Feminismos
Sabías que as mulleres levamos ideando cidades máis habitábeis desde o s. XIX?

Cando deixaron as crianzas de iren soas á escola? Cando comezamos a considerar imprescindíbel usar o coche tamén para iso? Cando deixou a cativada de xogar na rúa?

Columpio y niños
Nenas e nenas xogan nunha zona de columpios David F. Sabadell

Román e Pernas respondían así hai 11 anos, hoxe as cifras serán aínda peores: «Un só dato é suficientemente gráfico para ilustrar o fracaso do noso sistema urbano para prover á infancia dun espazo á súa medida: a principios dos anos setenta, o 80% dos nenos de sete e oito anos ía ao colexio pola súa conta, sen acompañamento adulto; nos anos noventa, esta cifra cae ao 9%. (...) A mocidade, cando logra librarse do confinamento infantil e sae de casa sen vixilancia paterna, descobre que a cidade tampouco lles pertence. Socialmente predomina unha imaxe negativa da mocidade urbana e iso reflíctese no espazo público que se lles nega ou se pecha á súa presenza. Os mozos e mozas, son vistos como incívicos, como desorde ou como ameaza»

O asunto do transporte non é un tema menor. Segundo o estudo da investigadora da Universitat Autònoma de Barcelona Carme Miralles-Guaschque os homes e as mulleres non se moven da mesma maneira: as mulleres tenden a desprazarse máis a pé e en transporte público, entre outras cousas porque, se na familia só hai un coche, os homes teñen máis acceso a el. Criado Pérez engade que «as diferenzas tamén se observan nos motivos polos que se desprazan. O máis probábel é que os homes teñan un patrón de mobilidade bastante simple: entran e saen da cidade dúas veces ao día. Mentres que o patrón das mulleres tende a ser máis complicado. As mulleres realizan o 75% do traballo non remunerado do mundo, o que afecta as súas necesidades de desprazarse. Un patrón de desprazamento feminino típico implica, por exemplo, deixar aos nenos na escola antes de ir traballar, levar a un parente maior ao médico e facer a compra de regreso a casa. A isto chámaselle encadeamento de desprazamentos, un patrón de mobilidade que se observou nas mulleres de todo o mundo e que consiste en varios desprazamentos curtos interconectados». Por iso é tan importante para as mulleres que todo quede perto: a casa, o traballo, as compras, as escolas… non poden ser entes illados senón conectados a distancias asumíbeis a pé ou en transporte público accesíbel nun máximo de 15 minutos, como opina Willsher.

Os homes e as mulleres non se moven da mesma maneira: as mulleres tenden a desprazarse máis a pé e en transporte público
Feminismos
A túa vila é máis androcéntrica do que nunca imaxinarías
VV.AA.

Segunda parte da serie de artigos nos que MaterFEM (Maternidades Feministas Galegas) reflexiona sobre o lugar que os coidados e o benestar ocupan nas nosas vilas e cidades. Nesta entrega as autoras cuestionan a suposta neutralidade dunha arquitectura e dun urbanismo configurados a través dos séculos segundo os valores dunha universalidade que escondía, e ainda esconde, que o suxeito dos dereitos de cidadanía é masculino.

O cambio para construír cidades máis humanizadas é posíbel. Un exemplo disto é a cidade de Pontevedra, referente a nivel internacional. Dende finais dos anos 90, a cidade foi transformando o seu urbanismo, realizando políticas a favor da mobilidade a pé das persoas e da mellora da calidade ambiental. Algúns dos cambios que se produciron ao longo dos anos foron: estreitar os carrís, anchear as beirarrúas, subir os pasos de peóns ao nivel da beirarrúa para obrigar aos coches a continuas desaceleracións, diminuír a velocidade permitida (30 km/h, e nalgúns lugares até 20 Km/h), adherirse á experiencia do camiño escolar (un plan que persegue que as e os escolares poidan desprazarse sós dende as súas casas ao centro educativo, a través de prácticas de mobilidade sostíbeis e coa promoción da autonomía e responsabilidade da infancia, eliminar as barreiras arquitectónicas, incrementar espazos públicos e áreas verdes, eliminar o estacionamento regulado na cidade (substituíndoo por estacionamento gratuíto no centro por tempos curtos de 15 minutos ou grandes parkings gratuítos permanentes na periferia), creación do Metrominuto (un plano da cidade que indica a distancia a pé entre varios puntos expresada en minutos, para desanimar a facer un uso abusivo do coche), etc.

A transformación desta cidade está inspirada nunha das obras de Tonucci, A cidade dos nenos, que parte da filosofía de que a infancia é o elemento clave para repensar a cidade, pois se a cidade é comoda para a infancia será cómoda para toda a cidadanía.

Vinte anos despois da iniciación destes cambios, pódense demostrar diferentes beneficios obtidos (a nivel social, ambiental, de saúde…). Nomeamos algúns: lograr que o 70% dos desprazamentos se produzan a pé ou en bicicleta; reducir nun 70% as emisións de CO2 e con iso lograr unha mellora na calidade do aire; que un 81% de nenos e nenas de entre 7 e 12 anos vaia camiñando ao centro educativo (máis da metade van sós); que os accidentes de tráfico sexan case inexistentes e os que hai sexan de menor gravidade que noutrora; que a infancia xogue nas rúas e nas prazas; un aumento da autonomía na cidadanía xunto cunha maior interacción entre diferentes grupos de idade, etc.

Colectivización dos coidados

É necesario sacar do espazo privado, visibilizar os chamados 'labores domésticos’ para poder volver compartilos coa colectividade. Sen familias extensas conviventes ou con familiares demasiado maiores como para contactalos con seguridade, hai que procurar alternativas na veciñanza.

A arquitecta Zaida Muxí nas súas propostas para desenvolver vivendas non xerárquicas nin androcéntricas destaca que «As casas continúan repetindo estruturas ríxidas da familia nuclear patriarcal. Isto reflíctese, entre outras cousas, na nula consideración que ten o traballo do fogar e as súas necesidades, tarefas que seguen a ser, esencialmente, responsabilidade das mulleres».

Cambridge Cooperative Mapa_materfem
Mapa suposto da localización das vivendas da CCHS. Fonte: https://www.unav.es/gep/zina.html

Unha das pioneiras en combater isto foi Melusina Fay Peirce, quen xa en 1870 propuxo a súa solución a través da Cambridge Cooperative Housekeeping Society (CCHS, ‘Sociedade de Cambridge para a limpeza e os coidados cooperativos’), primeiro movemento que reivindica o pago por tarefas domésticas. Un sistema no cal as mulleres farían eses labores conxuntamente e obterían beneficio requirindo o pagamento dese traballo aos propios maridos. Cada grupo de mulleres facía o lavado, a comida e a costura nun edificio equipado coa última tecnoloxía (panificadoras e as primeiras lavadoras, caras e aparatosas), que sería o provedor para o resto das vivendas.

Un importante compoñente do seu plan era a reorganización espacial dos vecindarios e dos fogares para albergar esa área cooperativa: «debería ocupar un edificio de bo tamaño, como segue: no primeiro andar, debería estar a sala de contabilidade, a sala de vendas, a consultoría e o probador; no segundo andar deben estar as salas de traballo; e, no terceiro, unha sala de xantar, un ximnasio e unha sala de lectura; todos eles estaban conectados e podían ser convertidos nunha suite (...). Os dous andares inferiores deben ter un vestidor confortábel, salón, butacas reclinábeis e casa de baño; e non só a saúde, senón que a beleza e a alegría deben ser tidas en conta na distribución de todo o estabelecemento». A Peirce incentivábaa a defensa das mulleres que perseguían outros intereses na súa vida, e adiantouse en máis dun século aos debates sobre o público e o privado, combinando nun só edificio as catro esferas da Arendt das que xa falamos.

Empresas fabricantes de armas na I Guerra Mundial querían transformarse en fabricantes de produtos domésticos en tempo de paz para millóns de familias

Outra arquitecta, Dolores Hayden, relata como en 1919 o lema das Asociacións Industriais para a Vivienda era «Unha boa vivienda mantén contento ao traballador». Eses homes brancos recibirían salarios familiares, e chegarían a ser propietarios das súas viviendas e responsábeis dos pagamentos da hipoteca, mentres as súas esposas se convertirían en xestoras do fogar, encargadas do coidado do cónxuxe e fillos. «A vivenda privada suburbana era o escenario estabelecido para a eficaz división sexual do traballo. Isto fixo do xénero uhna autodefinición máis importante ca a de clase, e que o consumo adquirise maior implicación ca a produción. (...) Stuart Ewen mostrou como o capitalismo e o antifeminismo se fundiron en campañas para promocionar a propiedade da vivenda e o consumo das masas.» Esta estratexia tamén atraeu a empresas fabricantes de armas na I Guerra Mundial que querían transformarse en fabricantes de produtos domésticos en tempo de paz para millóns de familias. «O desenvolvemento da industria publicitaria apoiou este ideal do consumo de masas e promocionou o aloxamento privado suburbano, que maximizou o número de compras. Os habitantes das vivendas illadas eran suxestionábeis. Compraron eles mesmos a súa casa, un coche, unha cociña, un frigorífico, aspiradora, lavadora, alfombras».

As que seguen eran as propostas arquitectónicas da propia Hayden quen nos anos 80 propuña solucións de colectivización dos coidados mediante a creación de espazos comúns en quinteiros onde lavar a roupa, deixar brincar libres as crianzas, zonas de cultivo e almacenamento comúns, áreas para comer en comunidade; alén das consabidas e xa asumidas agora áreas para aleitar con cambiadores, etc.

Hayden bebía de fontes anteriores: desde o movemento urbanístico das Cidades Xardín do século XIX até a arquitectura socialista, ou destoutro exemplo dos anos 70, a Fiona House dos Nina West Homes. Deseñada por Sylvester Bone, contiña doce vivendas de 2 dormitorios construídas para nais divorciadas ou separadas, colectivo que, xunto coas nais solteiras (estas aínda máis), conforman o máis vulnerábel nestes momentos. Estas vivendas tiñan espazo exterior adicional para xogos das crianzas e unha escola infantil anexa. Ademais os pisos estaban unidos cun sistema de intercomunicadores que axudaba na vixilancia das crianzas:
Nina West Homes_Materfem
House dos Nina West Homes. Deseñada por Sylvester Bone.

Nos anos 90, xa en España, o colectivo feminista Precarias a la Deriva lanzou a «Campaña Nockea, Remueve tu vida» que cuestionaba a falsidade da separación público/ privado-doméstico. A solución tamén a vían elas na disolución dos espazos do privado.

Algunhas propostas contemporáneas de cohousing tamén contemplan isto, desde a mítica casa feminista francesa da Maison Des Babayagas, até proxectos pioneiros de comunidades veciñais autoxestionadas para maiores, proxectos de ecoaldeas ou o revolucionario Frauen-Werk-Stadt de Viena, baseado na cotiandade da vida das mulleres.

Nas seguintes entregas concretaremos estas ideas, que nos teñen feito ver como utópicas, en propostas factíbeis para preparar as nosas vivendas de cara a novos confinamentos distópicos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Almería
Medio Ambiente El Gobierno anuncia que demolerá el hotel de la playa del Algarrobico en Almería
Tras veinte años paralizado, María Jesús Montero ha anunciado que el Gobierno expropiará el terreno donde se encuentra el complejo turístico fallido con el objetivo de demolerlo.
Movilidad
¿Derecho a aparcar? El derecho a aparcar: Alcalde, ¿dónde dejo mi elefante?
Es indispensable abrir un cuestionamiento radical, sincero, del “derecho” a aparcar y de la imposición del vehículo privado como patrón de diseño de nuestros paisajes urbanos.
Iritzia
Vivienda Narkomfin bezalako etxe komumal gehiago behar ditugu
Egun feminismoan ditugun eztabaiden antipodetan daude etxe komunalen ereduak, gaur faltan dugun erradikaltasuna eta materialtasuna direlako horien adierazle.
#71675
9/10/2020 22:12

Mágoa que non se teñan expandido máis estas ideas!

1
0
Cine
Kamal Aljafari “Palestina está en la raíz de la situación actual del mundo”
Kamal Aljafari lleva toda su carrera trabajando con materiales de archivo, indagando en las imágenes e interviniendo en ellas para preservar memorias en desaparición y para oponerse al proyecto colonial sionista y su falseamiento del pasado.
Paterna
Paterna Vandalizan el muro de Paterna donde el franquismo fusiló a 2.238 personas
El paredón amaneció este viernes con grandes letras pintadas con spray negro donde se podía leer “Sagredo eres maricón y tarado”, en referencia al alcalde del municipio.
Opinión
Derecho a la vivienda Flex Living: el caballo de Troya de la precarización del alquiler
No es una respuesta moderna a las nuevas formas de habitar la ciudad. El ‘flex living’ no es más que la última jugada del sector inmobiliario y los grandes fondos de inversión para maximizar beneficios a costa del derecho a la vivienda.
Opinión
Opinión ¡Que vivan los aranceles!
Que Trump propugne aranceles no debe hacernos caer en la trampa de defender los intereses de los grandes oligopolios.

Últimas

Madrid
La burbuja del alquiler Sumar, Podemos y sindicatos de inquilinos presionan para convertir en indefinidos los contratos de alquiler
Sumar lanza una propuesta legislativa para transformar en indefinidos los contratos de alquiler, una de las principales demandas de la manifestación por la vivienda del 5 de abril. Una moción de Podemos, rechazada en el Congreso, pedía lo mismo.
Comunidad de Madrid
Movilización por la educación 23F: el día que una veintena de colectivos llenarán de verde Madrid para defender la educación pública
La comunidad educativa de todos los niveles en la enseñanza se prepara para una movilización que arrancará a las 12:00 horas desde Atocha hasta Sol, en la región que menos invierte en educación por estudiante.
Política
El Salto Radio Podcast | ¿Cancelar la cancelación?
Hablamos con Antonio Gómez Villar, a partir de su libro “Cancelar no es transformar” sobre malos entendidos y límites de esta acción política
Opinión
Opinión ¡Que vivan los aranceles!
Que Trump propugne aranceles no debe hacernos caer en la trampa de defender los intereses de los grandes oligopolios.
Galicia
Memoria histórica Cultura, exilio y lucha de las bibliotecarias gallegas durante la Segunda República
Durante los primeros años treinta, las bibliotecas se convirtieron en espacios de trabajo ideales para un modelo de mujer que aspiraba ser independiente y que había manifestado un claro compromiso político. La Guerra acabó con todas sus aspiraciones.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Sindicatos piden el cese de la dirección del Hospital 12 de Octubre tras las obras de remodelación
Los problemas con las nuevas instalaciones han cristalizado en una unión sindical que ha reclamado formalmente el fin de la cúpula de dirección tras ser “ignorados” de manera “sistemática”.
Opinión
Opinión La unidad del anarcosindicalismo es la acción conjunta
Al hilo de supuestos movimientos desde la CGT hacia la unificación con CNT es necesario diferenciar entre lo que es una relación en clara mejora y lo que sería un proyecto real en marcha.

Recomendadas

Líbano
Ocupación israelí Israel incumple el acuerdo de paz y mantiene tropas en el sur de Líbano para “vigilar” a Hezbollah
El Ejército sostiene la ocupación de cinco colinas a lo largo de la frontera tras evacuar sus soldados de decenas de municipios. Miles de civiles regresan a sus casas para descubrir que lo han perdido todo.
Feminismos
Ana Bueriberi “El activismo tiene que ser colectivo: para contribuir al cambio es imprescindible despersonalizar la causa”
La periodista madrileña Ana Bueriberi reconoce que no sintió la discriminación hasta que llegó a la Universidad. Hoy, desde el proyecto Afrocolectiva reivindica una comunicación antirracista, afrofeminista y panafricanista.
Inteligencia artificial
Militarismo La máquina de los asesinatos en masa: Silicon Valley abraza la guerra
Las fantasías distópicas sobre los futuros usos de las máquinas en la guerra están más extendidas que el relato de lo que ya está pasando en los campos de batalla.