Huelga feminista
As que non quixeron, non puideron ou non lles deixaron

Unha gran parte dos comercios do centro de Compostela están rexentados por mulleres ou contan cunha porcentaxe moi elevada de empregadas. Porén, son poucos os que optaron por pechar ou facer o parón o 8 de marzo. Falamos coas voces que faltaron, as silenciosas e as silenciadas.

Piquete Costa Vella Compostela
Piquete no polígono Costa Vella, Compostela. Pablo Santiago
8 abr 2018 11:14

A calor ateigou e rebordou as rúas molladas dun país negado ó silencio. A dioiva de mulleres que percorreu as cidades galegas deixou pegada en todas e todos nós. Por cada recuncho resoou o coro vibrante e violeta que proclamaba o inicio dun novo tempo. E aínda así, houbo quen calou e se agochou. Algunhas por indiferenza, outras por medo.

“Non me podo permitir ser tan feminista”

É unha tenda de roupa para crianzas; suave, rosada e acolledora. Dous uniformes brancos conversan con cadansúa clienta. En total son catro traballadoras, pero hoxe partiron as súas quendas para facer folga: dúas á mañá e as outras dúas á tarde. Se o cavilamos un pouco, non ten moito sentido, parecen uns horarios partidos normais que nada teñen que ver co 8M. Pero aí non nos metemos.

É obvio que non hai parón, deben traballar e vender coma calquera outro día. Unha das empregadas, duns cincuenta anos, comenta que fará folga á tarde, pero que non lle importa moito a manifestación. Considera as proclamas feministas esaxeradas e pouco igualitarias. Súmaselle a súa clienta, unha muller avellentada que se amosa molesta co tema: “Quedan moitas cousas por arranxar, pero iso non se fai dándolle a volta á tortilla”.

Falan das inxustizas que sofren os homes en comparación ás mulleres, algo sobre maridos arruinados, nais irresponsables e denuncias falsas. Narran un panorama aterrador de tinguiduras telenovelescas, un esperpento misándrico onde o matriarcado é a perdición do varón branco heterosexual. Nunca na miña vida presenciei unha alienación tan descarada e caricaturesca como a destas dúas señoras cómplices espontaneamente.

Despois de criticar o “feminismo radical” que pasea polas rúas, a clienta foxe indignada ó mostrador para pagar: “Eu nunca sufrín desigualdade salarial, iso pasa só nas fábricas, na industria. Aí si que deben facer folga”.
“Non me podo permitir ser tan feminista”, engade a dependenta antes de despedirse da señora.

“O mundo ao revés”

Nalgúns escaparates locen carteis de apoio ó 8M cun peche anticipado ás 19.30. Trala porta de cristal hai unha muller soa e cansa. Terma desganada do teléfono, coa vista perdida na roupa aínda sen recoller dunha mesa. Escoita moito e fala pouco, pode que pola chuvia que enchoupa as palabras que non saen. Semella unha xornada de silencio obrigado.

Tócalle traballar, aínda que ela espera poder pechar no parón do mediodía. É a única empregada que hai neste comercio de roupa feminina, as outras compañeiras veñen á tarde. O reloxo marca a unha e cuarto e a porta segue aberta.

Todos os locais da zona tiñan previsto pechar no parón das doce, pero a inmensa maioría non o fixeron. “Hugo Boss si cerrou dez minutos ante das doce, pensando que todos o iamos facer”, di. O tempo pasaba e ninguén da zona paraba, coma unha mañá normal dun xoves de poalla. A muller cre que a tónica xeral foi seguir ós locais da multinacional galega, pero claro, “ningún de Inditex pechou”.

Ela acaba ás 19.30, como uns cantos establecementos de Compostela que si optan por apoiar a folga do 8 de marzo aínda que sexa saíndo antes. Confesa algo molesta que vendeu máis do normal durante a mañá de mobilizacións. “Sei que non debería ser así, pero vivimos no mundo ao revés”.

Non é a única a quen lle pasa. A folga esvaécese ó cruzar o limiar da porta, os berros da rúa confúndense entre a música ambiental da tenda. Para moitas hoxe é festivo, día libre, un día de merca. De mal humor, entre indignada e indiferente, unha camareira de pelo recollido dun bar do centro quéixase: “Esas que se manifestan son as que veñen e nos están a dar máis traballo”.

“As que veñen da manifestación aproveitan para vir mercar o pan”, comenta unha panadeira da zona vella. “É un dos mellores días das últimas semanas”, recoñece a dependenta dunha tenda de decoración de interiores. Nunca lles amolara vender tanto.

Manifestación feminista 8M Compostela (noite)
Cabeceira da manifestación feminista de Compostela Raúl Novoa González

"Non hai desigualdades aquí"

A presión de perder parte do soldo e estar nunha listaxe negra arrastrou moitas traballadoras a calaren e non saíren ás rúas de Santiago. As empregadas de varios dos comercios que visitamos durante as horas de parón recoñecen que recibiron un aviso por correo electrónico avisándoas da posibilidade de facer folga, pero nun ton pouco afable e concesivo. Acariciando as súas mans pequenas, nerviosa, unha traballadora dunha gran tenda de roupa preto da Alameda borboriña con cautela: “Non nos deixan opción”. Antes de saír á rúa viven unha dura loita contra un inimigo difícil de combater: o medo. E deste factor moitas e moitos non son conscientes.

Ao día seguinte aproveitamos para recoller máis impresións e casos. Nunha das rúas principais de Compostela hai un establecemento que baña a beirarrúa de luz intermitente. Dentro lévase un ritmo frenético, dixital e moderno mentres se traballa, incluso nun día de folga. Colocando varias carcasas nun andel, unha empregada responde as nosas preguntas con entusiasmo. “As catro traballadoras que somos fixemos folga, pero a tenda abriuse igual”. O empresario respondera o día antes (sete de marzo) ao aviso do seu cadro de persoal feminino en que lle notificaban que ían facer folga. A resposta, segundo conta a rapaza, foi belixerante. Naquel correo dicía que non entendía esa decisión, que na empresa non había nin desigualdades nin machismo.

E aínda así a tenda abriu, mais sen elas. O empresario chamou as súas compañeiras doutro local para que substituísen os postos desocupados durante a xornada de folga. Non estaba disposto a perder un día de traballo polas reivindicacións das catro mulleres que decidiran parar nun día histórico.

Cuestión de cartos

Imos ao supermercado. Caixeiras, peixeiras, repoñedoras, encargadas... case todo o persoal son mulleres que non paran. A encargada dun deles di que hai mulleres facendo folga. Cantas?, preguntámoslle. “Agora mesmo hai unha, a chica da CIG”.

A frase máis repetida : “É que non podemos parar”. A gran maioría dos negocios pequenos aseguran que non poden facer fronte a un día de folga. Tamén escoitamos dicir que “non compensa” ou, directamente, “non nos interesa a folga”. Algúns dos comercios cos cales falamos están rexentados por autónomas. Está afogadas polos impostos, a competencia das multinacionais e as dificultades do sector: “O de facer folga hoxe nin mo propoño”.

Nunha óptica aténdeme sorrinte unha rapaza nova. Falamos do dereito a folga, e só fai negar coa cabeza: “Estou soa, non podo cerrar. Quero vender máis”. Atopamos traballadores nas rúas. Un repartidor apurado sobe á súa motocicleta mollada e mal estacionada. As túas compañeiras fan folga? Parastes? “Non se pode elixir. Xa cobramos pouco como para non vir traballar”.

“Feminismo no, igualdá”

Aínda que non sexa unha opción maioritaria, hai homes que están a ocupar os postos das súas compañeiras. Xa sobre a hora de peche das dúas, o dono desta zapatería asume os labores da súa empregada e compañeira. “Eu son o seu xefe e díxenlle: mañá non veñas traballar, maniféstate”. Non entende como noutros comercios non se está a seguir esta política. “Hoxe é o día de que reclamen os seus dereitos”, di o dependente.

Se as mulleres paran, o mundo para. E non está só neste punto, na zona vella un local de roupa alternativo tamén quixo seguir a consigna desta folga. “Somos unha parella, pero hoxe só traballo eu. Ela está na rúa, loitando polo que é xusto”.

Piquete Feminista Santiago de Compostela
Piquete informativo feminista no polígono de Costa Vella. Compostela Pablo Santiago

En días así, falar funciona coma unha ferramenta de estudo diáfana e poderosa. Saen conclusións sinxelas e de bo senso, mais que en moitas ocasións quedan soterradas polo debate superficial atado á actualidade forzosa.

É significativa a confusión xeneralizada en estratos da cidadanía sobre o concepto feminismo. Dende os que pensan nunha “volta de tortilla” misándrica até os que cren que é todo unha cousa inútil da esquerda radical, as interpretacións ao respecto do feminismo afastan da realidade boa parte das pretensións do pasado parón feminino. De fondo semella haber unha problemática que grela xeración tras xeración, que é a falta de información e formación sobre as mobilizacións sociais e as súas repercusións.

Non houbo folga de consumo real nin un seguimento tan espectacular coma aquel 24 de outubro de 1975 en Islandia, onde máis do 90% das mulleres frearon en seco. Os referentes sempre veñen grandes, mais neste caso o ímpeto e o traballo de concienciación no país prometían unha labazada morada ó sistema. Se ben toda a sociedade coincide no éxito da xornada, todos os eloxios están a quedar no simbólico. O tempo dirá se haberá tradución da súa eficacia no plano práctico.

Quedaron imaxes para a historia. Prazas e rúas rebordadas de mulleres dispostas a deixar claro que non van tolerar máis a opresión patriarcal sistemática, que levan aturando dende o comezo dos tempos. A faísca prendeu. Só queda ver como, entre a inmensidade da multitude feminina, non volven faltar as voces de quen non puido,de que non quixo e de a quen non deixaron.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Huelga feminista
Represión Siete participantes de la huelga feminista del 2018 son condenadas a un año y medio
La sentencia exige a las activistas catalanas más de 26.000 euros de indemnización a la empresa ferroviaria, así como hacer frente a las costas judiciales.
8 de marzo
8 de marzo Los feminismos andaluces llenan las calles un 8M marcado por el apoyo al pueblo palestino
Decenas de miles de mujeres se movilizan en las convocatorias del 8M de los feminismos diversos centrados en denunciar el genocidio en Palestina y la defensa de los derechos de las mujeres trans
Represión
Euskal Herria Denon Bizitzak Erdigunean Donostia celebra un guateque para pagar las multas de la huelga feminista general
El goteo de multas ha empezado esta semana. La primera asciende a 800 euros, 400 con pronto pago. El 30 de noviembre hubo 24 identificadas y 5 detenidas solo en la capital guipuzcoana.
Pablo C.
8/4/2018 15:35

As lóxicas sistémicas son moi difíciles de rachar. E é de agradecer que o xornalismo intente explicar as cousas máis aló do "mainstream". Profundidade no contido e coidado estético da escrita. Parabéns O Salto e parabéns Gabriel Fuentes!

16
2
Infancia
Infancia Reforma de la ley de infancia: cinco claves para proteger a las madres protectoras
El Ministerio de Infancia y Juventud ha iniciado un proceso para ampliar esta norma aprobada en 2021. Varias organizaciones dan las claves para evitar el castigo a las madres protectoras.
Israel
Israel Israel lleva de nuevo a Gaza al borde de la hambruna con su bloqueo de suministros más prolongado
“Hay días que no puedo permitirme comer”, comenta Muhammad, residente en la ciudad de Gaza, donde regresó con su mujer y su hijo después de la tregua del 19 de enero, tras más de un año desplazados.
Granada
Urbanismo 146.574 m² de solares vacíos en Granada por disfrutar
“¿Y si estos espacios no estuvieran esperando al próximo gran inversor? ¿Y si ya fueran nuestros?” esta y otras reflexiones sobre la especulación inmobiliaria en un proyecto artístico exhibido en el Centro José Guerrero
Música
Kiliki Frexko “No me interesa el arte político que te dice qué pensar o cómo deben ser las cosas”
Tras años de trabajo colectivo, Kiliki Frexko presenta su primer proyecto en solitario. ‘Iltze 1’ es un paso adelante en su trayectoria, donde mezcla referencias, explora nuevos sonidos y habla desde un lugar más personal, sin perder el filo.
Galicia
Galicia Un municipio gallego demanda a la Xunta por la contaminación del embalse de As Conchas
Los vecinos de la comarca de A Limia llevan a la Xunta ante el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por la contaminación provocada debido a la cría intensiva de ganado porcino y avícola en esta zona de Ourense.
Opinión
Opinión Es el militarismo, amigo, el militarismo
¿Puede que si el militarismo es la solución para todo, realmente no solucione nada, sino que realmente sea el problema?

Últimas

Salario mínimo
Salario mínimo PSOE y Sumar intentan llegar a un acuerdo para no perjudicar con el IRPF a los trabajadores con el SMI
La ministra de Hacienda ha confirmado que sería “algún tipo de medida que permita compensar a aquellos pocos trabajadores” en la situación de tener que tributar con el salario mínimo.
Guerra en Ucrania
Conflicto bélico Rusia y Ucrania acuerdan un principio de alto el fuego marítimo a instancias de Estados Unidos
La Casa Blanca emite dos comunicados que coinciden en señalar una tregua en el Mar Negro y en prometer trabajo para el final de los ataques energéticos por ambas partes.
Israel
Genocidio Mercadona vende tampones y patatas procedentes de Israel
En 2024 se produjo una reducción de las importaciones de tampones y patatas israelíes. Mercadona es una de las plataformas que trabajan con estos productos.
LGTBIfobia
Manifestación Plataforma Trans planta cara a la transfobia con una manifestación contra el odio
La convocatoria el 29 de marzo denuncia un contexto internacional antiderechos. La organización pide a partidos y sindicatos que se sumen a la marcha porque la transfobia es un problema social, y por lo tanto también político, explican.
Madrid
Madrid La Sareb amenaza con el desahucio a dos jóvenes activistas en Carabanchel
Cadete 7, el bloque en lucha del que el ‘banco malo’ prevé desalojarles de forma inminente este jueves 27, fue el primero recuperado por el movimiento de vivienda de Madrid en 2013 tras haber permanecido deshabitado desde 2008.
Opinión
Opinión Bretón no es un monstruo, ni Martín el nuevo Capote
Frente a la libertad sin peros que defienden unos, la responsabilidad de muchos: la de ciudadanos y librerías que se niegan a comprar o vender, respectivamente, el libro que Anagrama ha tenido a bien materializar.
Gasto militar
Gasto militar “No nos resignamos a la guerra”: 70 organizaciones rechazan la deriva militarista de la UE y el Gobierno
Más de 70 organizaciones y personalidades de la cultura y el activismo firman un manifiesto que rechaza la escalada belicista y el rearme frente a una posible agresión rusa.

Recomendadas

Residencias de mayores
Residencias Fondos de inversión y residencias: la mano invisible que retuerce los cuidados
Mientras DomusVi, en manos del fondo de inversión ICG, ya es la empresa con más residencias privadas del Estado, residentes, familiares y trabajadoras explican lo que supone que las prácticas especulativas acunen la vejez de las personas.
Feminismos
Irene García Galán “La memoria feminista hay que construirla desde abajo, desde nuestras casas”
‘Hilaria’ (Errata Naturae, 2025) es un libro dedicado a la tatarabuela de Irene García Galán, pero también un ensayo político que navega a través de la memoria feminista, el antipunitivismo y el anarquismo.
Guerra en Ucrania
Guerra en Ucrania Colegios underground en Járkov después de tres años de guerra
La ciudad ucraniana construye escuelas subterráneas, preparadas para aguantar ataques balísticos y nucleares.