We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Coronavirus
A crise do “American way of life”
Estados Unidos vende un modo de vida que, lonxe de ser sinónimo de benestar, prima os resultados económicos sobre a cidadanía, amosándose incapaz de dar unha resposta efectiva á emerxencia sanitaria do Covid-19
Éxito, prosperidade, montañas de diñeiro, un despachos entre os rañaceos, recoñecemento social e, sobre todo, un consumismo masivo que se exporta cara o resto do mundo como o, tan perseguido, “soño americano”. É todo tan fermoso como nos fai crer Hollywood? Canto hai de verdade nese American way of life? É posible o benestar da poboación nun sistema hipercapitalizado?
O equipo de Castañas No Verán aproveita a crise sanitaria mundial do Covid-19 para achegarnos á realidade da sanidade, a comunicación, a educación e, en definitiva, ao estilo de vida estadounidense contando para iso con testemuñas de persoas que viven de primeira man os danos dun sistema no que o benestar económico prima sobre o social.