativas de voluntariado, onde se lles achega máis información sobre as súas obrigas. As persoas que estean interesadas en colaborar como voluntarios teñen que cubrir unha solicitude e entregala no refuxio en horario de visitas. Miriam, voluntaria en Bando, leva varios anos colaborando co refuxio: “Comecei sendo alérxica ós cans e ós gatos, foi un problema ó principio, o primeiro ano, poñíanseme as pernas con ampolas, pero a base de estar cos cans, fíxenme inmune. Foi unha mudanza de vida, ó comezar a carreira, dixen: quero colaborar doutro xeito”.

Natalia Nodar adoptou a Maia en 2015: “A min compénsame, aínda que non vaia máis a un hotel de vacacións, porque fan moitísima compañía, Maia deume a vida”. Nodar entre paseo e paseo polos parques coñeceu a moitas máis persoas con cans. “Moitísimos adoptaron no canto de mercar, e están todos moi contentos. De feito a xente xa adopta, non só cachorros, senón cans dun ano ou dous anos e sempre din o mesmo, que están felices. O can responde sempre xenial. Pese a que ó mellor lles deron paus e xa teñen máis dun ano e poden tardar en adaptarse ó principio, pronto se habitúan”.

Antes, ós 21 días sacrificábase a tódolos cans, sans ou cachorros, unha matanza xeral

Aínda que establecer os criterios de adopción que quedan especificados no contrato é particular de cada protectora, a maior parte delas coinciden na importancia do tempo como requisito indispensable para poder adoptar un can. “Depende do can, tanto das súas características físicas como do seu carácter. En xeral o que se lle pide as familias é que teñan un fogar adecuado para convivir co animal, e que toda a familia estea disposta a pasar tempo con el, darlle cariño e os coidados necesarios” explica Laura Duarte, portavoz de PACMA (Partido Animalista Contra o Maltrato Animal).

Óscar Villar, que tamén é adestrador na residencia canina A Cova do Lobo conta que, “o can o que máis necesita é tempo. Por moi grande que sexa a finca da túa casa se non pasas tempo co can, vai estar amargado. ”A adopción é un longo proceso que require de moita paciencia. Un can non é un xoguete, é un ser con sentimentos e necesidades.

Que se debe facer cando se atopa un can abandonado?
Cando se acha un animal abandonado, o primeiro que debemos facer é chamar á policía local (082) para que se poña en contacto co servizo de lacería, e procedan a atendelo. O laceiro é o encargado da recollida de animais extraviados. En Santiago de Compostela, este servizo está dispoñible as 24 horas do día. Cando un animal é abandonado lévase ó Refuxio de Bando, o centro de protección de animais. No caso de que estivese ferido e o veterinario non se atopase nas instalacións sería levado de urxencia a unha clínica. Alí faise unha comprobación do microchip do can, e se non figurase no censo, o Concello tería a obriga de facerse cargo.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Macrogranjas
Maltrato animal Retiran el sello de bienestar animal a la granja vinculada a Mercadona donde ocurrió una “masacre” de pollos
La propietaria de la instalación, Lusiaves, ha perdido la certificación catalana de bienestar animal Welfair. Tras las difusión de imágenes de la “masacre”, plantilla actual y pasada de la empresa aseguró que eran prácticas “recurrentes”.
Antiespecismo
Salir del antropocentrismo Solo somos una especie más
“Somos ecosistemas fluidos transitando una biosfera común donde la identidad se forma a partir de la mezcla con los otros.” Salvaxe, salvaxe.
Maltrato animal
Maltrato animal Lidl denuncia a los animalistas que detectaron afecciones en la carne de pollo de la cadena
El Observatorio de Bienestar Animal asegura que el departamento legal de la cadena les pidió que eliminaran todas las publicaciones sobre ellos y creen que es una estrategia legal para silenciarles.
Economía social y solidaria
Tecnología Inteligencia Artificial y economía solidaria: ¿posibles aliadas?
¿Cómo debe relacionarse la economía solidaria con una tecnología que vulnera derechos humanos y ambientales constantemente? Cooperativas e investigadoras tecnológicas animan al movimiento a perderle el miedo y a utilizarla de manera crítica.
Multinacionales
Multinacionales Maersk y las rutas de complicidad con el genocidio israelí en Gaza
Crece la presión internacional contra la naviera danesa que está aprovisionando a Israel de armas para cometer el genocidio de Gaza en contra de las medidas cautelares tomadas por la Corte Internacional de Justicia.
Historia
Historia Cuando la solidaridad antifascista reunió a musulmanes, judíos y cristianos en la España republicana
Marc Almodóvar y Andreu Rosés rescatan a los combatientes árabes de la Brigadas Internacionales en el libro ‘Moros contra Franco. El antifascismo y la Guerra Civil española en el mundo árabe’.
Crisis climática
Crisis climática La UE se entrega al ardor guerrero mientras descuida la crisis social y la emergencia climática
Varios países de la UE ya están recortando drásticamente en servicios públicos y estado del bienestar para poder costear el aumento del presupuesto militar.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Opinión
Space X Los viajes al espacio y el efecto Katy Perry
El 2024 fue el año más caliente desde que hay registros, mientras que Katy Perry y un puñado de millonarias nos deleitaron con su viaje espacial cortesía de Jeff Bezos.
Series
Series Masculinidad hegemónica o plomo: la sátira contra los hombres en ‘The White Lotus’
La serie culmina de forma trágica, llevando al extremo la lógica neoliberal, y se cuestiona si es posible una transformación que no termine cooptada por el propio patriarcado.
Más noticias
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.

Recomendadas

Valencià
València Duelo colectivo y brecha de género, las consecuencias de la dana en la salud mental
Más allá de lo material, el sufrimiento mental continúa golpeando las vidas de l´Horta Sud. Mujeres cuidadoras y colectivos vulnerables encabezan un luto que todavía no ha encontrado descanso.
Galicia
Galicia La UE cava hondo: litio gallego para el nuevo militarismo europeo
En pleno rearme ordenado desde Bruselas, Galicia entra en el tablero geopolítico como potencial proveedor de litio para la industria de defensa. Un enclave de alto valor ecológico en Doade (Ourense) se convertirá en cantera para baterías militares.