Trata
Un cabo da Garda Civil de Lugo forzaría varias prostitutas a atender de balde o alcalde de Siguero e outros socios do seu fillo

Enrique Calvete compartía varios negocios co fillo do cabo, Pedro Lorenzo, ós que adxudicaría contratos públicos como alcalde de Siguero.

Os tentáculos do caso Carioca chegan ós lugares menos esperados, e desenterran polémicas que se crían xa acabadas. O pasado 25 de marzo, a maxistrada Pilar de Lara poñía fin á instrución da peza principal mediante un auto no que se imputaba un total de máis de 70 delitos ó cabo da Garda Civil Armando Lorenzo Torre, considerado cerebro da trama. Segundo se recolle, o axente traballaba ó servizo dunha serie de prostíbulos. Aquelas mulleres que lles espertasen interese axudábaas a regularizar a súa situación para que non fosen deportadas. Tamén lles ofrecía protección, chegando a trasladalas no seu propio vehículo. A cambio o cabo obtiña diñeiro, copas de balde e tamén servizos sexuais gratuítos, tanto para el como para os seus amigos e socios empresariais do seu fillo.

Sempre segundo o auto, Armando instaba as mulleres, en situación de vulnerabilidade, a “atender ben” e compracer sexualmente os seus amigos que viñan “de Madrid”. Por mediación do axente, concertáronse varios encontros sexuais. O 19 de xuño de 2009 Enrique Calvete, socio de Pedro Lorenzo –fillo de Armando-, sería agasallado con prostitutas no clube Queens, e o 8 de xullo Enrique asistiría acompañado doutro socio, Luis Villalba, a unha celebración na casa dunha prostituta á que acudirían, cando menos, outras catro mulleres.
Estes non eran os únicos favores que Armando concedía ós empresarios. Teríalle axilizado o pasaporte á filla de Enrique e axudado a legalizar o matrimonio cunha muller de nacionalidade cubana ó seu fillo, así como a solucionar problemas coa renovación do DNI e o permiso de condución, entre outros.

Algunhas mulleres legalizaban a súa situación nas empresas das que era propietario Enrique Calvete.

Á súa vez, algunhas mulleres legalizaban a súa situación nas empresas das que era propietario Enrique Calvete. É o caso de Antía (nome ficticio), que mantería unha relación sentimental co alcalde de Vicedo, Jesús Novo (PP), quen a empadroaría, sen consentimento nin coñecemento por parte do propietario, nun inmoble no que ela nunca chegou a residir situado en Cabanas (Vicedo). Jesús Novo é o edil desta localidade desde 2001, e volverá intentalo o próximo 26 de maio. Antía renovaría a súa tarxeta de residencia e traballo por medio dun contrato ficticio na empresa Villares y Cobas, da que era socio Pedro Lorenzo, e obtería a tarxeta definitiva de residencia e traballo a través dun contrato de limpeza nunha segunda empresa afincada en Miño, propiedade de Enrique. Nun rexistro practicado no lugar de traballo de Armando Lorenzo atopouse un portafolios coa solicitude a favor de Antía a nome de Villares y Cobas.

Este negocio comparte localización con Construcciones Martvill, empresa na que era administradora única a muller de Armando Lorenzo, e anteriormente fora administrador mancomunado Pedro Lorenzo, se ben das intervencións telefónicas practicadas se deduce que quen facía as xestións económicas era Armando, quen tamén contactou con José Ramón Vázquez Río (inspector da Policía Local) coa intención de que retirase unha multa para un vehículo propiedade de dita empresa. Vázquez Río era co-propietario, xunto con Juan Carlos Pumares e o construtor Javier Río Vidal, da Sociedad Rivamar Lugo, cuxa única operación de aluguer ou venda era alugar ó proxeneta García Adán, co que Vázquez Río estaba moi relacionado, a parcela na que estaba situado o clube Queens, epicentro do caso Carioca. Con Juan Carlos Pumares tamén compartía unha compañía de seguros, Pumares y Río Lugo. Vázquez Río estivo investigado no marco da trama das multas por ofrecer a retirada de sancións a cambio de que o beneficiado asegurase o seu coche a través da súa compañía de seguros.

Nesta trama chegaron a estar imputados 70 axentes da Policía Local dun total de 125 polo suposto arquivo irregular de máis de 200 sancións. Unha das persoas que frecuentemente saíu beneficiada da retirada de multas sería precisamente García Adán. A Vázquez Río interviñéronselle conversas telefónicas que acreditaban a súa insistencia a compañeiros para a retirada de multas. Porén, a causa foi arquivada por Sergio Orduña no pasado mes de marzo deste ano baixo o motivo de que non se trataría de sancións firmes, senón de propostas de sanción, sobre o que non hai nada regrado e non era posible determinar quen tiña acceso ós boletíns ou podía escribir neles.

SIGUERO, ENTIDADE LOCAL MENOR

O fío dos negocios que compartían Pedro Lorenzo e Enrique Calvete conduce a Siguero, unha das cinco localidades, xunto con Las Rades, Rosuero, Sigueruelo e Villarejo, que se atopan no municipio de Santo Tomé del Puerto (Segovia), que contaba en 2006 con 331 habitantes (actualmente son 259). No acordo 126/2006 do 14 de setembro dese ano Siguero, que ata 1970 fora un municipio independente, adquiriu a categoría de Entidade Local Menor dependente de Santo Tomé del Puerto, tras a presión da Asociación de Vecinos de Siguero que reclamaba maior independencia.

Do concello que se acababa de constituír faríase cargo inmediatamente Enrique Calvete, que se presentaría ás eleccións municipais de 2007 de número 1 polo Partido Popular. Pola súa banda, o goberno municipal de Santo Tomé del Puerto, tamén rexido polo PP, consideraba que Siguero non reunía as características necesarias para constituírse como Entidade Local Menor, polo que levou isto ó Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León. Durante este mandato as tensións, por motivos económicos ou de competencias, non fixeron máis que aumentar.

O detonante foron as obras do arranxo da Casa do Mestre que Siguero contratou por 64.786,01€, dos que a Xunta de Castela e León subvencionou 45.350,21 o 16 de marzo de 2010, e o restante se comprometera por escrito a pagalo Siguero, segundo a acta do 18 de setembro de 2009 de sesión ordinaria do concello, pero acabouno facendo Santo Tomé del Puerto, por iniciativa do alcalde Vicente Gómez del Pozo, ás costas do resto de concelleiros do seu partido, Alfredo Casado Díez, Ismael San Bruno Pastor e Enrique Martín Bermejo, sabendo que estes se opoñían. Esta manobra levou á súa dimisión entre o 28 de xaneiro e o 11 de febreiro de 2011 e á condena ó modo de actuar de Vicente Gómez, que quedaría só para o resto da lexislatura, co apoio exclusivamente en cuestións de funcionamento e servizos básicos dos tres concelleiros da oposición, exercida pola Alternativa Segoviana Independiente (ASÍ), que evitou a moción de censura. Ademais, ós tres concelleiros que dimitiron, responsables directos do proceso aberto no TSXCeL sobre a constitución do concello de Siguero, xa lles fora comunicado que o PP prescindiría deles de cara ás seguintes eleccións.

O contrato foi adxudicado a Corfranco, que comparte domicilio e teléfono con Promociones Mahyllely, da que o propio Enrique Calvete figuraba como administrador.

O contrato destas obras foi adxudicado a Corfranco, construtora afincada en Miño (A Coruña) e que comparte domicilio, fax e teléfono con Promociones Mahyllely, da que o propio Enrique Calvete figuraba como administrador único, e que de feito se anunciaban xuntas. A cargo de Corfranco estaba Pedro Lorenzo, e tanto é así que é el quen asina un burofax que envía en maio de 2010 ó concello de Siguero reclamando o pago dos 20.000€ restantes. Deste xeito, Pedro Lorenzo e Enrique Calvete aparecen asociados por medio de Corfranco – Promociones Mahyllely.

Artigo Siguero 1
Artigo Siguero 2
Artigo Siguero 3
Burofax que envía Lorenzo ao concello de Siguero reclamando os 20.000€ restantes. (Imaxe: Flickr "Mi Prima")

O procedemento polo que se adxudicou o contrato a Corfranco non foi, aparentemente, menos fraudulento. A Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público estipula no artigo 162.1 que “no procedemento negociado será necesario solicitar ofertas, cando menos, a tres empresas capacitadas para a realización do obxecto do contrato, sempre que iso sexa posible”, de maneira que para non levantar sospeita outras dúas empresas debían presentarse a concurso como mínimo. Xunto a Corfranco, competiron polo contrato Moirón Representaciones e Construcciones Costa Anácora.

Resulta desconcertante que as tres plicas de contratación coinciden ata nos céntimos.

Polo que respecta a Moirón Representaciones, afincada nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña), resulta rechamante que o obxecto social que define a empresa é a intermediación comercial e o almacenamento de mercadorías, é dicir, non é unha construtora. No tocante a Construcciones Costa Anácora, quen asina a plica de contratación é novamente Pedro Lorenzo, e a construtora comparte domicilio con Corfranco e a Promotora Mahyllely.

Resulta desconcertante que as tres plicas de contratación coinciden ata nos céntimos tanto no presuposto total como no segregado nas partidas destinadas ós diferentes gastos da obra, unha coincidencia dificilmente explicable se non foron feitas as tres pola mesma persoa.

Artigo Siguero 4
Artigo Siguero 5
Artigo Siguero 6
Plicas de contratación nas que coinciden os presupostos. (Imaxe: Flickr "Mi Prima")

Para rematar de despexar dúbidas, as cartas certificadas a Construcciones Costa Anácora e Moirón Representaciones foron devoltas, isto é, concursaron a un contrato que non se tomaron a molestia de saber se lles fora adxudicado.

Artigo Siguero 7
Artigo Siguero 8
Artigo Siguero 9
Artigo Siguero 10
Cartas certificadas enviadas ás dúas empresas perdedoras devoltas por ausencia de destinatario. (Imaxe: Flickr "Mi Prima")

Vicente Gómez e Enrique Calvete repiten nas eleccións municipais celebradas o 22 de maio de 2011. Un par de meses despois o Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León sentencia en contra de que Siguero continúe como Entidade Local Menor, pasando de novo a depender a todos os efectos do concello do municipio de Santo Tomé del Puerto. O argumento fundamental no que se basearon os maxistrados: os gastos “non poden ser sostidos polos ingresos correspondentes” á infraestrutura administrativa (sentencia 1395/2011), de maneira que na breve lexislatura anterior Enrique Calvete xa tiña endebedados os veciños.

O Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León sentencia en contra de que Siguero continúe como Entidade Local Menor.

Ademais levantouse a sospeita de que se fixesen manobras co obxectivo de gañar as eleccións municipais de 2007. A poboación de Siguero no ano 2000, rexistrado o 1 de xaneiro, era de 74 persoas, e a súa tendencia era a diminuír paulatinamente ata 2006, en que 67 veciños habitaban a localidade. Porén, o 1 xaneiro de 2007 eran 83, a pouco máis de catro meses das eleccións, e tras terse acordado a constitución de Siguero como Entidade Local Menor. A poboación mantívose alta ata 2011, ano a partir do cal volve reducirse e decrecer progresivamente ata os 55 habitantes actuais. Todos estes datos poden consultarse no INE, que ofrecía datos máis concretos, agora non dispoñibles, conforme a poboación a 1 de novembro de 2006 era de 69 persoas, e catro meses exactos despois era de 96. Isto apunta á posibilidade de que a forza política gañadora, liderada por Enrique, buscase empadroar na localidade preto de 30 persoas afíns para asegurar a vitoria, que logo todo indica que sería utilizada para adxudicar contratos ás súas propias empresas, valéndose do concello para facer negocio.

MÁIS IRREGULARIDADES

A de Siguero non é a única polémica na que se viron envoltos os negocios de Enrique Calvete, que xa tivo que sentar no banco de acusados en 1997 xunto con María Isabel Mínguez Moreno (militante do PP) e José Luis Requena García (ex comisario de Hortaleza e Alcobendas) en relación coa explotación irregular do vertedoiro de Las Cárcavas en Hortaleza (Madrid) por medio da empresa Vertederos del Norte, da cal Enrique era xerente, e que facturaba preto de 500 millóns de pesetas anuais. Aquel mesmo ano as asociacións de veciños de Hortaleza levaron o asunto ó Parlamento Europeo. A postura do concello de Madrid, con José María Álvarez del Manzano á fronte e Esperanza Aguirre como concelleira de Medio Ambiente, cambiou despois de moita loita veciñal en 1998. Daquela o concello pasou de defender o vertedoiro a ordenar clausuralo e abrir un expediente disciplinario a Vertederos del Norte que acabaría nunha sanción de máis de 50 millóns de pesetas por funcionar sen licencia, cobrar canons ilegais e non acondicionar axeitadamente o terreo, pero esta orde tampouco se fixo efectiva. En 1999 a Unión Europea abriu expediente a España polo vertedoiro e o seu peche definitivo non chegaría ata o ano seguinte.

Pedro Lorenzo Rodríguez, Enrique Calvete García (pai) e Enrique Calvete Adrados (fillo) están citados para declarar en calidade de investigados o próximo 27 de maio por delito contable por falsificar presuntamente facturas das sociedades que comparten.


Trata
A xuíza do Carioca deixa a pelota no tellado da Xunta
Pilar de Lara emitiu o luns 25 de marzo un auto que conclúe dez anos de instrución da peza principal da maior rede de trata investigada en España.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Trata
3.000 euros de multa para el ginecólogo que practicó un aborto forzoso a una prostituta

La mujer que fue inducida a perder a su hijo murió este verano y será su madre quien reciba la indemnización. El empresario que la dejó embarazada cuando ella tenía 18 años quedó absuelto por la Audiencia Provincial de Lugo.

Trata
Carioca: 3.000 euros por un aborto forzado
A prostituta que foi inducida a perder o seu fillo faleceu este verán e será a súa nai quen reciba a indemnización
Trata
Trata e impunidade policial no caso Carioca
A Fiscalía impide, na liña doutras pezas, que oito dos dez axentes da Policía Nacional e funcionarios de Estranxeiría investigados sexan xulgados.
Congreso de los Diputados
Congreso de los Diputados Los socios avisan que la paciencia se acaba y el PSOE anunciará medidas de regeneración democrática tras el 9J
En la jornada que el Congreso aprobó la Ley de Amnistía pasó desapercibido otro hecho: una PNL de ERC para exigir leyes al Ejecutivo para la mejora de la calidad democrática que cosechó apoyos de Sumar, Junts y PNV y hasta en algunos puntos del PP.
México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio
Urbanismo
medio ambiente El mar no espera: retrato de la regresión del litoral alicantino
La línea de costa mengua año tras año a causa de temporales marítimos y los estragos que generan diques, puertos, y espigones en las corrientes, que modifican la superficie arenosa.
Opinión
Opinión Frente el antisemitismo, Palestina libre
Los muros contra los, las y les otres, como el construido por Israel, se erigen como hipérbole del miedo a la pérdida de control en el interior de cada cual y en el Estado.

Últimas

Ocupación israelí
Genocidio en Gaza La comunidad palestina demandará al Gobierno español por incumplir la Ley de Comercio de Armas
El Gobierno sigue sin romper las relaciones militares con Israel y sigue permitiendo el tránsito de armas por territorio español, denuncia la comunidad palestina de Catalunya, que llevará al Ejecutivo central a los tribunales.
Ocupación israelí
GENOCIDIO EN GAZA La UPV/EHU recibirá 4,2 millones por colaborar en nueve proyectos europeos con Israel
Hasta tres universidades, así como cuatro entidades gubernamentales de Israel, acompañan a la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea en iniciativas de la Unión Europea donde participan además empresas que contribuyen al genocidio.
Estados Unidos
Estados Unidos Trump es declarado culpable de 34 delitos, pero la condena no le impedirá presentarse en noviembre
El expresidente republicano hizo pagos a dos mujeres para encubrir sus relaciones sexuales y falsificó esos pagos en los documentos de su campaña presidencial de 2016. La sentencia será leída en julio.
Especulación inmobiliaria
Gentrificación ¿Por qué se levanta Lavapiés?: “Esta manifestación es solo el principio”
El tejido social del barrio convoca la gran manifestación del 1 de junio para visibilizar la recuperación de la movilización vecinal y denunciar la turistificación, la destrucción de los servicios públicos o el racismo institucional
Educación infantil
Educación en Madrid Cierra una escuela infantil pública de Arganda por falta de personal
El centro, gestionado por la empresa Atreyu Blota Carto, cuenta con más del 45% del personal de baja y sin reposición de puestos. 170 familias llevan sin clase desde el jueves.
Más noticias
Ocupación israelí
Genocidio en Gaza El sonido de las bombas en Gaza irrumpe en las calles de Logroño
Una quincena de activistas acampados en la Universidad de La Rioja ha trasladado el sonido de las bombas que día a día resuenan en Gaza a las calles de Logroño
Violencia machista
Precariedad laboral Huelga de 24 horas en el servicio de atención a las víctimas de violencia machista en Madrid
Las trabajadoras denuncian que el problema, que ya provocó paros parciales y concentraciones, se enquista. Las trabajadoras de la red denuncian falta de personal, de medios y de alojamientos para atender a las mujeres y sus hijos e hijas.
Sanidad
Sanidad pública de gestión privada El Hospital del Vinalopó seguirá privatizado pese a las 15.000 firmas en contra
Este viernes 31 de mayo finaliza el plazo para que se inicien los trámites de reversión al sistema público que el gobierno de Mazón no activará pese a la ausencia de informes que avalen la prórroga de la concesión.
Palestina
Acampadas Universitarias Palestina “Hay que seguir dando pasos para hacerle sentir a Israel como nos sentimos nosotros: solos y abandonados”
Muawia y Juan, palestino e israelí, han encontrado en la acampada por Palestina de la Universidad de Jaén, un espacio de encuentro que difícilmente podrían tener en su tierra. Un lugar seguro para resistir conjuntamente los envites de la ocupación y

Recomendadas

Palestina
Palestina Mustafa Barghouti: “Tiene que haber un embargo militar inmediato contra Israel”
El líder de Iniciativa Nacional Palestina saluda el reconocimiento del Estado por parte de tres países europeos pero exige que los gobiernos tomen nota de las demandas de los pueblos que piden medidas de boicot para aislar al régimen de Netanyahu.
Energías renovables
Energía y territorio Avalancha de macroparques solares en suelo rústico en Mallorca
La plataforma Renovables sí, però així no reclama una moratoria para frenar los más de 70 proyectos en tramitación que amenazan el campo isleño.
Literatura
Literatura Las escritoras de ‘clima ficción’ que llegan de América Latina
Autoras como Andrea Chapela, Clauda Aboaf, Adriana Bruno, Laura Ortiz o Silvia Moreno-García amplían los límites de la ciencia ficción o la fantasía en clave ecologista, decolonial y de memoria.