Parlamento Europeo
Seis decisións sobre a túa vida que tomará Bruxelas nos próximos anos

Os tratados de libre comercio, a unión bancaria europea, as axudas da Política Agraria Común (PAC) ou a loita contra a evasión fiscal por parte de grandes empresas e fortunas serán os temas chave sobre os que traballará o Parlamento Europeo que saia das vindeiras eleccións.

@econocabreado.bsky.social

Coordinador de la sección de economía

Tradución: Raquel C. Pérez
13 may 2019 13:32

Durante o mes de maio veremos moitas veces as caras das candidatas e candidatos ao noso concello nas paredes do noso municipio. Escoitaremos mitins nos que aqueles que queren gobernar as comunidades autónomas darannos as súas fórmulas máxicas para solucionar as nosas vidas. Pero das terceiras eleccións, as europeas, non se falará tanto. Dada a continua centralización do poder e as competencias públicas, as decisións que se toman en Bruxelas aféctannos cada vez máis. O que se decida o 26 de maio marcará o destino do continente nos próximos cinco anos e afectarán a todas as esferas da nosa vida.

1. Que acontecerá coa PAC?

A Política Agraria Comunitaria (PAC) é unha das principais partidas presupostarias da Unión Europea. A UE emprega o 39% do seu presuposto nos sistemas agrarios dos Estados membros. Dese importe, o 70% vai a subvencionar aos agricultores, o que da unha idea do importante que é para soster á “España baleirada” e ao territorio rural do estado español. Outro 20% invístese en medidas para axudar aos agricultores a modernizar as súas explotacións, e o 10% restante a partidas para apoiar o mercado, por exemplo, cando as condicións climáticas, como inundacións ou secas, pertúrbano.

Pero o Marco Financeiro Plurianual, a guía proposta pola Comisión Europea que marcará o gasto e as partidas presupostarias do 2021 ao 2027, amosa algúns factores moi preocupantes para o futuro da PAC. O Consello Europeo—formado polos 28 xefes de Estado ou do Goberno—, a Comisión Europea e o actual Parlamento Europeo coinciden nunha cousa: reducir o presuposto da PAC considerabelmente. En concreto, o Consello propuxo unha diminución do 16%. Mais non é o único no que coinciden os tres órganos, que queren aumentar considerabelmente o presuposto en Seguridade e Defensa; é dicir, fortalecer a política de control de fronteiras e dos fluxos migratorios.

“Quen recibirán as axudas? Seguirán a percibilas grandes terratenentes que nin sequera cultivan as terras?

O reparto das outras partidas tamén pode sufrir cambios, redúzase ou non o presuposto. Quen recibirán as axudas? Seguirán a percibilas grandes terratenentes que nin sequera cultivan as terras? Como se repartirán as axudas directas ao medio rural? Cara onde irán encamiñadas as modernizacións e reconversións do agro e da gandaría?

2. Volve o TTIP

O pasado 15 de abril, o Consello de Agricultura e Pesca da UE aprobou os mandatos que dan o poder á Comisión Europea para negociar un tratado comercial cos Estados Unidos en produtos industriais, incluída a pesca. Co voto en contra de Francia, a abstención de Bélxica e o voto a favor do resto de Estados, a Comisión conseguiu retomar as negociacións coa Administración Trump para estabelecer un acordo de libre comercio co cal eliminar barreiras arancelarias e harmonizar os estándares de calidade e control entre as dúas potencias.

O que pretende a Comisión é reabrir o Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos, o TTIP. Calquera que seguise as protestas contra o TTIP terá escoitado xa as posíbeis consecuencias dun tratado que estaba sendo negociado con total escurantismo.

Ademais, non é o único megatratado que a UE quere pechar nos vindeiros anos. O acordo comercial e de inversións entre a Unión e Vietnam debe aprobarse nos próximos meses. Os tratados de comercio e inversións con Singapur (EUSIPA) teñen que ratificarse nos parlamentos nacionais e, tralo CETA con Canadá, que oscila entre a completa aplicación ou a súa desaparición, e a reapertura das negociacións cos Estados Unidos, México parece ser o seguinte no punto de mira da Comisión.

3. Loita contra a evasión fiscal

Por moito que se dote á Axencia Tributaria española de efectivos, ou que se loite contra a economía mergullada, a verdadeira batalla contra a evasión fiscal mídese en Bruxelas. As comisións de investigación formadas tralos escándalos dos Papeis de Panamá e os Lux Leaks achegaron algúns resultados esperanzadores na loita contra a evasión das grandes empresas e o seu emprego dos paraísos fiscais ou doutras vantaxes fiscais que ofrecen países no corazón de Europa. Mais falta que os novos organismos que se conformen tralas eleccións europeas teñan a suficiente vontade política para plantar cara a esas empresas e á industria financeira.

A creación dun informe “país por país” é un deses avances. Consiste nun informe anual que as grandes multinacionais deben entregar no país onde posúen a súa sede central, e no que deben explicar cando e onde pagan os seus impostos mediante filiais noutros países.

Isto é importante porque as autoridades tributarias non teñen información do que fan as empresas noutros países; téñense que fiar do que estas din. O que está en xogo na próxima lexislatura é a equiparación das metodoloxías de todos os estados, e que se comparta esa información entre as distintas autoridades tributarias para poder loitar de xeito conxunto contra a evasión fiscal. O informe “país por país” debe, a maiores, presentar unha segmentación do pago por impostos, as ventas, os activos e incluso os empregados de cada país.
Outro tema importante é a lista negra de paraísos fiscais. A UE engadiu dez países a dita lista, que alcanzou a ridícula cantidade de quince. Os distintos gobernos estatais están adaptando os seus propios listados tomando, moitos deles, a lista negra da UE como referente, o que levará a que tan só se consideren paraísos fiscais aos Emiratos Árabes Unidos, Omán, Aruba, Belice, Bermudas, Fiji Vanuatu, Dominica, Barbados, as Illas Marshall, Samoa Americana, Guam, Samoa, as Illas Virxes e Trindade e Tobago.

Isto deixa fora o principal problema da evasión en Europa: os seus paraísos fiscais internos. O grupo parlamentario da esquerda europea, GUE/NGL, ao que pertencen Podemos e Esquerda Unida, xa denunciou en repetidas ocasións as técnicas que empregan empresas como Inditex, Nike ou Facebook para eludir o pagamento de impostos empregando países no corazón de Europa como Holanda, Luxemburgo, Malta ou Irlanda.

4. Como se actuará ante unha nova crise?

En decembro do 2018, o Banco Central Europeo (BCE) anunciou a fin do programa de compra de activos para inxectar cartos na economía (a expansión cuantitativa ou Quantitative Easing ), pero ante a desaceleración do crecemento na zona euro, Draghi recuou e anunciou que, de momento, continuará cos estímulos á economía. A súa reacción é un claro sinal de que son conscientes de que unha nova crise está por chegar e que, se os ventos de cola do BCE deixan de soprar, a caída será maior.

“Sacarannos desta crise ou volverán rescatar á banca e a socializar as perdas mediante recortes e austeridade?

O fracaso destas medidas non parece ter solución e, nalgún momento, Europa retirará esa inxección de diñeiro e subirá os tipos de interese. O que non sabemos é como, cando e que farán para paliar esa crise. O que parece claro é que as medidas de austeridade impostas mediante os pactos de estabilidade presupostaria non funcionaron, aínda que a Comisión parece non querer decatarse. As enormes cantidades de cartos inxectadas foron parar á compra de débeda de grandes empresas e ao sector financeiro.

O novo equilibrio de forzas que resulte das eleccións europeas terá nas súas mans, e nos seus escanos, a posibilidade de practicar outro tipo de políticas que, a diferencia do que se fixo na crise mundial que arrancou no 2007, invista diñeiro na economía real e que consiga reactivar o consumo e a demanda, en vez de pretender activar esa economía forzando aos bancos a emprestar cartos. A pregunta é: sacarannos da crise ou volverán rescatar á banca e a socializar as perdas mediante recortes e austeridade?

5. Unión bancaria

A Unión Bancaria foi a resposta da UE á crise financeira do 2008. Refírese á adopción dun conxunto de regulamentos aplicadas na área do euro no 2012, baseada en tres pilares. O Mecanismo Único de Supervisión, que outorga ao BCE competencias de supervisión sobre os bancos máis importantes; o Mecanismo Único de Resolución, que estabelece normas e procedementos para a resolución de institucións de crédito en quebra e o Sistema Europeo de Seguro de Depósitos (EDIS) ou o Fondo de Garantía de Depósitos, destinado a dar protección aos depositantes na zona do euro.

O obxectivo era substituír o bail out (o rescate aos bancos cos cartos da cidadanía, como aconteceu co sistema financeiro español) polo bail in (que os acredores dos bancos sexan os que poñan os fondos necesarios, como aconteceu co Banco Popular) e poñer fin ao problema dos bancos too big to fail. Os últimos feitos amosan que nada disto se cumpriu. A Unión Bancaria está a promover na actualidade unha concentración bancaria moito maior, sen garantías de que os fondos públicos non sexan empregados de novo para rescatar ao sistema financeiro.

O terceiro piar, o EDIS, é a proposta da Comisión no 2015—apoiada en certa medida polo BCE—, para crear un esquema europeo de protección de depósitos bancarios de até 100.000 euros, como actualmente ten o Estado español. A proposta ten como obxectivo fortalecer os sistemas de garantía nacionais, facilitando que os depósitos bancarios nacionais sexan protexidos por un sistema de cobertura común europeo. Non obstante, o EDIS segue sen concretarse pola férrea oposición de Alemaña, que quere que se rescate aos bancos europeos debido á débeda que contraeron cos alemáns, pero que non quere aportar cartos para rescatar á clientela. Que se complete esta Unión Bancaria e como van funcionar os rescates bancarios será, por desgraza, un dos principais debates das institucións europeas.

6. O fondo monetario europeo

Outra das propostas da Comisión na súa “Folla de ruta para profundar na Unión Económica e Monetaria” consiste no estabelecemento dun Fondo Monetario Europeo (FME) O FME continuaría proporcionando asistencia financeira aos Estados membro en dificultades a cambio de que se cumpran normas estritas de contracción fiscal; é dicir, que sigan profundando nas medidas de austeridade presupostaria. Pero, ademais, o FME desempeñará unha nova función, a de actuar como mecanismo de respaldo do Fondo Único de Resolución Bancaria (FUR), que podería dotarse de 60.000 millóns de euros e actuaría como prestamista de último recurso para facilitar resolucións ordenadas de bancos insolventes en caso de quebras de bancos sistémicos.

Esta foi, historicamente, unha das principais funcións dos bancos centrais, pero o BCE deseñouse de xeito que o seu mandato lle impedira actuar como tal. O principal argumento foi o de non destinar cartos públicos ao rescate de entidades financeiras, e que foran os inversores privados os que absorberan as perdas mediante o acceso ao FUR. Non obstante, acontecementos recentes (a quebra do Banco Popular, os bancos italianos) amosaron que os recursos do FUR non eran suficientes para facer fronte a crises sistémicas, e optouse por dar máis poder ao FME.

Este FME presenta varios problemas. O primeiro é que, observando a factura do rescate financeiro en España, os 60.000 millóns cos que se pretende dotar ao Fondo non serían suficientes no caso dunha nova, e máis que posíbel, quebra financeira. Outro problema é a falacia de dicir que será un rescate privado, cando o FME finánciase con fondos procedentes dos Estados membro, é dicir, diñeiro público. E terceiro, o goberno do FME responde aos intereses dos poderosos, xa que o voto é por unanimidade. Alemaña tense posicionado radicalmente en contra das medidas de mutualización do risco, polo que previsibelmente o aceso aos fondos do FME poderá verse dificultado por intereses políticos do “motor de Europa” que, claramente, non son os do estado español.

Aparte dos abordados, a lista de temas importantes que se tratarán na vindeira lexislatura europea podería ser interminábel: que se fará fronte a guerra comercial entre os Estados Unidos e China, a transición ecolóxica, as medidas para por freo ao cambio climático, a fiscalidade da economía dixital, o regulamento do oligopolio das grandes empresas tecnolóxicas e o capitalismo de plataforma, as políticas de coidados dos océanos e un longo etcétera que nos obriga a manter un ollo no que se decide en Bruxelas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Millonarios
Fiscalidad Los impuestos de patrimonio a los más ricos vuelven a estar de moda: el G20 y Europa los debaten
Una mayoría en la Eurocámara se ha posicionado a favor del nuevo impuesto a los súper ricos que se debatirá en la próxima reunión del Grupo de los Veinte en Brasil.
Represión
Espionaje político Las infiltraciones policiales en movimientos sociales llegan al Parlamento Europeo
Sumar presenta sendas preguntas por escrito tanto en la cámara Europea como en el Congreso de los diputados, donde Compromís también ha presentado una pregunta.
Tribuna
Abstención en Europeas Por supuesto que no voté en las europeas
A una prudente distancia en el tiempo de los comicios de junio, una crítica al Parlamento Europeo, su déficit democrático y sus políticas al servicio del capital y el mercado.
Dependencia
Dependencia Los cuidados necesitarán entre 300.000 y 600.000 trabajadores más en cinco años
Las empleadas de residencias y ayuda a domicilio reclaman mejoras en esas nuevas plazas. “Debemos tener un sistema de cuidados universal y público, debe ser un derecho y no un negocio”, piden desde el sindicato ELA.
Cómic
Cómic Un gran poder conlleva una gran responsabilidad: ¿los superhéroes de cómic son de derechas o de izquierdas?
¿Encarna Superman a la socialdemocracia liberal, es Batman un militante anarcocapitalista y el Capitán América la bandera del nacionalismo? La respuesta no es tan sencilla si se repasa la historia del género.
Precariedad laboral
Precariedad Voluntariado en el sector social: un monstruo con tres cabezas
La precarización del sector social es algo de lo que se viene hablando cada vez más en los últimos años, pero es un hecho que lleva conviviendo con nosotras mucho tiempo, y que es consecuencia de varios factores.
Sevilla
Proyectos estratégicos Ilegalidades pasadas y peligros futuros de la mina que la Unión Europea quiere revivir en Sevilla
Las Cruces tiene un historial de más de 6,5 millones de euros en sanciones e indemnizaciones por extracciones ilegales de agua. El espaldarazo de la UE y del Gobierno al proyecto podría empeorar los vertidos que ya realiza la mina en el Guadalquivir.
Memoria histórica
Manuel Pérez, ‘camarada Arenas’, tras salir de prisión “Cordón trató de escaparse, se cayó y se mató”
El militante histórico del PCE reconstituido y, según la Justicia, líder de los Grapo, mantiene su inocencia en todos los casos que le han llevado a pasar 32 años en prisión.

Últimas

Salario mínimo
Salario mínimo PSOE y Sumar llegan a un acuerdo para que el SMI no tribute el IRPF
Pese a adelantar la ministra de Trabajo que se habían roto las negociaciones, finalmente las personas que cobren el salario mínimo no tendrán que declarar en 2025.
Comunidad de Madrid
Comunidad de madrid El taxi advierte de que las nuevas licencias a Cabify van a “reventar el mercado”
El Tribunal Superior de Justicia de Madrid da la razón a las plataformas de VTC y obliga a la Comunidad de Madrid a concederles más de 2500 nuevas licencias en la comunidad.
Comunidad de Madrid
Sanidad Universal Sociedades sanitarias critican el SMS amenazante que el Gobierno de Ayuso está enviando a personas migrantes
Cuatro sociedades científicas denuncian un texto amenazante en el que se indica al destinatario que dispone de 30 días para seguir de alta en la Tarjeta Sanitaria, lo que está generando “incertidumbre” y “desprotección”.
Economía
IPC La inflación interanual cae hasta el 2,3% en marzo gracias a las lluvias
Las precipitaciones han reducido el precio de la electricidad.La subyacente también se reduce dos décimas hasta situarse en el 2%.
México
México El Coyul, un ejemplo de resistencia indígena frente al despojo en el Istmo de Oaxaca
La Sociedad Agrícola y Ganadera El Coyul continúa apelando la sentencia por despojo agravado y secuestro interpuesta a 21 de sus miembros
Notas a pie de página
Notas a pie de página Mansiones encantadas y casas sin cocina
La casa encantada como símbolo de la opresión del espacio doméstico recorre la literatura de muchas escritoras. Pero hubo un tiempo en el que algunas feministas trataron de imaginar otro hogar posible, en el que se liberase el trabajo doméstico.
Más noticias
Opinión
Opinión Sobre la cancelación de Georgina Orellano en el Foro ESPAL 2025
La cancelación de Georgina redunda en esta incapacidad para escuchar a las trabajadoras sexuales y en el pánico que tienen de que se las escuche. Denota inmadurez política, cerrazón dialéctica y pacatería moral.

Recomendadas

América del Sur
América del Sur La batalla por el litio: pueblos originarios resisten un “genocidio medioambiental y cultural”
Sudamérica se ha convertido en la proveedora mundial de materias primas para la transición energética. Las comunidades afectadas se rebelan ante una actividad que genera desposesión de tierras, contaminación, sequía y conflictos internos.
El Salvador
Ivania Cruz “El estado de excepción se está utilizando en El Salvador para gobernar en base al miedo”
A esta defensora de derechos humanos y comunitarios le allanaron su casa mientras se encontraba en un viaje internacional. Desde el exterior, denuncia la persecución del gobierno salvadoreño hacia su organización y hacia las comunidades que defiende.
Yemayá Revista
México Sobrevivir en la frontera: el cuerpo como moneda de cambio
En Tapachula, punto clave de la frontera sur de México, miles de mujeres migrantes permanecen atrapadas sin poder seguir su camino hacia Estados Unidos.