Coronavirus
“Imaxina xogarte a vida pescando por menos de 900 euros”: o Covid-19 acentúa a crise do sector

Tras unha baixada xeral nos prezos do peixe, representantes e traballadores do conxunto do Estado denuncian a insuficiencia das axudas nun sector xa precarizado. “Traballar o mesmo e cobrar subordinados ao prezo de mercado”, aseguran, desestabiliza demasiado o salario de moitos mariñeiros.

Barco no porto de Vigo
Barco no Porto de Vigo Miguel Núñez

A actual crise do Covid-19 deixou entrever algunhas das deficiencias xa palpables no sector da pesca. A precarización do emprego ou a excesiva dependencia do turismo e hostalería fan que se acentúe aínda máis a difícil etapa á que se enfronta este sector básico na produción de alimentos na economía española.

O sector da pesca facturou 2.043 millóns de euros en España no 2019. Segundo un Informe Nielsen, seis de cada dez españois consomen entre dous e tres racións de peixe á semana. Ademais, o Estado español é unha das principais potencias pesqueiras dentro da Unión Europea. O informe de 2019 da Confederación Española de Pesca (Cepesca) revelaba que a frota española, que a finais do ano pasado daba traballo de forma directa a 31.473 persoas, capturou en 2018 un total de 922.564 toneladas de peixes e mariscos, posicionándose no primeiro lugar da UE en volume e en valor. 

Cando se tomaron as medidas de confinamento, a gran maioría de embarcacións seguiron indo ao mar. Entón,  Cepesca solicitou ao Goberno que considerase aos pescadores como “colectivo sensible” e pediu material de protección. “Manter a distancia de seguridade nun barco é moi complicado. Ao final, os  EPIs tivemos que conseguilos de forma individual”, conta a este medio Manuel Fernández, portavoz da Confraría de Pescadores de Andalucía e presidente da de Huelva. A pesar diso, “xa se limpaban a diario todos os mecanismos con disolucións de lixivia, a xente asume as medidas de desinfección e a seguridade é máxima”, asegura Juan José Bicada, patrón maior de Portonovo en declaracións aos Grupos de Acción Local  Pesqueiros (GALP) da ría de Pontevedra.

Trabajos lonja
Traballadores na lonxa de Vigo durante o coronavirus Miguel Núñez

Uno dos principais compradores de peixe son os restaurantes. Co seu peche orixinouse unha reacción en cadea que afectou, sobre todo, aos mariscadores. Ao ter un modelo de economía tan baseado no turismo, cando este cae, faio tamén todo o relacionado con este sector. "Se non abre a restauración en breve, teremos unha situación moi difícil que afrontar”, afirma Manuel Fernández.

A pesares da baixada de prezos, “o produto chega ao consumidor cun prezo normal, pero non é a realidade”

Galiza é unha das maiores exportadoras de marisco a nivel estatal. Os prezos da ameixa, o percebe, o mexillón ou a navalla baixaron exponencialmente. “Hai mariscadores que, ante a imposibilidade de vender a prezos tan baixos, tiveron que parar a súa actividade. En cambio, no caso da pesca de baixura, esta pode adaptarse mellor aos requirimentos do mercado”, explica Iago Soto, mariscador e patrón da confraría de pescadores de San Francisco de Vigo. 

Moitos pescadores cambiáronse ao polbo ou ao choco, con prezos máis estables, “pero unha vez que todo o mundo empeza a pescalos baixan os seus prezos, o choco chegou a devaluarse en poxa un 50%”, advirte Soto. De feito, o polbo pequeno está a venderse máis caro que o grande. “Ao estar pechados os restaurantes e as exportacións, baixou ata dous euros o quilo”, indica José Barreiro, secretario da confraría de Bueu. Para evitar a alza da oferta de peixe no mercado, han tidos que organizarse para alternar os días de saída, detalla Iago Soto.

Choco recién pescado
Choco recién pescado Miguel Núñez
“Despois da xornada laboral e ver que ninguén compraba en lonxa, houbo días de devolver todo ao mar", relata Iago Soto, da Confraría de Pescadores de San Francisco de Vigo

Desde  Cepesca, lembran que hai frotas, como a marisqueira conxeladora de Huelva ou a de palangre de superficie galega, que levan varias semanas sen apenas vender as súas capturas, almacenándoas en frigoríficos ante a escasa demanda. Mesmo, “despois da xornada laboral e ver que ninguén compraba en lonxa, houbo días de devolver todo ao mar", relata Iago Soto.

En Andalucía, as frotas de Almería ou Huelva apenas saíron a pescar, cousa que si se fixo durante toda a pandemia no golfo de Cádiz. Respecto a a baixada de prezos, nos produtos máis populares, como o xurelo, o  boquerón, as sardiñas ou a cabala, nótase menos que na dourada ou o rodaballo, explica Manuel Fernández. 

Segundo o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, o consumo de peixe nos domicilios españois baixou ao redor dun 20% desde o 2007. En troques, nas últimas semanas do confinamento, o consumo de peixe fresco aumentou nun 33% e o conxelado nun 40,9%. Aínda así, “mentres non haxa unha normalidade, o mercado vese gravemente afectado, o consumo domiciliario non vai compensar as perdas da canle horeca [acrónimo de hoteis, restaurantes e cafeterías]”, explica Miriam  Armendia, secretaria da federación de confrarías de Guipuzkoa. Ademais, “o produto chega ao consumidor cun prezo normal, pero non é a realidade”, subliña.

Mercado de venta de pescado.
Mercado de venta de pescado. Miguel Núñez

A campaña da anchoa en Euskal-Herria, segundo conta Miriam Armendia, desenvólvese con normalidade a pesares da baixada dos prezos. A situación é similar á de Galiza, onde se segue pescando anchoa, pescada, congro ou rape. "Sáese a pesar de gañar pouco. Notouse moito no prezo da pescada. En xuño veremos as perdas reais”, alerta Armendia, pero augura que “en comparación con outros anos, vai ser unha campaña moi dura”. 

Debido á precaria situación do sector e o mercado, moitos traballadores están embarcando ao mar e gañando menos do Salario Mínimo Interprofesional. “Quen sae é para cubrir os gastos fixos e comer”, destaca Soto. “Se no mar xa te xogas a vida cada día, imaxínache facelo por menos de 900 euros”, lamenta Manuel Fernández. “A mala remuneración neste emprego fai que se  precarice e que o acepte quen máis necesitado está”, di Pepe Andreu, responsable da lonxa da Confraría de Santa Pola, en  Alacant.

Trabajador antes de embarcar al mar en el Puerto de Vigo.
Traballador antes de embarcar ao mar no Porto de Vigo. Miguel Núñez

No  País  Valencià a situación semella algo máis optimista. “En maio realízase o paro biolóxico, polo que saímos menos a pescar. Baixaron os prezos, pero segue compensando saír a pescar, a baixada do gasoil beneficiounos”, conta Pepe Andreu. “Aínda que si que pescamos menos marisco en  Alacant, está a irse á dourada, robaliza ou ao salmonete”.

Captura de un grupo de pescadores.
Captura dun grupo de pescadores de Redondela Miguel Núñez

AS AXUDAS SON INSUFICIENTES E NON CHEGAN

Ante esta situación, moitos traballadores víronse obrigados a solicitar as axudas que puxo a disposición o Goberno español. “O 90% das vendas da lonxa proceden do marisqueo e non vendemos unha ameixa desde o 13 de marzo, polo que tivemos que solicitar as prestacións pola baixada da produtividade”, indica a patroa maior de Lourizán (Pontevedra), María del Carmen Vázquez. 

Pescadores pulpo
Pescadores de polbo no Porto de Vigo. Miguel Núñez

O principal problema das axudas é que só as poden solicitar quen acrediten un 75% das perdas mensuais. Ademais, ao traballar en marzo, moitos deles xa superaban ese 25% de ingresos mensuais. No referente aos ERTEs, segundo as fontes consultadas, moitos deles non foron aceptados e tardan en chegar. “Non todos o conseguen e a burocracia complica o proceso. Non quedou outra vía que seguir traballando”, asegura Soto. “Cun 75% de perdas como indica o Goberno, ir ao mar xa nos saíse a pagar, que é diferente a gañar pouco”, quéixase Manuel Fernández.

As axudas actuais “son un pouco complexas e de pouco están a servir, veremos se agora, ou no futuro, hainas que serven para paliar todas estas dificultades”, sinala Miriam  Armendia. “Os prezos non se estabilizarán ata decembro. Os apoios deben ser 'de fondo', é dicir, unha vez que deixemos de cobrar  ERTEs ou cesamentos de actividade, deben abordar problemas futuros”, sinala Soto.

FIXACIÓN DE PREZOS E VENDA DIRECTA COMO ALTERNATIVAS

O traballo dos mariñeiros é sempre o mesmo, pero o seu salario depende do prezo estipulado no mercado unha vez chegado a porto. “O modelo de venda é igual desde hai séculos, baseado na poxa en lonxa”, sinala Manuel Fernández. É por iso que, hai quen avoga pola fixación de prezos no mercado e estabilizar o soldo do traballador. Nalgunhas especies, “xa se está fixando o prezo para regular que non se desestabilicen demasiado coa crise, xa que coas axudas non temos ningunha garantía de subsistir”, destaca  Armendia.

En cambio, hai quen ve nos comercializadores intermediarios o “pescozo de botella” que limita as ganancias dos pescadores. “Vese reflectido sobre todo nas depuradoras do marisco, que acaban sendo quen fixa os prezos”. Como alternativa, Iago Soto propón a creación de plataformas de venda directa. “Fáltanos a infraestrutura para poder vender, pero creo que pode servir para que as pequenas confrarías non se vexan limitadas polos grandes comerciais e se  autogestionen”, explica.

Empaquetación marisco
Empaquetación de mexillóns durante o estado de alarma. Miguel Núñez

En Andalucía xa hai iniciativas de venda online, asegura Manuel Fernández. Pero, o mellor sería “baixar o salario dos intermediarios“, di. ”O seu labor é importante, pero creo que gañan demasiado para o labor de distribución e comercialización que realizan”, engade. Reducindo este custo no proceso produtivo, “a captura podería venderse a un prezo maior e vendela ao consumidor a un prezo menor, dignificando o emprego do pescador e evitando destruír o posto do intermediario”.

“Non pode ser que o pescador pase fame, o consumidor pague un prezo  elevadísimo comparado co da lonxa e, á súa costa, haxa outro  amasando grandes cantidades de diñeiro por ser só un elo máis na cadea produtiva”, defende Fernández. Sobre a  repartición de salarios, Pepe Andreu destaca que “unha vez obtidos os beneficios da venda, case un 50% vai para o armador ou propietario e o outro 50% repártese a modo desigual entre a tripulación, dependendo do emprego que desempeñe cada traballador”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Pesca
Pesca Cazadores de redes fantasma del mediterráneo
El 10% de residuos del océano son redes de pesca, también conocidas como redes fantasmas. Expertos del sector científico impulsan proyectos en el País Valencià para mitigar su impacto.
Océanos
Océanos Las cuatro mil leguas de viaje oceánico de una fotógrafa gallega para luchar contra la pesca ilegal
La fotógrafa y videógrafa pontevedresa Helena Constela lleva más de 11.700 millas a bordo de diferentes barcos de 'Sea Shepherd', una ONG internacional que vela por la defensa de los océanos.
Crisis climática
Crisis climática El podio en emisiones y el vertido de Perú centran la triple protesta en la junta de accionistas de Repsol
La nula reducción de emisiones por parte de la empresa española que más contribuye a la crisis climática y su escasa respuesta ante el desastre de la refinería peruana de La Pampilla en 2022 han centrado las protestas de las organizaciones sociales.
Ocupación israelí
Palestina Una manifestación estatal conmemora la fecha de Al Nakba palestina en Madrid
Este sábado se realiza la tercera marcha unitaria que hará no solo de conmemoración de Al Nakba de 1948 sino que se suma a la intensa movilización mundial de protesta contra el genocidio palestino.
Crisis climática
Ana Moreno, científica “La política no está entendiendo la gravedad de la emergencia”
Ana Moreno, investiga Instituto Pirenaico de Ecología, fue invitada a hablar ante el Pleno del Ayuntamiento de Zaragoza sobre el porqué de la acción de desobediencia civil protagonizada por Rebelión Científica en abril de 2022 en el Congreso.
Ayuntamiento de Madrid
Lucha vecinal El pelotazo de los curas salesianos con una pista de pádel que provoca la indignación vecinal
Con un informe pericial que demuestra que el sonido que genera la pista de pádel dentro de los domicilios supera lo que marca la ley, vecinas y vecinos de Tetuán denuncian el uso lucrativo de un espacio educativo como es el colegio San Juan Bautista.
Opinión
Opinión El futuro tiene una fecha límite: tenemos que atrevernos a ganar ahora
La alienación general, la apatía y el escaso análisis material respecto al significado de nuestras crisis combinadas son muy preocupantes. Este no es un camino para avanzar, no tiene ninguna posibilidad de éxito.

Últimas

Palestina
Palestina El grito contra la masacre israelí en Gaza florece en la primera acampada de las universidades gallegas
Estudiantes del campus de Elviña de la Universidade da Coruña han hecho de avanzadilla del movimiento estudiantil que ultima los detalles para las asambleas que se sucederán en las tres universidades gallegas a comienzos de la semana que viene.
Formación El Salto
Formación El Salto Fotoperiodismo y movimientos sociales: una mirada a las luchas desde abajo a través de un objetivo
La Escuela de Periodismo Crítico de El Salto ofrece su primer curso presencial, en el que abordaremos, de la mano de nuestros fotógrafos, cómo plasmar a través de la imagen movilizaciones y resistencias.
Análisis
Análisis El engaño comercial vuelve bajo el disfraz panafricanista
El Banco Mundial, principal defensor de la Zona de Libre Comercio Continental Africana, afirma que esta acelerará el crecimiento económico, pero la evidencia empírica indica que los beneficios esperados no serán tales.
Más noticias
Violencia machista
Ayuntamiento de Madrid Almeida aloja a víctimas de violencia machista en hoteles por la falta de plazas en los recursos de emergencia
En la semifinal de la Champions un hotel ordenó desalojar a tres mujeres víctimas de violencia machista, una de ellas derivada fuera de la ciudad, algo “puntual” según el Ayuntamiento.

Recomendadas

Universidad
Movilizaciones Las universidades españolas romperán las relaciones con los centros israelís que no se comprometan con la paz
La junta de rectores y rectoras, que agrupa a 76 universidades de España, 50 públicas y 26 privadas, emite un comunicado en el que anuncia que se revisarán los acuerdos de investigación con actores israelíes que no se comprometan con la paz.
Exhumación de fosas comunes
Memoria histórica Víctimas de la fosa de Paterna se querellan por desaparición forzosa
CEAQUA presenta una nueva demanda judicial en la que cuatro víctimas del franquismo alegan que el asesinato de sus familiares fueron crímenes de lesa humanidad.
Investigación
Investigación Diez millones a dedo en cinco años: así pagaron Feijóo y Rueda la lealtad de la prensa afín con dinero público
Desde ‘La Voz de Galicia’ hasta el canal de extrema derecha de Javier Negre, los últimos dos presidentes de la Xunta de Galicia han repartido entre la prensa más acrítica con la gestión de sus gobiernos al menos 3.686 contratos sin concurso previo.