Costas
Illas que afunden e patrimonio que esmorece

“O rei Hotu Matu’a viu que a terra se afundira no mar, que, ao subir o mar, Hiva afundira”. Xustificación que as lendas dos rapanui dan á súa chegada á Illa de Pascua

Patrimonio arqueolóxico e litoral galego
Illote de Guidoiro Areoso, próximo á Illa de Arousa, exemplo das alteracións mariñas María José Bóveda

Son moitos os pobos polinesios que poñen a orixe da colonización da terra que habitan na súa fuxida dunha illa mítica, asolagada polo mar. A imparable subida do nivel do Océano Pacífico obriga a tomar en serio estas tradicións: de seguir a actual evolución, lugares como Kiribati e Tuvalu, situados en pequenos atois que apenas emerxen uns poucos metros sobre as augas, serán un mero recordo a finais deste século e tamén, por que non dicilo, pasarán a ser un paraíso para a arqueoloxía subacuática. Estes exemplos extremos serven para ilustrar algo que xa hai algúns anos que ninguén pode poñer en dúbida: o nivel do mar está a subir de forma constante.
Non fai falta chegar ata a Polinesia para atopar mitos de paraxes anegadas polas augas. Lucernas, Beiras, Antioquías e Valverdes, cidades que as nosas tradicións sitúan baixo lagoas ou rías galegas, son quizais lembranzas populares do poder destrutor das augas. Tras algunha delas mesmo é posible intuír o asombro ante a drástica modificación dunha paisaxe, pois as variacións na liña de costa, loxicamente, tamén afectan os asentamentos humanos.Como o mar é caprichoso, a subida das augas adoitaba contrastarse con outras zonas nas que a costa avanzou, deixando atrás infraestruturas costeiras. E non estamos a falar dos recheos causados directamente polo traballo humano, senón de áreas gañadas ao mar pola sedimentación fluvial ou eólica. É o que sucedeu no embarcadoiro fenicio de Toscanos e outros asentamentos próximos á desembocadura do río Vélez, en Málaga -actualmente a case un quilómetro do mar-, ou co porto romano de Ostia. Máis preto da casa temos o caso de Vigo. Baixo o subsolo de rúas como Areal ou Rosalía de Castro, a máis de 3 metros de profundidade, consérvase unha quilométrica instalación de época romana para extraer, mediante evaporación, sal mariña. Estas salinas, en uso desde o século I D.C., foron abandonadas en apenas 200 anos, a medida que unha duna de area as ía tapando e afastando do mar. Sobre elas, Vigo seguiu medrando, o que formou un complexo xacemento arqueolóxico que acumula 2.000 anos de historia.Pero fronte ao puntual deses procesos sedimentarios, imponse a incontestable realidade do imparable aumento do nivel do mar en todo o planeta. Desde a fin da última glaciación, hai aproximadamente uns 10.000 anos, comezaron a derreterse as neves perpetuas que cubrían parcialmente os continentes, o que propiciou o ascenso do nivel do mar. Este proceso non mantivo unha velocidade constante, senón que se produciron fases de aceleración e estabilización. Así e todo, considerábase que desde a época romana as variacións do mar non eran importantes. Nas últimas décadas, pola contra, o desxeo evidente dos polos está a acelerar o proceso, e os cálculos menos alarmistas indican que a finais deste século afrontaremos un crecemento aproximado dun metro. Pode semellar unha cifra pouco significativa para as persoas que miramos o mar desde os cantís desta Fisterra, aínda que poderían supoñer a devastación de lugares como as Illas Mauricio.Aquí, porén, non queremos falar da acción do mar no futuro, senón dos seus efectos sobre o pasado. Na arqueoloxía galega son numerosos os xacementos que se coñecen na liña de costa. Esta situación fainos, en moitos casos, albo dos envites das ondas, especialmente nas mareas vivas, xa estean situados en praias ou en lugares elevados, que tamén sofren o constante desgaste da erosión mariña. Así, por exemplo, na vila romana de Noville (Mugardos), a escavación dos anos 80 do pasado século tivo que adaptarse ás flutuacións das mareas, pois algunhas zonas só se podían escavar durante a baixamar, convertendo o equipo arqueolóxico en involuntarios mariscadores do pasado.

O mar ten un comportamento que recorda a un escavador furtivo. A acción continuada das augas sobre os elementos patrimoniais comeza por retirar os sedimentos que os cobren, mediante un proceso de lavado e arrastre que deixa á vista estruturas e materiais arqueolóxicos, para acabar, co paso do tempo, afectándoos gravemente e finalmente destruíndoos. En moitos casos, será esta mesma erosión a que permita a súa localización. Hai que ter en conta que existen unha serie de sitios arqueolóxicos que son moi difíciles de identificar en superficie ao non deixaren estruturas monumentais á vista e permaneceren completamente soterrados. E así seguen, até que a casualidade ou, neste caso, o mar, os fai abrollar.

Xacementos como o forno romano da praia de Esteiro (Ribadeo) eran imposibles de ver ata que o mar levou por diante boa parte, deixando á vista restos cerámicos e a estrutura da área de cocción. O mesmo pasa con vilas como a da praia de Area (Viveiro), onde, no cantil que creou o mar, pódense apreciar varios muros e as escaleiras de acceso a unha edificación.

É frecuente que tras un temporal xurdan noticias da aparición de restos arqueolóxicos que a acción mariña deixou á vista. O traballo das asociacións de defensa do patrimonio está a resultar vital á hora de transmitir a localización destes novos xacementos. Nos últimos anos apareceron na costa atlántica, entre o concello de Oia e a foz do Miño, numerosos tanques de cristalización para obter sal mariña, posiblemente de época romana, como sucede no Seixal (A Guarda). A pequena intervención que se realizou permitiu constatar que as estruturas lineais moi alteradas que aparecían na beiramar eran unhas salinas que se estendían tamén baixo as terras de cultivo máis afastadas. Neste caso, fronte ao que sucedía en Vigo, as estruturas sepultáronse baixo seixos que agora o mar está a devorar no seu avance.

Pero non só se localiza patrimonio arqueolóxico afectado polo mar. En varias praias do país, como Patos, en Nigrán; Ladeira do Chazo, en Boiro; ou Ponzos, en Ferrol, só por citar algunhas, existen troncos fosilizados entre a area, que nos axudan a entender a paisaxe de bosque que cubría esas áreas hai varios milleiros de anos.

Quizais o sitio arqueolóxico galego que mellor exemplifica as alteracións mariñas, é o illote de Guidoiro Areoso, próximo á Illa de Arousa
Nos seus apenas 600 metros lineais existe unha inxente cantidade de restos arqueolóxicos, entre os que salientan cinco monumentos megalíticos (mámoas), e varias cistas ou tumbas en forma de caixa feitas con lousas de pedra. Das súas praias, practicamente con cada marea, emerxen materiais prehistóricos, como fragmentos de recipientes de cerámica e refugallos de comida (ósos e cunchas de moluscos). Descoñecido para o gran público, considerábase un referente da arqueoloxía galega logo das tres campañas de escavación que se realizaron entre 1988 e 1990, que permitiron datar parte dos restos no Calcolítico, entre o 3.000 e 2.000 a. C. Acadou certa sona a partir do ano 2011, cando se tivo noticia do acelerado proceso de erosión a que o estaba a someter o mar, cunha importante redución da area das súas praias e da duna. O mar tamén alterara os monumentos megalíticos, deixando un dolmen á vista nun dos cantís do illote, e facendo aflorar outros dous nas súas praias. Durante os seguintes anos, o lavado das augas seguiu en aumento ata destruír por completo unha das mámoas e devorar boa parte dun depósito de terra negra no que se localizan moitos dos restos arqueolóxicos. De momento, o dolmen do cantil salvouse grazas ao muro protector que se instalou diante, pero o mar está a escavar polos laterais e non tardará moito en destruílo tamén. Aínda que neste tempo se realizaron moitos achados, a maioría están completamente descontextualizados. Contra o que fai o mar, a arqueoloxía non desenterra, senón que rexistra de forma exhaustiva. Para entender os obxectos do pasado precísase coñecer como estaban depositados, como están enterrados e que contexto os rodea. Do contrario, a información que nos ofrecen é moi escasa.

Desafortunadamente, o futuro non parece moi esperanzador para O Areoso. Os estudos que se están a realizar indican que a erosión se está a acelerar, e moi posiblemente, en pouco máis de 10 anos, terá desaparecido a grande duna da súa metade norte. Na práctica, pouco podemos facer agás monitorizar como evolucionan os xacementos e prever escavalos antes de que sexan destruídos, recuperando toda a información que poidan agochar. A Xunta de Galicia xa realizou unha intervención para avaliar o sitio no ano 2015, e prevé escavar no verán deste 2017 o dolmen do cantil. Pero, como moitos dos restos están na zona intermareal, as escavacións non resultan doadas nun illote coma este, xa que se teñen que adaptar ao inclemente ritmo das mareas.

DOCUMENTAR LUGARES EN RISCO
Galicia foi un sitio pioneiro co caso de Guidoiro Areoso, onde, durante dous anos, se monitorizaron os xacementos para rexistrar, de forma exhaustiva, os cambios no seu estado de conservación

 Os casos galegos non son algo único. Temos que concienciarnos de que estamos ante un fenómeno global e, polo tanto, as estratexias deben de ser tamén comúns, porque resulta obvio que non somos quen de parar a forza do mar. A experiencia amósanos que unicamente podemos poñer parches, remendos que obstaculizan momentaneamente o proceso erosivo. 

Pero calquera proposta será temporal. Ante este escenario desolador só quedan dúas estratexias para a arqueoloxía: unha baseada unicamente no rexistro e documentación exhaustiva previa á destrución mariña, e outra que aposte polo posterior traslado dos restos. Hai que ter en conta que trasladar, ademais de ser enormemente custoso, implica sempre descontextualizar, levar fóra do contorno e depreciar o interese patrimonial do ben. Esta solución só pode ser rendible nos casos nos que o seu valor cultural sexa tal que permita asumir a súa inevitable desvalorización.

Existen distintas experiencias que se están a levar a cabo para documentar os sitios en risco. Galicia foi un sitio pioneiro co caso de Guidoiro Areoso, onde durante dous anos se monitorizaron os xacementos para rexistrar, de forma exhaustiva, os cambios no seu estado de conservación. Para isto empregáronse tecnoloxías novidosas, baseadas na realización de series de fotografías que permiten obter dimensións precisas dos obxectos. Posteriormente, o proxecto estendeuse cara atrás no tempo, xa que tamén é posible recuperar información deste tipo empregando fotografías antigas que non foran tomadas con intención científica. Por iso o equipo investigador solicitou a colaboración cidadá, a través da web GuidoiroDixital, para localizar imaxes dos monumentos anteriores ao 2013.

Actuacións similares están a desenvolverse en todas as costas europeas, aínda que poucas cos medios e o apoio institucional do programa inglés coñecido como CITiZAN. Nel colaboran a Administración e empresas especializadas en arqueoloxía, baixo o financiamento da Heritage Lottery Fund, para rexistrar e monitorizar o patrimonio intermareal. O programa promove a implicación da sociedade civil, para o que deseñaron unha app colaborativa, conscientes de que a xente local é a que mellor coñece a súa costa e pode descubrir, durante os seus paseos, novos sitios ou alteracións dos xa coñecidos. A través dela, calquera pode facer o rexistro dun sitio en perigo co seu teléfono móbil e enviar a información ao equipo responsable do proxecto. En Galicia non contamos cunha aplicación similar e, en tanto non se supla esta carencia, cando menos temos a sorte de contar co desinteresado traballo dunha serie de asociacións culturais que están a desenvolver unha actividade de control, mediante a constante vixilancia do seu patrimonio máis próximo e a comunicación e denuncia das incidencias que acontecen.

Evidentemente, existe aínda unha última solución: a que pasa por deter o imparable aumento da temperatura no planeta e poñer freo ao cambio climático, que segundo todos os estudos serios, é o principal causante do vertixinoso ascenso do nivel do mar nas últimas décadas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Costas
Costas Las Banderas Negras 2024 ponen el foco en la urbanización del litoral y la sobreexplotación turística
Las federaciones de Ecologistas en Acción otorgan cada año 48 “premios” por mala gestión ambiental y contaminación, galardones que este año se han centrado en los excesos del modelo turístico al calor de la movilizaciones en Baleares y Canarias.
Contaminación
Desastre na costa O Goberno sinala a Xunta pola vertedura de pellets, pero soubo dela antes e ten a competencia no mar
Aínda que o Goberno español notificou o galego a potencial catástrofe hai semanas, nin uns nin outros tomaron medidas de contención da vertedura ata que se mediatizou. Galiza ten a competencia da costa, pero o Estado a do mar.
Crisis climática
Klima aldaketa La costa vasca perderá sus playas a finales de siglo
El centro tecnológico AZTI ha publicado un informe sobre las consecuencias del cambio climático en la costa de Euskadi. Para finales de siglo el nivel del mar suba 65 centímetros.
Cine
Kamal Aljafari “Palestina está en la raíz de la situación actual del mundo”
Kamal Aljafari lleva toda su carrera trabajando con materiales de archivo, indagando en las imágenes e interviniendo en ellas para preservar memorias en desaparición y para oponerse al proyecto colonial sionista y su falseamiento del pasado.
Paterna
Paterna Vandalizan el muro de Paterna donde el franquismo fusiló a 2.238 personas
El paredón amaneció este viernes con grandes letras pintadas con spray negro donde se podía leer “Sagredo eres maricón y tarado”, en referencia al alcalde del municipio.
Opinión
Derecho a la vivienda Flex Living: el caballo de Troya de la precarización del alquiler
No es una respuesta moderna a las nuevas formas de habitar la ciudad. El ‘flex living’ no es más que la última jugada del sector inmobiliario y los grandes fondos de inversión para maximizar beneficios a costa del derecho a la vivienda.
Opinión
Opinión ¡Que vivan los aranceles!
Que Trump propugne aranceles no debe hacernos caer en la trampa de defender los intereses de los grandes oligopolios.

Últimas

Madrid
La burbuja del alquiler Sumar, Podemos y sindicatos de inquilinos presionan para convertir en indefinidos los contratos de alquiler
Sumar lanza una propuesta legislativa para transformar en indefinidos los contratos de alquiler, una de las principales demandas de la manifestación por la vivienda del 5 de abril. Una moción de Podemos, rechazada en el Congreso, pedía lo mismo.
Comunidad de Madrid
Movilización por la educación 23F: el día que una veintena de colectivos llenarán de verde Madrid para defender la educación pública
La comunidad educativa de todos los niveles en la enseñanza se prepara para una movilización que arrancará a las 12:00 horas desde Atocha hasta Sol, en la región que menos invierte en educación por estudiante.
Política
El Salto Radio Podcast | ¿Cancelar la cancelación?
Hablamos con Antonio Gómez Villar, a partir de su libro “Cancelar no es transformar” sobre malos entendidos y límites de esta acción política
Opinión
Opinión ¡Que vivan los aranceles!
Que Trump propugne aranceles no debe hacernos caer en la trampa de defender los intereses de los grandes oligopolios.
Galicia
Memoria histórica Cultura, exilio y lucha de las bibliotecarias gallegas durante la Segunda República
Durante los primeros años treinta, las bibliotecas se convirtieron en espacios de trabajo ideales para un modelo de mujer que aspiraba ser independiente y que había manifestado un claro compromiso político. La Guerra acabó con todas sus aspiraciones.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Sindicatos piden el cese de la dirección del Hospital 12 de Octubre tras las obras de remodelación
Los problemas con las nuevas instalaciones han cristalizado en una unión sindical que ha reclamado formalmente el fin de la cúpula de dirección tras ser “ignorados” de manera “sistemática”.
Opinión
Opinión La unidad del anarcosindicalismo es la acción conjunta
Al hilo de supuestos movimientos desde la CGT hacia la unificación con CNT es necesario diferenciar entre lo que es una relación en clara mejora y lo que sería un proyecto real en marcha.

Recomendadas

Líbano
Ocupación israelí Israel incumple el acuerdo de paz y mantiene tropas en el sur de Líbano para “vigilar” a Hezbollah
El Ejército sostiene la ocupación de cinco colinas a lo largo de la frontera tras evacuar sus soldados de decenas de municipios. Miles de civiles regresan a sus casas para descubrir que lo han perdido todo.
Feminismos
Ana Bueriberi “El activismo tiene que ser colectivo: para contribuir al cambio es imprescindible despersonalizar la causa”
La periodista madrileña Ana Bueriberi reconoce que no sintió la discriminación hasta que llegó a la Universidad. Hoy, desde el proyecto Afrocolectiva reivindica una comunicación antirracista, afrofeminista y panafricanista.
Inteligencia artificial
Militarismo La máquina de los asesinatos en masa: Silicon Valley abraza la guerra
Las fantasías distópicas sobre los futuros usos de las máquinas en la guerra están más extendidas que el relato de lo que ya está pasando en los campos de batalla.