Balea Cultural
‘L’Insulte’: entre a realidade e a emoción’

A disputa entre un cristián libanés, Tony, e un refuxiado palestino, Yasser, serve de mecha para acender odios fondamente arraigados na sociedade libanesa. Con esta interesante premisa, o director Ziad Doueiri aborda unha alegoría que debe ser tratada con coidado, e non deixarnos levar polas emocións e a empatía que suscita.

L’Insulte_1
Momento do filme L’Insulte. Rouge Internacional
21 abr 2018 08:30

O ano pasado, en Santiago de Compostela, tivo lugar a trixésimo primeira edición do festival de cine máis grande da cidade, e un dos máis importantes de Galicia: o Cineuropa. Nesta edición, entre outras cousas, apareceu por vez primeira o Xurado Novo, o cal deu o seu premio á mellor película ao filme portugués A Fábrica de Nada, de Pedro Pinho, e dedicouse o festival a honrar a Revolución de Outubro, pondo nas salas do festival moitas das películas máis importantes relacionadas coa revolución bolxevique de comezos de século e todo o que foi despois desta, tanto dende unha perspectiva hexemónica como contrahexemónica, sendo máis numerosos os filmes adxectivizables coma o segundo. Con todo, houbo cousas que non cambiaron: tras cada filme, o público era invitado a votar cal crían que era a nota que a película que acababan de ver merecía e, tras moitas sesións durante ao redor de vinte días, elixiron como mellor película a libanesa L’Insulte.

A premisa de L’Insulte era máis que interesante: por un lado, presentábasenos a Yasser Abdallah Salameh, musulmán, refuxiado palestino e capataz dunha empresa de construción encargada de revitalizar as rúas de Beirut, arranxando os defectos nas vivendas da cidade. Nun deses barrios, maioritariamente cristián, vive Tony Hana, mecánico, devoto de dita relixión e do partido conservador, cristián e de dereitas Forzas Libanesas, capitaneado por Samir Geagea. Á hora de que Yasser vaia arranxar un caleiro ilegal na vivenda de Tony este, tras escoitar o seu acento palestino, négalle o paso á vivenda. Con todo, Yasser decide levar a cabo o seu traballo e, dende o exterior da vivenda, arranxa os tubos. A acción é respondida con violencia por parte de Tony, que rompe o novo caleiro e molla a Yasser coa auga sucia saída deste. Como resposta impulsiva, o palestino insulta ao cristián, o cal se ofende polo feito.

Tras tensións por parte da empresa, Yasser é levado a pedir desculpas a Tony ao taller deste. Ao chegar, se as cousas eran tensas, todo vai a peor. Cando Yasser chega, Tony estaba a escoitar un discurso de Bashir Gemayel, líder fascista libanés, mandatario en vida da Falanxe Libanesa e comandante da milicia do anteriormente nomeado Forzas Libanesas. Naquel discurso, Bashir Gemayel arremetía violentamente contra os palestinos, culpándoos practicamente de calquera mal que o Líbano puidese sufrir. Nesta situación, Yasser non é capaz de pedir desculpas e Tony devolve insulto cara ao palestino coa frase “Oxalá Ariel Sharon vos eliminara a todos”, facendo perder os estribos a Yasser e propiciando o estouro da tensión cun golpe nas costelas do palestino ao cristián. Tras isto, comezarán unha serie de xuízos que terán en vela a todo o país, volvéndose mediático e espertando incluso o interese do presidente libanés, que se reunirá cos dous personaxes centrais da historia.

L’Insulte_2
Imaxe do filme L’Insulte. Rouge Internacional

Unha das condicións materiais que permitiron que esta independencia fose pacífica foi que a clase burguesa libanesa contaba cun apoio de, aproximadamente, o cincuenta por cento da clase obreira libanesa. Isto foi conseguido aproveitando a situación relixiosa do país, onde ao redor da metade da poboación era cristiá maronita, sendo a outra metade musulmá, de maioría chií. Así, os anteriormente mencionados Forzas Libanesas e Falanxe Libanesa dotaron o seu discurso dereitista dun alto contido relixioso, desvalorizando aos musulmáns e culpándoos da mala situación vivida no Líbano, recollendo todo ese descontento para a súa causa.

Chegados a 1975, as tensións entre musulmáns e cristiáns maronitas non conseguen manterse máis en equilibrio. Tras a descolonización, a hexemonía política estaba en mans dos maronitas, os cales respondían aos intereses occidentais na rexión, e isto permitiulles exercer unha presión dunha magnitude sen precedentes sobre o sector musulmán libanés. Dentro deste sector estaban incluídos os refuxiados palestinos asentados no sur do país, que tiveron que chegar alí fuxindo das campañas de acoso e derrubo propinadas polo Estado de Israel.

Nesta situación, a Organización para a Liberación de Palestina (OLP), vai cobrar unha importancia e unha posición destacada cruciais. Cos refuxiados palestinos fuxindo de Israel e sendo acosados e vilipendiados polos cristiáns maronitas libaneses, a coalición política e paramilitar palestina asentarase en diferentes postos do sur do Líbano coa finalidade de protexer aos palestinos das persecucións ás que estaban sometidos. Á OLP sumaríaselles no 1982 a organización Hezbolá, que contaría con axuda militar siria e da URSS, entre outros.

Volvendo en certa medida ao filme, como xa dixemos, o que fai estourar verdadeiramente a acción nela é o nome de Ariel Sharon. A súa figura na Guerra Civil Libanesa foi unha das máis destacadas no conflito, pois el foi, nos oitenta —etapa de máis crueza das contendas—, Ministro de Defensa de Israel. Pouco antes do seu mandato, en 1978, Israel comezara a invasión do país libanés, mais é agora cando o conflito incorre nas súas situacións máis críticas: chegados a xaneiro de 1982, Israel invade Beirut baixo o comando de Ariel Sharon, o cal tendía a man a Bashir Gemayel para darlle a presidencia do Líbano. Isto último era posible porque, con Beirut sitiado, á OLP non lle quedou máis remedio que abandonar o Líbano, retrocedendo a súa posición ata Tunisia.

L’Insulte_3
Imaxe do filme L’Insulte. Rouge Internacional

A mediados da película, Tony Hanna, cegado polas súas condicións materiais e procurando vinganza cara a Yasser, vai contratar a Wajdi Wehbe, avogado militante do partido cristián maronita e defensor en xuízo do líder do partido que, tras perder aquel caso, busca recensión persoal no caso de Tony e Yasser. Así, durante as súas participacións nos xuízos, tentará por todos os medios demostrar a inocencia do cristián e a culpa do palestino, sendo o falaz que faga falta para facelo. Entre outras cousas, levanta vivencias pasadas de ambos os protagonistas, por unha banda para inculpar a un deles e pola outra para exculpar ao outro. Así entran en xogo outras cuestións relacionadas con cuestións xeopolíticas coma o Setembro Negro de Xordania ou o masacre de Damour, que definen, sobre todo a segunda, pois a primeira podería considerarse unha das moitas vivencias horribles máis que un refuxiado palestino tivo que vivir, a forma de pensar dos personaxes.

O masacre de Damour é utilizado polo director e guionista do filme, Ziad Doueiri, como un intento de facer pedagoxía sobre o pasado, a Guerra, e como os conflitos de antano deben ser superados. Móstrase como unha situación traumática para un dos protagonistas, e capaz de definir na súa totalidade a personalidade, as inquietudes e os medos deste.

Con todo, aínda que acerta á hora de explicar o que define a personalidade dos personaxes, falla á hora de explicar a necesidade dese pacifismo defendido pedagoxicamente, pois esquécese de todo o xogo de poder que, como acabamos de explicar, houbo detrás do conflito bélico libanés. Así, ao rematar o filme, temos a impresión de que ambos os personaxes tiveron a mala sorte de vivir cuestións traumáticas no seu pasado, e inconscientemente tendemos a equiparalas. A realidade é ben diferente, pois non se trata dunha simple cuestión puntual e individual, senón que detrás de todo isto houbo —e hai— conflitos de intereses xeopolíticos, e ambos os dous, individuos da mesma clase, responden a interaccións sociais nas que o poder hexemónico fixo todo o posible para manter o seu poder, aínda que iso signifique destruír as vidas da clase traballadora de Oriente Medio, enfrontándoa.

Malia que había outros filmes naquela carteleira do festival Cineuropa que ben puideron gañar ese posto, como espectador non quedei descontento. En L’Insulte, naquel primeiro contacto coa película, vin un achegamento ás cuestións xeopolíticas que envolvían ao Líbano dende un salientable descoñecemento previo da situación. Aproveitando a súa saída en salas no Estado Español, volvín a ela con máis información sobre o conflito e, aínda que continuou a resultarme destacable, moitas das miñas percepcións cambiaran. No técnico, a película presenta unha fotografía máis que notoria e un guión ben elaborado no que nunca falta tensión, acomodando a viaxe. Aínda así, debe ser tratada con coidado, e non debemos deixarnos levar polas emocións e a empatía que esta suscita.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
Estados Unidos
Estados Unidos La buena sintonía entre Trump y Meloni
Como era de esperar, los mandatarios mostraron afinidades políticas e ideológicas. La italiana insistió en la idea de “fortalecer Occidente”.
Valencià
València Duelo colectivo y brecha de género, las consecuencias de la dana en la salud mental
Más allá de lo material, el sufrimiento mental continúa golpeando las vidas de l´Horta Sud. Mujeres cuidadoras y colectivos vulnerables encabezan un luto que todavía no ha encontrado descanso.
Galicia
Galicia La UE cava hondo: litio gallego para el nuevo militarismo europeo
En pleno rearme ordenado desde Bruselas, Galicia entra en el tablero geopolítico como potencial proveedor de litio para la industria de defensa. Un enclave de alto valor ecológico en Doade (Ourense) se convertirá en cantera para baterías militares.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Almería
Artes escénicas Almería reclama su (dancístico) lugar
A menudo relegada al olvido en los mapas culturales, esta provincia oriental sigue siendo una gran desconocida, a pesar de su riqueza histórica, su diversidad paisajística y su potencia creativa.

Últimas

Series
Series Masculinidad hegemónica o plomo: la sátira contra los hombres en ‘The White Lotus’
La serie culmina de forma trágica, llevando al extremo la lógica neoliberal, y se cuestiona si es posible una transformación que no termine cooptada por el propio patriarcado.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.

Recomendadas

Series
Series Masculinidad hegemónica o plomo: la sátira contra los hombres en ‘The White Lotus’
La serie culmina de forma trágica, llevando al extremo la lógica neoliberal, y se cuestiona si es posible una transformación que no termine cooptada por el propio patriarcado.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
Camboya
Camboya 50 años del inicio del genocidio en Camboya
El régimen de Pol Pot acabó con la vida de más de dos millones de personas. Solo tres integrantes de los Jemeres Rojos han sido condenados por crímenes contra la humanidad.
Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.