Migración
Keina Espiñeira: “As fronteiras reprodúcense en termos de desigualdade social”

Keina marchou de Chantada a Madrid para estudar Políticas na Complutense. En 2005 completou en Exipto os seus estudos de lingua árabe e achegouse por primeira vez aos estudos pos-coloniais. En 2007 marcha a Berkeley para coñecer as propostas do grupo Decolonial, onde levaban anos traballando a relación entre clase, raza e xénero e descobre os estudos de fronteira. Esas aprendizaxes cristalizan ao seu regreso en diversos traballos onde mistura investigación, arte e política implicándose en colectivos migrantes e facendo traballo de campo durante 4 anos en Tetuán. Logo de pasar por Boston, agora está de regreso para unha estadía académica na UDC.

Keina Espiñeira
21 ene 2019 09:00

A curtometraxe Tout le monde aime le bord de la mer trátase da ópera prima de Keina Espiñeira (Chantada, 1983) que foi seleccionada para a competición oficial do Festival de Rotterdam en 2016, o que supón un soño para calquera cineasta independente. Aproveitando a súa estadía académica na Universidade da Coruña (UDC), conversamos con ela sobre a súa traxectoria vital, fronteiras e moito máis.

Eres galega pero levas 17 anos emigrada, onde pasaches por Madrid, Exipto, Marrocos, Berkeley, Holanda e Boston entre outros lugares, como comezaches esta viaxe?

A viaxe comenzou a través dos estudos e a investigación. Saín de Galicia con 17 anos para Madrid, alí estudei Ciencia Política na Complutense e fixen tamén estudos de árabe e de cinema. Ao rematar na universidade marchei a Exipto, a O Cairo, aquela viaxe significou todo un cuestionamento na miña identidade, fun identificada como muller branca europea, reflexión que non fixera ata o momento. Ao principio foi violento, paralizoume, non encaixaba dentro desa figura penso, e provocoume certas contradicións que fixeron que cuestionase o meu traballo. Así, influída pola lectura de pensadores do pos-colonialismo como Aimé Césaire, Frantz Fanon, Edward Said e Gayatri Spivak, comencei o meu campo de investigación sobre os procesos de descolonización, moi vinculados á cuestión da identidade.

Logo marchei a Berkeley, convidada polo Departamento de Estudos Étnicos, para coñecer as propostas do grupo Decolonial e como se estaban articulando os diferentes discursos sobre a cuestión da colonialidade e a necesaria descolonización política e cultural. Durante esa estadía en Berkeley entrei en contacto cun debate que alí xa era moi forte sobre a cuestión de clase, raza e xénero, pero para min era novidoso. Pois viña de estudar a desigualdade dende unha perspectiva marxista clásica, de clase, e confrontar a realidade coa cuestión de raza e de xénero abriume todo un universo de pensamento que ata entón descoñecía.

Que significa para o teu pensamento actual esa estancia en Berkeley? Como te afecta?

Moito, pois achégome por primeira vez aos estudos de fronteira, a través das contribucións das mulleres chicanas, sobre todo de Gloria Anzaldúa e Cherrie Moraga. Comezo a sentir certa atracción polo espazo fronteira, que significa e como impacta nas nosas vidas. Porque precisamente a fronteira é un espazo que pon en cuestionamento todas estas concepcións e normativas sobre a identidade e o territorio. Froito destas dúas experiencias, o cruce clase-raza-xénero e o descubrimento dos estudos de fronteira, comezo a pensar en como aterrar o meu debate teórico nunha realidade concreta, para poder intervir no Estado español. Comencei a preguntarme... dende que realidade presente podo abordar estes debates? porque lembremos que nesa altura, era o ano 2007, eses debates non se estaban producindo no Estado. E todo me levou a traballar no ámbito migratorio.

A fronteira é un espazo que pon en cuestionamento todas estas concepcións e normativas sobre a identidade e o territorio
Como encamiñas a túa vida e o teu traballo para poder atinxir no concreto todas esas reflexións e debates teóricos que traes de California?

Cando regreso a Madrid comezo a facer traballo cos colectivos migrantes. Daquela existían as Brigadas de Observación de DDHH, conformadas seguindo o modelo californiano dos COPWATCH que serven de vixiantes da actuación policial. En Madrid comezan nos barrios onde maioritariamente se fan as redadas de identificación de migrantes. As Brigadas pretenden visibilizar esas redadas racistas, documentar, informar aos veciños do que está acontecendo. En certa maneira, tentabamos disuadir á policía de certos abusos legais nos controis, para evitar a impunidade. Ao mesmo tempo tamén comezo a participar na Plataforma para o feche dos CIEs. Así, a partir da reflexión desas dúas experiencias que estaba a vivir, a das redadas e a dos centro de detención, é cando me decato que alí tamén está a fronteira. A fronteira espállase dentro das sociedades que habitamos a través da clandestinización dos suxeitos, no control da mobilidade e no non recoñecemento de dereitos.

Pero entón marchas á fronteira física, que é o que atopas alí?

Si, despois marcho para o norte de Marrocos. En termos de control a fronteira física é a manifestación máis dura da violencia, as feridas nos corpos, as violacións, as mortes e desaparicións. Nas vallas de Ceuta e Melilla, nas augas do Mediterráneo así como nos bosques onde se refuxian as persoas migrantes, e a responsabilidade da Europa nisto é innegable. Tamén, dende outra dimensión, no caso da fronteira hispano-marroquí existe un pasado compartido que non é recoñecido, e isto leva consigo toda unha construción xeográfica e cultural do outro. Comprendín entón que a fronteira afecta ás persoas no cotiá, afecta ás nosas relacións e reprodúcese a un nivel subxetivo e existencial, é a “colonialidade do ser” que diría o teórico decolonial Nelson Maldonado-Torres.

A túa opera prima, a curtometraxe Tout le monde aime le bord de la mer, retrata de xeito lírico a odisea duns inmigrantes africanos que comezan a súa viaxe por Europa, como xurde a idea de facela deste xeito?

A curtametraxe xurde no marco dun proxecto de investigación co obxeto de bosquexar novas metodoloxías e linguaxes para repensar as fronteiras contemporáneas. Na fronteira hispano-marroquí hai unha prolífera produción de obras audiovisuais que por unha banda denuncian a violencia e securitización da fronteira, e outras que en clave máis experimental exploran a linguaxe audiovisual para quebrantar os imaxinarios sobre este territorio. Para min estes vídeos teñen unha grande riqueza e era dende onde quería intervir, dislocar ao espectador das imaxes da fronteira ás que estamos acostumados a través dos medios de comunicación.

Deste xeito, en Tout le monde aime… hai un intento por experimentar a potencialidade do cinema e xogar no terreo da ficción, por explorar unha realidade social e política a través de técnicas que son artísticas e que abren outras posibilidades. Neste senso, no proceso houbo dúas referencias claras: Andréi Tarkovski, que dicía que o arte enriquece as cualidades espirituais da persoa, pois serviume para contrarrestar a pretensión da Universidade que aplicando certos paradigmas racionalistas da eficiencia esquece a parte máis espiritual e social. E Jean Rouch, que chegou ao Níxer colonia francesa sendo enxeñeiro, e despois se recicla como antropólogo facendo películas de etno-ficción con actores non-profesionais. A película xurdiu pois dun intento tamén por representar a fronteira narrada polas persoas que habitan nela.

A fronteira espállase dentro das sociedades que habitamos a través da clandestinización dos suxeitos, no control da mobilidade e no non recoñecemento de dereitos
E xa estamos chegando ao momento actual, que fai que regreses a Galiza?

Regreso a Galiza para continuar traballando a cuestión das fronteiras internas. Despois de anos lonxe estou agora nun momento de entender os cambios que se están producindo. No referido á cuestión migrante atopo experiencias reveladoras como o xurdimento das Afrogalegas que combaten o racismo dende a reivindicación da identidade de mulleres galegas negras.

Por outra banda, o proxecto que vou realizar no ESOMI, na Facultade de Socioloxía da UDC, é un estudo sobre as políticas das Cidades Santuario nos EEUU. O curso pasado estiven en Boston traballando sobre esta cuestión na Harvard Law School e coa rede de acompañamento aos xuizos de inmigración. Resumindo moito, as Cidades Santuario, son Concellos que, amparándose na Constitución e no Dereito Internacional, promoven unha desobediencia á Lei Federal de migración e xeran modelos propios de convivencia. O que teñen en común é que non se contrasta o status migratorio das persoas para o acceso aos servizos sociais e aos recursos públicos, e tampouco hai colaboración dende as institucións municipais coa policía federal no tema de identificación das persoas en situación de irregularidade. Trátase de pensar alternativas de futuro.

Racismo
Afrogalegas: "Estamos orgullosas de ser negras"
Afrogalegas xurdiu hai meses na Coruña impulsado por un grupo de mulleres galegas afrodescendentes, cansas de aguantar os microracismos cotiás.
Polo que vemos sempre misturas o traballo de investigación académica, co arte e tamén coa política, ¿aínda é posible construír unha universidade máis aberta ao que acontece nas distintas realidades?

O reto está aí, a Universidade en tanto que centro de coñecemento debe, precisamente, potenciar un diálogo activo e continuo coa realidade. Penso que non se trata só dunha transmisión de contidos, senón que a clave aquí é dotarse de ferramentas que nos permitan facer diagnoses críticas, entender o presente, identificar os problemas que existen no día a día e poder desenvolver solucións de futuro.

Neste senso, é necesario que os nosos estudantes saiban traballar sobre terreo, saiban interactuar coa realidade que analizan, descifrala e saiban tamén como devolver resultados. Dende a miña experiencia, pensando nunha universidade aberta e innovadora vexo que é importante a experimentación e os cruces entre disciplinas. Agora, tamén atopo que un dos problemas fundamentais na nosa crise é precisamente que a Universidade se converteu nun mercado do coñecemento, e isto queda ben ilustrado cos criterios de calidade establecidos, con baremos maioritariamente cuantitativos como o número de citas que reciben certas revistas.

A fronteira chega ao centro das cidades e impacta nas sociedades xerando novas xerarquías, novas diferencias e discriminacións
Como definirías ás fronteiras? que realidades crean?

Para abordar o concepto de fronteira en tanto que creación política temos que remontarnos a Paz de Westfalia en 1648, coa fin da Guerra dos Trinta Anos, que configura unha nova orde dentro de Europa. A partir de entón, os Estado-Nación son as entidades políticas territoriais centrais e as fronteiras son aquelas institucións que delimitan xeográficamente os limites físicos da soberanía dos Estados. Esta sería a concepción clásica, que sempre aparece representada por unha liña nos mapas.

Agora, dando un salto no tempo, situándonos no presente, neste contexto de globalización dun capitalismo tardío ou alta Modernidade. Semella que se crea unha idea segundo a cal a fluidez que permiten as novas tecnoloxías e transportes pode supoñer a entrada nunha nova fase, onde as fronteiras políticas e territoriais perdan certo significado, incluso que se fale dun contexto pos-fronteira. Cando a realidade o que indica é todo o contrario, o que vemos nas últimas décadas é unha re-definición das fronteiras políticas que non desapareceron, polo contrario, son reforzadas a través dunha maior militarización e control con novas tecnoloxías de vixilancia. Pero ao mesmo tempo, vemos como a fronteira en si, redefine o seu propio significado e adopta novas dimensións e novos rostros. Neste senso, a fronteira reprodúcese e replicase en termos de desigualdade social. Así é como chega ao centro das cidades e impacta nas sociedades xerando novas xerarquías, novas diferencias e discriminacións.

Migración
De América Latina a Galiza: historias da migración
VV.AA.

A arribada do buque Aquarius a València puxo o foco sobre a migración marítima. Este verán viramos a vista cara ao Mediterráneo lamentando a terríbel crise humanitaria que estamos a padecer. A presión social levou ao Goberno de Pedro Sánchez a axilizar a acollida destas persoas —decisión que non se repetiría ao longo do verán— e, unha vez máis, todas e todos fomos Afganistán, Somalia ou Sudán.

Polo tanto, hoxe en día, cando falamos de fronteiras debemos de ter en conta estas múltiples dimensións. Existe unha fronteira visible, física, territorial, militarizada e tamén existe unha fronteira social, invisible e que se reproduce a un nivel complicado de codificar, no ámbito da cidadanía, dos dereitos e das relacións sociais.

Neste senso, Homi Bhabha, falando dos “márxenes da nación moderna” advertía xa como se está a xerar unha masa de poboación a nivel global que non está representada no marco do Estado. Nós deberiamos preguntarnos... quen son hoxe eses non-cidadáns? porque realmente é onde podemos comprender cales son as lóxicas de xerarquización, de diferenciación, de dominación que se dan na actualidade, e que están moi vencelladas a unha cuestión de dereitos. Deste xeito, suceden casos como o de El Ejido, un dos concellos con maior poboación migrante no Estado, onde nas últimas eleccións andaluzas gaña unha formación de extrema dereita. Isto pasa porque as persoas migrantes non poden votar, non son cidadanía, non están representadas. Polo tanto, por concluír, cada vez máis temos que analizar as fronteiras dende dentro das nosas cidades e vilas, coma unha cuestión de dereitos.

Hai tempo que Homi Bhabha advertía que se está a xerar unha masa de poboación a nivel global que non está representada no marco do Estado
¿Que papel están xogando os grandes medios no aumento de discursos xenófobos e racistas? ¿Cómo combatilos?

Non son soamente os medios, son tamén os políticos, as institucións, e somos nós tamén. A propia sociedade ten moi arraigada na maneira de relacionarnos a diferenciación racial, son esas fronteiras invisíbeis que antes falabamos, moi sutís, que son difíciles de codificar. E no caso concreto do Estado español hai unha cuestión clave que ten que ver coa memoria, en tódolos aspectos, co noso pasado colonial e racial. Onde tampouco se recoñece o período do califato, eses séculos de pasado compartido onde conviviamos católicos, musulmáns e xudeos. Todo isto non interesa, facemos unha limpeza do noso pasado, porque hai que promover esa idea da nación española en torno a unha vinculación moi relixiosa co catolicismo. Isto serve para explicar ese auxe dos discursos racistas e xenófobos que en realidade é cíclico, porque temos un problema moi grave de memoria, hai unha amnesia colectiva.

Como asumes o discurso do privilexio branco que cada vez máis colectivos de persoas racializadas no Estado están a denunciar nas prácticas de moitas organizacións e colectivos de esquerdas? Que dicirlles a aquelas persoas que pensan que a diversidade é unha trampa?

De partida, unha cuestión central sería recoñecer os nosos privilexios, no meu caso como muller branca europea, algo que no primeiro momento paralizoume, porque non me sentín lexitimada para traballar ou para falar de certas realidades que eran alleas a min. Pero aí está a riqueza penso, en chegar a ese punto de cuestionamiento dos nosos lugares, dos nosos marcos referenciais, das nosas certezas... Neste punto podemos enlazar cun concepto de fronteira do que non falei antes, que en realidade é o máis radical, onde está a maior potencialidade, que é entender as fronteira seguindo a Gloria Anzaldúa que a define como la rajadura, como o espazo intra-psicolóxico onde se confrontan distintos marcos de referencia e de identidade. Froito desa loita entre identidades, de marcos referenciais, dirá “xurde a conciencia da nova mestiza”.

Neste senso, penso que todas podemos chegar, dende as nosas particularidades, a esa conciencia da nova mestiza. E aí é onde entendo e defendo as diferencias, dende a igualdade das diferencias, non a uniformidade. Polo que dende posicións de esquerdas debemos estar abertos a cuestionarnos e a confrontar as nosas identidades, as nosas institucións porque desa mistura pode xurdir novos paradigmas e prácticas, esa conciencia da nova mestiza. En definitiva, convén situarse no punto de tránsito, vinculado de novo co temas das fronteiras, a nosa racionalidade binaria obríganos a situarnos a un lado ou a outro. Pero moitas das veces situarnos nun punto de transición, como fan os migrantes na realidade fronteiriza, permite non caer en posicións ríxidas, que non axudan a avanzar.

Racismo
Entrevista a Houria Bouteldja
Conversamos con Houria Bouteldja, activista antirracista e política franco-alxerina, portavoz do Partido dos Indíxenas da República.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Fronteras
Migración en primera persona “Nos tratan como si no fuéramos personas”
Participante del curso 'Las migraciones en el centro: contra la deshumanización de las fronteras', de la Escuela de Periodismo Crítico de El Salto, Jamal relata su experiencia migratoria desde que llegó a Melilla siendo un menor.
Migración
Migraciones Patera vacía: navegando en la necropolítica migratoria
Seguimos a un grupo de gente que se resiste a aceptar el designio de la suerte y del azar que hace que haya víctimas o supervivientes de manera injustamente aleatoria.
Migración
Migración Maternidades migrantes: criar entre la precariedad laboral y la ley de extranjería
Sin redes familiares en las que sostenerse y en un contexto laboral enfrentado con la conciliación, las madres migrantes se ven especialmente expuestas a la precariedad.
Unión Europea
Elecciones Cuando el sionismo sedujo a la extrema derecha europea
La extrema derecha se muestra rocosa en su apoyo al Gobierno de Netanyahu: comparten la agenda de islamofobia y ha permitido al régimen sionista integrarse a la dinámica de las políticas “como siempre” de la UE.
México
Análisis México La nueva presidenta tomará el poder en un México acechado por el crimen organizado
La tarea de gobernar para la próxima presidenta mexicana irá más allá de atender el crimen organizado, los feminicidios, las personas desaparecidas y un reforzado papel del ejército
La vida y ya
La vida y ya Ni con un “sí” ni con un “no”
Cuando alguien afirma (de hecho mucha gente lo afirma) que la educación tiene que ser neutra siempre pienso lo mismo: es imposible.

Últimas

Ocupación israelí
Genocidio en Gaza La comunidad palestina demandará al Gobierno español por incumplir la Ley de Comercio de Armas
El Gobierno sigue sin romper las relaciones militares con Israel y sigue permitiendo el tránsito de armas por territorio español, denuncia la comunidad palestina de Catalunya, que llevará al Ejecutivo central a los tribunales.
Opinión
Opinión Frente el antisemitismo, Palestina libre
Los muros contra los, las y les otres, como el construido por Israel, se erigen como hipérbole del miedo a la pérdida de control en el interior de cada cual y en el Estado.
Más noticias
Que no te lo cuenten
Que No Te Lo Cuenten De concesiones y manifestaciones
VV.AA.
Nueva entrega del noticiero sonoro quincenal de El Salto Radio
Opinión
Opinión ¿Por qué mienten tanto las derechas?
Las derechas saben que el capitalismo está caducando y no quieren asumirlo, porque entonces ¿cómo iban a mantener su poder y riqueza?, ¿quién los apoyaría si dijeran que necesitan guerras para capear sus crisis y ganar más dinero?
Ocupación israelí
GENOCIDIO EN GAZA La UPV/EHU recibirá 4,2 millones por colaborar en nueve proyectos europeos con Israel
Hasta tres universidades, así como cuatro entidades gubernamentales de Israel, acompañan a la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea en iniciativas de la Unión Europea donde participan además empresas que contribuyen al genocidio.
Estados Unidos
Estados Unidos Trump es declarado culpable de 34 delitos, pero la condena no le impedirá presentarse en noviembre
El expresidente republicano hizo pagos a dos mujeres para encubrir sus relaciones sexuales y falsificó esos pagos en los documentos de su campaña presidencial de 2016. La sentencia será leída en julio.

Recomendadas

México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio
Urbanismo
medio ambiente El mar no espera: retrato de la regresión del litoral alicantino
La línea de costa mengua año tras año a causa de temporales marítimos y los estragos que generan diques, puertos, y espigones en las corrientes, que modifican la superficie arenosa.
Palestina
Palestina Mustafa Barghouti: “Tiene que haber un embargo militar inmediato contra Israel”
El líder de Iniciativa Nacional Palestina saluda el reconocimiento del Estado por parte de tres países europeos pero exige que los gobiernos tomen nota de las demandas de los pueblos que piden medidas de boicot para aislar al régimen de Netanyahu.
Energías renovables
Energía y territorio Avalancha de macroparques solares en suelo rústico en Mallorca
La plataforma Renovables sí, però així no reclama una moratoria para frenar los más de 70 proyectos en tramitación que amenazan el campo isleño.