Movimiento BDS
Israel: a ocupación desde Galiza

A existencia do estado de Israel foi dende a súa constitución unha fonte inesgotable de polémicas. Ata hoxe, a nación xudía permanece envolta por un manto de controversia no que a ocupación de terras palestinas, os bombardeos indiscriminados e as chamadas de atención de Nacións Unidas conforman o seu tecido. En Galiza non estamos exentos desta confrontación de “a favor” e “en contra”.

Solidariedade co pobo palestino e contra o xenocidio en Gaza, Vigo 2014.
Solidariedade co pobo palestino e contra o xenocidio en Gaza, Vigo 2014. Zélia García
13 feb 2019 09:04

A existencia do Estado de Israel foi dende a súa constitución unha fonte inesgotable de polémicas. Partidarios e detractores de distintos bandos téñense topado os uns cos outros ao longo das últimas oito décadas. Ata hoxe, a nación xudía permanece envolta por un manto de controversia, no que a ocupación de terras palestinas, os bombardeos indiscriminados contra a súa poboación e as chamadas de atención de Nacións Unidas conforman o seu tecido. Aquí, en Galiza, non estamos exentos desta confrontación de “a favor” e “en contra”.

O BDS e o seu espallamento en Galiza 

BDS (Boicot, Desinvestimento e Sancións) é un movemento xurdido en 2005 que, como as súas propias siglas sinalan, ten por obxectivo o total boicot económico, político e cultural das institucións israelís, xa sexa contra empresas do país e que colaboran abertamente co seu exército e goberno ou mesmo personalidades que se mostran favorables a eles. Pero non é ata 2010 cando este movemento comeza a cobrar forma dentro das nosas fronteiras. Elvira Souto, referente do nacionalismo galego e dirixente do observatorio de dereitos humanos Esculca, foi quen empezou a modelar o BDS en Galiza hai xa oito anos.

“Sephora antes vendía cosméticos producidos con sales e lodo do Mar Morto, explicámoslles porque non debían facelo e, despois de deliberar, retiráronos”

“En 2010 é cando se organiza a nivel galego coa visita do embaixador israelí daquel entón, Schlomo Ben-Ami, que fora convidado ó CGAC con cartos públicos do programa do Xacobeo”, comenta Souto. Á porta deste museo, Elvira e outros tantos colaboradores informaban ós asistentes das reprochables accións de Israel contra o pobo palestino e convidaban a facer preguntas respecto a este tema ó propio embaixador. A cobertura desta protesta foi tal que pouco despois se constituiría BDS Galiza como entidade funcional e co claro obxectivo de combater ó Estado hebreo.

bds galiza alcampo vigo
Concentración polo boicot aos produtos de Israel no Alcampo de Coia en 2014 Zelia García

A maduración de BDS Galiza pasaría por outras tantas campañas de rexeitamento e políticas de boicot. En 2011 sabotou a xira do portavoz da embaixada israelí, Lior Haiat, conseguindo que se cancelara a súa conferencia en Sargadelos e reducindo drasticamente a asistencia nas das universidades de Vigo e Santiago. Tamén lle chegaría a súa vez ós produtos do país: “Sephora antes vendía cosméticos producidos con sales e lodo do Mar Morto, explicámoslles porque non debían facelo e, despois de deliberar, retiráronos”, comenta Elvira, engadindo tamén ás cadeas de Tiger e Imaginarium como antigas distribuidoras de mercadoría da mesma orixe. Máis adiante cargaría contra artistas sionistas, como Ajinoam Nini (máis coñecida como “Noa”) ou Idan Raichel, no seu paso por Galiza, e así se repetiría noutra morea de casos.

AGAI, Os simpatizantes da nación hebrea 

A historia da comunidade xudía en Galiza goza de varios séculos tras de si e, aínda que a súa presenza decaeu ata a práctica nulidade nos nosos días, existen organizacións moi sinaladas que reivindican este pasado e a memoria colectiva deste pobo. AGAI (Asociación Galega de Amizade con Israel) é con total seguridade a máis notable e preponderante a nivel territorial. AGAI nace en 2006 “a raíz dunha posta en común dun grupo de persoas de toda Galiza que entendiamos que o tratamento dos medios de comunicación das noticias que chegaban de Israel e Palestina non era equilibrado”, comenta Pedro Gómez-Valadés, fundador e presidente desta asociación. 

A lembranza do pobo xudeu na Galiza, así como a defensa da lexitimidade do Estado israelí son as súas claras prioridades como entidade. “Nós entendemos que Israel ten lexitimidade, naceu por mandato de Nacións Unidas e na terra onde tamén nacera o pobo xudeu, e cremos que o conflito [cos palestinos] debe resolverse non quedando satisfeitas ningunha das dúas partes”, apunta o seu presidente. AGAI conxuga tamén este discurso en favor da nación hebrea con outras tantas labores de difusión informativa e cultural, que ó longo dos anos se traduciu en varias conferencias con convidados especiais, mesas redondas, percorridos polas xuderías de Ribadavia e Monforte e mesmo viaxes ó propio país. 

Agai felipe vi
Pedro Gómez-Valadés no Palacio Real en novembro de 2015. Imaxe: AGAI.
“Nós entendemos que Israel ten lexitimidade, naceu por mandato de Nacións Unidas e na terra onde tamén nacera o pobo xudeu, e cremos que o conflito debe resolverse non quedando satisfeitas ningunha das dúas partes”

Coa súa clara postura sionista, a organización non puido evitar que no seu tempo de existencia se produciran distintos choques e desavinzas con BDS Galiza e outros simpatizantes. “Houbo algunhas presións a locais onde queriamos facer actividades para que non nolo cederan, pero tampouco foi algo en exceso, non é cuestión de poñernos de vítimas e dicir que BDS nos intimidou. Nestes trece anos, agás cuestións puntuais, non nos sentimos acosados nin presionados”, apunta Gómez-Valadés. E así, AGAI mantén unha idea moi definida respecto a estas prácticas de boicot: “Nós estamos en contra do BDS, cremos que é absolutamente contraproducente para os fins que di pretender, que son a resolución do conflito e o recoñecemento dos dereitos do pobo palestino, porque o único que consegue é enrocar posicións”, apostilla.

Santiago, capital dunha colisión

O labor de BDS Galiza non se ten limitado a accións de boicots e concienciación por conta propia, senón que tamén procurou o apoio dos nosos representantes gobernamentais. Concellos como Teo, Ames, Oleiros ou Rianxo sumáronse no último lustro ás políticas do BDS por medio de declaracións institucionais. Pero máis significativo foi o caso de Santiago, xa que como capital da Comunidade e abandeirada das políticas progresistas de Compostela Aberta, reuniu un maior interese mediático. En novembro de 2015, o pleno do Concello, cos votos a favor de Compostela Aberta, PSdeG e BNG, e coa abstención do Partido Popular, aprobaba a primeira moción de apoio ó BDS en Galiza por parte dun órgano executivo.

“Foi algo máis ben simbólico e non puido chegar a máis pola falta de tempo. Tivemos varias reunións coa concelleira, presentamos ideas e proxectos, sobre todo para facer cousas no ámbito cultural”

“Ocorréusenos simplemente redactar unha proposta e enviala por email ó grupo de goberno”, afirma Paula Fernández, membro de BDS Galiza na área de Santiago. Paula recalca a súa sorpresa ante esta decisión, sinalando que pouco despois da aprobación o Concello quería “empezar a falar de como poder implementala e os problemas que poderían xurdir”. Un dos primeiros escollos que se toparía o Concello foi en decembro dese mesmo ano, cando a través dun concurso público aprobara a compra de chalecos antibalas de fabricación israelí para a Policía Local. Marisela González, tamén do BDS en Santiago, apunta a que “había unha intención de botar o contrato para atrás, pero despois só o tivemos en conta para que non volvera a suceder”. A partir de entón, os problemas chegarían por outras direccións.

En 2016, tralo intento do Partido Popular por botar a moción abaixo e sen resultado algún, ACOM (Acción y Comunicación sobre Oriente Medio) saltaría a escena. “ACOM é a asociación sionista que está presentando demandas contra tódolos concellos que aproban estas mocións”, conta Marisela, engadindo que esta organización “cando ve que o BDS empeza a proliferar nalgún lado, ataca co antisemitismo”. Para xaneiro de 2017, o Tribunal número 1 de Santiago sentenciaría a ilegalidade da moción e a súa instantánea derrogación, ó non dispoñer o Concello das competencias para aprobar este tipo de documentos. Nos apenas trece meses da súa vixencia, o Concello nunca chegara a adoptar ningunha acción concreta de respaldo ó BDS: “Foi algo máis ben simbólico e non puido chegar a máis pola falta de tempo. Tivemos varias reunións coa concelleira [Concepción Fernández], presentamos ideas e proxectos, sobre todo para facer cousas no ámbito cultural”, apostilla Paula.

A Xunta, na procura da reconciliación

Dende hai varios anos, o Parlamento de Galiza lembra tanto o Holocausto xudeu como o éxodo do pobo palestino trala creación de Israel. En 2014, “o embaixador israelí, Alon Bar, chamoulle a atención ó Parlamento por isto [a lembranza do pobo palestino] e este envioulle unha carta de desculpa”, conta Elvira Souto, recalcando que esta era “unha inxerencia tremenda nas decisións dun Parlamento soberano”. Os intentos por reparar o bo clima diplomático entre ámbalas dúas nacións acadarían a súa cúspide entre xaneiro e febreiro do pasado ano, cando Alberto Núñez Feijóo, no tránsito dunha misión comercial, se convertería no primeiro Presidente da Xunta en consumar unha viaxe ó país hebreo.

Antes da viaxe, e tamén durante, tanto oposición parlamentaria como grupos de carácter antisionista cargarían contra Feijóo, sinalando a complicidade e pasividade do Presidente ante as repetidas violacións de dereitos humanos por parte de Israel. Para Óscar Valadares, coordinador da asociación de solidariedade internacional Mar de Lumes, este tour diplomático sería resultado dos propios esforzos de Israel, que “inviste indecentes cantidades de diñeiro na súa promoción exterior e na normalización da súa existencia” posto que “lle é imposible comerciar cos seus países máis próximos, como por exemplo Siria, co que está en guerra”.

“A hibridación das ramas tecnolóxica e militar en Israel é absoluta”

Entre as paradas de Feijóo, se contaron a Universidade de Xerusalén, o Museo da Historia do Holocausto e as sedes de varios conglomerados empresariais, pero tamén as instalacións dunha empresa moi singular. Mobileye é unha empresa punteira, adquirida polo xigante tecnolóxico Intel o pasado marzo, especializada na fabricación de dispositivos de xeolocalización e prevención de colisións, e que dende ese mesmo mes é probada en escuadróns de helicópteros da aviación militar de Israel. O Presidente se mostrou favorable á futura visita de representantes da compañía a Galiza para reforzar ligazóns comerciais e poder extrapolar esta tecnoloxía ó noso sector do automóbil. “A hibridación das ramas tecnolóxica e militar en Israel é absoluta”, apunta Valadares, engadindo que o Partido Popular “non ten problema coas barreiras éticas que, coma neste caso, poidan chegar a comprometer os seus negocios” e que contribúe “á normalización da ocupación de Israel do territorio palestino”.

pintada bds palestina

Como vemos, as distintas vertentes que se manifestan en Galiza, en especial as xurdidas da acción civil, poden chegar a expresar polos totalmente opostos, algo que tamén vemos nos entes políticos aquí citados. Mentres que os consistorios carecen de capacidade de actuación á hora de definir unha posición efectiva respecto a Israel, son os movementos cidadáns os que protagonizan en boa medida estas actitudes en materia política, cultural e económica. Así, BDS, AGAI ou mesmo Mar de Lumes, son algúns dos actores que dan forma ás ligazóns co Estado hebreo, ó tempo que continúan as polémicas entorno a esta nación.


Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Israel
Israel Nuevos contratos de compra de armamento a Israel tensan la situación del Gobierno
El incumplimiento del compromiso al “embargo total” por parte del PSOE deja críticas de Sumar y la opción de romper la coalición por parte de Izquierda Unida. El Ejecutivo asegura que está buscando la manera de rescindir el contrato.
Israel
España El Gobierno español vuelve a romper su compromiso de no comprar armas a Israel
El Ejecutivo de Pedro Sánchez adquiere armamento israelí por valor de 6,6 millones de euros a pesar de haberse comprometido a un “embargo total”.
Palestina
Palestina Se cumplen 50 días del bloqueo en la Franja de Gaza
Preocupa la situación de los y las menores, que tampoco tienen acceso a las vacunas básicas y empiezan a notar los efectos de la desnutrición.
Gasto militar
Gasto militar ¿De dónde sacará Sánchez el dinero para financiar el incremento del gasto en defensa?
La promesa de aumentar las partidas presupuestarias militares necesita redirigir 10.471 millones de euros para alcanzar el 2% del PIB. Cumplirlo este año abre a su vez un grave problema para hacerlo en 2026.
Salud
El precio justo La nueva ley del medicamento o estrategias para bajar el precio de los genéricos (que son caros)
En España pagamos de media un 10% más por los medicamentos genéricos que consumimos que en el resto de la UE. Al mismo tiempo, nuestro gasto farmacéutico ha aumentado un 33% en la última década.
Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
Laboral
Laboral Tres nuevos días de huelga para parar el ERE en Bridgestone
Los sindicatos de forma unánime convocan paros los días 24, 25 y 26 de abril y no descartan ampliar las acciones de lucha para evitar el despido de 546 trabajadores.
There Is Alternative
There Is Alternative De redes, software, cacharritos y todo lo que no sea Elon Musk | TINA #1
Primer programa del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre el lado oscuro de la tecnología y sus alternativas éticas y responsables.

Últimas

Opinión
Opinión Priorizar bombas sobre camas de hospital
El presupuesto público parece tener siempre un límite cuando se trata de contratar personal o mejorar infraestructuras en Sanidad. Pero no lo tiene cuando se trata de gasto militar.
Opinión
Guggenheim Urdaibai Respuesta al Agirre Center: no participaremos en este juego con cartas marcadas
VV.AA.
El “proceso de escucha” se invalida a sí mismo al existir un plan ya elaborado y no publicado “de expansión discontinua del Guggenheim de Bilbao en Urdaibai”.
Estados Unidos
Extrema derecha Los beneficios de Tesla caen un 71% y Musk anuncia que reducirá su colaboración con Trump
Las protestas contra Elon Musk funcionan y hacen caer los beneficios y el valor en bolsa de la compañía. El anuncio del millonario hace que las acciones de Tesla crezcan cerca de un 5% en apenas unas horas.

Recomendadas

El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.
Siria
Siria Fragmentos de un retorno
Regresar no siempre es fácil. En estas misivas, los sirios Naoura A., residente en Francia, y Basem Al Bacha, residente en Alemania intercambian opiniones con motivo de la vuelta de Naoura a la ciudad donde se conocieron: Damasco.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.