Economía social y solidaria
“Unha economía con máis economías transformadoras ten máis resiliencia en termos de igualdade social e sustentabilidade”

Miramos na contorna de REAS Rede de redes para encontrar respostas e embarcamos nesta entrevista a dobre banda, con Amaia Pérez Orozco e Silvia Piris, da Colectiva XXK, e Álvaro Porro, do Comisionado de Economía Social, Desenvolvemento Local e Consumo do Concello de Barcelona, xente afín e querida da rede, para seguir desvelando xuntas as fallas do actual sistema e atopar pistas para esta necesaria transición.

Silvia Piris, Álvaro Porro y Amaia Pérez Orozco
Silvia Piris, Álvaro Porro y Amaia Pérez Orozco
13 may 2020 07:00

A actual pandemia e a nova crise desencadeada por esta confróntannos, unha vez máis, coa importante disxuntiva na que nos atopamos: buscamos a volta ao sistema inxusto e insustentable do que vimos ou apostamos de xeito decidido por unha transición a outro modelo coma o que nos propoñen a Economía Social e Solidaria (ESS) e os movementos sociais transformadores?

Miramos na contorna de REAS Rede de redes para encontrar respostas e embarcamos nesta entrevista a dobre banda, con Amaia Pérez Orozco e Silvia Piris, da Colectiva XXK, e Álvaro Porro, do Comisionado de Economía Social, Desenvolvemento Local e Consumo do concello de Barcelona, xente afín e querida da rede, para seguir desvelando xuntas as fallas do actual sistema e atopar pistas para esta necesaria transición.

Álvaro: dende a Economía Solidaria gústanos mirar á raíz etimológica da palabra “ Oiko- nomía” para ampliar ao termo “Economía” respecto do seu significado baixo imaxinarios capitalistas. Que nos estamos deixando fóra nesta forma de entender a economía baixo lóxicas capitalistas?

Falo sempre das dúas capas invisibles que están na punta do iceberg, ocultas baixo esa economía produtiva que sae nas páxinas da sección de economía dos xornais. Unha é a dos ecosistemas nos que baseamos toda a nosa actividade económica e vital, e que en calquera momento se poden desestabilizar como vimos agora, e a outra é a de toda a capa da economía reprodutiva, dos coidados, que non se ve, pero é a que permite que a economía produtiva e a vida existan. Polo tanto, todo iso é o que se deixa a economía convencional fóra.

En Barcelona, estímase que a ESS pode chegar ao 7 % do PIB e ao 8 % da ocupación

Ademais, a economía produtiva tendeu a invisibilizar unha parte desa economía que agrupamos baixo a etiqueta da Economía Social e Solidaria (ESS) nun sentido moi amplo e que debería ser máis visible porque pesa máis no PIB e na xeración de ocupación do que moitas veces cremos. En Barcelona, estímase que pode chegar ao 7 % do PIB e ao 8 % da ocupación. É unha terceira perna da economía produtiva, que non é nin sector público nin mercado privado convencional de empresas mercantís, que ten moito que dicir e máis nos novos contextos que se abren na actualidade.

Colectiva XXK: Que aprendizaxes están a poderse sacar do noso sistema de coidados na presente situación de emerxencia?

A situación actual deixa en evidencia o que xa estabamos a ver; hai unha situación nova, pero as bases do que non funciona non son novas. Hoxe resulta máis evidente e tráxico o que xa afirmabamos: que o sistema de coidados non funciona, que os coidados non se poden privatizar, que se están dando en condicións de precariedade e fóra do común, que se está negando o dereito colectivo ao coidado… E que todo isto é a base mesma do mundo no que vivimos.

Quizais o máis novidoso sexa que moito disto é hoxe un pouco menos invisible. Evidenciouse que a vida hai que coidala, e que cómpre coidala en colectivo. Poder ver todo isto é mérito acumulado ao longo de anos de insistir no asunto; non debemos negar o que conseguimos. O problema é que o estamos ver, pero non abondo e non dende o ángulo axeitado. Non se está a discutir como os traballos están mal repartidos; nin cuestionamos que os traballos que son máis relevantes para a vida os faga quen menos capacidade de elección ten e conta coas peores condicións laborais. Tampouco estamos cuestionando os traballos de portas para dentro das casas; este segue a ser terreo principal da non-politización. Para poder cambiar o sistema de coidados, precisamos profundar infinitamente máis o debate e abordalo desde unha perspectiva feminista.

Álvaro: Estamos a ver estes días algunhas das consecuencias da externalización e a especialización produtiva deste sistema globalizado. Como impactaría no desenvolvemento dos territorios a relocalización económica?

Dende os movementos sociais ou progresistas temos que repensar a que instrumentos de impacto nos referimos exactamente cando falamos de relocalización porque senón podemos facer un discurso sen aplicación práctica. Podemos falar de, cando menos, tres liñas de traballo con impacto: por un lado, impulsar a demanda voluntaria das persoas consumidoras cara produtos locais; por outro, promover unha contratación pública que priorice o produto local. Pero isto á parte de vontade política e técnica implicaría cambios importantes na lexislación sobre contratación pública, sobre todo europea, para non poder discriminar por orixe. E como terceiro, e probablemente máis relevante, teriamos que falar das regulacións do comercio mundial. Ás veces, este foi un debate que quedou moi marxinado e demasiado escorado á extrema dereita, con visións proteccionistas, pero arcaicas.

Dito isto, claramente a relocalización das economías obrigaría a unha maior diversidade das nosas economías para poder traballar moitos máis produtos e servizos e, por tanto, que todas as economías tivesen as súas fábricas de máscaras ou respiradores; e aplicado a sectores como a alimentación implicaría modelos máis localizados e un maior equilibrio territorial. Neste proceso ábrensenos tamén retos como o encarecemento de determinados produtos ou os que presenta a economía dixital que, malia o que parecía inicialmente, tende a producir concentracións de poder moito máis grandes e tendencias oligopolistas —cando non monopolistas— moi fortes. Daquela, require unha forte reflexión por parte da Economia Social e Solidaria (ESS) para saber cales serían os elementos e retos nun contexto socioeconómico como o que se presenta.

Colectiva XXK: Estades a traballar nun proxecto chamado Derivas, que busca entender como impacta este sistema na nosa vida cotiá, onde vos centrades en varios eixes entre os que están a soberanía alimentaria e o desprazamento do emprego como eixe central do noso sistema económico e de sustento. Por que son importantes estas transicións?

Hai poucas cousas máis cotiás e máis cargadas de significados que o propio feito de alimentarnos: como chegan os alimentos á nosa mesa, como xestionamos a alimentación nos nosos fogares, que modelo de consumo temos… Transformar a alimentación non é só modificar o que comes, senón transformar a ordenación do territorio, a relación con outros estados/pobos, a organización das terras, as redes de distribución… En como abordamos a alimentación vese tamén até onde nos inflúe o sistema: o argumento de que a comida agroecolóxica é cara pode (e debe!) sacarse á luz para buscar modos en que estas propostas non sexan elitistas. Porén, se o lanzamos para non revisar as nosas prioridades de gasto, estamos a facer trampa. Por todo iso (e máis!), a soberanía alimentaria é chave, pero cremos que aínda non desatamos totalmente o nó do que significa unha ollada feminista aí, á parte de ampliar a cadea alimentaria e pór en cuestión as relacións que se dan en todos os eidos da mesma.

Transformar a alimentación non é só modificar o que comes, senón transformar a ordenación do territorio, a relación con outros estados/pobos, a organización das terras, as redes de distribución

E o emprego… vaia tema. Apetecíanos indagar nos traballos porque cremos que non temos unha proposta feminista clara. As nosas vidas organízanse arredor dunha diversidade de traballos; non podemos dar alternativas a un sen abordar o conxunto. Non queriamos caer na mirada capitalista ou androcéntrica do emprego no centro, pero ao final acabamos falando de emprego, aínda que desde un lugar que o descentra. Isto significa unha ruptura grande con certa parte do feminismo que sitúa (ou quizais máis ben situaba) o emprego como un limiar da emancipación das mulleres. Para nós, o emprego é a forma de traballo alienada do capitalismo. Non ter o emprego como horizonte non significa renunciar á autonomía vital e financeira, senón intentar lograla por outras vías. Finalmente, prestamos moita atención ás lóxicas produtivistas que nos atravesan a nós mesmas e a esas outras formas de entender o traballo que queremos construír.

Álvaro: Hai algúns anos que se fala das Economías Transformadoras; que son exactamente e cales son os aportes destas para o ben común desde unha perspectiva local?

Para min, as economías transformadoras son ese ecosistema vibrante de prácticas económicas e empresariais que dalgunha maneira se saen do esquema máis convencional, pondo no centro elementos diferentes á rendibilidade do capital. Aquí atopamos un ecosistema moi variado e diverso, no que hai realidades moi antigas e relativamente sólidas, ou cando menos con actores con relativa solidez económica e financeira, e realidades máis novas ou máis desmonetarizadas, na fronteira do que entendemos de xeito habitual por economía, que custa definir, mais que achegan sen dúbida prácticas transformadoras. Hai un ano foi a primeira vez que utilicei o concepto e tentamos facer unha sorte de taxonomía; moveume poder entender a riqueza, diversidade e complementariedade deste ecosistema de xeito que tamén puidésemos sentir que na pluralidade tamén hai algo común.

No seu momento elaboramos un cadro que o reflicte ben. Nel, hai un eixo, o das E, que reflicte a acumulación de poder ou o eixo democrático e o eixo das X o impacto socioeconómico e ecolóxico da actividade. Neses cuadrantes agrupabamos diferentes tendencias e prácticas que se clasifican sobre etiquetas concretas pero que teñen bordos difusos. Poderiamos falar do cooperativismo, dentro do cal hai moitos cooperativismos diferentes, o de vivenda, ensino, traballo, consumo, agrario, etc. Falabamos tamén do terceiro sector, onde tamén hai gran diversidade, pois hai grandes fundacións ata outras máis pequenas; falabamos tamén da ESS nun sentido máis específico… como REAS ou a Xes. Falamos tamén da Economía Colaborativa e dentro diso que é unha etiqueta que se usa hoxe en día a demasiadas cousas —moitas delas de maneira inxusta — por exemplo toda esa economía baseada en plataformas dixitais que teñen modelos de funcionamento e negocio, baseadas na colaboración real. Tamén poderiamos falar das economías comunitarias, ese tecido de economías de pequeno tamaño, normalmente en pobos, cidades e barrios… para satisfacer necesidades de consumo, grupos de crianza, hortas comunitarias… e que moitas veces non pasa pola profesionalización, nin pola monetariazación, pero dalgunha maneira son economía social e solidaria. E logo poderiamos falar doutras tendencias ou inercias, ás veces chamámoslle movementos, como podería ser a economía feminista, o decrecemento, a innovación ou o chamado emprendemento social… temos unha amálgama de conceptos bastante interesante.

O cooperativismo destrúe moito menos emprego e o recupera antes, como pasou na crise de 2008

Ao respecto da achega ao ben común das economías transformadoras desde a perspectiva local, temos, en primeiro lugar, que son prácticas económicas e empresariais que incorporan de forma máis evidente e directa a dimensión invisible da economía da que falabamos anteriormente. Por outro lado, son prácticas que tenden a xerar maior igualdade no reparto e a distribución da riqueza, así como unha maior democracia na toma de decisións; o que se materializa, por exemplo, en que, nunha situación de crise como a actual, o cooperativismo destrúe moito menos emprego e o recupera antes, como pasou na crise de 2008. Polo tanto, unha economía con máis economías transformadoras ten moita máis resiliencia en termos de igualdade social, distribución da riqueza, sustentabilidade, democracia económica; en definitiva, dos que deberían ser os obxectivos do sector público, e por iso, dalgún xeito, falamos de que son un sector público non-institucional.

Colectiva XXK: Na vosa investigación estades tamén estudando as alternativas existentes. Que prácticas estades atopando?

Hai alternativas en todos os eidos e son moi diversas e variadas: grupos autoxestionados, cooperativas, organizacións feministas, «auzogestioa» (autoxestión desde, por e para o barrio)… Fixemos un esforzo por visibilizar as disputas desde o cotián, coidalas (ao non lles esixir perfección) e ver como se entretecen. Tamén nos interesou identificar que dinámicas produtivistas e heteropatriarcais se están a dar dentro dese campo do alternativo, sen perder a ollada afectuosa. As nosas iniciativas reprodúcenas; o sistema fainos entrar continuamente en contradicións. Velas é o modo de avanzar. Finalmente, tentamos dotalas dun sentido de conxunto, integral. Porque, ás veces, vémolas illadamente, en anacos, e vistas así non nos serven; con todo, se as entendemos a modo de collage, quizais si nos dean un terreo máis sólido polo que apostar.

Rachar coa centralidade do emprego significa tres cousas: encher de contido social o traballo e que coide o corpo-territorio, ir desmercantilizando a vida e liberar tempo de vida do traballo asalariado capitalista

Queremos resaltar que a economía social e solidaria estaba presente sempre: na soberanía alimentaria, no tecido de formas colectivas de coidados… E, por suposto, nas formas de destronar o emprego. Unha das cousas que tentamos todas é ter choios máis amables; e, en moitos casos, isto pasa non tanto por buscar traballo asalariado, senón por tentar inventar un traballo que rompa coa idea de emprego (traballo asalariado capitalista). Para nós, racharr coa centralidade do emprego significa tres cousas: encher de contido social o traballo e que coide o corpo-territorio, ir desmercantilizando a vida e liberar tempo de vida do traballo asalariado capitalista. A economía social e solidaria entra de cheo nas dúas primeiras apostas. Quizais é na terceira ruptura na que vemos maiores conflitos. Porque, en xeral, deixas a pel…

Álvaro: Que políticas públicas deben aplicar as administracións para lograr un desenvolvemento local dos territorios desde criterios de xustiza, equidade, solidariedade e sustentabilidade?

É unha pregunta sumamente ampla. Creo que desde a perspectiva do desenvolvemento local, en termos económicos, alén das políticas de intermediación dos axentes locais ou de atracción de investimentos internacionais, que tamén son políticas necesarias, necesitamos medidas que poñan en valor as relacións relocalizadas e que dean resposta a como podemos pór en valor as redes, o tecido social, o intercambio, nunha lóxica local. Creo que ese é un elemento importante.

O outro é incorporar esa ollada máis transversal á económica que aborde as diferentes capas das que falabamos ao comezo, os ecosistemas, a economía reprodutiva e, dentro da produtiva, toda esa pata da economía social e solidaria, que non é pública completamente nin privada. E creo que tamén é importantísimo, ademais de visibilizar esas economías invisibeis, construír unha alianza entre o público e esa terceira pata, que creo que comparten valores e que se poden aportar mutuamente. Desde o lado do público, a solidez e a capacidade financeira, e desde a ESS, o seu dinamismo e capacidade de xerar novas formas de organizarse e de activar enerxía social arredor de novos paradigmas e prácticas.

Tamén me parece importante que sexamos quen, desde a ESS, de intervir nas políticas públicas, na política institucional, que teñamos persoas con bagaxe na ESS que formen parte da pata institucional, a nivel político ou técnico, e que a ESS se dirixa máis a ser provedor do sector público ao tempo que a administración traballa fortemente a súa capacidade de demanda, para facer desde a contratación pública de tractor dun sistema máis xusto, sustentable. Creo que a Administración pública débese reinventar nalgúns aspectos no seu funcionamento para poder afrontar moitos dos retos que se nos veñen enriba e que implican —en termos ecolóxicos e tecnolóxicos— ser capaces de percibir novos horizontes e adiantarnos, aproveitando o impulso do público como noutras etapas da historia, para xerar novos contextos e novas oportunidades.

Colectiva XXK: O cambio de paradigma que necesitamos precisa dun novo imaxinario de vida; cal sería a vosa achega a este relato para convidar ás persoas que están máis apegadas ao modelo actual para apostar pola transición a un novo modelo a prol da sustentabilidade da vida?

Dis que a batalla cultural está máis viva ca nunca… oxalá! Por moito que digamos que non queremos a normalidade de antes, hai un punto no que colectivamente si se quere volver á normalidade, sobre todo se a min non me ía tan mal ou creo que me ía mellor que nese posible seguinte.

Cremos que, nestes momentos, hai dous lugares potentes de incidencia: a reconstrución das redes de coidados e a das redes alimentarias. Hai unha oportunidade grande para conectar coa vulnerabilidade da vida, cos básicos da vida, pero esa conexión non é automática. Queremos pasar de esguello polo feito de que non para todas é posible esa volta á normalidade. E pensamos que é tamén o momento de relocalizar e relocalizarnos. Estabamos moi no cara a fóra, sen límites no mundo. Recolocarnos no noso mundo máis próximo obriga a repensar o espazo en que vivimos: hoxe que está todo pechado, podemos ver máis claramente o morto que está un barrio sen nada máis ca casas pechadas, sen espazos nos que facer vida compartida.

Coidados, alimentación, reorganización dos espazos máis próximos e reparto dos tempos. Para nosoutras, eses son nós chave para manter a batalla cultural aberta, conectándoa con cousas da vida cotiá, recoñecida na súa vulnerabilidade e interdependencia.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Lugo
Lugo Os sindicatos esixen a Traballo que tome medidas no “peche patronal” de Sargadelos
O dono, Segismundo García, permitiu a entrada de case todo o persoal tras catro días do que cualifican de “chantaxe”. Desde CCOO e CIG denuncian que este mércores “ignorouse a 12 traballadores”.
Lugo
Lugo As traballadoras de Sargadelos esixen a reapertura da fábrica e rexeitan a “irresponsabilidade” do dono
Os sindicatos apuntan a que a reacción do propietario é “inxustificada” pola multa de Inspección e apuntan a que usa ao persoal para chegar a un acordo coa Xunta de Galiza.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.

Últimas

Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Laboral
Laboral El sindicato ELA alerta sobre la salud mental de las trabajadoras en intervención social
“Somos un instrumento de contención porque tratamos con población muy dañada, estamos en mitad del sándwich”, explica la educadora social Vanesa Núñez Moran.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Más noticias
Palestina
Palestina La UE apoya a Palestina con 1.600 millones de euros más pero sin entrar en la situación de Gaza
Los ministros de Exteriores europeos, que se han reunido en la mañana del 14 de abril con la Autoridad Nacional Palestina en Luxemburgo, no aumentan las sanciones contra Israel.
El laberinto en ruinas
Opinión “Madrugá” del 2000. Veinticinco años de nada
Hace 25 años la Semana Santa sevillana sufrió quizás la mayor conmoción de su historia. No se sabe qué ocurrió pero sí que a partir de entonces la fiesta ya no sería la de antes.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.