Medio ambiente
Elena Ojea: “Deixar de comer peixe para reducir o impacto climático é unha visión moi occidentalista do problema”

A investigadora medioambiental da UVigo desenvolveu un estudo internacional para a ONU sobre que tipo de alimentos poderemos extraer dos océanos dentro de 30 anos. As conclusións apuntan á explotación de moluscos a través da acuicultura, unha práctica moito menos perxudicial para o medio ambiente.
Elena Ojea 1
Elena Ojea, investigadora medioambiental, no porto de Vigo. Miguel Núñez

Nada novo: os recursos da terra son finitos. E tamén as especies. Pero o mar pode satisfacer as nosas demandas de alimentos. E que vai pasar dentro de tres décadas? Isto foi o que se plantexaron unha vintena de científicos internacionais para o estudoO futuro dos alimentos procedentes do mar do High Level Panel for a Sustainable Ocean Economy da ONU. Nel participou Elena Ojea (Nigrán), investigadora do CIM (Centro de Investigación Mariña) da UVigo e única persoa de nacionalidade española neste proxecto. 

No 2016 Elena foi a primeira galega en obter a bolsa Starting Grant do Consello Europeo de Investigación. Ademais, está a traballar no sexto informe do Panel Intergubernamental das Nacións Unidas sobre o cambio climático (IPCC) xunto a 14 científicos españois máis. Ela traballa concretamente no capítulo dos océanos que se presentará en 2022.

Ante a época de escepticismo na que vivimos, Elena reivindica “o valor da ciencia”. En canto ao estudo, destaca a importancia da pesca artesanal, tanto pola súa importancia cultural para os pobos mariñeiros como para a reducción do impacto medioambiental. No futuro augura desenvolver acuicultura de moluscos, que ve “moito máis sostible para o mantemento dos océanos”.

Fuches a unica española que participou no estudo de Nacións Unidas El futuro de los alimentos procedentes del mar. Fálase de que o océano ten o potencial de de satisfacer aínda máis a demanda alimentos, mais non só coa pesca. Cales foron as principais conclusións sacadas?
No estudo preguntámonos: “Que pontencial ten o océano para producir de maneira sostible alimentación para cubrir a demanda do planeta nos próximos 30 anos?”. Agora mesmo, a proteína que comemos a maior parte das persoas proven un 17% do mar. Queriamos saber se podería ser maior. O que vimos foi que tendo en conta factores moi importantes como cambiar a maneira de xestionar os océanos ou cambiar o modo de facer acuicultura; poderíamos mudar a alimentación que vén do mar e aumentala. 

No caso da acuicultura falamos da que se fai no mar. O maior caso de crecemento sostible está nos moluscos. Teñen un maior potencial de crecemento. Noutro tipo de peixes, a acuicultura alimenta as especies con fariñas e outros alimentos que non outorgan unha boa sostibilidade. Ademais, pola prensa sabemos que os países menos desenvolvidos elaboran esas fariñas a partir do seu propio peixe para os países máis ricos. Hai un problema tamén de equidade e xustiza social. 

A acuicultura impacta no medio ambiente a través do consumo de recursos, o proceso de transformacion e a xeración do producto final. E para producir alimentos de especies carnívoras, como salmónidos, os expertos indican que se crea unha alta presión sobre os bancos de peixes. Como se pode desenvolver a acuicultura sendo sostíbel con estes factores?
No estudo intentamos minimizar eses impactos medioambientais. Como dis, dependendo de onde se faga pode ter maior ou menor impacto. De aí vén tamén que o crecemento de maneira sostible poida ser maior en moluscos, sobre todo en explotacións offshore

Agora mesmo, o que aporta o océano de enerxía animal á nosa alimentación é un 84% de capturas salvaxes, o outro 16% é de acuicultura, a maioría de peixe. Desa cantidade o 5% son bivalvos e é aí onde vemos o crecemento potencial, do 5 a un 17% de xeito sostible no futuro.  Mais, hai cuestións a resolver como en que sitios e como.

Logo, onde e como?
É que tamén fixemos outros estudos do impacto do cambio climático, onde vemos se realmente melloramos a xestión do mar na acuicultura e na pesca, até que punto podemos contrarrestar o cambio climático. Os países máis ecuatoriais son os que van sufrir as perdas máis grandes tanto de abundancia como en biodiversidade de recursos. Mais no estudo quixémonos centrar en que pasaba se nos centramos en adicar recursos a especies que están sen explotar de maneira sostible. Vemos que en moitos lugares do mundo son opcións máis que viables para adaptarse. Nalgúns casos até poden compensarse as perdas con este tipo de xestión. 

De todos xeitos, nos lugares máis vulnerables nin mellorando a pesca ou a acuicultura  de maneira sostible poderiamos compensar as perdas. 

E que pasa coa alternativa da comida con algas?
O dos moluscos é o resultado máis directo do estudo. O que máis pode crecer. Por suposto, o tema de alimentación a través das algas mariñas está en auxe e cremos que hai un gran potencial, mais non o puidemos estimar nin estudar por falta de datos. Os países non recollen a cantidade de algas que se consumen. É un tema no que aínda arrinca o estudo.

A pesca artesanal emprega moitísima máis xente que a pesca industrial no mundo e ten un peso incluso moito máis importante na seguridade alimentaria en moitos países

Ademais da acuicultura; a pesca artesanal ou a pequena escala é tamén unha saída?
Sí, claro. A pesca artesanal emprega moitísima máis xente que a pesca industrial no mundo e ten un peso incluso moito máis importante na seguridade alimentaria en moitos países. Tamén está moi vencellada á cultura de moitos sitios. É verdade que na pesca artesanal tamén se xeran situacións de sobreexplotación de recursos, pero non ten nada que ver coa industrial. A través de diversos estudos, vemos como a pesca artesanal ten moitas opcións de xestión sostible e equitativa. Ten un gran potencial, tanto na alimentación como para evitar o cambio climático, cunha gran capacidade adaptativa.

Galiza ten unha gran cultura pesqueira. Mais, que reforzo pode ter ese vencellamento á cultura que comentas?
Hai moitos aspectos valorables. É un sinal de identidade propia: o feito de ser un pobo mariñeiro e a súa tradición, desde as festas até o turismo, repercuten nas cidades e na economía. Sen embargo, non se queda aí, iso tamén da moito coñecemento local do que é a pesca, o mar, o comportamento das especies, a toponimia dos lugares... É un valor incalculable.

Elena ojea 2
Elena Ojea. Miguel Núñez

Nas túas útlimas publicacións falas sobre lexislación en materia medioambiental e de adaptación das comunidades pesqueiras aos problemas que trae o cambio climático. Van na dirección de adaptar as grandes empresas e conglomerados pesqueiros cara a unha pesca máis sustentables?
Nós traballamos co sistema de pesca tradicional en Galiza. Todos os recursos que teñen, como traballan... Vai orientado ás políticas públicas e á propia xestión das confrarías. Pero noutro dos temas que estamos traballando, que é a industria vasca do atún tropical, realizamos entrevistas á xente que dirixe as empresas e axiña sacaremos as conclusións sobre as adaptacións que se están facendo e as posibilidades que ten o sector. Aí si que vai ter implicacións para que as propias industrias as poidan adoptar. 

Moitas desas grandes empresas son as maiores productoras de residuos de plástico. Como se podería reducir isto?
Xa. Neses temas eu realmente traballo menos, pero vencellado ao tema da contaminación e o sistema productivo, evidentemente hai moitísimas melloras que facer.  É un gran problema. Cando se fala de sostibilidade, fálase a nivel integral; desde o impacto que un ten até os recursos que se empregan e a pegada de carbono que se ten nas actividades. Agora mesmo, hai moitas iniciativas a nivel social, pero tamén a nivel lexislativo para, a efectos prácticos, mudar a situación. Vese que temos un sistema productivo nunha situación non óptima por contaminación, xa sexa de plásticos ou outros residuos, ás que non é quen de facerlle fronte. 

Os camiños futuros que se discuten no 6º informe do plan intergobernamental do Cambio Climático do IPCC (Nacións Unidas) pasan por transformacións estructurais nos sistemas de producción

Logo, a Transición Ecolóxica da que se fala non pode caer no chamado greenwashing?
No mundo científico cada vez está máis aceptado, polas evidencias que se publican, que é necesario un cambio transformativo na sociedade e na economía, sobre todo no contexto do Cambio Climático. Eu estou participando no 6º informe do plan intergobernamental do Cambio Climático do IPCC (Nacións Unidas) e os camiños futuros que se discuten no informe pasan por transformacións estruturais nos sistemas de producción. Ten que haber cambios drásticos. Isto está aceptado no xeral do mundo científico, agora toca levalo ao eido político e materializalo. O de pescar menos ou delimitar os tempos de pesca xa non son medidas efectivas nos océanos nas próximas décadas. Nese senso, requírense cambios transformativos e o que non sexa así, cara a obxectivos de desenvolvemento sostible e mitigación, non vai ter eficacia. 

Moitos dos subsidios á pesca industrial son “insostibles” porque están mantendo artificialmente unha actividade que non se sostén a nivel ecolóxico.

Agora o eterno dilema. Como se deberían adaptar as pesquerías para que sexan sustentables nun futuro e non tendan a facer desaparecer os postos de traballo? 
Atreveríame a dicir que hai que cambiar o foco. Moitas veces é compatible que recuperando unha especie sobrexplotada ou pescando outros stocks a un maior nivel de sostibilidade, incluso aumenten as capturas. Ao cambiar as sobreexplotadas por outras, pódese pescar máis. Ás veces, difúndese un falso relato sobre que ao pescar sostible se van perder postos de traballo. O normal é que a pesquería aumente en capturas. 

Mais, si que é verdade que polos efectos do cambio climático —determinadas industrias pesqueiras ou stocks— pode haber unha disminución ou que as especies estean en lugares onde xa non se pode pescar porque non hai acordos ou porque están moi lonxe e é moi custoso. Ante iso, moitos países dan subsidios á pesca, xeralmente á industrial. Nós chamámolos “insostibles”, porque están mantendo artificialmente unha actividade que non se sostén a nivel ecolóxico. Hai que ter unha mirada máis ampla e ollar cara a alternativas para o sector pesqueiro.

Esas subvencións deberían ir cara a Transición Ecolóxica?
Claro. Iso sería o ideal. O como facelo é o complicado; ver que oportunidades xorden. Nos nosos estudos semella que hai unha oportunidade de aumentar esa produtividade da produción acuícola de moluscos. Non ten por que ser en Galiza, xa que o estudo é global. Mais, non hai unha solución única e máxica. Tamén están os casos de opción de turismo sostible e mariñeiro, explotar outros recursos, tentar recuperar ás especies sobreexplotadas...

Ao principio da entrevista falabas das desigualdades entre países. Sábese que a nivel conflictos laborais as empresas tailandesas son culpables e responsables de atentados contra os dereitos laborais e humanos.
Sí. É ben sabido que a nivel internacional na pesca aínda hai abusos laborais. Ás veces son bandeiras de conveniencia. O capital vén doutro lugar e moitas veces é difícil saber quen comete esas malas prácticas. Úsanse diferentes bandeiras para ter unha normativa máis laxa. Polo menos, pódense identificar mediante o Big Data e técnicas de mapeo, pero debe facerse máis acotío.

Outra cousa que vexo negativa en Seaspiracy é que non visibiliza nin dá importancia á capacidade que temos como sociedade de mellorar as cousas e regulalas.

Falando do máis mainstream: hai uns meses saiu un documental en Netflix sobre o problema da pesca: Seaspiracy. A comunidade científica criticouno por dar datos inexactos, ainda que valoran certas achegas. Como valoras este documental?
O documental ten cousas positivas como a de dar a voz de alarma en que están pasando cousas mal feitas no mar. Pero, a mensaxe final non é tan científica como o plantexamento e a discusión que hai no mundo científico. O debate vai nesa liña de que a pesca ten impacto, pero hai exemplos para facer ben as cousas. O panorama non é tan negativo e tremendista como se pinta. Usa datos que foron rebatidos en estudos posteriores, como o que dá da explotación ou de que os stocks están sobreexplotados. Ademais, o documental non pon en valor a importancia que ten a pesca nas comunidades mariñas da xente que vive do mar. Á xente que come do mar a pesca apórtalles nutrintes esenciais nos países máis pobres onde non hai acceso a fontes de nutrintes equivalentes. 

Outra cousa que vexo negativa en Seaspiracy é que non visibiliza nin dá importancia á capacidade que temos como sociedade de mellorar as cousas e regulalas. Xa hai acordos internacionais para protexer o 10% dos océanos, que nun futuro seguro que subirá a un 30%; temos moitísimos stocks sobreexplotados que se recuperaron nos últimos 20 anos. O documental é un pouco alarmista de máis. 

Como conclusión do documental fálase de que a única vía posible para deixar de contaminar e destruír os océanos dunha forma inmediata é deixar de comer peixe. Estás dacordo?
Desde a miña perspectiva, o feito de deixar de comer peixe para reducir o impacto climático é unha visión moi occidentalista do problema. A nivel mundial non todos poden deixar de tomar peixe. Hai 260 millóns de persoas no mundo que dependen directamente da pesca para a súa subsistencia. Esa solución está moi reducida ao occidental, onde temos o luxo de poder escoller outras alternativas alimentarias. 

No documental indican que non existe a pesca sostible. Mais, segundo un estudo da FAO antes mencionado, o 65% das pesquerías atópanse nun estado bioloxicamente sostible. Para enterarmos ben; como se define un tipo de pesca como sostible?
No mundo científico, os expertos en pesca utilizan modelos nos que se fai unha valoración da biomasa que ten un stock e as taxas sostibles de extracción (de captura). Iso calcúlase sabendo cal é a extracción dun determinado recurso para que se manteña no tempo. É dicir, que non se colapse. É unha metodoloxía moi usada e de calquer stock do que teñamos un mínimo de datos pódese calcular. Aí temos un valor de captura sostible que se está aplicando a moitas especies do mundo.

Por outra banda, hai que lamentar que non teñamos esta información de todas as especies que existen. Entón, en moitos casos non se sabe e hai un problema de descoñecemento. Aquí está unha das claves do descoñecemento dos recursos que temos.

Entón ese 65% de pesquerías nun estado bioloxicamente sostible, pode estar falseado?
Realmente é un 65% sostible do que coñecemos, que non deixa de ser a maioría, pero hai que ser críticos.

Cres que a poboación está conscienciada respecto á contaminación nos océanos?
Creo que cada vez máis, pero de diferentes formas. A miña percepción é que o tema dos plásticos ten moito impacto, porque é algo inmediato, pódese grabar e velo no momento; a sociedade entende mellor as cousas que pode ver. Sen embargo, os problemas do cambio climático son difíciles de ver, porque estamos falando do futuro, de cousas que non pasaron; outras veces son cousas que xa pasaron pero que non se poden visualizar ben. Hai conscienciación, pero como científica vexo que é un pouco máis difícil trasladar as mensaxes. 

No campo da investigación es unha referente, mais segundo o CSIC, as mulleres só representan o 35% do total dos investigadores científicos, mentres que no doutoramento as tasas son máis equilibradas (50,2% homes e 49,2% de mulleres). É culpa do teito de cristal?
Si. Temos unha sociedade desigual entre homes e mulleres. Vese tamén na carreira profesional da ciencia. Sendo máis especifica, a carreira científica é unha carreira moi competitiva, pero tamén moi precaria en moitos casos, sobre todo nas etapas iniciais. É pouco compatible con cousas que afectan directamente ás mulleres como o embarazo. Estas cousas fan que as oportunidades sexan diferentes para homes e mulleres. Habería que dar máis facilidades para as mulleres nese sentido.

Precariedad laboral
Asemblea de Investigadoras de Compostela “Non podemos estar facendo malabares con outros traballos para manter o de investigadora”
A Asemblea de Investigadoras da USC vén de reunirse coa Xunta e a Axencia galega de Innovación para demandar melloras nos seus postos de traballo.

Entendo entón que ti estarías a favor de destinar máis cartos de i+D+i á investigación. 
Si, totalmente. Como científica, vexo o importante que é a ciencia. Penso que os científicos tamén temos que ollar cara á sociedade e comunicar mellor. Vemos como outros países onde se aposta moito máis, non só captan os mellores profesionais de aquí, senón que tamén [a ciencia] ten a súa repercusión social e económica. Ademais, a sociedade vense concienciado bastante co tema ultimamente.

Coronavirus
“Imaxina xogarte a vida pescando por menos de 900 euros”
Tras unha baixada xeral nos prezos do peixe, representantes e traballadores do conxunto do Estado denuncian a insuficiencia das axudas nun sector xa precarizado.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Crisis climática
Ana Moreno, científica “La política no está entendiendo la gravedad de la emergencia”
Ana Moreno, investiga Instituto Pirenaico de Ecología, fue invitada a hablar ante el Pleno del Ayuntamiento de Zaragoza sobre el porqué de la acción de desobediencia civil protagonizada por Rebelión Científica en abril de 2022 en el Congreso.
Ciencia
Ciencia La economía extractivista de la atención y la multitarea
La economía extractiva de la atención se refiere a la preocupante tendencia a convertir nuestra atención en una mercancía más.
Ciencia
Ciencia Ideología en la ciencia, y en su divulgación
La formación de una ciudadanía crítica también involucra aprender a identificar y cuestionar los componentes ideológicos enraizados en la práctica científica, y en la comunicación de la ciencia hacia los públicos no expertos.
Crisis climática
Ana Moreno, científica “La política no está entendiendo la gravedad de la emergencia”
Ana Moreno, investiga Instituto Pirenaico de Ecología, fue invitada a hablar ante el Pleno del Ayuntamiento de Zaragoza sobre el porqué de la acción de desobediencia civil protagonizada por Rebelión Científica en abril de 2022 en el Congreso.
Catalunya
Elecciones en Catalunya Andrés García Berrio: “Nuestro objetivo es evitar el retorno de la sociovergencia y las medidas del pasado”
Entrevista con el abogado y activista Andrés García Berrio, que da el salto a la política como número tres en la lista de Comuns Sumar en la provincia de Barcelona.
Opinión
Opinión El futuro tiene una fecha límite: tenemos que atrevernos a ganar ahora
La alienación general, la apatía y el escaso análisis material respecto al significado de nuestras crisis combinadas son muy preocupantes. Este no es un camino para avanzar, no tiene ninguna posibilidad de éxito.

Últimas

Formación El Salto
Formación El Salto Fotoperiodismo y movimientos sociales: una mirada a las luchas desde abajo a través de un objetivo
La Escuela de Periodismo Crítico de El Salto ofrece su primer curso presencial, en el que abordaremos, de la mano de nuestros fotógrafos, cómo plasmar a través de la imagen movilizaciones y resistencias.
Más noticias
El Salto Radio
El Salto Radio Cambiar y decrecer… o perecer
Volvemos a una pregunta tan incómoda como necesaria, que tiene que con nuestra supervivencia: ¿alguien nos puede decir cómo un modelo económico orientado al crecimiento infinito puede funcionar en un planeta finito?
Genocidio
Genocidio Boicot a Eurovisión: porque las canciones no tapan genocidios
El próximo 11 de mayo se celebra el clásico Festival de Eurovisión, esta vez en la ciudad sueca de Malmö, en el que participa un país investigado actualmente por genocidio y que desde hace décadas comete crímenes contra la humanidad.
El Salto Twitch
El Salto TV ¿Cómo se paran los bulos? ¿Qué Ley de Medios necesitamos?
En el programa de Economía Cabreada del 7 de mayo debatimos sobre cómo se podría legislar, si es que se puede, la información falsa y la financiación de los medios con Carlos H. Echevarría de Maldita.es y el profesor de Comunicación Raúl Magallón.

Recomendadas

Investigación
Investigación Diez millones a dedo en cinco años: así pagaron Feijóo y Rueda la lealtad de la prensa afín con dinero público
Desde ‘La Voz de Galicia’ hasta el canal de extrema derecha de Javier Negre, los últimos dos presidentes de la Xunta de Galicia han repartido entre la prensa más acrítica con la gestión de sus gobiernos al menos 3.686 contratos sin concurso previo.
Argentina
Argentina Las razones de la segunda huelga general contra Javier Milei
Las centrales obreras argentinas protestan este 9 de mayo contra la media sanción del Congreso al proyecto de la llamada “Ley Bases” que impulsa el presidente. El texto busca eliminar una enorme cantidad de derechos para la clase trabajadora.
Elecciones
Elecciones Aliança Catalana: a las puertas del Parlament de Catalunya atizando la xenofobia y escondiendo la ‘estelada’
El partido liderado por Sílvia Orriols llega con una campaña mediática promovida por los principales medios españolistas del Estado, con el discurso antiinmigración como punta de lanza y con el deseo explícito de hacerse con parte del voto de Vox.