Fútbol
Avoa, o feo e o malo. Arxentina 1978. O outro mundial

Capítulo 2: O feo. Na América Latina a palabra guapo ten diversos significados. Desde a orixinal, desta beira do Atlántico, de rostro agraciado e beleza masculina. Ata a versión arxentina, onde un guapo é un tipo “echao pa'lante”, un tipo bravo, un valente. A esta categoría pertencía René Houseman. Villero. El Loco de Baixo Belgrano. O Wing.

René Houseman 1
René Houseman nunha imaxe de arquivo no seu barrio de Baixo Belgrano.
12 abr 2020 09:00

La Banda. A carón do tranquilo curso do río Dulce, xunto á cidade de Santiago del Estero. Alí naceu un 19 de xullo de 1953 un pibe chamado René Orlando Houseman. Naceu como viviu, viviu como xogou, en La Banda. De neno tivo unha infancia difícil. Con todo, René pasaba os días xogando nos potreros xunto ao río. Cando chegaba a noite, o pibe Houseman volvía a casa cheo de lama. A súa nai alcumouno Chancho, porco en xerga porteña. Ese foi o seu primeiro alcume. Se a vida para os Houseman xa era difícil, en setembro de 1955 os problemas medraron. Así, por obriga, a comezos de 1960 a familia colleu as súas poucas pertenzas e marcharon a Capital Federal. Instaláronse na vella villa de Baixo Belgrano.

O Salto Galiza
Avoa, o feo e o malo. Arxentina 1978. O outro mundial
As Avoas da Praza de Maio son un movemento que loita por atopar aos centenares de fillos e netos que foron secuestrados durante a ditadura militar arxentina de finais dos anos 70 e comezos dos 80

O 6 de xullo de 1966, Arxentina foi escollida para organizar o Mundial de Fútbol de 1978. En 1966 Arxentina política e socialmente xa estaba maltratada. Por entón rexistraba un empate entre o seu número de participacións en copas do mundo, e a cantidade de golpes de Estado experimentados: catro en cada caso. O golpe máis recente fora unha semana antes de que escollesen ao país como sede. Arxentina tería tres novos presidentes no prazo de sete anos, despois de 1966. O réxime estaba debilitado, o que permitiu en 1972 a volta ao país de Juan Domingo Perón, despois de anos de exilio. Para setembro de 1973, Perón converteuse de novo en presidente. Dez meses despois, Juan Domingo Perón faleceu vítima dun ataque ao corazón. Isabel Perón asumiu o cargo e pasou ser a primeira muller que gobernaba o país. Pero chegou o 24 de marzo de 1976. Nesa data, a Xunta Militar deu outro golpe de Estado e asumiu o poder absoluto na Arxentina.

Por obriga, a comezos de 1960 a familia colleu as súas poucas pertenzas e marcharon a Capital Federal. Instaláronse na vella villa de Baixo Belgrano

Pola súa banda, para a familia Houseman a vida en Buenos Aires non foi unha panacea. O pai de René, albanel e alcohólico crónico, enfermou de poliomielite. Entón, o pibe Houseman comezou traballar. Foi repartidor cadete nunha carnicería, nun negocio de sodas e nunha froitería. Pero sempre remataba os días nos vellos potreros do Baixo Belgrano. René rematou a primaria con 14 anos, en 1968. Ese ano Excursionistas de Belgrano chegou á súa vida. Mais o mesmo 1968 René deixou Excursionistas. Sen equipo e despois dun tempo pasou ao eterno rival: Defensores de Belgrano. Alí debutou en 1971, con 17 anos. No torneo de terceira división rompeuna e foi a figura dun Defensores que acabou campión. A comezos de 1973 era desexado por River Plate e Independiente; pero foi Huracán, por expreso pedido do seu adestrador, César Luis Menotti, quen acabou fichando a xoia do Baixo Belgrano.

René Houseman chegou a Parque Patricios nun momento moi especial. Huracán 1973 foi algo sorprendente. César Luis Menotti armou un equipo que vai perdurar na memoria da hinchada para sempre. E Houseman sorprendeu desde o debut. Foi o 4 de marzo, ante Arxentinos Juniors no Ducó, Huracán goleou 6 a 1 esa tarde. O primeiro gol de René con Huracán chegou a semana seguinte no Parque da Independencia, no triunfo 2 a 0 ante Newells. O Wing dereito Houseman semellaba non ter articulacións. As medias baixas, a remera número 7, no límite, pegado sempre á raia, gambetas asombrosas e fútbol. Moito fútbol. Claro, ese ano Huracán saíu campión despois de 44 anos no deserto. O “Flaco” Menotti asumira en 1971 o posto de adestrador en Huracán e tiña unha idea revolucionaria: posesión do balón, presión alta, xogo corto e liberdade absoluta . Con todo, a Menotti custoulle adaptar a Houseman ás rixideces do fútbol profesional. O día a día do “Loco” como profesional non era moi diferente ao que coñecía en Baixo Belgrano. Seguía vivindo na villa, O Globo tentou levalo ao sur da cidade. “Alugaron unha habitación para que vivise preto do estadio. Aguantei 15 días e volvín ao barrio”, lembraba o propio René.

A comezos de 1973 era desexado por River Plate e Independiente; pero foi Huracán, por expreso pedido do adestrador, César Luis Menotti, quen acabou fichando a xoia do Baixo Belgrano

Froito das boas actuacións de René con Huracán ese mesmo ano o seleccionador, Omar Sívori, quedou namorado do seu xogo e convocouno para a albiceleste. Un ano despois, en 1974, foi convocado polo novo seleccionador (Vladislao Cap) e xogou a Copa de Mundo de Alemaña 1974. Tiña 21 anos cando xogou en Alemaña. Fixo tres goles, o máis lembrado contra Italia. Sería unha das revelacións dun equipo que pronto foi esquecido. Nese Mundial, hai un partido que é representativo do nivel que tiña a selección arxentina en Alemaña, o que xogou no Estadio Gelsenkirchen contra Holanda. Alén do resultado final (4-0), o partido foi un paseo para a Laranxa Mecánica, a sensación era que os xogadores holandesas facían o que querían e como querían, foron 4 goles pero puideron ser moitas máis ese día. Despois do mundial, en agosto de 1974, César Luis Menotti asumiu o mando da selección. Menotti, “El Flaco” esixiu desde un primeiro momento continuidade, “pedín catro anos, ata despois do Mundial 1978”; tamén pediu dispoñibilidade total dos xogadores por parte dos clubs, algo que non acontecía sempre ata esa data.

O 24 de marzo de 1976, o mesmo día do Golpe de Estado, a Xunta Militar comezou transmitir a través de comunicados as medidas que imperarían na Arxentina a partir dese momento. Impuxeron a disolución do Congreso. Prohibiron a actividade política, os partidos políticos e os sindicatos. As restricións chegaban tamén á circulación das persoas en horario nocturno, ou facer accións que puidesen esixir a intervención das Forzas Armadas. Case todos os comunicados falaban de restricións e censuras para a cidadanía. Mais no comunicado número 23 algo mudou: había unha cousa que estaba autorizada. Era a transmisión do partido que a selección arxentina xogou contra Polonia, en Chorzow. Co paso do tempo, René Houseman afirmou lembrar máis as apertas entre compañeiros pola noticia da transmisión, que o gol que anotou no amistoso, terminando con vitoria arxentina por 2-1. A transmisión dun partido a 13.000 quilómetros de Buenos Aires podería ser visto en directo. Fútbol e circo, posibelmente a única alegría que podía ofrecer a Xunta Militar.

Tiña 21 anos cando xogou en Alemaña. Fixo tres goles, o máis lembrado contra Italia. Sería unha das revelacións dun equipo que pronto foi esquecido

O golpe de Estado de 1976 impediu calquera tipo de diálogo ou negociación entre os representantes das asociacións villeras e o Estado. Por entón, un censo rexistraba que nas villas de Buenos Aires vivían 213.823 persoas. A ditadura estimaba que as villas estaban en contra “das necesidades espirituais e materiais da vida humana, e eran contrarias a saúde da poboación”. Por causa da caída da actividade económica e a inflación, a poboación nas villas medrou un 30% no primeiro ano de goberno da Xunta Militar. Xa eran arredor de 280 mil persoas. Pero para a ditadura os asentamentos precarios non eran unha derivada do déficit de vivenda; senón que eran produto da indolencia, o delito e a preguiza. Unha campaña de propaganda estatal presentou as villas como guetos conformados por persoas automarxinadas. Emigrantes, estranxeiros, e indocumentados eran a tríade de xente contra as que sinalaban. Con todo, o obxectivo da Xunta Militar era recuperar espazo para o desenrolo inmobiliario. Un segundo obxectivo, consistía en amosar unha imaxe positiva do país no exterior durante a Copa do Mundo 78. E o plan de expulsión das villas non foi denunciado pola prensa nacional, máis que para desprezar a presenza da xente villera, presentándoos cheos de estigmas.

En 1977 comezaron a partir ferrocarrís desde a Estación do Retiro con veciños das villas. Eran expulsados cara Bolivia. Os primeiros desaloxos foron realizados nas terras de maior potencial de inversión, na zona norte e centro da cidade. A villa de Baixo Belgrano era unha das máis prezadas para o despexo: eran once hectáreas, rodeadas de parques, campo hípico e de golf. Perfecta, óptima para desenrolos inmobiliarios e residenciais. En 1978, no Baixo Belgrano había 298 familias, case 1000 persoas. Poucas semanas antes do Mundial chegaron as topadoras á villa. “Avisaron que debíamos marchar. Puxeron os bulldozerzs na porta da casa e obrigaron irnos. Chegaba un camión, cargaba as túas cousas e marchabas”, lembra Ema, a irmá de René. Houseman sufriu moito. Dicía que tivese cartos compraría toda a villa. En maio de 1978 o secretario de vivenda da ditadura, informou que o déficit de vivenda afectaba ao 42% da poboación. Mentres no país, os gastos de organización do Mundial comezaban e rexistrar cifras descomunais. E, ao mesmo tempo, o goberno de facto ofrecía créditos brandos a empresarios para a edificación de hoteis de 4 e 5 estrelas. Hoxe a zona do Baixo Belgrano é unha das máis cotizadas da cidade de Buenos Aires.

A villa de Baixo Belgrano era unha das máis prezadas para o despexo. Poucas semanas antes do Mundial chegaron as topadoras á villa

O 20 de maio de 1978, os medios de comunicación publicaron a lista definitiva de 22 xogadores que disputarían coa selección arxentina a Copa do Mundo. E, claro, Houseman estaba entre os escollidos por César Luis Menotti. Era unha das súas apostas, un dos poucos xogadores que continuaron na selección desde o mundial de Alemaña' 74. “As cousas saíron mal... confeso que estiven totalmente tranquilo”, René Houseman laiaba ante os xornalistas despois do seu mal desempeño no primeiro encontro. A Arxentina gañara 2 a 1, pero o “Wing” era noticia polo seu mal partido. “Por máis que o busque, non podo explicar que aconteceu”, insistía. Desde ese debut René xogou pouco. Arxentina libraría a primeira fase, logo da vitoria a Hungría, cunha vitoria ante Francia por 3-1 e unha derrota fronte a Italia por 0-1. Na segunda fase, Arxentina comezou contra Polonia cun marcador final 2-0 a favor da albiceleste. No seguinte compromiso, a escuadra de Menotti, non foi quen de acadar a vitoria fronte a Brasil, empatando a cero.

O 21 de xuño de 1978; o Fraco Menotti, René Houseman e o resto da selección arxentina atopábanse no vestiario do Estadio Xigante de Arrollito en Rosario. Arxentina enfrontaba a Perú para gañar a primeira posición do grupo e así clasificar para a final do Mundial, pero a albiceleste debía gañar por unha diferencia de máis de tres goles. Nese momento apareceu polo vestiario o presidente de facto, Jorge Rafael Videla, xunto a Emilio Massera e outro home, para saudar e animar ao equipo. Anos despois René sabería o nome do outro home: Henry Kissinger. Seis goles despois, o encontro rematou con vitoria arxentina. René tivo o seu desquite ao anotar o quinto gol. Ese marcador de 6-0 ante Perú levantou sospeitas, pero para un país que desaparecía aos seus cidadáns, xestionar estas suspicacias era un tema menor. Así, chegou o 25 de xuño de 1978, o día da gran final. Para Arxentina era a súa primeira final, Holanda repetía tras perder fronte a Alemaña Federal en 1974. O partido rematou empatado a un gol. No tempo extra, Mario Kempes anotou o seu segundo gol no partido (2-1). Daniel Bertoni selou o 3-1 final que daba o título mundial. Arxentina Campioa do Mundo. Ese día, René xogou os últimos minutos e converteuse para sempre en campión mundial, mais esa consagración non o fixo feliz. Non puido volver á villa para festexar coa súa xente porque os militares borraran o asentamento do Baixo Belgrano.

René Houseman 2
René Houseman celebrando a copa do mundo no estadio en 1978. Foto: Getty Imagenes

Despois do Mundial, en 1979, aconteceu algo que fixo que René comezase ser consciente do que acontecía na Arxentina. “Fomos a Francia coa selección e aló unhas mulleres exiliadas comezaron berrar: traidores, fillos de puta”. Nun primeiro intre, pensaron que as mulleres eran francesas, tentando putealos, non entendían un carallo. Este escrache foi o limiar para ir coñecendo o que facían os militares no seu propio país. “Xuro que non sabíamos nada”; “vivíamos illados, tanto que cando fun descubrindo a ocultación da verdade, dos secuestros, das desaparicións e os asasinatos, doeume moitísimo”, lembraba René. O que aconteceu durante esas datas no equipo ten versións diversas. Publicamente, o equipo e o adestrador, militante comunista, miraron cara outra parte ao proceso político que castigaba á Arxentina mentres elas inscribiron os seus nomes como campións do mundo. Un silencio do equipo que xeraba dor e proído. Seguramente, por iso as Avoas da Praza de Maio lograron xuntar a tan poucos protagonistas para o documental “A outra final”, que en xuño de 2008 recreou 30 anos despois no estadio de River, o 3 a 1 ante Holanda. Si, René Houseman foi un deses poucos. E a súa aperta coas mulleres dos panos brancos foi tan grande como a súa humildade ou a súa loucura. Porque é necesario sinalar a negativa a falar do que aconteceu fóra do terreo de xogo por parte dalgúns do equipo eses días. Para eles, tamén, en aqueles tempos o fútbol foi o único permitido. Pero con Houseman non houbo campionato mundial, nin prestixio, nin gloria que confundise ao seu corazón: “se soubese o que acontecía, tería renunciado á selección”, declarou nunha entrevista uns anos despois.

Entre 1973 e 1980 René foi a figura de Huracán. Tivo momentos de alto rendemento, como en 1973 e 1976. Co Globo xogou 266 partidos, marcando 108 goles. Coa celeste e branca xogou 55 partidos, marcando 13 goles. Estrela en Alemaña' 74, Campión do Mundo en Arxentina' 78. Coa década dos 80, a estrela de Houseman foi apagando. Tiña só 27 anos, pero aparentaba moitos máis, a adicción ao alcohol estaba facendo o seu labor. Deixou Huracán e pasou a River Plate a comezos de 1981. En 1982 tentou reconstruír a súa carreira en Colo Colo. Despois Defensores de Belgrano, logo Amazulú en Suráfrica. Regresou en 1983 para xogar de novo en Huracán, no que estivo un ano. A comezos de 1984 conseguiu un posto en Independiente, prometeu boa letra e non, non cumpriu, xogou só 3 partidos. Terminou a súa carreira en Excursionistas, o seu primeiro equipo, xogando 26 minutos nun só partido. Non hai dúbida que os anos 80 non foron os seus momentos máis destacábeis, polos que vai ser lembrado.

As medias baixas, a remera número 7, no límite, pegado sempre á raia, gambetas asombrosas e fútbol. Moito fútbol . Estrela en Alemaña' 74, Campión do Mundo en Arxentina'78

É posíbel que Houseman non encaixase no fútbol moderno dos tempos actuais; onde a táctica, a disciplina e o negocio prevalecen sobre a diversión. El, que era un regateador extraordinario, un prestidixitador, un inventor de ilusións. Hai quen dixo que era o único que gambeteaba no aire, sen tocar o chan. Mais René non era só unha gambeta infernal, eran as súas anécdotas e era tamén a picardía que levaba na súa vida, como se fose unha solidariedade ben entendida: “El Loco” simulaba estar lesionado cando faltaban minutos para rematar o partido, así podería entrar un compañeiro e darlle a posibilidade de que cobrase por xogar, como acontecía no fútbol de antes. Iso si, os eloxios desaparecerían cando o tema a tratar era a súa vida privada, desordenada e sempre imprevisíbel. Nunca tivo un peso e cando o tivo, ou perdeuno ou agasallouno. Pícaro e astuto, Houseman presumiu con orgullo de ser villero. Nunca mudou porque nunca quixo facelo. Desfrutou tanto a vida que tiña medo á morte, a irse como marcharon os seus pais. “Teño medo de morrer. Os meus vellos morreron de cancro. Hai tempo que ando con ese medo”, confesaba nunha entrevista para El Gráfico.

“Vostedes andan equivocados. Os que son como Houseman non morren nunca, marchan. Pero seguen aí como anxos de inspiración. Onde haxa un pibe cunha pelota vai estar Houseman”; un 22 de marzo de 2018 César Luis Menotti dixo isto ante as numerosas preguntas dos xornalistas. Quizais teña razón e nos pes descalzos dos pibes xogando nos potreros das villas, saltando charcos, gambeteando fochancas, siga xogando René Houseman. “El Loco”, que casou coa vida para divorciarse do traballo. O último Wing.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Argentina
Argentina Gauchito Gil, uno de los nuestros hace milagros
En enero, más de 620.000 personas llegaron a Mercedes, una localidad de la provincia de Corrientes, en Argentina. Caminando, de rodillas, a caballo, para agradecer y hacer promesas a un santo popular: el Gauchito Gil.
América Latina
Extrema derecha Los soldados de Donald Trump en América Latina
Mientras algunos presidentes latinoamericanos, con mayor o menor ímpetu, intentan ponerle freno, otros tantos se arrodillan y le rinden pleitesía sin recibir nada a cambio. ¿Quiénes son los súbditos latinoamericanos de Trump?
Argentina
Argentina El escándalo de la criptoestafa de $Libra acorrala a Milei
La oposición intenta avanzar en el juicio político al presidente argentino en el Congreso mientras la situación social empeora.
Guerra en Ucrania
Guerra en Ucrania Trump y JD Vance matonean en un show televisivo a Zelensky, que se va de vacío de la Casa Blanca
El presidente de Ucrania abandonó Washington DC sin firmar el pacto por el que se comprometía a vender los recursos minerales del país a cambio de garantías de seguridad.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición El PSOE da muestras de cansancio con Yolanda Díaz
Tanto en Moncloa como en Ferraz la opinión sobre la gestión política de la vicepresidenta está en mínimos. Sin criticar su labor en Trabajo, la tropa de Sánchez ya anhela un socio que impulse la unidad a su izquierda con la mira puesta en el 2027.
Palestina
Palestina Illan Pappé: “No esperaba esta magnitud de indiferencia europea ante lo que está sucediendo en Palestina”
El historiador de origen israelí no se ha sorprendido la violencia cometida por Hamás en octubre de 2023 ni de la reacción de Israel o el apoyo a Estados Unidos, pero sí de cómo ha abordado la cuestión la sociedad europea.
Dana
El Salto Radio Relatos para no olvidar de víctimas de la dana
Este podcast recoge la parte más humana, los detalles y los nombres propios de lo que sucedió el pasado 29 de octubre, relatos para no olvidar de víctimas de la dana.
Turismo
Turismo depredador Poca agua, mucho turismo: la crisis hídrica amenaza las islas Eolias en Italia
Las islas italianas del Mediterráneo están acusando especialmente las consecuencias de la turistificación, pero también de una crisis hídrica sin precedentes provocada por el cambio climático. Es el caso de las islas Eolias, en el norte de Sicilia.

Últimas

Macrogranjas
Maltrato animal Una investigación revela una nueva “masacre” en una granja de pollos que salpica a Mercadona
En España, la granja investigada comercializa el producto ‘Cuartos traseros de pollo’ en la cadena de Juan Roig y está certificada con el sello catalán Welfair de bienestar animal, según denuncia el colectivo ARDE que ha realizado la investigación.
Oriente Próximo
Oriente próximo Abdullah Öcalan llama a deponer las armas para lograr la plena democracia para el pueblo kurdo
El líder del Partido de los Trabajadores de Kurdistán llama a la disolución de la organización. Ankara dice que “estudiará” la situación, que también influye sobre Siria, Irán, Iraq y la situación en los países de Oriente Próximo.
Cuidados
En primera persona Relato de una furgoneta robada y un embarazo que perdimos
Para tener la libertad de sentir sin morir sepultadas en el propio silencio es necesario que sean habilitadas, consideradas y acompañadas todas las maneras, todos los dolores, todas las dudas y todos los lamentos en todos los ámbitos de la vida.
Palestina
Palestina Israel prohíbe regresar a los 40.000 palestinos desplazados en el norte de Cisjordania
El ejército de Israel desplaza a miles de sus casas en campos de refugiados en diferentes ciudades de Cisjordania ocupada. Mientras, Israel presiona para no llegar a una segunda fase de alto el fuego.
Más noticias
Ley de dependencia
Derechos sociales Reclaman más financiación para la ley de dependencia ante el nuevo anteproyecto
Bustinduy garantiza como universales servicios como la teleasistencia o recibir sanidad se resida donde se resida, en referencia a los protocolos del covid en las residencias.
Opinión
Opinión De Errejón a Monedero: reflexiones sobre el ciclo del desasosiego
¿Qué pasa cuando quien abusa ha sido o es tu compañero de filas, tu colega, alguien que se consideraba feminista, y no una caricatura facha o un incel de manual? ¿Cómo manejamos la complejidad?
Barcelona
Activismo Absueltos los ecologistas que pintaron el megayate de Walmart en Barcelona
La sentencia afirma que la acción no constituye un delito de daños leves, ya que “la pintura biodegradable fue fácilmente limpiada con una manguera de agua”.

Recomendadas

Argentina
Argentina Gauchito Gil, uno de los nuestros hace milagros
En enero, más de 620.000 personas llegaron a Mercedes, una localidad de la provincia de Corrientes, en Argentina. Caminando, de rodillas, a caballo, para agradecer y hacer promesas a un santo popular: el Gauchito Gil.
Andalucismo
Día de Andalucía ¿Por qué Andalucía sigue celebrando el 28F?
Las andaluzas y andaluces celebramos el día de Andalucía entre los actos institucionales y las reivindicaciones políticas, reflexionamos sobre la vigencia y la influencia política de este día.
Pensamiento
Mar García Puig “Habitar la metáfora es un peligro que merece la pena”
La escritora catalana Mar García Puig publica ‘Esta cosa de tinieblas’, un breve ensayo narrativo que defiende el poder liberador de la metáfora frente a una pureza simplificadora y paralizante.
Guerra en Ucrania
Geopolítica Trump fuerza a Zelensky a hipotecar la explotación de minerales críticos a cambio de su apoyo
Según el borrador del acuerdo comercial presentado por EE UU, esta potencia deberá obtener el 50% de todos los beneficios de las nuevas explotaciones minerales de Ucrania.