Laboral
Long Hope: a loita de 12.000 mariñeiros mercantes contra Noruega polas súas pensións

O país nórdico négalles as pagas aos que traballaron nos seus buques até 1994, data da súa entrada na CEE. “Excluíronnos da seguridade social mentres nos obrigaban a pagar impostos”, defende Alberto Paz, voceiro dun colectivo que demandou a Noruega ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.
Long Hope 1
Representantes da Asociación Long Hope, no 1º de Maio de Oslo en 2015. Foto: Long Hope.
24 nov 2020 08:05

Esta é a historia de 12.000 mariños mercantes —8.000 deles galegos— que durante décadas traballaron para barcos de Noruega. Homes e mulleres que hoxe reclaman as súas pensións polos anos nos que se eslombaron. Pagas que o Estado nórdico lles nega baixo o pretexto de que nunca residiron neste país ao estar nos buques. Polo tanto, segundo os noruegueses, non cotizaron nin teñen dereito a remuneración algunha. “Noruega excluíunos da seguridade social! E obrigounos a pagar impostos durante anos. Queremos que nos recoñezan os dereitos sociais que nos corresponden”.

Quen fala é Alberto Paz, o incansable voceiro da Asociación Long Hope que agrupa a milleiros de operarios españois da mariña mercante norueguesa. Unha organización nacida en 2008 e que acumula centos de manifestacións por toda Europa. E non só iso: busca sentar a Noruega no banco do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) de Estrasburgo, no que presentaron unha demanda que esperan sexa admitida a trámite. Último paso logo de esgotar todas as vías da xustiza do país nórdico. “Fixémolo todo pola nosa conta. Estamos a piques de conseguir que xulguen o terceiro Estado con maior renda per cápita do mundo. Para nós iso xa é un éxito! Pedimos ao Goberno español que se persoe nesta demanda para sumar forzas”, conta.

Long Hope 6
A Asociación Long Hope, cunha pancarta que referencia o 'Sos' de Manuel Antonio. Foto: Long Hope.

Para negarlles a pensión, Noruega argumenta que estes traballadores nunca estiveron empadroados en terra, malia que si pagaron impostos neste país durante toda a súa carreira profesional. “Aos noruegueses que daquela residían no exterior si se lles permitiu cotizar. Foi unha situación racista. Isto contravén o artigo 14 do Convenio Europeo de Dereitos Humanos”, defende Paz, quen ten acumulado saber xurídico logo de anos de loita.

A citada sección alude á “prohibición de discriminación”. Literalmente, “o goce dos dereitos e liberdades recoñecidos no presente Convenio teñen que asegurarse sen distinción algunha, especialmente por razóns de sexo, raza, color, lingua, relixión, opinión política ou outras, orixe nacional ou social, pertenza a unha minoría nacional, fortuna, nacemento ou calquera outra situación”.

Long Hope 3
Long Hope concentrouse en Oslo en 2017 na entrega dos Premios Nobel. Foto: Long Hope.

A MERCANTE ESPAÑOLA EN NORUEGA: DENDE A II GM

Para entender este conflito hai que acudir á propia historia da mariña mercante en Noruega. Paz, que marchou con 17 anos para aló, relátaa punto por punto. “A presenza de españois nestes barcos remóntase á Segunda Guerra Mundial. Daquela morreron centos polos que Noruega nunca respondeu. Ninguén cobrou un céntimo”, lembra. No 1957, armadores deste país foron a España en busca de persoal para crear unha das maiores flotas de mariños mercantes do mundo, “e onde había xente cualificada para traballar neste sector? En Galicia. Foron os mellores e máis novos profesionais, os desertores do arado”.

No 1962 veu outra delegación de Noruega que reclutou a 3.500 novos traballadores. Un ano despois asinouse un convenio sobre dupla imposición baixo a promesa de facer un convenio bilateral. Os traballadores españois comezaron a pagar impostos: un 10% do salario os casados e o 15% os solteiros. “En 1970 xa comezamos a contribuir coma os nacionais, pagando taxas de ata un 30% do que percibiamos. Como quen di, estabamos pagando por traballar… Pero de convenio, nada”, detalla Alberto Paz.

Así, ata 1994, cando Noruega entrou na Comunidade Económica Europea (CEE) e cambiou o regulamento. Pero para todos aqueles que prestaran servizo ata entón, xa era tarde. Ben, xa viña sendo tarde dende hai anos. Despois dun novo acordo frustrado en 1982, Noruega comezou a substituír os traballadores españois e doutros países europeos por outros de orixe filipina. “Eles foron moi hábiles cando ingresaron na CEE. España puido vetar a súa entrada para que nos regularizasen con carácter retroactivo. Sempre puido facer máis do que fixo, pero as embaixadas actúan sobre os ditados do Goberno”, critica.

“Noruega acumula ata 40 demandas no TEDH. É o país de Europa que máis ten por habitante. Aló non existe liberdade de prensa”.

Alberto Paz di non ser “antinoruego” e dirixe a súa crítica cara ás institucións: “Noruega é un país semicomunista, no que non existe liberdade de prensa. Ata 40 demandas foron aceptadas a trámite no TEDH. Dez delas foron xulgadas, con sete condenas severas. Ten 30 pendentes de xuízo. Polo que é o país con máis demandas de Europa por habitante. Rusia ten un número maior pero con 295 millóns de habitantes polos cinco de Noruega. Eles pensan que son o centro do Mundo e non son nada. Malia o petróleo que exportan, estarían nunha grave crise sen Europa, o seu principal comprador. Xa poderían dedicarse entón a engraxar cadeas ou a esnifar o seu gas…”, di un home moi firme en todas as súas respostas. Alguén que xa polo 1975 deu na conta de que algo non ulía ben no seu traballo.

Long Hope 2
Alberto Paz, xunto a Alfonso Dastis, ex ministro de Asuntos de Exteriores. Foto: Long Hope.

“Pero nos barcos non había con quen falar do tema. E moitos pasaban: ‘Nós aquí vimos ás pesetas’, dicían. Sendo dous ou tres non se podía facer moito. A xente foi submisa. Botaron anos sen facer nada. Iso, malia os atropelos que se daban. Tiñamos sindicación obrigatoria pero as organizacións só defendían aos noruegos. Aos mariños galegos, salvo excepcións coma min, nin sequera lles pagaba a viaxe de volta cando tiñan vacacións”, conta este home de mar retirado.

Vendo o panorama, decidiu emigrar a Dinamarca en 1986, país do que si percibe unha pensión polos anos traballados. Comezou tamén ese ano a buscar información sobre o caso noruego. Individualmente reclamou a devolución de impostos pagados. Petición denegada. En 2010 retomou o tema e foi cando a Asociación Long Hope trabou contacto con el. Unha organización que naceu dun xeito bastante peculiar: “Montaran unha asociación para o intercambio cultural con Noruega… Que iamos intercambiar se non coñecemos nin o noso! Querían ir polas boas...”.

Coa mudanza da directiva comezou entón un carrusel de movementos e reunións con representantes e institucións de todo tipo… Con Joaquín Nieto, responsable da Organización Internacional do Traballo en España, cos ex ministros españois de Asuntos Exteriores Josep Borrell e Alfonso Dastis; co director da confederación de sindicatos noruegueses, co embaixador de Noruega en Madrid, con secretarios de Estado do país nórdico…

“Cheguei a contactar con Durão Barroso, o presidente da Comisión Europea, quen me recoñeceu por carta que a nosa era unha cuestión certamente gravosa e que era preciso levala ao TEDH”, engade Paz. A todos estes encontros hai que unirlle longas horas en arquivos recollendo material. Despois viñeron os xuízos nos tribunais noruegueses. Movementos todos encamiñados cara á batalla final do TEDH e para a visibilización do conflito. Ata o punto de conseguir os servizos dun dos avogados máis mediáticos do país, Marius Reikerås, punta de lanza contra o servizo de protección infantil noruego, entre outras causas.

A NEGACIÓN DO PARAÍSO NÓRDICO: “É PURA PROPAGANDA”

Long Hope tamén contou co asesoramento de Xosé Manuel Carril, profesor de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade da Coruña. Elaborou informes sobre as sentencias que a asociación foi recibindo dos tribunais de Noruega. Estes esgrimiron que os mariñeiros españois non pagaron as contribucións ao rexime nacional de pensións e ao rexime nacional de pensións para mariñeiros, a diferenza dos traballadores nacionais deste sector.

Fronte a isto, Carril argumentou que na cuestión material si houbo diferenzas por razón de nacionalidade, cun trato preferencial para os noruegueses, porque “o importante está na razón pola que uns puideron cotizar e outros non, alén do feito de que non é certo que existan diferenzas no pago de impostos”, xa que os embarcados españois pagaron os mesmos. E respecto á seguridade social, tamén houbo discriminación, porque para o cumprimento da afiliación e posterior cotización, a residencia en Noruega só se lle esixe ós estranxeiros e non, por exemplo, aos noruegos que están no exterior.

Long Hope 4
Os mariños denuncian a actuación Noruega e a inacción española. Foto: Long Hope.

“Imaxinade que aos emigrantes que hai en España se lles fai pagar o IRPF coma o resto. Como ten que ser. Pero chegado o momento da xubilación, mándalos ao seu país sen cobrar”, resume Alberto Paz, quen tamén reflexiona sobre o sistema de pensións do país nórdico. “En España viven 53.000 noruegueses. Lonxe do que se pensa, non están aquí por motivos de saúde, polo bo clima.. É porque aló morren de fame coas pensións que se cobran en comparación co nivel de vida que hai. Basta ver a situación das residencias. A pensión máxima é só 100 euros máis que a máxima en España (2.683 euros en 2020). Dá para vivir malamente nun país no que un café vale cinco euros ou unha cervexa catorce. Non existe tal paraíso nórdico. É pura propaganda”, asevera Paz, quen tamén fala da desigual resposta institucional fronte ás demandas da Long Hope.

En 2018, Pedro Sánchez falou con Erna Solberg, primeira ministra de Noruega, sobre as demandas destes mariñeiros, quen teñen denunciado a inacción do Partido Popular. En 2016, a Xunta chegou a ofrecerlles 70.000 euros en campaña electoral para “financiar as súas accións reivindicativas”. “Tentaron mercarnos. Somos maiores pero non imbéciles”, declarou daquela Alberto Paz. Recentemente, o Goberno español respondía unha pregunta de Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso, no que mantiña o seu compromiso de presentarse na causa contra Noruega. Mais como “terceiro intervinte”.

Durante anos Long Hope ven reclamando ao Estado unha demanda interestatal que tería evitado o seu periplo polos tribunais noruegueses. Sería tempo gañado para un colectivo que malia o seu entusiasmo sabe que o cronómetro xoga na súa contra. Unha vintena de demandantes perderon a vida esperando a súa pensión. Malia todo, e á espera de se Estrasburgo admite a trámite a súa demanda, o colectivo do que forma parte Alberto Paz promete seguir dando batalla, exhibindo a pancarta multilingüe de “Esiximos a Noruega o dereito a pensión” onde consideren: “Que esteamos na casa pola situación non quere dicir que esteamos durmidos. Aquí trabállase sempre. Se non pode ser físicamente, telemáticamente. Sabemos que a razón e o dereito nos acompañan e ímolo conseguir”.

Pesca
“No puede ser que el pescador pase hambre”: el covid-19 acentúa la crisis del sector
Tras una bajada general en los precios del pescado, trabajadores del conjunto del Estado denuncian la insuficiencia de las ayudas en un sector ya precarizado. “Trabajar lo mismo y cobrar subordinados al precio de mercado”, desestabiliza el salario de muchos marineros.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Sáhara Occidental
Sáhara Seis empresas galegas participan da explotación pesqueira en territorios ocupados
Á vulneración constante dos dereitos humanos no Sáhara Occidental ocupado únese un segredo a voces: o espolio de recursos naturais saharauís por parte de empresas europeas. Moitas delas, galegas.
Pesca
Pesca Cazadores de redes fantasma del mediterráneo
El 10% de residuos del océano son redes de pesca, también conocidas como redes fantasmas. Expertos del sector científico impulsan proyectos en el País Valencià para mitigar su impacto.
Genocidio
Genocidio El TPI emite la orden de detención contra Netanyahu y Gallant por crímenes de guerra
La Sala de Cuestiones Preliminares del TPI rechaza las impugnaciones de competencia formuladas por el Estado de Israel y emite órdenes de arresto contra Benjamin Netanyahu y Yoav Gallant.
COP29
Cumbre del clima La COP29 encara su última jornada con un final agónico sin acuerdo en los temas clave
Los borradores de los textos de negociación sobre la mesa quedan muy lejos de un acuerdo sobre financiación climática en línea con las necesidades para que el planeta no rebase los 1,5ºC de calentamiento medio.
Crisis climática
Informe de Unicef El cambio climático multiplicará por tres la exposición de los niños y niñas a las inundaciones para 2050
Es la proyección que hace Unicef en su informe 'El Estado Mundial de la Infancia 2024'. La exposición a olas de calor extremas será ocho veces mayor para 2050 respecto a la década del 2000. “El futuro de todos los niños y las niñas está en peligro”, advierte la agencia de la ONU.
Barcelona
Derecho a la vivienda El hartazgo por la vivienda impagable se da cita este 23 de noviembre en Barcelona
El amplio movimiento por la vivienda catalán, sindicatos y organizaciones vecinales, sociales y soberanistas demandan soluciones urgentes ante una crisis de vivienda sin solución a la vista
Tribuna
Tribuna Vivienda: es hora de organizarnos
La situación de crisis inmobiliaria nos exige leer el momento para acertar en las batallas que debemos dar ahora, reflexionar sobre los modos de acción colectiva y lograr articular una respuesta política amplia.
Turismo
Opinión Abolir el turismo
VV.AA.
Lleguemos a donde lleguemos, no puede ser que sea más fácil imaginar el fin del capitalismo que el fin del turismo.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Los sindicatos denuncian a la Comunidad de Madrid por exponer a sus sanitarios a “gravísimos” riesgos
Solicitan la mayor indemnización económica pedida contra una administración por no contar con un verdadero plan de prevención de riesgos laborales para atención primaria.
Racismo
Racismo institucional Diallo Sissoko, una víctima más del sistema de acogida a migrantes
La muerte de este ciudadano maliense durante su encierro en el CAED de Alcalá de Henares ha puesto de manifiesto algunas de las deficiencias del sistema de acogida a migrantes en el Estado español.

Últimas

Palabras contra el Abismo
Palabras contra el Abismo Lee un capítulo de ‘Café Abismo’, la primera novela de Sarah Babiker
El barrio es el espacio físico y social en los que transcurre ‘Café Abismo’, la primera novela de la responsable de Migraciones y Antirracismo de El Salto, Sarah Babiker.
Violencia machista
25 de noviembre Con el lema “Juntas, el miedo cambia de bando”, el movimiento feminista llama a organizarse este 25N
En un año en el que ha vuelto al primer plano el debate público sobre la violencia patriarcal sistémica que siguen padeciendo las mujeres, la marcha del 25 de noviembre vuelve a las calles el próximo lunes.
Más noticias
Comunidad de Madrid
Paro del profesorado Nueva jornada de huelga en la educación pública madrileña
Este jueves 21 de noviembre el profesorado se vuelve a levantar contra las políticas del gobierno de Díaz Ayuso, que mantiene paralizadas las negociaciones para mejorar sus condiciones laborales.
València
dana A las 20:11, era tarde
Todavía conservamos el horror de cientos de coches amontonados y arrastrados por la riada. Es por esos millones de turismos y sus emisiones ─aunque no solo─ que vivimos en un planeta que se está calentando demasiado rápido.

Recomendadas

Memoria histórica
Memoria histórica Museo del franquismo, ¿eso dónde está?
España sigue ajena a la proliferación mundial de espacios museísticos dedicados a dictaduras y resistencias democráticas.
València
Dana y vivienda “La crisis de vivienda multiplicada por mil”: la dana evidencia el fracaso de las políticas del PP en València
La dana ha dejado a miles de familias sin hogar. Ante la inacción de las instituciones, han sido las redes familiares las que han asumido el peso de la ayuda. La Generalitat, tras décadas de mala gestión, solo ha podido ofrecer 314 pisos públicos.