Medio ambiente
A velutina, un exército en expansión

A loita contra a avespa foránea intensifícase dende diferentes frontes para limitar o seu impacto no medio ambiente mentres o perigoso insecto continúa a súa expansión por todos os municipios galegos. 

Velutina
Raíña de velutina voando sobre unha camelia. Xurxo Guitián
17 nov 2018 12:45

O Codex Calixtinus describía o territorio galego no século XII como un lugar “abundante en pan de centeo e sidra, ben abastecido en gandos e cabalerías, en leite e mel, e en pescados de mar grandes e pequenos”. O famoso manuscrito, versión medieval das guías turísticas destinadas a peregrinos que se dirixen a Compostela, deixa pistas sobre as virtudes daquela paisaxe afastada no tempo pero perdurable en esencia.

Os fenómenos naturais e a acción da humanidade motivaron diversas mudanzas no medio ambiente da zona, pero unha especie foránea súmase con enerxía ao resto de ameazas que fracturan o esquema tradicional do ecosistema galego: a Vespa velutina, un insecto que procede do continente asiático, entrou como polisón en Francia e desenvolveu un exército especialmente numeroso na costa galega e en toda a cornixa cantábrica.

Unha raíña desta especie entrou no porto de Bordeos en 2004 a través dun cargamento que saíra da China. A súa presenza en Galiza detectouse en 2012; dende entón, o seu crecemento volveuse exponencial. Comezaba o gran masacre de abellas.

A velutina estendeuse na práctica totalidade dos concellos galegos. O clima favoreceu, sobre todo no litoral, o asentamento da avespa asiática: a suavidade das temperaturas; a abundancia de canles hidráulicas como ríos e regatos, que cobren a necesidade de utilizar auga para soster a colonia; unha masa forestal densa e diversa que proporciona recunchos óptimos para aniñar, así como fibras e materiais vexetais para a súa construción, e a rica e voluminosa poboación de insectos con que alimentarse, son factores que representan o edén para esta invasora.

A presenza da Vespa velutina en Galiza detectouse en 2012; dende entón, o seu crecemento volveuse exponencial

As persoas, en principio, non corren perigo se permanecen, cando menos, a cinco metros do niño. Menos do 1% da poboación sofre alerxia; se non se pertence a este grupo, só se padece unha dor intensa en caso de picadura. Porén, máis de oito picadas transmiten un risco máximo.

O aguillón da velutina mide preto de seis milímetros e cuspe veleno a distancia. O traxe de apicultor non serve de escudo ante ela. Traballadores forestais e colleiteiros de froita integran os colectivos profesionais máis expostos á avespa asiática.

O AZUCRADO CÓCTEL DA MORTE

As raíñas fecundadoras desta especie exótica elaboran niños primarios en lugares resgardados ao deixar atrás o inverno. Estas creacións provisionais non superan o tamaño dun limón grande. Cando nacen as obreiras, emigran coa nai ao monte e constrúen o niño secundario, que acada un metro de altura e 80 centímetros de ancho.
A sociedade no seu conxunto pode colaborar na captura de raíñas coa preparación e colocación de trampas caseiras cunha botella de plástico na que se introduce unha mestura de xugo de froitas ou azucre e produtos alcohólicos en diferente proporción. Tamén existen trampas comerciais e líquidos atraentes, pero este método non é selectivo, malia que o alcohol, cando menos, repele ás abellas.

Xesús Asorey, voceiro da Asociación Galega de Apicultura (AGA), subliña que “o importante é experimentar co trampeo en primavera; raíña que capturas, niño que impides. No verán podes atrapar moitos individuos, pero un niño grande de velutina chega a albergar entre 15.000 e 18.000 avespas”.

Xesús Asorey, voceiro da AGA: “Un niño grande de velutina chega a albergar entre 15.000 e 18.000 avespas”

A arpa eléctrica situada en pequenas colmeas amosa unha maior eficacia en canto á selección de especies. Este artefacto mecánico torra á avespa asiática debido a que a distancia entre os arames non é suficiente para permitirlle o paso e, ao mesmo tempo, non limita o acceso doutra clase de insectos. A pega atópase, aquí, no efecto disuasorio que se percibe un par de horas despois da súa colocación. O tacticismo está moi presente no mundo animal.

Á PROCURA DE NOVOS SISTEMAS

Un consenso explícito ao redor deste conflito permite afirmar que na actualidade non existen medios para exterminar esta praga e só se aspira a evitar no posible a influencia da velutina no medio ambiente.

Un documento publicado pola Asociación Nacional de Apicultura Francesa (UNAF) na revista Abeilles et fleurs o pasado mes de marzo sinalaba algúns dos factores que abriron o camiño á expansión da velutina: a falta de depredadores que ataquen directamente esta especie, o potencial reprodutivo desta clase de avespa e a demora na actuación dos poderes públicos baixo o pretexto da alta mortaldade das raíñas que hibernan e centrando o foco no establecemento de trampas nas proximidades dos apiarios.

A investigación científica entra en xogo co esforzo prioritario de descubrir unha feronoma que produza un efecto chamada exclusivo sobre esta invasora. Asorey, biólogo xubilado, indica que un grupo francés de investigadores confía en achar esta substancia contra o ano 2020 e aposta pola loita biolóxica.

A empresa Aerocámaras, fundada en Lalín, traballa dende hai máis de dous anos na fabricación dun dron innovador con capacidade para acceder aos puntos máis delicados e inocular un insecticida sobre o niño que acabe cunha colonia de avespas en escasos minutos. O dron controlaríase dende unha distancia de ata medio quilómetro e actuaría con absoluta precisión.

A PROVINCIA MÁIS RESISTENTE

Ourense é terra de apicultores profesionais. O pequeno reino da produción de mel. Esta provincia, na que o número de colmeas por apicultor rolda as 70, case o triplo que noutras zonas de Galiza, padece sobre todo a praga de velutina ao longo do Miño, mais goza de lixeiras vantaxes no combate contra esta especie debido a algunhas características especiais.

O clima ourensán diferénciase en particular de lugares máis próximos á costa pola oscilación térmica que se experimenta durante o ano. A menor humidade e o profundo contraste entre as temperaturas máximas e mínimas que se rexistran na provincia castigan con forza á avespa asiática.

Medio ambiente
A defensa común dunha aliada da natureza
O Día Mundial na honra das abellas pon de manifesto o seu rol como garante da biodiversidade

Esta contorna acolle as maiores concentracións de Vespa crabro de toda Galiza. Esta especie, coñecida tamén como abázcaro europeo, garda certa similitude coa avespa asiática e mesmo supera individualmente as súas dimensións. A crabro tamén visita os apiarios con intencións pouco amigables e caza ás abellas máis febles ou fatigadas con frecuencia a finais do verán, pero saborea, sobre todo, unha cantidade notable de moscas. O número de exemplares de cada niño, ademais, é sensiblemente inferior ao da velutina.

Tropas menos abundantes pero moi corpulentas que pode entrar en competencia co exótico rival que pon en xaque o escenario tradicional. “Só se trata de conxecturas ata o de agora, pero non é descartable que o abázcaro europeo estea a facer fronte no seu hábitat máis axeitado á velutina”, suxire Asorey.

CONSECUENCIAS SECTORIAIS

Os efectos en cadea de mudanzas drásticas na biodiversidade autóctona amosan dun xeito rápido e manifesto a capacidade destrutiva da especie invasora en forma de perda económica. Apicultura, agricultura e fruticultura son sectores gravemente afectados.

“A área onde máis se acusa a presenza da velutina coincide cos lugares onde traballan pequenos agricultores e, en moitos casos, mataron todas as súas colmeas”, indica o voceiro de AGA, quen estima que “a produción descendeu entre un 30% e un 40%” dende a expansión da praga. Asorey lembra, non obstante, que o uso masivo de pesticidas provoca serias complicacións para esta actividade e o conxunto do medio ambiente dende hai lustros.

A voracidade da avespa asiática obriga aos apicultores a afrontar novos gastos de tempo e diñeiro en alimentación extra para as abellas co obxectivo de evitar a súa desnutrición na época en que o risco de saír ao exterior motiva terror neste insecto, que procura resignarse a permanecer refuxiado. A produción de mel efectúase entre os meses de febreiro e xuño, pero as abellas continúan almacenando comida durante o verán, cando a velutina inicia o seu acoso ás colmeas.

A voracidade da avespa asiática obriga aos apicultores a afrontar novos gastos de tempo e diñeiro en alimentación extra para as abellas

No presente ano, a aparición tardía da meteoroloxía propiamente primaveral contribuíu a que minguase a produción de mel, pois as abellas traballan con tempo máis cálido e seco que o que caracteriza ao inverno galego. “As xeadas serodias da pasada primavera queimaron todas as flores, e a seca tan pertinaz que aturamos no verán e no outono provocou que as abellas ficasen cun mínimo de efectivos; entraron debilitadas no inverno e moitas delas morren agora coa problemática deste ano”, afirma Xesús Asorey, quen destaca que 2017 representou a temporada “de produción máis cativa” que lembra e alerta da “acentuación dos microclimas dentro de Galiza”, o que “transforma o ciclo biolóxico das abellas”.

Este panorama tenebroso impulsa na propia natureza métodos de defensa en equipo para protexerse do ataque da especie rival. As abellas, que poden organizar unha cobertura case perfecta para protexer o panal, sacoden as súas ás arredor dunha avespa se esta penetra en territorio comanche. A elevación de temperatura acaba así co insecto non benvido; o temible abázcaro convértese en velutina ao forno. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Almería
Medio ambiente La demolición del Algarrobico será “este mismo año”
El Gobierno ha publicado en el BOE el proceso de expropiación de la parcela. La ministra de Hacienda asegura que el derribo será “con o sin la colaboración de la Junta de Andalucía”.
Estados Unidos
Estados Unidos La buena sintonía entre Trump y Meloni
Como era de esperar, los mandatarios mostraron afinidades políticas e ideológicas. La italiana insistió en la idea de “fortalecer Occidente”.
Valencià
València Duelo colectivo y brecha de género, las consecuencias de la dana en la salud mental
Más allá de lo material, el sufrimiento mental continúa golpeando las vidas de l´Horta Sud. Mujeres cuidadoras y colectivos vulnerables encabezan un luto que todavía no ha encontrado descanso.
Galicia
Galicia La UE cava hondo: litio gallego para el nuevo militarismo europeo
En pleno rearme ordenado desde Bruselas, Galicia entra en el tablero geopolítico como potencial proveedor de litio para la industria de defensa. Un enclave de alto valor ecológico en Doade (Ourense) se convertirá en cantera para baterías militares.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Almería
Artes escénicas Almería reclama su (dancístico) lugar
A menudo relegada al olvido en los mapas culturales, esta provincia oriental sigue siendo una gran desconocida, a pesar de su riqueza histórica, su diversidad paisajística y su potencia creativa.

Últimas

Series
Series Masculinidad hegemónica o plomo: la sátira contra los hombres en ‘The White Lotus’
La serie culmina de forma trágica, llevando al extremo la lógica neoliberal, y se cuestiona si es posible una transformación que no termine cooptada por el propio patriarcado.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.

Recomendadas

Series
Series Masculinidad hegemónica o plomo: la sátira contra los hombres en ‘The White Lotus’
La serie culmina de forma trágica, llevando al extremo la lógica neoliberal, y se cuestiona si es posible una transformación que no termine cooptada por el propio patriarcado.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
Camboya
Camboya 50 años del inicio del genocidio en Camboya
El régimen de Pol Pot acabó con la vida de más de dos millones de personas. Solo tres integrantes de los Jemeres Rojos han sido condenados por crímenes contra la humanidad.
Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.