Culturas
O teatro travesti que une xeracións e rompe estigmas no barrio obreiro galego por antonomasia

Marinita y sus maromas foron pioneiras creando unha compañía formada por identidades disidentes en simbiose co barrio de Teis onde, hai medio século, sucedéronse as folgas precursoras da caída da ditadura franquista.
Marinita y sus maromas - 13
Leo Sangabriel, Roberto Casal, Carolin Sanders, Nico Elsker e Edu Domínguez son Marinita y sus maromas. Bea Saiáns

O ambiente no hall do auditorio non parece anteceder a unha obra de teatro canónica. Hai risos que non disimulan o seu ruído, bicos familiares e conversacións cotiás. É coma se a maioría de persoas esperasen atoparse alí. Non hai abrigos de pel nin gravatas nin tacóns. Polo menos entre o público. A maior parte, convén aclaralo, é feminino e peitea canas. E son precisamente elas as que parecen soster o espectáculo que están a piques de ver. A imaxe repítese unha e outra vez cada trinta días. O primeiro grupo de teatro travesti de Galiza e un dos primeiros do Estado engalánase para subir ao escenario unha vez ao mes e romper estigmas a través de comedias de enredos, cabarets e shows de variedades. Son Marinita y sus maromas e o lugar que as acolle, o barrio obreiro de Teis, en Vigo, que se abarrota sen excepción. Chova ou trone.

Marinita y sus maromas - 1
Nico Elsker Bea Saiáns

O que acontece enriba das súas táboas e fóra delas non é para menos. Leo Sangabriel, Roberto Casal, Carolin Sanders, Nico Elsker e Edu Domínguez, cuxos personaxes ilustran a imaxe desta reportaxe, prepáranse entre bambalinas. Purpurina nas barbas, barbas pintadas, masculinidades parodiadas e vestidos de gala. Tamén hai perrucas coloridas, maquillaxes sofisticadas e zapatos brillantes. “Marinita [Edu] anda mellor en tacóns do que andei eu nunca. É impresionante”, confesa ás portas do patio de butacas unha señora que fai varios lustros que vive xubilada. E en só unha frase, desde a súa subxectividade, unha espectadora anónima resume á perfección como, en algo máis dunha hora de función, un colectivo artístico consegue transgredir prexuízos e introducir identidades disidentes sen que ese sexa o fin en si mesmo.

Ata que apareceron como tal, co nome que lles representa, unhas e outros facían shows que se achegaban máis ao playback e ao drag ata que, polo ano de 2016, tornaron no grupo que ata hoxe non parou. “Comezamos a teatralizar máis, que era algo que sempre buscaramos pero que non callara e empezamos a incorporar escenas drag, aínda que preferimos falar de transformismo”, matiza Dominguez, Marinita nos escenarios e o máis veterano do grupo. De entrada é un matiz semántico, pero nel subxace tamén un de clase: “As drag queens que había aquí como referentes eran as do entroido canario, unha realidade moi allea a nós. O resto era e é transformismo. Antes imitaban ás folclóricas e agora expandiuse máis, coma nós”, desenvolve. “No noso contexto histórico, desde os anos sesenta, a travesti era un home transexual que quería ser muller e se travestía e a realidade era que o único que podía facer era prostituírse na marxinalidade”, engade.

Marinita y sus maromas - 6
Roberto Casal. Bea Saiáns

Co paso á seguinte década, aquelas persoas empezaron a poder ocupar espazos artísticos e comezaron a ser identificadas como transformistas en detrimento dun termo que fora deostado socialmente. E en parte por esa historia e por unha non aliñación tan clara coa estética drag, reivindican o termo travesti: “No fondo, facemos ilusionismo de xénero. Segundo que país e que contexto desenvolvéronse uns trazos culturais e nós encaixámonos neste”, argumenta Nico Elsker, que non escatima esforzos en desenvolver a súa visión sobre o xénero, o circo social, o politicamente correcto e, sobre todo, a respecto da dignificación da arte que, conxuntamente, colocan sobre o escenario. Sen dúbida, unha desas táboas peculiares atopárona nun barrio paradigma do movemento obreiro en Galiza: “Desde que empezamos alí, ata hoxe, a acollida en Teis sempre foi tremenda”, concordan.

Marinita y sus maromas - 5
Edu Domínguez. Bea Saiáns

Un barrio vinculado á loita política e social

Casualidade ou non, Marinita y sus maromas triunfan por todo o alto nun barrio costeiro que desde comezos do século XX foi tomado pola presión da industria naval, algo que marcaría ata hoxe a súa identidade no contexto galego. Miles de traballadores vinculados a estaleiros como Vulcano ou Ascon foron tecendo sólidas redes sindicais que asumiron unha das grandes resistencias ao golpe de Estado de 1936, coa súa consecuente represión, pero cuxa organización mantivo viva unha conciencia de clase colectiva que persevera ata hoxe. Alí creáronse os Grupos de Resistencia Antifascista Primeiro de Outubro (GRAPO), tamén atesouraban poder popular sindicatos de clase que emanaban da organización dos traballadores do metal e viviu a súa mocidade política Moncho Reboiras, sindicalista e líder galeguista asasinado pola Brigada Político-Social e cuxo crime quedará impune tras o arquivo da que foi a primeira querela contra crimes do franquismo tras a chegada da nova lei de memoria.

Marinita y sus maromas - 2
Leo Sangabriel. Bea Saiáns

Nesas mesmas rúas que hoxe son historia viva do movemento obreiro —foron centro neurálxico das folgas do 72, sinaladas por algúns historiadores como os primeiros desafíos que comezaron a desestabilizar o tardofranquismo— son hoxe presente das conquistas do movemento LGTBIQ+ en Galiza, neste caso, a través da cultura. “Ensaiabamos tres veces á semana no auditorio do barrio e fomos forxando un vínculo sólido”, prosegue Elsker. E ocorreu algo que non previran: deseguido empezaron a construír un público fiel, que aínda que cada vez é máis transversal, é maioritariamente feminino e maior. “Estamos afeitas escoitar de profesores de teatro esas ideas de que isto que facemos só é apto para determinados públicos máis cosmopolitas e novos”, apunta Carolin Sanders. “E é unha mentira absoluta”, interrómpea Dominguez. “Son as que non fallan nunca, tráennos agasallos, párannos pola rúa, xuntámonos nos bares, axúdannos con todo o que poden”, reivindica Elsker. E rompen os prexuízos edadistas de cada persoa coa que comparten butaca.

Marinita y sus maromas - 3

“Mira, notamos moita máis polémica nos círculos LGTBI con estas postas en escena que en calquera das nosas funcións en Teis. Non se escandalizan por nada, menos que calquera persoa nova”, recoñece rindo Edu Domínguez. “Desde o principio faciamos cheos. É un barrio activo, que quere moverse e nós achegámoslles isto que facemos”, amplía Roberto Casal. Nesta simbiose hai un factor tan fundamental como sorprendente: as persoas que están vinculadas á parroquia. A nai de Leo Sangabriel, moi vinculada a elas e ao labor social desta igrexa move os fíos entre veciñas e veciños: “En realidade converteuse na xefa de produción”, din todas brincando.

Marinita y sus maromas - 4
Carolin Sanders. Bea Saiáns

E a recepción, contra o esperado por todas, foi desde o principio inimaxinable. Axúdanlles a financiar proxectos como a primeira Gala Drag King de Galicia, interveñen desde o público rompendo as normas sen que a ninguén pareza importarlle ou fálanlles coma se aínda fosen os personaxes que interpretaron na última función: “Vennos vestidos de rúa e aínda así nos falan coma se fósemos o personaxe igual para rifarnos por algunha maldade que fixo a última vez que nos viron”, bromea Dominguez. Ademais, como nas súas historias de teatro apelan ao cotiá da vida, séntense aínda máis se cabe integradas.

Marinita y sus maromas xa decidiron integralo nas súas funcións ao ver, moitas veces, que o público só deixaba de intervir desde as butacas nos números musicais: “Agora baixamos entre elas, agarrámolas, facemos xogos e recíbeno moi ben, sempre desde o respecto”, explica Sangabriel. Elas responden tamén entrando ao xogo meténdose con algún dos seus vestidos ou as súas interpretacións: “Creo que nos consideran xa parte da súa familia”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

En el margen
Thimbo Samb “Ganar el Goya con ‘Los cayucos de Kayar’ implicaría que el mundo del cine español valora historias diversas”
Cansado de los papeles que le ofrecen como actor negro, Thimbo Samb busca sus propias historias para mostrar de lo que es capaz, la última, un documental sobre su propia vida, que ha sido preseleccionado para los Premios Goya.
Teatro
En defensa del teatro Extremadura Teatral, contra el cierre de la Sala Trajano de Mérida
El sector de las artes escénicas denuncia que la Junta de Extremadura deja fuera de sus presupuestos a uno de los espacios escénicos y culturales referentes de la región.
El Salto Radio
El Salto Radio Podcast | Franco ha muerto, casi seguro
Eugenio Merino y Darío Adanti presentan en Señales de Humo “Chistes contra Franco” y Manuela Perles Liáñez la Plataforma de familiares de víctimas del franquismo de Huelva
Rap
Poetas Puestos “Tanto los medios como la política quieren que seas un tonto feliz”
Charly Efe y Teko, acompañados de una banda, publican el disco ‘Tontos felices’ donde mezlcan su carrera en el rap con ritmos rock para crear lo que han bautizado como rap‘n’roll.
Análisis
Análisis El PSOE intenta pescar en el río revuelto de la izquierda para acercarse al PP
Entre los votantes del PP solo hay dos cosas que produzcan ilusión: el rechazo a Sánchez y su Gobierno e Isabel Díaz Ayuso. Feijóo no es una de ellas.
Groenlandia
Análisis Por qué Groenlandia es clave en la carrera por las materias primas
El anuncio de Trump parece salido de una precuela de la película 'Don’t Look Up', en la que los intereses geopolíticos y económicos no nos dejan ver el colapso inminente.
Historia
Historia La segunda vida de Joaquín Maurín
Alberto Sabio reconstruye en ‘Excomunistas’ la vida y el pensamiento del fundador del POUM: desde su politización en el republicanismo hasta su giro socialdemócrata y anticomunista durante la Guerra Fría.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición El CIS vuelve a situar la vivienda como el principal problema de la población
Uno de cada dos votantes de las izquierdas sitúan la vivienda entre los tres grandes problemas que afronta el país. La encuesta del CIS muestra a los partidos de la izquierda en la misma situación de desinfle que el mes pasado.
Ocupación israelí
Expansionismo israelí El Golán sirio, radiografía de una joya natural diezmada por la ocupación israelí
Las actividades extractivistas del Estado israelí sobre los recursos hídricos o proyecto de parque eólico en las tierras colonizadas amenaza el sustento diario de las comunidades locales.

Últimas

China
Pulsos bajo el cielo Beijing rave: amor, unidad y respeto
Exploramos los entornos de la música electrónica underground en Beijing, donde los jóvenes siguen creando espacios y nuevas formas de relacionarse y entenderse
Galicia
Literatura Daniel Salgado reformula las claves de la poesía política en la contemporaneidad en 'Poemas realistas'
El discurso de este poemario convoca las dos ideas-fundamento que vertebran la poética de Salgado: la constatación de la ruina y la perseverancia en la posibilidad de un horizonte no clausurado.
Opinión
Derecho a la vivienda Cuando el cuñao eres tú: cinco bulos progresistas sobre la crisis de la vivienda
Ni la compraventa de vivienda la protagonizan los fondos ni las zonas tensionadas bajan los alquileres ni el PP es el único que no las aplica.
Entrevista La Poderío
Entrevista La Poderío Carmen Fernández Gálvez: “El origen de la creatividad está en la naturaleza”
Carmen Fernández Gálvez (1979) nace en Vélez Málaga. Como mujer inquieta y curiosa decide realizar estudios de psicología. Su pasión por la cosmética natural y los remedios vegetales comenzó años más tarde.

Recomendadas

Represión
Represión Cómo descubrir a un infiltrado, el manual
Un grupo de afectadas por el espionaje policial publica un texto colectivo como herramienta y reflexión sobre este fenómeno.
Violencia sexual
Violencia sexual El ocaso de Neil Gaiman, el maestro de la literatura fantástica acusado de violar a varias mujeres
Un reportaje revela los testimonios de ocho mujeres que sufrieron agresiones sexuales por parte del escritor Neil Gaiman, autor del cómic ‘Sandman’ y nombre clave en la ficción contemporánea. Dos de ellas han presentado denuncias por violación.
Sareb
Derecho a la vivienda Civio lleva a la Justicia a la Sareb para que revele cómo malvendió 10.000 viviendas protegidas
La Fundación Civio presenta un recurso contra el ‘banco malo’ por negar el derecho al acceso a la información sobre los compradores y el precio al que fueron vendidas 9.400 viviendas de protección pública.
Brasil
Ana Carolina Lourenço y Fabiana Pinto “Organizar la imaginación es la lucha de nuestro tiempo”
En la vanguardia de los movimientos que plantaron cara a la extrema derecha bolsonarista, las mujeres negras cuentan con una largo recorrido en la disputa política brasileña. Un libro recoge su genealogía y sus miradas para el futuro.