We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Explotación laboral
Mercadona retíralle o complemento de incapacidade temporal a unha muller vítima de violencia machista
Mercadona decidiu unilateralmente retirar o complemento de incapacidade temporal a unha muller vítima de violencia machista que traballa nun dos seus centros na cidade da Coruña. Así o denunciou publicamente a vítima a través do sindicato galego CIG que, este mércores, levou a cabo unha concentración diante do centro de traballo situado na Rolda de Outeiro da cidade galega. Segundo o testemuño da traballadora, a empresa tomou a decisión de retirarlle o complemento no primeiro mes de baixa e, ademais, denuncia que a empresa de Juan Roig denegoulle o dereito á concreción horaria para poder coidar dos seus fillos.
Explotación laboral
Laboral El método Mercadona que somete a 96.000 trabajadoras: silencio, sumisión y sectarismo
Segundo explica o seu sindicato a O Salto, os malos tratos sufridos pola traballadora provocáronlle un deterioro severo na súa saúde que a empuxou a coller unha baixa. “Pero a Mercadona e á entidade externa que ten contratada para controlar e perseguir o persoal que cae enfermo, pareceulle que a situación desta traballadora non era tan grave e, de maneira unilateral, retiroulle o complemento que paga nos casos de incapacidade temporal por continxencias comúns, segundo o convenio colectivo”, denuncian desde a CIG, o principal sindicato de clase de Galiza.
A efectos prácticos, esta medida adoptada pola empresa supuxo que a empregada deixase de ingresar 400 euros e, como consecuencia, di, viuse no deber de solicitar a alta voluntaria, en pleno proceso depresivo e contra o criterio do médico do Servizo Galego de Saúde (Sergas), porque “non podía alimentar a súa familia”, denuncia Leny Vila, delegada da CIG no comité de empresa.
Ademais da eliminación do complemento e logo de pedir a alta voluntaria, cando a traballadora se reincorporou ao seu posto, solicitou unha redución da xornada laboral, pero segundo relatan, “Mercadona negoulle a concreción horaria que solicitaba, ofrecéndolle uns horarios que non responden as súas necesidades e non lle permiten coidar das súas crianzas”.
A delegada da CIG subliña que a empresa ten toda a documentación que acredita a situación desta muller: “Sabe o mal que o está a pasar e aínda así dálles igual. Non queriamos chegar a este punto, pero a actitude de Mercadona non nos deixa outra: queremos que a sociedade saiba que a imaxe que a empresa publicita non ten nada que ver coa realidade que hai nos centros de traballo”.