Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta

Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Comuneiros e comuneiras de Tameiga - 7
Cristóbal López, Iolanda Otero e Cao de Mos, comuneiros e comuneira de Tameiga (Mos). Bea Saiáns

En Galiza, tódalas leiras teñen nome. Ou cando menos tíñano antes da expansión das cidades e o avance do cemento. A Espiñeira, A Devesa, O Outeiro... Centos de miles de topónimos ao longo de todo o país que son testemuño da riqueza patrimonial e natural dunha terra de minifundios. Unha terra que hoxe vive ameazada por un feixe de proxectos industriais e de grandes empresas que aspiran a facerse con ela, a borrar o significado desas palabras que antes a nomeaban, a facer desaparecer os espazos aos que facían referencia. 

Mais non todas as corporacións que as ameazan veñen coa sombra gris do progreso pendurada. Non todas son fábricas de celulosa como a de Altri e Greenalia, explotacións mineiras como a de San Fins e Penouta ou fabricantes de aluminio como Alcoa. Algunhas visten caras amables e arrastran ducias de miles de adeptos. Malia todo, o seu obxectivo é o mesmo: facerse pola forza coa base territorial dun pobo para xerar beneficios privados a costa de arrasar o seu valor ecosistémico. Privatizar a terra e os beneficios mentres se socializa a perda do medio ambiente e, xa que logo, do futuro.

Comuneiros e comuneiras de Tameiga - 9
Gonzalo Pérez e Cao de Mos, coordinador e vicepresidente da comunidade. Bea Saiáns

Iso é exactamente o que leva intentando a empresa propietaria do Celta de Vigo coa complicidade dos sucesivos gobernos da Xunta de Galiza dende 2017 nos montes comunais da parroquia de Tameiga, en Mos (Pontevedra). Primeiro con Alberto Núñez Feijóo á fronte e logo co seu sucesor e actual presidente, Alfonso Rueda. O plan inicial, sen ningún tipo de información nin negociación previa con veciños e veciñas afectadas, era facerse cun millón de metros cadrados para construír unha cidade deportiva e un gran centro comercial que deixaría á comunidade de montes veciñais en man común sen apenas terra. Agora, sete anos despois, unha das asembleas de comuneiros e comuneiras máis incómodas para o poder —e especialmente unida— conseguiu torcerlle o brazo a un xigante grazas á presión social: a empresa da familia Mouriño, de multimillonarios mexicano-galegos, vén de abandonar tódolos seus plans de urbanización do monte. Mais non o fixeron polas boas.

Para entender esta loita e mirar cara a ela dende os movementos sociais, cómpre entendermos como é que se conforma a idiosincrasia do monte en Galiza, unha excepcionalidade no contexto europeo baseada na xestión horizontal dunha cuarta parte do territorio. Máis de 700.000 hectáreas do país son de propiedade colectiva. Son das veciñas que habitan na parroquia á que pertencen e queren facer parte da xestión do común. Toda esta enorme cantidade de terreo, na súa maior parte forestal, é xestionada por arredor de 2.800 comunidades de montes veciñais, segundo os datos da Consellería do Medio Rural. 

Isto vén demostrar que esta figura ten unha importancia capital como símbolo da identidade e da cultura galegas. Pero tamén fala das potencialidades da xestión colectiva e asemblearia dos recursos ambientais e do uso do propio solo. Aínda que, por suposto, son obxectivo cara a fóra e cara a dentro de intereses empresariais. Cómpre non esquecer que, nun principio, o complexo que planeaba o Celta ía ocupar case un millón de metros cadrados e incluía un centro comercial, xestionado por un fondo de investimento, que aspiraba a ser o motor financeiro do proxecto e varios campos de fútbol.

Comuneiros e comuneiras de Tameiga - 8
Maria Dolores Mariño e Enrique Campo, históricos comuneiros de Tameiga. Bea Saiáns

“Cando o Celta presentou o proxecto en sociedade, dando por feita a expropiación do noso monte, tivemos un período de vantaxe estratéxica. Pensaban que eramos parvos”, lembran con retranca Gonzalo Pérez e Cao de Mos, coordinador e vicepresidente, respectivamente, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Tameiga. A empresa subestimara a intelixencia colectiva dunha asemblea de 420 familias con dereito a voz e voto que xestiona, dende pouco despois da Transición —aínda que para atopar o xermolo da xestión mancomunada habería que remontarse, probablemente, ao suevos—, máis de 90 hectáreas de superficie forestal co obxectivo de conseguir beneficios medioambientais, sociais, enerxéticos e económicos para a súa veciñanza. Pensaban que os enganarían facilmente cunha estratexia pouco sofisticada que se baseaba en engalanar á directiva e aos comuneiros e comuneiras mentres apelaban ao celtismo: carnés de socios, presentacións cos futbolistas máis famosos e as crianzas da parroquia e unha chea de estratexias de dubidosa lexitimidade ética e política. De feito, a presentación do proxecto fíxose no pazo dos Escudos, un hotel-restaurante elitista de Vigo cun menú untuoso ao que convidaron a tódolos actores implicados. De arriba a abaixo e de dereita a esquerda. Todos ou case todos asistiron ao discurso mentres comían os mellores lumbrigantes e as mellores robalizas do país.

Naquela altura, o Celta de Vigo era propiedade do empresario de orixe galega, pero afincado en México, Carlos Mouriño. Dono dun imperio da gasolina en México e ducias de sociedades de todo tipo —tamén de especulación inmobiliaria—, Mouriño está estreitamente vinculado ao partido dereitista Partido Acción Nacional en México: o seu fillo Juan Camilo Mouriño foi un destacado deputado da organización ata que morreu nun accidente de avión en estrañas circunstancias. Pero tamén o está en Galiza ao Partido Popular, chegando incluso a asistir nas primeiras liñas dos mitins de Alberto Núñez Feijóo e Isabel Díaz Ayuso ou a acudir como apoderado do partido aos colexios electorais durante os comicios galegos de 2024. É certo que se debían favores e quizais esa notoria presenza fose, dalgún xeito, unha parte do cobro. 

Comuneiros e comuneiras de Tameiga - 17
Iolanda Otero e Cao canda as crianzas da comunidade no Chan da Cruz, un dos soutos ameazados polo Celta. Bea Saiáns

O primeiro dos favores foi que o agora presidente do Partido Popular asistise en novembro de 2020, en plena pandemia, á inauguración da parte deste complexo comercial que sería posteriormente dedicada aos adestramentos e partidos dos equipos base do club. É a coñecida como Cidade Deportiva do Celta e está construída sobre a comunidade de montes de Pereiras, lindeiro con Tameiga e afín aos intereses da empresa e do partido. Fíxoo coas sospeitas fundadas de que aquela obra se realizara de xeito ilegal, xa que se recalificaran solos rústicos e se emitiran dúas licenzas de obras pensadas para unha envergadura moito menor da que finalmente acabaría sendo declarada non conforme a dereito. De tódolos xeitos, Feijóo e tamén Alfonso Rueda, en calidade de vicepresidente da Xunta, asistiron.

Aquela mañá, nun deses campos de fútbol, ante as miradas orgullosas do que era entón presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, e do presidente da súa homóloga española, Luis Rubiales, Feijóo e Mouriño plantaron un carballo cunha placa na que aínda hoxe se pode ler: “Este carballo representa o firme compromiso do RC Celta polo coidado e respecto do medio ambiente. Esperamos que ao seu carón siga crecendo a nosa canteira e fortalecendo os nosos valores”. Non medraría ata agora outra cousa que cemento, campos de fútbol e, iso si, conflitividade social. 

Comuneiros e comuneiras de Tameiga - 11
Cao e Patricia Dos Santos sosteñen a imaxe dunha asemblea decisiva: cando decidiron por maioría abrumadora que confrontarían co Celta até a fin. Bea Saiáns

O coordinador do grupo Rías Baixas de Ecoloxistas en Acción, Xaquín Pastoriza, lembra neste punto un dos conceptos do xeógrafo teórico David Harvey como móbil de fondo neste conflito: as intencións de acumulación por desposesión do gran capital. En esencia, o que o Celta de Vigo pretendeu sempre foi empregar métodos da acumulación orixinaria para manter o sistema capitalista, mercantilizando ámbitos ata entón pechados ao mercado. É dicir, cooptando o monte para si. Como non pode ser doutro xeito, o obxectivo de esta e calquera gran empresa era e será perpetuar o sistema actual, repercutindo nos sectores empobrecidos a crise de sobreacumulación. Algo que souberon ver e combater en Tameiga dende o primeiro momento. 

Despois de anos de conflito, ducias de accións de presión e represión policial e trala abdicación de Carlos Mouriño na súa filla Marián, o Celta de Vigo e a Comunidade de Montes de Tameiga alcanzaron un acordo que permite avanzar de xeito moi limitado ao proxecto deportivo e comercial agora Galicia Sports 360. Este acordo implica que o Celta renuncia a ocupar a maior parte do terreo comunal de Tameiga, reducindo significativamente a superficie afectada polo proxecto —apenas empregará 5.000 metros cadrados do millón inicialmente proxectado— e, como contrapartida, os comuneiros e comuneiras ​accederán a abandonar a súa presión social e a súa batalla xudicial.

Coa paz asinada trala vitoria sen precedentes dos comuneiros de Tameiga, o club agarda que a Xunta de Galiza, presidida por Alfonso Rueda, aprobe nas próximas semanas, o que é o segundo gran cobro: a declaración de Proxecto de Interese Autonómico (PIA), que lle dará o impulso definitivo á súa cidade deportiva e permitirá iniciar os traballos de xeito inmediato, saltándose moitos dos chanzos burocráticos que calquera outro proxecto non amadriñado pola Administración Rueda tería que escalar. ​As fontes do Celta explican que os movementos de terra están previstos para marzo, aínda que xa comezaron as obras complementarias necesarias para o lanzamento do groso do proxecto.

Un modelo de xestión forestal centrado na comunidade e non no negocio

É certo que o caso de Tameiga non é a tónica xeral nas máis de 2.800 comunidades de montes de toda Galiza. Como calquera estrutura civil do Estado español, nalgúns lugares do país, os restos do franquismo sociolóxico e do caciquismo persisten. Ademais, os partidos políticos hexemónicos tamén o ven como outra estrutura de poder que conquistar, mais non sempre lles resulta sinxelo. Para os poderes económico e político, o monte é fundamentalmente un negocio máis. A declaración de intencións da Consellería do Medio Rural non deixa lugar a dúbidas: “Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques”. A prioridade é, sen eufemismos, a necesidade de pór a producir os bosques.

Aínda que hai outras moitas comunidades de montes no país que non van polo rego industrial que a Xunta propón do aproveitamento forestal —fundamentalmente, a través das empresas Ence para a transformación de eucalipto en pasta de papel e Finsa para converter o piñeiro en madeira de todo uso—, o caso de Tameiga serve para ilustrar unha alternativa cara a que mirar. 

Dende hai máis de vinte anos, esta comunidade de montes deixou de vender as súas árbores ás multinacionais da madeira para centrarse na xestión da biomasa forestal directamente para os seus veciños e veciñas. Para que podan, fundamentalmente, quecer as súas vivendas. Isto non é pouco. Con ese cambio, conseguiron que a veciñanza mudase os seus sistemas de calefacción de sistemas fósiles a outros de enerxía renovable. Están a transitar cara un modelo de comunidade enerxética e están a facelo en colectivo.

As comunidades como a de Tameiga promoven a organización colectiva para satisfacer as necesidades enerxéticas dun xeito sostible, responsable e solidario. A descentralización na produción de enerxía é unha das claves deste modelo, que pon a enerxía nas mans das persoas e favorece a propiedade compartida. Ao mesmo tempo, fomenta a cohesión social, promovendo a colaboración, o apoio mutuo e a aprendizaxe en conxunto. 

O sistema de reparto de leña, que proporcionan ás familias comuneiras da súa parroquia é tamén unha parte importante dese modelo de comunidade enerxética. A súa estrutura organizativa, baseada na democracia participativa da súa asemblea, onde se toman as decisións sobre o uso dos recursos do territorio, garante a cohesión da veciñanza.

Ademais, como parte do seu proxecto colectivo, esta comunidade revirte de moitos máis xeitos a súa riqueza material e cultural na comunidade. De feito, no seu centro social, As Pedriñas, crearon unha das mellores salas culturais de Galiza: a Rebullón. Nela, fan residencias artísticas, obradoiros musicais, culinarios, de sensibilización animal, estimulación sensorial e calquera tipo de proposta artística dando prioridade á cultura galega. O que unha grande empresa quixo converter nun burato negro comercial, a veciñanza organizada transformouno nun oasis para a construción da esperanza.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Galicia
Galicia La esperanza de la gestión colectiva frente al expolio: la Comunidad de Montes de Tameiga contra el Celta
Mientras varios proyectos industriales intentan privatizar y destruir los ecosistemas gallegos, algunos grupos de vecinos y vecinas organizadas hacen oposición social construyendo alternativas comunitarias. A veces, también ganan al gigante.
Galicia
Galicia Ourense se organiza para combatir patrullas de extrema derecha en los barrios más empobrecidos de la ciudad
Vecinas y vecinos y los movimientos sociales responden al discurso del miedo promovido por Frente Obrero y señalan su estrategia de criminalizar la pobreza y sembrar odio en contextos de exclusión y abandono institucional.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Córdoba
Disidencias Córdoba vive su primer orgullo crítico LGTBIAQ+ con una agenda de actividades y la mirada en Palestina
La plataforma convocante no ha organizado una manifestación por ser un movimiento recién nacido, pero la promete para 2026. El manifiesto publicado en redes pone en primer plano la “urgencia” de denunciar el genocidio en Palestina.
Asturias
Lucha sindical El Gobierno asturiano pedirá el indulto para Las 6 de la Suiza el próximo lunes
El ejecutivo de PSOE-IU-Convocatoria por Asturies dirigido por Adrián Barbón discutirá este lunes en su Consejo de Gobierno el indulto para estas trabajadoras, condenadas a penas de cárcel por un piquete.
Opinión
Opinión Algunas claves para hacer un análisis feminista de las masculinidades y el patriarcado
Aunque el repunte patriarcal que estamos viviendo lleva tiempo consolidándose, ahora se le está otorgando la importancia que merece en el debate público, también en Euskal Herria.
Camino al paraíso
Camino al paraíso Lógica para un futuro
Cómo hacer que quienes vienen detrás luchen por un planeta habitable y escapen de la espiral actual de individualismo, polarización y consumo.

Últimas

Laboral
Laboral Huelga contra “el peor convenio de la historia de Correos”
CGT convoca paros estatales este viernes y sábado cuando se acaba el plazo para negociar el acuerdo marco que, según el sindicato, trae “recortes y desregulación” pero que ha sido apoyado por otros como CCOO y UGT
Laboral
Laboral Europa confirma que las indemnizaciones por despido improcedente en España son insuficientes
El dictamen, que se conoció en febrero pero se hace público este viernes 27, debe ser para CCOO el arranque de una negociación a tres bandas entre gobierno, patronal y sindicatos.
Opinión
Opinión Pisarse la lengua
Orgullo Crítico Madrid difundió en redes un nuevo posicionamiento contra la psicología que se ha saldado con la salida de varios colectivos históricos de este espacio. ¿Por qué se llenó la publicación de comentarios de reproche?
Más noticias
Cádiz
Genocidio en Palestina Colectivos educativos de Jerez se niegan a que el fondo proisraelí KKR utilice espacios municipales
Asociaciones de Familias y otros colectivos pro educación pública se han manifestado frente al Ayuntamiento para denunciar que KKR, a través de la empresa de formación MEDAC, utiliza el espacio municipal del Chapín para su labor económica.
Tribuna
Tribuna La licencia social de las renovables, en la cuerda floja
España tiene que avanzar en sus obligaciones de implementación de renovables, pero debe hacerlo garantizando la licencia social de todos los nuevos proyectos. Para ello, hay que mantener comunicación fluida y tener en cuenta a cada comunidad.

Recomendadas

En el margen
Cécile C. Eveng “Perdemos amigues y es una pena porque las personas LGTBIQ pueden ayudar a desarrollar África”
La filóloga camerunesa reside actualmente en España y estudia un doctorado en migraciones, cuerpos, negrofobia y vulnerabilidad de personas. Investigar sobre identidades disidentes en su país le ha traído críticas, hasta desde la propia academia.
Feminismos
Jule Goikoetxea “Los genocidios se sustentan en prácticas micro que legitiman una manera de vivir delirante”
Jule Goikoetxea es una de las filósofas más reconocidas del Estado Español. El año pasado acompañó a Angela Davis en su visita a la Fira Literal de Barcelona. De aquellos cuatro días nace su primera novela, ‘Politeísmo bastardo’.
Federación Regional de Asociaciones Vecinales de Madrid (FRAVM)
Jorge Nacarino “El movimiento vecinal tiene que seguir siendo punta de lanza de la presión social”
Vivienda, turistificación, gestión de residuos, la masificación de eventos así como reimpulsar la participación ciudadana, son solo algunos de los retos que observa, como prioridades, el joven presidente de la FRAVM.
Madrid
Violencia machista Almeida elimina los Espacios de Igualdad y los transforma en centros especializados en violencia de género
Trabajadoras y oposición denuncian un cambio de un modelo participativo hacia otro asistencialista, en el que no se atenderá a todas las mujeres y se perderán actividades de prevención y sensibilización.