Historia
A violencia e o seu corte de clase, o caso do marqués de Sargadelos

A historia de Antonio Raimundo Ibáñez só é un exemplo máis dos tantos casos que abundan nos libros de historia; unha valiosa testemuña que nos amosa que precisamos abandoar os nosos prexuizos se queremos entender a problemática do fenómeno da violencia en profundidade.

Retrato de Antonio Raimundo Ibañez, Marqués de Sargadelos (Francisco de Goya). Extraido da página web da Fundación Goya
Retrato de Antonio Raimundo Ibañez, Marqués de Sargadelos (Francisco de Goya). Extraido da página web da Fundación Goya en Aragón
6 may 2020 08:00

O termo violencia é un termo polisémico e, ás veces, un tanto ambigüo. Xeralmente, asóciase co exercicio da forza física, ben sexa sobre algo ou alguén; ainda que non sempre é así. No ámbito da socioloxía existe un tipo específico de violencia que foi acuñada por Pierre Bordieu, a “violencia simbólica”. Este concepto fai referencia as formas de violencia que non precisan do uso da forza física para a súa praxis.

Porén, a violencia simbólica é “esa que arranca sumisións que nin sequera se perciben como tal apoiándose nunhas expectativas colectivas, nunhas creencias socialmente inculcadas”, aseguraba Bordieu. Este concepto está intrínsicamente relacionado co de dominación, ben sexa duns individuos sobre os outros ou dun grupo ou clase social sobre a outra.

Un exemplo da ambigüedade do concepto de violencia atópase nun sonado episodio da historia de Galiza, o motín popular de 1798 contra a fábrica de Sargadelos e contra o seu fundador, Antonio Raimundo Ibañez.

O de Ferreirela de Baxo, é considerado pola historiografía un adiantado ao seu tempo, home de ideas liberais, coñecido por ser o pioneiro introdutor do capitalismo industrial en Galiza. Nado no seo dunha familia fidalga de escasos recursos, a súa procedencia non foi un inconveniente para que se convertese nun importante home de negocios. Acadando unha gran fortuna no comercio de ultramar, converteuse nunha persoa influinte da época, mantendo estreitas relacións cos poderes políticos ao ocupar varios cargos públicos: Deputado do común no concello de Ribadeo (1774), comisario de Provincia da Mariña (1794) e oficial superior do Real Corpo de Artillería (1798). Ademais, recibiu a Gran Cruz de Carlos III (1808) e fóronlle concedidos os títulos de Marqués de Sargadelos e Conde de Orbaiceta.

En 1791, pola Real Cédula do 5 de febreiro, acadou a autorización expresa do monarca Carlos IV para fundar un complexo fabril en Cervo, provincia de Lugo,  que sería o xérmolo da actual fábrica de Sargadelos. Comezou producindo sinxelos potes e algúns utensilios domésticos, entre os que destacaban as súas vaixelas,  municións e outros moitos produtos manufaturados. O alto forno de Sargadelos, o primeiro que se erixíu en Galicia, empregaba grandes cantidades de carbón vexetal, un combustible que necesitaba a dispoñibilidade de grandes superficies de bosque e, polo tanto, do monte. Para iso, a Real Cédula do 5 de febreiro autorizaba tamén a explotación deses bosques. A partir de este momento, o uso e aproveitamento do monte estivo suxeito case en exclusiva aos seus intereses, privando, así, o emprego de ese mesmo monte polos veciños das parroquias próximas.

“Sentan todos, como feito constante, que a fraga ou monte común para o abastecemento de leña, pasto de gandos e entretemento dos seus apeiros de labranza, con franqueza, para usar antes do establecemento da fábrica, se lles reducíu absolutamente”, pódese ler nun escrito do comisionado da Real Audiencia de Galicia no que se investiga o motín de 1798.

A propiedade colectiva outorgaba ao campesiñado galego unha relativa fortaleza que se manifestou en ocasións en pleitos ruidosos con señores ou duns concellos con outros”

Acontecía que, o monte, até ese momento, era de uso comunal e constituía un recurso fundamental para o mantemento da economía campesiña. Neste monte, os labregos non só atopaban o terreo necesario para cultivar os seus cereais, senón que tamén recollían leña, aproveitaban os toxos, uces e xestas para a súa posterior queima e, deste xeito, fertilizaban os campos. Aí pastaba o gando e era unha zona rica para a recolección de froitos silvestres, a caza e a pesca. É que a propiedade colectiva, no caso galego, “outorgaba ao campesiñado unha relativa fortaleza que se manifestou en ocasións en pleitos ruidosos con señores, ou duns concellos con outros”, ben fose pola reclamación da súa propiedade ou polo seu uso, asegura Pegerto Saavedra, Catedrático de Historia Moderna da USC.

Nestas circunstancias, non sorprende a negativa do campesiñado a renunciar a un uso tan fundamental coma necesario para a súa supervivencia. Un auto do xuizo de 1805 ofrece unha testemuña onde se investiga a seis veciños da comarca da Rúa por cortar madeira nos montes asignados á fábrica de Sargadelos, acusados por Raimundo Ibáñez. “Denuncio e delato aos seis delincuentes que deixo expresados para que, procesándoos criminalmente(…) a fin de que pase a investigación correspondente, e faga recoñecemento por peritos das talas, danos e perxuizos que ocasionaron ca tropelía  na que incurriron, tomando contra eles, en vista de todo, as providencias que faia falta”, declarou no escrito do comisionado da Real Audiencia de Galicia de 1798. 

A maiores disto, Raimundo Ibáñez contaba cunha capacidade coercitiva moi forte, que empregou para forzar aos veciños a participar no transporte do carbón necesario para o forno. “Outra maior molestia senten na compulsión que se lles fai para acarretar carbón e outros efectos para as fábricas, porque, di, lles obriga a elo en todo tempo e estación, e aínda que anden sementando teñen a obriga de deixar a sementeira, e acudir”, pode lerse no mesmo escrito.

Cerca de 4000 persoas de tódolos lugares da comarca, instigados polos clérigos locais e armados con fouces, paus e pedras protagonizaron un levantamento popular

Estas medidas xeraron unha gran  indignación entre a veciñanza, nunha época, como a Moderna, de gran conflitividade social. Tamén a súa persoa tivo unha forte oposición entre as capas mais altas da sociedade, a fidalguía e o clero, xuíces locais e escribáns, que vían perigar a súa posición hexemónica na comarca. Así, o 30 de Abril de 1798, cerca de 4000 homes e mulleres de tódolos lugares da comarca, instigados polos clérigos locais e armados con fouces, paus e pedras protagonizaron un levantamento popular que rematou co asalto e destrución do complexo fabril.

Antiga fábrica de louza de Sargadelos, Cervo, Provincia de Lugo
Antiga fábrica de louza de Sargadelos, Cervo, Provincia de Lugo. Cedida de www.paseargalicia.com

“O día 30 de abril foron atacadas estas fábricas por un gran número de homes e mulleres dos pobos veciños guiados por certos caudillos actores do motín. A casa principal do establecemento, as dos operadores, o forno e a ferrería con todas súas oficinas, as fraguas, almacén de víveres, reposto de madeiras, ferramentas, moldes, utensilios e canto era movible, foron entregados ao pillaxe; hasta as portas e fiestras e os edificios non foron exceptuábeis do roubo. Estes execrábeis delitos foron ao fin consumados por outro non menos grave e criminal: o lume”, declarou Ibáñez ante o Capitán Xeral de Galicia.

Outro autor, neste caso Riches do ámbito da socioloxía, aseguraba que no mundo anglosaxón o concepto de violencia estaba sempre relacionado ca ilexitimidade xurídica; aínda que este uso non e único e exclusivo do mundo anglosaxón. Así, Ibáñez, reclamando a autoridade real ante o Capitán Xeral de Galicia, esixiu que se castigue aos criminais e malfeitores que destruíron a súa fábrica.

“Preciso da protección decidida da Súa Maxestade contras as intrigas dos meus inimigos para que se castiguen con o rigor das leis a fin de pór en seguridade o establecemento, expedindo ao efecto as ordes necesarias a Audiencia de Galicia”, defendía Ibáñez.

O problema da violencia na historia non é ela en si mesma, senón quen a exerza

A lei, en definitiva, pode converterse nun instrumento privilexiado para facer funcionar esas relacións de dominación, un poderoso mecanismo que, nas mans das clases dominantes, emprégase para lexitimar as distintas prácticas de violencia simbólica ou, no caso contrario, para castigar a todo aquel que cuestione o status quo vixente. O problema da violencia na historia non é ela en si mesma, senón quen a exerza, é dicir, se son os poderosos ou se son os desposuídos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Minería
Minaría Bruxelas cava fondo: litio galego para o novo militarismo europeo
No medio do rearme ordenado pola UE, Galiza entra no ámbito xeopolítico como potencial provedor de litio para a industria de defensa. Un enclave de alto valor ecolóxico en Doade (Ourense) converterase en canteira de baterías militares.
Medios de comunicación
Medios de comunicación Faro de Vigo despide ao seu traballador número 20 nunha década mentres asina beneficios de 2,5 millóns
O comité de empresa e o Colexio de Xornalistas reprenden a decisión da empresa do grupo catalán Prensa Ibérica e convocan unha protesta semanal nas redaccións do xornal por toda Galiza.
O Teleclube
O Teleclube 'Sorda' o debut persoal de Eva Libertad chega a 'O Teleclube'
A directora murciana estrea a súa ópera prima ao carón da súa irmá e protagonista, Mariam Garlo.
Multinacionales
Multinacionales Maersk y las rutas de complicidad con el genocidio israelí en Gaza
Crece la presión internacional contra la naviera danesa que está aprovisionando a Israel de armas para cometer el genocidio de Gaza en contra de las medidas cautelares tomadas por la Corte Internacional de Justicia.
Estados Unidos
Estados Unidos La buena sintonía entre Trump y Meloni
Como era de esperar, los mandatarios mostraron afinidades políticas e ideológicas. La italiana insistió en la idea de “fortalecer Occidente”.
Valencià
València Duelo colectivo y brecha de género, las consecuencias de la dana en la salud mental
Más allá de lo material, el sufrimiento mental continúa golpeando las vidas de l´Horta Sud. Mujeres cuidadoras y colectivos vulnerables encabezan un luto que todavía no ha encontrado descanso.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Galicia
Galicia La UE cava hondo: litio gallego para el nuevo militarismo europeo
En pleno rearme ordenado desde Bruselas, Galicia entra en el tablero geopolítico como potencial proveedor de litio para la industria de defensa. Un enclave de alto valor ecológico en Doade (Ourense) se convertirá en cantera para baterías militares.

Últimas

Series
Series Masculinidad hegemónica o plomo: la sátira contra los hombres en ‘The White Lotus’
La serie culmina de forma trágica, llevando al extremo la lógica neoliberal, y se cuestiona si es posible una transformación que no termine cooptada por el propio patriarcado.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.

Recomendadas

Almería
Artes escénicas Almería reclama su (dancístico) lugar
A menudo relegada al olvido en los mapas culturales, esta provincia oriental sigue siendo una gran desconocida, a pesar de su riqueza histórica, su diversidad paisajística y su potencia creativa.
Series
Series Masculinidad hegemónica o plomo: la sátira contra los hombres en ‘The White Lotus’
La serie culmina de forma trágica, llevando al extremo la lógica neoliberal, y se cuestiona si es posible una transformación que no termine cooptada por el propio patriarcado.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
Camboya
Camboya 50 años del inicio del genocidio en Camboya
El régimen de Pol Pot acabó con la vida de más de dos millones de personas. Solo tres integrantes de los Jemeres Rojos han sido condenados por crímenes contra la humanidad.