Cine
Serpes de agosto

Agosto, o mes do deserto informativo. Os inquilinos das tertulias e as presentadoras multipropietarias celebran cada asasinato porque hai que encher páxinas sen falar de narcopresidentes da Xunta, sobrecustos de hospitais ou macrocelulosas.
El Gran Carnaval Ace in the hole
Fotograma de Ace in the hole (El gran carnaval) película de 1951
Rubén Gasalla
30 ago 2024 05:30

Agosto, o mes do deserto informativo. A sección de política, departamento estrela durante o resto do ano, vese na obriga de buscar novas debaixo das pedras ante as vacacións de parlamentarias, ministros e alcaldes. As seccións de deportes tentan vivir das rendas dos Xogos Olímpicos ou do evento deportivo que tocase ese ano e as de sociedade e cultura sempre poden botar man do turismo. As seccións locais son as únicas afortunadas. O meu verán na delegación coruñesa dun xornal estivo cheo de viaxes de barrio en barrio para facer fotos de toda canta comisión de festas ou concurso de tapas houbera, traballo moi ben recompensado pola coñecida hospitalidade gastronómica galega. O caso é que hai que encher páxinas e as festas son os únicos eventos que proliferan nas comarcas.

Por desgraza, os medios estatais non acostuman a conformarse con cubrir festas locais ou concursos de tapas. Tampouco consideran apropiado embarcarse nunha enciclopedia rural de curiosidades coma a que a TVG leva anos desenvolvendo, sen dúbida estimulada polo ruidoso silencio que deben manter sobre narcopresidentes da Xunta, sobrecustos en hospitais e macrocelulosas. Por desgraza, dicía, os medios estatais consideran máis proveitoso para ilustración dun público suorento documentar con toda clase de detalles cada un dos crimes que entran no seu radar.

Os inquilinos das tertulias, as presentadoras multipropietarias e os locutores de voz moi seria celebran con comedimento cada ferida de arma branca e cada asasinato, a poder ser dalgún neno que teña unha historia emotiva coa que encher horas de programación ou páxinas con fotos a cor. Xa sabedes, desas historias que nos fan pechar con forza os puños e fantasiar cun linchamento colectivo do criminal, esas historias que son o reverso morboso das “serpes de verán”, como se lles chama ás novas que enchen o baleiro informativo do estío. 

O problema desas coberturas morbosas, das que xa advertía Billy Wilder no 1951, é que se modulan hoxe como algo moi perigoso. En non perigoso polo seu mal gusto, ao que a prensa nos ten acostumados, senón polo marco discursivo no que se integran. Logo do decaemento das exaxeradas historias de okupación, porque o aburrimento é máis potente ca o contraste cos datos reais; un novo tema preside a programación de case tódolos medios. Imaxino que xa o adiviñariades: o tan cacarexado “problema da emigración”. Esta noxenta unión de termos -que tería que soar incómoda nunha sociedade tradicionalmente emigrante coma a nosa- rebordou xa as fronteiras dos grupos orgullosamente racistas para integrarse na gramática de forzas que se ven a si mesmas como progresistas. 

Unha vez xerado un clima no que inmigración e “perigo social” se fan equivalentes, no que se vincula islamismo radical e cor de pel e no que se fala dunha “guerra civil” permanente -concepto que se encargou de difundir o profeta neocon Elon Musk; tan só hai que agardar que un suceso lutuoso conmocione á poboación para ver como neonazis desacomplexados, ou “cidadáns preocupados” segundo eles mesmos, comecen a súa cruzada xenófoba. Vímolo fai unhas semanas en Inglaterra, vémolo estes días en Alemaña na véspera de eleccións rexionais e verémolo cada vez con maior intensidade nunha dereita española que chegou con certo retardo á refascistización desta internacional reaccionaria.

E así foi como, logo de meses emitindo imaxes diarias de chegadas de migrantes africanos e de explotar ao máximo a guerra intestina nos gobernos do PP-VOX ao redor da distribución autonómica dos acollidos, os bufóns axitadores da extrema dereita agardaban con ansia algún crime que instrumentalizar para desatar o pogromo. E chegou Mocejón. Un neno, ademais. Os medios tiráronse como cans famentos sobre o sangue fresco: agosto estaba salvado. Ducias de contas con bandeiras de España encheron X de mensaxes co xa clásico: “seguro que el asesino no come jamón” e o infecto Vito Quiles non tardou en sinalar unha casa de acollida de menores estranxeiros na contorna. Por sorte, ou quizais porque unhas temperaturas tan elevadas disuaden a calquera turba por fascista que esta sexa, a reacción non se deu de inmediato e houbo tempo para que se publicara a información real sobre o asasino: tratábase dun rapaz español. A xogada foi tan lamentable que estes neonazis peninsulares tiveron que darlle a volta ao discurso e atacar ao propio portavoz da familia cando este pediu que parase o discurso racista. Quiles, coma no final de tempada dunha mediocre e excesivamente longa sitcom, publicou logo disto a súa vontade de abandonar por uns días as redes. 

Mais que o final fose tan distinto ao das agresións racistas en Inglaterra, onde si chegaron a incendiar un hotel de acollida de refuxiados ante a inacción da policía, e que esta burbulla fascista estourase dun xeito tan ridículo non debe tranquilizarnos excesivamente. Que non se me entenda mal, son o primeiro que desfruta cada vez que vexo a un destes patriotas de pulseiriña rojigualda esconder a cabeza debaixo da terra logo de ser collidos nun bulo. Mais temos que ser conscientes de que esta foi unha pequena batalla gañada no seo dunha longa guerra contra o racismo. Guerra na que, para os que cremos que a violencia non emerxe da migración senón da exclusión socioeconómica, toda praza que consigamos manter será sempre dun xeito precario.

Se non se produciu unha vaga de linchamentos racistas coma en Inglaterra non foi por termos unha sociedade máis aberta, senón por como a rápida detención do suposto asasino desactivou a bomba. E desactivouse porque este era, sendo claros, branco e español. Mais temos que pensar: que tería pasado se non o fose? Que tería pasado se o asasino fose efectivamente magrebí? Como entón conter a sede de vinganza patrioteira? Mentres esta guerra se libre no seu terreo, no seu marco da inmigración como perigo e da dicotomía nacional-estranxeiro como explicación sinxela dos moi reais problemas de estabilidade económica contemporáneos, poderemos conseguir non retroceder, mais esquezamos a posibilidade de avanzar.

Sinalar a verdadeira fonte desa inseguridade social e persoal no desmantelamento neoliberal dos contrapesos públicos ás inercias do mercado: o despece da sanidade e da educación públicas, a falta dun control ao problema da vivenda e a ausencia de seguridade no mercado laboral. Mais este, o da batalla polo relato, é outro asunto. Agardemos mentres por setembro.

Archivado en: Cine
Sobre este blog
El espacio para la libre expresión de los socios y las socias de El Salto. Si quieres participar sigue los pasos que encontrarás en Cómo publicar en el Blog de las Socias. El Salto no se responsabiliza de las opiniones que sus socios/as expongan en este blog.
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

O Teleclube
O teleclube 'O Teleclube' viaxa á preciosa aldea de 'Vermiglio' a finais da Segunda Guerra Mundial
A película de Maura Delpero, seleccionada para representar a Italia nos Oscar, retrata a vida dunha familia de Vermiglio, unha aldea nevada nos Alpes italianos.
Ruido de fondo
Ruido de fondo El artista más enfadado del mundo
Recuperamos la sección donde abordamos fenomenologías diversas de la cultura pop con un análisis de ‘The Angriest Dog in the World’, única historieta conocida del artista multimedia David Lynch, fallecido a principios de este año.
Obituario
Obituario Fallece Juan Mariné, incansable director de fotografía que filmó el entierro de Durruti
Juan Mariné dirigió la fotografía de más de 140 películas y después la restauración fílmica en la Filmoteca Española. Nunca trabajó para Hollywood pero con casi cien años seguía acudiendo diariamente a su despacho laboratorio.
aguila
1/9/2024 11:42

La raíz del problema es la propiedad privada y su consecuencia: el capitalismo.
Como dice Arnaldo Otegui, poder vivir de manera digna en el lugar de nacimiento es un derecho, el primer derecho, el segundo (es un decir, hay tantos y se cumplen tan pocos), poder moverse libremente por cualquier territorio.

0
0
Sobre este blog
El espacio para la libre expresión de los socios y las socias de El Salto. Si quieres participar sigue los pasos que encontrarás en Cómo publicar en el Blog de las Socias. El Salto no se responsabiliza de las opiniones que sus socios/as expongan en este blog.
Ver todas las entradas
Madrid
La burbuja del alquiler Sumar, Podemos y sindicatos de inquilinos presionan para convertir en indefinidos los contratos de alquiler
Sumar lanza una propuesta legislativa para transformar en indefinidos los contratos de alquiler, una de las principales demandas de la manifestación por la vivienda del 5 de abril. Una moción de Podemos, rechazada en el Congreso, pedía lo mismo.
Líbano
Ocupación israelí Israel incumple el acuerdo de paz y mantiene tropas en el sur de Líbano para “vigilar” a Hezbollah
El Ejército sostiene la ocupación de cinco colinas a lo largo de la frontera tras evacuar sus soldados de decenas de municipios. Miles de civiles regresan a sus casas para descubrir que lo han perdido todo.
Galicia
Galicia La Xunta de Feijóo, condenada por negar visitas a una mujer que murió de cáncer por tener covid-19
La jueza dice que la situación exigía “flexibilizar” las medidas de prevención. Falleció a inicios de 2022 en el Hospital Álvaro Cunqueiro durante los últimos meses de la administración del jefe del PP con Julio García Comesaña de conselleiro.
Egipto
Egipto Ashraf Omar continúa en prisión provisional por dibujar
Ashraf Omar, caricaturista político del medio digital AlManassa, sigue en prisión preventiva indefinida tras ser arrestado violentamente en su domicilio el 22 de julio de 2024.

Últimas

Justicia
Justicia Rubiales, condenado por agresión sexual y absuelto del delito de coacciones
18 meses de multa con cuota de 20 euros al día por un delito de agresión sexual. Es la condena al expresidente de la RFEF Luis Rubiales por los hechos ocurrido en la ceremonia de entrega e medallas del pasado mundial celebrado en agosto en Sidney.
Tribuna
Tribuna Verde de ecosocial, verde de educación pública
En nuestras aulas se ha colado una prisa ansiosa, que juzga al alumnado como un gasto, que lo dirige, poco a poco, a un mundo laboral tecnoptimista y completamente atomizador.
Más noticias
El Salto Radio
El Salto Radio Humedales necesarios
Damos un paseo radiofónico por algunos de los humedales de Andalucía, espacios fronterizos entre el mar y la tierra, tan necesarios para nuestra supervivencia. Lo hacemos con Juan Martín Bermúdez, de SALARTE y algunos oyentes.
Fascismo
Memoria antifascista Allí donde hay humo, hay fuego
A unos días de las elecciones alemanas, donde la ultraderecha acude fortalecida, un repaso sobre el proceso de desnazificación posterior a la Segunda Guerra Mundial y sus medias verdades.

Recomendadas

Feminismos
Ana Bueriberi “El activismo tiene que ser colectivo: para contribuir al cambio es imprescindible despersonalizar la causa”
La periodista madrileña Ana Bueriberi reconoce que no sintió la discriminación hasta que llegó a la Universidad. Hoy, desde el proyecto Afrocolectiva reivindica una comunicación antirracista, afrofeminista y panafricanista.
Inteligencia artificial
Militarismo La máquina de los asesinatos en masa: Silicon Valley abraza la guerra
Las fantasías distópicas sobre los futuros usos de las máquinas en la guerra están más extendidas que el relato de lo que ya está pasando en los campos de batalla.
América Latina
Extrema derecha Los soldados de Donald Trump en América Latina
Mientras algunos presidentes latinoamericanos, con mayor o menor ímpetu, intentan ponerle freno, otros tantos se arrodillan y le rinden pleitesía sin recibir nada a cambio. ¿Quiénes son los súbditos latinoamericanos de Trump?