Culturas
Comuna de cinema e revolución: o percorrido dun galego para filmar a liberación kurda en Siria

Olmo Couto regresa a Galiza para acompañar a estrea do filme Kobane sobre a resistencia civil desta cidade contra o Estado Islámico dirixido pola cineasta Ozlem Arzêba
Olmo Souto durante a rodaxe de Kobane

Un dron turco non pilotado sobrevoa Kobane case tódolos días. Periodicamente, dispara dende o ceo para asasinar a alguén. Ás veces, o obxectivo é unha persoa con responsabilidade política ou militar. Outras, mata a cidadáns anónimos. A pretensión é infundir medo. Que medre a paranoia entre o pobo kurdo que vive na fronteira con Turquía e que liberou a rexión de Rojava para convertila na Administración Autónoma do Norte e Este de Siria. O testemuño da vida nesta zona teno gravado, na mente, o cineasta ourensán Olmo Couto. E así o transmite. Leva cinco anos vivindo de preto a Guerra Civil en Siria. Agora, con esa bagaxe, acaba de volver para Galiza cun filme nas mans do que participou como director de fotografía. Titúlase Kobane e conta a heroica resistencia desta cidade fronte a invasión do Estado Islámico.

Zehra Penaber é a protagonista desta ficción baseada estritamente en feitos reais. Unha muller kurda de 32 anos que foi comandante das Unidades Femininas de Protección (YPJ), a organización militar para unidades de protección de persoas en Rojava. En 2014 e co control da metade de Siria e Iraq, o apoxeo da forza dos fundamentalistas do ISIS avanzou de xeito implacable cara á cidade siria de Kobane. Malia a brutalidade da invasión, as milicias de Zehra e os seus camaradas non se deron por vencidos. Cando os membros de ISIS comezaron a decaer e a dispersarse, Zehra Penaber liderou a ruptura do asedio, marcando o amencer da liberación da cidade. Trátase dunha historia real de fe e medo. De guerra e resistencia. De camaradería e traizón. Un relato de amor, perda, heroísmo e sacrificio que, xunto coa intensidade da guerra e a revolución, quixo contar a directora Özlem Arzêba na súa ópera prima.

kobane olmo gravación

Facer cinema no medio da guerra
“Esa tensión militar durante a rodaxe e case que o habitual na vida diaria alí”, explica ao Salto o director de fotografía galego, Olmo Souto. Tras dous anos pospoñendo a gravación por “ameazas críticas” na zona, entre abril e setembro de 2021 decidiron comezar a filmar “fose como fose”. O que se podería ter feito en tres meses, di, tiveron que facelo en seis pola constante situación de emerxencia na que os ten Turquía. “Para o Goberno turco, Rojava é un inimigo en tódolos sentidos. É o exemplo de como o confederalismo kurdo pode xestionarse dun xeito democrático, horizontal e con respecto por tódalas culturas”, sostén Couto. Turquía é un Estado con case vinte millóns de persoas kurdas e por iso, explica, “directamente, quere eliminalos”. “Son un referente que non lle convén na súa idea ficticia de estados-nación totalmente homoxéneos”, prosegue o cineasta ourensán.

O pobo kurdo decidiu deixar en ruínas o lugar onde gravaron como monumento á memoria 

Malia estaren separados só por un muro e apenas uns metros, a comunicación da Administración Autónoma do Norte e Este de Siria co Goberno de Erdogan é nula. Están en guerra. Por iso, durante a rodaxe, o equipo precisaba parecerse o mínimo posible a unha milicia real. Tiñan ata que separar os camións de produción para que non se convertesen nun obxectivo militar. Gran parte da rodaxe levouse a cabo nunha zona de Kobane que quedou practicamente destruída pola guerra. O pobo kurdo decidiu deixar parte daquelas ruínas así, como monumento á memoria a través dun museo. “Na rodaxe, había decenas de persoas caracterizadas cos traxes das forzas de autodefensa kurdas (YPJ e YPG) e os soldados turcos dos postos de vixilancia da fronteira disparaban ao aire”, lembra Souto. No día a día alí, “é normal”, lamenta. “Moitos campesiños teñen os terreos de cultivo na fronteira e, ás veces, tamén lles disparan a eles e, unha vez ao mes, matan a algún civil”, afonda. Pero como non é sempre, a xente ten que seguir indo a traballar para sosterse. Os asasinatos do dron que sobrevoa son máis selectivos e máis habituais: “Van matando ás persoas encargadas de Cultura, de Institucións, de Prisións...”. A clave é xerar caos para desautorizar á Administración de Rojava e que as persoas pidan asilo noutros lugares. “Están facendo películas e televisión no seu idioma, recuperando a cultura... Por iso queren aniquilalos, pero agora mesmo non teñen forzas”, recalca.

kobane olmo
Un momento da rodaxe de Kobane

A Comuna de Cinema: crear de xeito horizontal

Para a rodaxe, chegaron persoas de todo o Kurdistán, a rexión historicamente reclamada polo pobo kurdo que se reparte entre os estados de Turquía, Siria, Irán e Irak. Aínda que, sobre todo, o groso do equipo pertencía á Comuna de Cinema de Rojava: “Para moitas das persoas era a súa primeira rodaxe. Vivimos momentos moi bonitos por ese proceso de aprendizaxe colectiva”. Moitos dos traballos non especializados da produción fixéronos os propios habitantes de Kobane que ían, á vez, tamén aportando as historias de como viviran a guerra.  Como en toda a administración de Rojava, explica Souto, fixeron que “todo fose o menos xerárquico posible dentro do que é o cinema”. A súa Constitución, de feito, é unha excepción en Oriente Medio pola súa aposta polo confederalismo, pola protección das minorías étnicas e relixiosas e pola súa afirmación da igualdade de xénero. A democracia directa é a forma de goberno que tamén chega, claro, ás producións cinematográficas e cristaliza na Comuna de Cinema.

Os personaxes que protagonizan a película morreron durante a guerra e moitas das persoas que os interpretan eran os seus propios amigos

A Comuna de Cinema é a institución que se dedica á creación e produción, difusión e educación cinematográfica en Rojava. Neste sistema confederal, todas as persoas que traballan nesta industria xúntanse a través da Comuna. “Pero é tamén un proxecto vital, non simplemente de traballo”, matiza Olmo. A maioría da xente vive xunta e comparte espazo: “Creamos cinema doutro xeito máis revolucionario”. O proceso é sempre asembleario: “Rodabamos seis días á semana e ao sétimo era de asemblea. Foi esgotador e durísimo, pero con tempo é o máis bonito. Compartir responsabilidades e que non sexa só a persoa de produción quen aborde iso”.

Os personaxes que protagonizan a película morreron durante a guerra e moitas das persoas que os interpretan eran os seus propios amigos. “Non é un filme calquera. Creouse un ambiente moi emotivo. A nosa parte de facelo era o máis pequeno dentro de toda esa resistencia de persoas que perderon a súa vida por defender a vila”, afonda o director de fotografía. “A cultura e o cinema son unha forma de resistencia, pero nin de lonxe se achega ao que viviu toda esa xente”, reflexiona con humildade. Construír este imaxinario da revolución kurda é fundamental para unirse como pobo. “Para todos eles é unha honra que exista esta película. Notouse nas estreas alí. Houbera moitas representacións dende fóra onde se lles representaba como salvaxes que foran axudados dende fóra a facer a revolución”, explica Olmo Souto. “Pero a realidade é que foron eles e elas e facer este filmen dende dentro é no seu idioma ten un sentido totalmente distinto”, remata.

fotograma kobane
Fotograma do filme coas milicianas da YPJ

O filme comeza a xirar por Galiza

Despois da estrea na Mostra de Cinema de Valencia e a súa xira pola India e varios países de Europa, esta semana aterra no Fórum Metropolitano da cidade da Coruña o 23, 24, 25 de marzo e o xoves 22 haberá unha cita no Cineclub de Lugo. Polos motivos da continua guerra na rexión, a directora, Özlem Arzêba, non poderá asistir a ningunha das proxeccións. Malia todo, escribiu unhas palabras para acompañar o filme dende a distancia: “Levo anos falando con compañeiros que participaron na guerra, recollendo os seus recordos para crear unha historia colectiva que reflicte os feitos tal como vivíronos e sentiron os seus protagonistas. A maioría dos nosos actores foron elixidos das YPG e YPJ, as forzas locais que lideran a batalla contra o ISIS. Traballamos cun enfoque de actuación natural e sinxelo a partir das emocións reais das persoas reais. Rodamos nas localizacións reais, privilexiando atmosferas e texturas nas que a destrución segue viva en gran medida. Utilizamos un traballo de cámara dinámico e persuasivo para transmitir a urxencia de moitas escenas, pero tamén a tenrura e a intimidade doutras”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Contaminación
Contaminación Un municipio galego demanda á Xunta pola contaminación do encoro das Conchas
A veciñanza das Conchas, na comarca da Limia, leva á Xunta ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola contaminación provocada debido á cría intensiva de gando porcino e avícola.
AGANTRO
Agantro Tatuaxe: terapia e tendencia
Da marxinación á moda, o carácter simbólico e ritual da tatuaxe atópase actualmente erosionado polas dinámicas capitalistas.
Tribuna
Tribuna Carta aberta a José Soares de Pina, CEO de Altri: “Paren este proxecto que Galicia nin quere nin necesita”
Os argumentos para apoiar o que dicimos son moitos. Situaríanse nun terreo no bordo da ZEC Serra do Careón; provocarían un novo ciclo de plantación masiva de eucalipto ou de importación de países do Sur; e o máis importante: non teñen licenza social.
Aviación
Travel Smart Las multinacionales españolas, a la cola de la reducción de emisiones por vuelos de negocios
Un estudio publicado este martes por organizaciones ecologistas señala que las emisiones por vuelos de negocios a nivel global se han reducido un tercio, pero las empresas españolas van a la zaga y suspenden en transparencia u objetivos concretos.
Represión
Policía infiltrado La Directa destapa un nuevo caso de policía infiltrado, esta vez, en el activismo de Lleida
Bajo la identidad falsa de Joan Llobet García, un agente de la trigesimosegunda promoción de la Academia de Ávila, pasó dos años infiltrado en espacios independentistas, estudiantiles y ecologistas.
Madres protectoras
Madres protectoras Una madre, condenada a tres años y medio por secuestrar a su propia hija, solicita su indulto
La libertad de Jewel Lázaro depende de la respuesta del Ministerio de Justicia de España a su petición de indulto con el fin de no separarla de otro bebé de nueve meses.

Últimas

Derecho a la vivienda
Manifestación estatal Mapa | Más de 40 ciudades se movilizan este 5 de abril por el derecho a la vivienda
Decenas de miles de personas en más de 40 localidades de todo el Estado español saldrán a la calle el próximo 5 de abril para reclamar medidas para hacer frente a la crisis de vivienda.
Israel
Guerra en Gaza Israel ordena evacuar Rafah ante la previsión de un ataque terrestre
En la mañana del 31 de marzo, las fuerzas militares de Israel han ordenado a la población evacuar gran parte de Rafah, en el sur de la Franja de Gaza.
Francia
Francia Marine Le Pen es condenada por malversación y no podrá concurrir a las elecciones de 2027
Un caso de corrupción con los asistentes del Parlamento europeo golpea a la ultraderecha francesa. Le Pen y su partido, Agrupación Nacional, son condenados por el Tribunal Penal de París.
Opinión
Opinión ¿Cómo acabar con el negocio de la vivienda?
Las reivindicaciones del 5A: bajada de alquileres, paralización de desahucios, desmantelamiento de las empresas de desokupación, ayudarían a acabar con la crisis de vivienda. Pero estas medidas son impensables en este sistema económico.
Myanmar
Terremoto Myanmar: un país bajo los escombros
Con el cronómetro en contra, los equipos de rescate de Myanmar continúan buscando bajo los escombros a los supervivientes del que ya se considera el peor terremoto sufrido en las últimas siete décadas en el país.
Más noticias
Precariedad laboral
Precariedad laboral Europa presiona de nuevo a España para que modifique la indemnización por despido improcedente
El Consejo de Europa concluye que el sistema español viola la Carta Social Europea al considerar que la compensación española no repara el daño a los trabajadores ni disuade de hacerlo.
Memoria histórica
Opinión La maldición de los agotes
Los agotes son una minoría que habita el Pirineo occidental. Están concentrados principalmente en el valle del Baztán, en Navarra, y si bien su origen no está claro, hay varias teorías al respecto. Se cree que la palabra agote proviene del francés cagot y significa “perro godo”. El término es por tanto un insulto.

Recomendadas

Militarismo
Alejandro Pozo “El oportunismo de la industria militar española aprovechando lo que pasa en Gaza es grave”
Este investigador sobre paz, conflictos armados, desarme y acción humanitaria denuncia que el rearme ya está teniendo lugar y que el Ejecutivo escamotea información sobre las relaciones comerciales de la industria con Israel.
Galicia
Galicia Bimba y Lola se aleja de las fibras textiles de Altri con la salida del presidente de Greenalia de su consejo
El presidente de Greenalia y antiguo consejero delegado de Inditex, José María Castellano, abandona su puesto en la empresa cerrando una puerta más a la salida de la celulosa supuestamente creada para fibras textiles.
Redes sociales
El asesino de los CEO El fenómeno fan Luigi Mangione, ¿por qué tanta gente apoya a un asesino?
El caso del chico de clase alta que disparó sobre un CEO de una aseguradora médica ha desatado una ola cultural y de apoyo como no se había visto antes.