Periodismo
Artur Galocha: “No ambiente de deseñadores gráficos síntome xornalista e no de xornalistas venme como un deseñador”

Artur Galocha é un dos pais da revista Líbero e creador de portadas literarias tan célebres como os Hooligans Ilustrados ou o Fariña de Nacho Carretero.

Artur Galocha
Artur Galocha nun momento da entrevista. Alejandro Gómez Fernández
7 jun 2020 14:00

Os datos inúndano todo. E o xornalismo actual tende cara unha nova narrativa baseada no visual para interpretar esta morea de cifras que poden explicar o mundo. A paixón de Artur Galocha (Lugo, 1983) por esta profesión ven dende que era un rapaz.

O infografista e deseñador gráfico de El País forma parte desa escola galega tan recoñecida na que tamén atopamos xente tan relevante como Alberto Cairo, Xaquín González Veira ou Álvaro Baliño. Entrevistámolo para saber cara a onde se encamiña esta vertente xornalística e cal é o panorama na Galiza.

Es xornalista, adícaste ao deseño gráfico, naciches en Lugo. Son tres datos característicos teus, que outros definen a Artur Galocha?
A verdade é que estudei xornalismo porque quería deseñar. Escribir nunca me abraiou. Ao principio cando estudaba si, pero o curro que fixen de xornalista non me prestou e a min tirábame o deseño gráfico. O meu pai enganoume, porque el fixo xornalismo. Mais depende: cando fago máis revistas síntome máis deseñador, cando tiro polas infografías síntome xornalista. Esas son as formas que teño de contar historias. Mesmo facer revistas é xornalismo. No ambiente de deseñadores gráficos síntome xornalista, mais para ir de guai, non? E no ambiente de xornalistas venme como un deseñador.

Cando empecei a estudar xornalismo fixen prácticas pero houbo un momento —acórdome perfectamente— no Senado entrevistando a Anxo Quintana, nos corrillos de despois, nese momento vin o tema e dixen ‘eu non quero facer isto’. E aí deixei de escribir. Xa me viña desde pequeno. O meu pai é deseñador e xornalista e sempre había revistas por aí. Recortaba e pegaba titulares e sempre me prestou. Cando cheguei a Madrid vin que non había deseño por ningún lado. Todo o aprendín de xeito autodidacta: probando eu, comprando libros baratos e aprendendo. Despois descubrín a infografía que era o xeito de unir as dúas vertentes: contar historias e buscar datos para reflectir graficamente.

Actualmente como defines o teu estilo persoal?
Aprendín moito en Público, con Álvaro Valiño. Aí aprendín a quitar o que non fai falta. Se tivese que describir o meu estilo sería así: quitar todo o que non fai falta. Ficar só co necesario para que chegue ben a información. Se vés por exemplo revistas, na Líbero non hai nada que poidas quitar. Todo ten sentido e sitio. Ese minimalismo defíneme sobre todo para non molestar.

“Cando cheguei a Madrid vin que non había deseño por ningún lado. Todo o aprendín de xeito autodidacta: probando eu, comprando libros baratos e aprendendo”

Na túa vida fuches percorrendo cidades. De Lugo a Compostela, Madrid, Roma, Barcelona, de volta a Madrid... sempre te moveron novos proxectos ou buscaches outras inquedanzas?
Foi máis cuestión vital porque son un fervellasverzas. Non estou quieto moito tempo. De feito, eu era rapeiro e era o meu alcume (risas). O de [ir a] Madrid foi porque non me deu a nota e marchei por iso. Pero tería ficado aquí, con 18 anos, os colegas... Fixen alí a carreira e non acabei, quédame quinto. Volvín un ano para recuperar o perdido en Compostela. E logo foi máis por moverme. O tempo que máis estiven nun traballo foi en Público, tres anos. E aos tres anos xa me ven a gana de marchar. Roma xurdiu de casualidade, estabamos Álvaro Baliño, Samuel Granados e mais eu en Público e contactounos un rapaz de Barcelona, que ten un estudo de deseño e estaba redeseñando Il Corriere dello Sport. Pediunos que fixesemos o manual de estilo de infografías. Gustáballe o estilo do xornal e fixemos o manual case enteiro, e ficou aí a cousa. Chamounos o rapaz, Victor, e díxonos que os propietarios se botaban para atrás. Cobramos a metade do traballo. E, casualidade, dous anos despois voltou chamar que buscaban dous infografistas para marchar a Roma. Estaba en Barcelona coa miña moza e non estabamos moi alá. Comentámolo e o que ao principio ían ser seis meses, ao final foron case oito. Foi en 2014, co Mundial e querían facer esas infografías. Gustoulles e ficamos até novembro. Agora estou en Madrid, ben, pero supoño que para o ano me moverei.

Co teu paso por Italia, aínda que fose noutro contexto, é inevitable preguntarche polo clima que se vive alí. Con Salvini polo medio, nun ambiente de crecente racismo e xenofobia... como percibes esta mudanza política?
Tento ser optimista. Cando teño conversas sobre o tema eu son o optimista. Vexo moito pesimismo nos meus colegas. É fodido porque non sabemos como facerlle fronte. Porque unha cousa son as institucións, os políticos, e outra cousa é a rúa, onde o vives. Pasoume en Italia. O tempo que estiven alí, máis aló da chulería dos romanos, non notei moito. Pero o ano pasado voltei por alí cunha exposición que facía o meu irmán e nos atopamos cun tipo que ao principio ben, preguntando non sei que cousa, mais que coa mínima se descubriu como un machista e un racista. Deume un pouco de medo: hostia, esta xente xa estaba antes pero vese con impunidade. O que me fode é que algo que era censurable deixe de selo. Que se volva para atrás. E o vés na rúa. No político vexo máis un ciclo, como dicía. O de ‘voto a VOX porque estoy hasta los huevos’ pero dentro de catro anos volvo votar o de sempre.
“O primeiro que penso cando fago revistas son as referencias: que tipo de revista quero ter. Non é o mesmo deseñar Líbero que Tentaciones, non falas coa mesma xente”

Voltando ao teu traballo, hoxe en día segues confiando no papel ou decides volcar todo xa no dixital?
Depende un pouco de todo. Adoitan ser de papel eses primeiros bocetos. Non tanto para revistas pero si nas infografías. Vaiche contando o redactor a idea, o tema, ou tés ti a idea e vas bocetando. A revista si que a traballo co ordenador dende o principio, polas tipografías. O primeiro que penso cando fago revistas son as referencias: que tipo de revista quero ter. Non é o mesmo deseñar Líbero que Tentaciones, non falas coa mesma xente. Teñen que ser códigos distintos e hai moito de documentación. E logo escoller tipografías. En infografías teño unha libreta de batallas e aí pinto todo. Debuxo fatal pero fágoo máis ou menos para despois poñerme a traballar co dixital.

Como vés o mundo do deseño gráfico en Galiza?
Hai moito e moita xente boa. É a hostia pero falta máis traballo. Estudios que molan un montón como Costa que están facendo cousas chulísimas pero estan buscando onde traballar ou con quen traballar. O deseño moi ben, véxoo moi ben. Logo hai certas figuras que xa son maiores e que igual debería haber unha renovación. Mais isto pasa o mesmo en Madrid e en España. O que falta é traballo. Hai dous anos plantexeime volver. Pero xornais... falta apostar pola idea. Por exemplo, nun medio pequeno, como fas que teña máis difusión? É moi complicado hoxe. Xa che digo, deseñadores bos hainos, falta aposta nun xornal, nas institucións, na empresa, na industria. A diferenza é que cando eu era máis novo non había esta valoración do deseño. Cando empecei o deseño era... non lle importaba a ninguén. Pero hoxe está en todos lados. E aquí en Galiza hai moi boa xente e moi boas escolas.

Hai pouco lin unha entrevista a Nacho Padilla –o que foi o director creativo do concello de Madrid con Carmena, e que mudou totalmente a imaxe da cidade– dicía que non é un problema de profesionais, é un problema de aposta, de que se coide. Fai pouco falaba con xente do feito de currar gratis. Son dos que pensa que se pode en todo o que poidas aproveitar para ti mesmo. Eu era rapeiro, como dixen, e facía pola miña conta portadas de discos, para colegas. Sacar un blog, unha revista, un proxecto... ao final trasteas e aprendes.

“Nos medios grandes fan contratos de merda á xente nova. Fan contratos de falso autónomo, pagan moi pouco, non cotiza o mesmo...”

Se muda un pouco a cousa e vés posibilidades reais, voltarías a Galiza?
Igual nuns aniños. Os galegos sempre queremos voltar. Pero paréceme que o tempo pasa demasiado rápido. Cando estaba estudando dixen estudo e traballo un pouco aquí e cando teña trinta anos volto. Chegan os trinta e pensas que inda tés cousas por facer. Cos trinta e cinco foi cando a miña ex moza me falou de voltar a Santiago e dixen espera. Si que apetece voltar. Vexo a Baliño, que foi xefe meu en Público, marchou para Washington, currou no Post, no National Geographic e agora está en Coruña traballando a gustísimo. Igual algo así prestaría. Sempre temos este rollo de voltar.

En medios referentes e moi lidos dos que falas, en España, nos Estados Unidos, o big data xa ten un peso importantísimo na información que consume a xente. Como defines esta tendencia? Simplemente como isto, unha tendencia, ou chegou para ficar?
Ten parte de tendencia. Cada vez vés máis xornalistas de data e é que cada vez recompilamos máis datos ca nunca e está máis presente ca nunca. O que pasa é que se necesita xente que a mostre. Falando coa xente de Materia, da sección de Ciencia de El País... son xente que divulga moi ben, pero son temas que aos científicos se lles escapan como contalos para que se entendan. Creo que o xornalistas de datos forman parte diso, é unha tendencia que presta. Ver todo iso en datos. Ten sentido.

Aquí en España había iniciativas individuais que agora empezan a estruturarse nos medios. Pero era máis por xente como Kiko Llaneras, Paula Guisado en El Mundo, Daniele Grasso, xente que ela mesma decidiron tirar por aí. Agora dánse conta de todo: fan temas interesantes, temas que se moven moitísimo e teñen moitas visitas. Os xefes véno e din, “hostia, dános prestixio e visitas”. Que si, hai que ver o que fai o Times, o Post, o Guardian pero estes apostaron por pezas cada dous tres días de datos que son a hostia. En El País comezamos a facelo e a aposta parece que é verdadeira.

Estudaches xornalismo e vives dende dentro os medios. Percibes algún tipo de crise nos medios? Económica, de contidos, laboral...?
É que pasamos unha crise moi fodida. Nos medios máis. Tiven a sorte, e sempre o falo con xente máis nova ca min, de que entrei no mercado laboral en 2005, 2006. Estaba dentro unha vez estoupou todo. Libreime desa criba pero si que estiven en EREs, no peche de Público, vivino dende dentro. Hai certa recuperación pero é bastante puñeteira. Nos medios grandes fan contratos de merda á xente nova e son periódicos que teñen convenio e hai uns mínimos pero ‘se lo pasan por los huevos’. Fan contratos de falso autónomo, pagan moi pouco, non cotiza o mesmo... fan de todo para saltarse iso. Entón ves xente que leva corenta anos no medio, que está de volta e que non lle apetece facer nada máis, cobrando 100.000 ao ano. E por outra banda, rapaces que fan horas, que lle meten ganas, traen ideas novas e cobran 1.500 euros e pagando eles autónomos.

Despois a crise identitaria creo que se vai solucionando. No País foi brutal esta crise. Creo que poñer a Sol Gallego Díaz foi un recuperar ese rumbo. A min a xente pregúntame ‘Onde curras?’ e cando digo en El País a xente di ‘Ah, de esquerdas’. Non o considero un medio de esquerdas, é parte do sistema. É parte fundamental do sistema e está recuperando a súa identidade, periódico progresista de centro-esquerda... coma o PSOE. Pero o mesmo lle pasa ao partido. O que falabamos antes destas forzas populistas de dereitas. A esperanza que teño eu é que se tiras da corda dun lado, do outro tamén se tire. E a ver se todo muda para este lado.

“A min a xente pregúntame ‘Onde curras?’ e cando digo en El País a xente di ‘Ah, de esquerdas’. Non o considero un medio de esquerdas, é parte do sistema”

Si que vexo certa recuperación grazas a medios como Eldiario, medios nativos que contribúen a esa recuperación e parece que pasamos o peor dentro do xornalismo. Empezan a gastar cartos. Logo está o rollo de que facemos co dixital. Este ano El País será de pago, El Mundo xa o é... como algo que demos gratis tanto anos agora facemos ver á xente que ten que pagalo. O outro día vin un chío en Twitter, un rapaz que dicía que había que rexistrarse para ler opinión. E ten todo o sentido do mundo porque recabas datos para logo pedirlles que se subscriban. E a opinión define o medio neste país aínda que non é ideal. A min dáme un texto traballado, longo, con varias voces, con datos, fotografías máis que a idea de Jabois, e iso que me encanta como escribe Jabois. Os xornalistas somos moi nosos e Twitter convertémolo en noso (risas). E empezamos co de ‘queremos comer’, e claro, queremos comer, queremos que se pague polo noso produto pero hai que escoitar esas voces. Como facemos que esta xente pague polo teu medio. Estamos nesas. Aos medios americanos veulle moi ben Trump para a recuperación da prensa como elemento chave das democracias. Creo que o reto é convencer a xente que hai que pagar.

Rematamos cun test rapidiño:

Amais de Fariña, o traballo feito do que te sintas máis orgulloso.
Líbero como producto sólido, como algo que leva sete anos, penso en cambialo pero é bo. Sempre penso en modificalo, facelo máis pequeniño, facilitar a lectura pero é do que máis orgulloso me sinto porque aguanta e embellece guai.

Un encontro que che prestase.
Paseino moi ben no Depor-Valencia no que baixamos. Con Adrián e Luque... era Luque? Como se chamaba este que levaba as patillas así... Baixamos e paseino moi ben. Estaba ca miña ex moza agora e teño unha lixeira que rompín dunha hostia e aínda a conservo para recordar ese partido. Son do Dépor dende o penalti de Djukic. Fíxenme dos equipos que as pasan putas. Do Raio, subindo e baixando que nunca chegarán a nada. E ese partido desfruteino. E logo por xogo algún da Selección Española e do Barça de desfrutar, de joder que puta maravilla. Ese do Dépor debeu ser en 2011, na última xornada e foi onde mellor o pasei.

O teu lugar preferido en Galiza.
Creo que Santiago, pero gústame moito estar en Meira. Estou pouco, na casa dos meus avós. Veña, direi Meira nas festas do Quince.

O teu prato de comida preferido.
O caldo. E fágoo moi ben. O ano pasado fixen un caldo para a miña avoa, quedoume así e díxome: ‘Sáeche mellor ca min’. Xa está (risas).

Un libro que recomendes.
Cabalos e lobos de Fran P. Lorenzo. Foi o meu primeiro xefe en El Correo Gallego. Fixo unha novela, gañou o Premio Xerais e encántame a novela e el é un tipo top. O meu primeiro xefe.

Sabemos que es moito de vinilos, algún en particular?
Donuts, de J Dilla. É a hostia, todo sampleos. O mellor disco de rap e da historia, eu creo.

Deseñadores aos que sigues, nos que te fixas.
Agora, Matt Willey que estivo no New York Times e agora está en Pentagram. Top do deseño. Diego Areso, que foi meu xefe ata foi pouco, é o director de arte de El País e dos que máis aprendín. Óscar Germade está facendo cousas moi guapas en Vogue, Álvaro Valliño é brutal todo o que fai, Samuel Granados todo en infografía increíble e Diego Quijano, que é meu colega e co que fago as cousas. Cando se me atasca algunha portada, ‘Oye que pensas’ ‘Puta mierda’. E volvo a empezar todo (risas).

A últimísima. A raíz dunha entrevista con Gonzo faloume dun partido ficcionado dos seus soños: un Celta – Dépor de final de Copa de Europa.
Estaba pensando niso mentres falabas. Gustaríame pero ía pasalo fatal. Apagaría o móvil seguro. Pero veña, cambiaría o Celta polo Compos (risas). E aí non sabería a quen animar. Igual iría co Compos, eh.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Análisis
Análisis La Unión Europea, desenfocada y en segundo plano
Después de más de dos años de apasionados discursos sobre los valores europeos y de numerosos paquetes de sanciones a Rusia, la Unión Europea veía cómo Washington la dejaba a la puerta de las negociaciones.
Análisis
Análisis Trump encima de la bola de derribo: los aranceles y el final del capitalismo
Casi con toda seguridad, los posibles aranceles impuestos por Trump a la Unión Europea inclinarán la siempre precaria balanza de las fuerzas políticas y económicas en la UE hacia la derecha
Cine
Kamal Aljafari “Palestina está en la raíz de la situación actual del mundo”
Kamal Aljafari lleva toda su carrera trabajando con materiales de archivo, indagando en las imágenes e interviniendo en ellas para preservar memorias en desaparición y para oponerse al proyecto colonial sionista y su falseamiento del pasado.
Paterna
Paterna Vandalizan el muro de Paterna donde el franquismo fusiló a 2.238 personas
El paredón amaneció este viernes con grandes letras pintadas con spray negro donde se podía leer “Sagredo eres maricón y tarado”, en referencia al alcalde del municipio.
Opinión
Derecho a la vivienda Flex Living: el caballo de Troya de la precarización del alquiler
No es una respuesta moderna a las nuevas formas de habitar la ciudad. El ‘flex living’ no es más que la última jugada del sector inmobiliario y los grandes fondos de inversión para maximizar beneficios a costa del derecho a la vivienda.
Opinión
Opinión ¡Que vivan los aranceles!
Que Trump propugne aranceles no debe hacernos caer en la trampa de defender los intereses de los grandes oligopolios.

Últimas

Madrid
La burbuja del alquiler Sumar, Podemos y sindicatos de inquilinos presionan para convertir en indefinidos los contratos de alquiler
Sumar lanza una propuesta legislativa para transformar en indefinidos los contratos de alquiler, una de las principales demandas de la manifestación por la vivienda del 5 de abril. Una moción de Podemos, rechazada en el Congreso, pedía lo mismo.
Comunidad de Madrid
Movilización por la educación 23F: el día que una veintena de colectivos llenarán de verde Madrid para defender la educación pública
La comunidad educativa de todos los niveles en la enseñanza se prepara para una movilización que arrancará a las 12:00 horas desde Atocha hasta Sol, en la región que menos invierte en educación por estudiante.
Política
El Salto Radio Podcast | ¿Cancelar la cancelación?
Hablamos con Antonio Gómez Villar, a partir de su libro “Cancelar no es transformar” sobre malos entendidos y límites de esta acción política
Opinión
Opinión ¡Que vivan los aranceles!
Que Trump propugne aranceles no debe hacernos caer en la trampa de defender los intereses de los grandes oligopolios.
Galicia
Memoria histórica Cultura, exilio y lucha de las bibliotecarias gallegas durante la Segunda República
Durante los primeros años treinta, las bibliotecas se convirtieron en espacios de trabajo ideales para un modelo de mujer que aspiraba ser independiente y que había manifestado un claro compromiso político. La Guerra acabó con todas sus aspiraciones.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Sindicatos piden el cese de la dirección del Hospital 12 de Octubre tras las obras de remodelación
Los problemas con las nuevas instalaciones han cristalizado en una unión sindical que ha reclamado formalmente el fin de la cúpula de dirección tras ser “ignorados” de manera “sistemática”.
Opinión
Opinión La unidad del anarcosindicalismo es la acción conjunta
Al hilo de supuestos movimientos desde la CGT hacia la unificación con CNT es necesario diferenciar entre lo que es una relación en clara mejora y lo que sería un proyecto real en marcha.

Recomendadas

Líbano
Ocupación israelí Israel incumple el acuerdo de paz y mantiene tropas en el sur de Líbano para “vigilar” a Hezbollah
El Ejército sostiene la ocupación de cinco colinas a lo largo de la frontera tras evacuar sus soldados de decenas de municipios. Miles de civiles regresan a sus casas para descubrir que lo han perdido todo.
Feminismos
Ana Bueriberi “El activismo tiene que ser colectivo: para contribuir al cambio es imprescindible despersonalizar la causa”
La periodista madrileña Ana Bueriberi reconoce que no sintió la discriminación hasta que llegó a la Universidad. Hoy, desde el proyecto Afrocolectiva reivindica una comunicación antirracista, afrofeminista y panafricanista.
Inteligencia artificial
Militarismo La máquina de los asesinatos en masa: Silicon Valley abraza la guerra
Las fantasías distópicas sobre los futuros usos de las máquinas en la guerra están más extendidas que el relato de lo que ya está pasando en los campos de batalla.