Racismo
"Estamos outra vez ante novas retóricas e prácticas civilizatorias racistas"

Conversamos con Houria Bouteldja, activista antirracista e política franco-alxerina, portavoz do Partido dos Indíxenas da República.
16 nov 2017 10:42

Houria Bouteldja (Alxeria, 1973) é unha activista antirracista e política franco-alxerina, portavoz do Partido dos Indíxenas da República (PIR), constituído no 2005 e que pretende ser unha ferramenta para construír o poder político autónomo dos indíxenas, aquelas persoas francesas de orixe diferente ao canón hexemónico. Denuncian o racismo estrutural presente nas institucións e nos estados europeos e buscan situar o antirracismo político no centro da axenda de calquera loita de transformación social. Aproveitando o lanzamento da súa primeira obra traducida ao castelán Los blancos, los judíos y nosotros: hacia una política del amor revolucionario (Akal, Barcelona, 2017) recuperamos esta conversa que tivemos con ela ao inicio deste ano 2017.

Como está percutindo o voso discurso de antirracismo político nun país como Francia?
Evidentemente o campo político francés non é homoxéneo. Estrutúrase, entre outras cousas, ao redor da loita de clases. A esquerda radical loita contra a burguesía, ese é o esquema clásico, tamén en Europa. Entón, a priori non hai homoxeneidade, con todo, nós dicimos que si, si que hai homoxeneidade, aínda recoñecendo a contradición e o conflito ao interior, existe homoxeneidade hai meses porque desde que o indíxena aparece, todos pechan filas e fan bloque.

Por exemplo, o asunto do hiyab, vostede sabe que existe unha lei en Francia que exclúe as mulleres novas musulmás de asistir á escola, nós afirmamos que é unha lei racista e islamófoba pois exclúe por unha cuestión... imos dicir relixiosa a unha parte da poboación, que doutra banda é parte tamén do proletariado. Pois ben, para aprobar esa lei, foi necesaria unha alianza entre a esquerda radical e a extrema dereita, así o conxunto do campo político branco púxose de acordo para votar conxuntamente contra os musulmáns.

O que constrúe o privilexio branco é tamén a relación Norte-Sur

Ben, nós sabemos que a extrema dereita e a esquerda non son o mesmo, iso nós sabémolo, agora o que queremos destacar é a existencia dun vínculo, invisible, que une estas dúas posicións, e ese nexo que os une é a branquitude. É o feito de pertencer, en resumidas contas, a unha nación imperialista, porque, en realidade, o que constrúe o privilexio branco é tamén a relación Norte-Sur. Ese privilexio que se gaña pertencendo a unha nación imperialista, dos recursos que o Norte colle do Sur, porque deles todo o mundo se beneficia, incluso o proletariado branco. Esa é a razón pola que hai unidade no conxunto diso que nós chamamos o campo político branco, que exclúe a todos os grupos sociais de poscolonizados.

Dende hai uns poucos anos fálase dun novo concepto, a interseccionalidade das opresións, que poderiamos situar na liña do pensamento decolonial. É así, considerades que é unha vitoria vosa no campo simbólico?
Ata hai dez anos, a esquerda francesa era cega á interseccionalidade das opresións, era cega á cuestión da raza, con todo non era cega á cuestión do xénero nin da clase. Despois que nós introducimos en escena a cuestión da raza, que a fixemos avanzar, que comezou a ser pensada, debatida, coa esquerda radical, agora eles veñen falarnos de interseccionalidade, a dicirnos que é necesario ter en conta a interseccionalidade das opresións. Iso eu atópoo divertido, pois nós chegamos co tema da raza e eles responden, moi ben, pero é necesario articulala co resto de variables. Para nós, isto é unha forma de minimizar a cuestión racial, de converter a cuestión da raza nunha cuestión coma as outras. Mentres que para nós é a cuestión principal. Isto non quere dicir que neguemos que as outras opresións existen, que existe unha imbricación de todas elas. Nós cremos que existe unha dialéctica entre todas as opresións pero cremos tamén que podemos entrar a tratalas a partir da cuestión colonial e da cuestión racial situándoa no centro.

Nós dixemos que non facemos unha política articulada, non facemos unha política antirracista, feminista, anticapitalista. Por que? Porque unha cousa é a teoría e outra a práctica, o feminismo, por exemplo, no medio poscolonizado é visto… está considerado coma un fenómeno branco. Historicamente, na colonización, o feminismo foi utilizado contra os colonizados, había que civilizalos porque oprimían ás mulleres, e ese feito permaneceu na cultura, na memoria difusa dos indíxenas. En Francia, despois das independencias das colonias, nos anos 60, 70 e 80 coa aparición da nosa xeración, a República francesa renovou esa retórica da emancipación das mulleres contra as súas comunidades. O cal reforzou a idea de que o feminismo é un instrumento contra a comunidade. Así que, hoxe en día, se nós nos articularamos como nos piden que fagamos, se chegamos a un barrio da periferia e dicimos que somos feministas, rexeitaríannos inmediatamente. Así que, no feito social en si, na práctica concreta, articularse segundo as categorías da esquerda europea (que obxectivamente é branca) é extremadamente difícil de facer para nós.

Podemos entrar a tratar as opresións a partir da cuestión colonial e da cuestión racial situándoa no centro

É por iso que falo dunha nova deusa de tres cabezas, porque dende que a esquerda branca descubriu a interseccionalidade, todo o mundo debe articular a interseccionalidade, mentres que para min significa unha estratexia para neutralizarnos. Estamos outra vez ante unha nova retórica civilizatoria -sede feministas, sede anticapitalistas, estade na loita LGTB, senón non falaremos convosco- non é que nós neguemos as outras opresións, é que queremos tratalas segundo a nosa propia axenda, coas nosas propias palabras, e se fai falla sacrificar a palabra ´feminismo´ para axudarlles ás mulleres dos barrios a levar a súa propia loita, farémolo. Porque nós debémonos á nosa independencia política, debémonos á nosa propia axenda e sobre todo debémonos a tentar sumar aos indíxenas ao noso proxecto, pero non podemos facelo con palabras alleas, que nos veñen do exterior.

Como pensades que hai que establecer esas alianzas coa esquerda branca? Tedes algunha esperanza en concretala nalgún momento?
A esperanza nunca está perdida cando entendemos que as organizacións políticas perseguen os seus intereses, se nós somos capaces de crear relacións de forza que os coarten, que os obriguen a escoitarnos, nese momento a alianza será posible.

Non creo nas boas intencións, non creo que a esquerda branca nos vaia seguir unicamente sobre a base da emancipación, da liberación, da loita específica dos barrios populares. Creo que a esquerda radical nos vai seguir cando crea que unha alianza connosco pode ser útil á estratexia política da esquerda radical. Para crear esa relación de forza favorable, nós dicímonos: “porque a esquerda radical é o noso aliado natural, por iso é tamén o noso primeiro adversario”. Así que, en realidade, combatémola, porque ela é branca, pero combatémola porque queremos transformala para poder pactar alianzas entre iguais. Porque evidentemente nós rexeitamos calquera alianza coa socialdemocracia ou coa extrema dereita, tomamos a decisión de facer unha alianza coa esquerda radical, pero esta debe necesariamente transformarse, e o que nós desexamos é non entrar no seu terreo, senón facelos vir ao noso.

É a eles a quen lles corresponde achegarse, é a eles a quen lles corresponde comprender ao terceiro pobo, é dicir, ese que ocupa o banzo máis baixo da escala social, comprendelo e defender os seus intereses e non ao contrario. Correspóndelles a eles achegarse, non a nós ir pelexar para defender os intereses deses que están por encima de nós. É a eles a quen lles toca vir apoiar a loita contra a violencia policial e contra os crimes policiais. Porque é necesario saber que en trinta anos cometéronse 400 crimes policiais, deles o 95% foron contra homes negros e árabes. Corresponde á esquerda comprender iso. Correspóndelle á esquerda facer que os crimes policiais pasen a ser unha prioridade para ela. Correspóndelle comprender que a cuestión da islamofobia, da negrofobia, da xitanofobia é unha prioridade para ela. Correspóndelle á esquerda comprender que, por exemplo, a cuestión palestina...nos barrios populares, o antiimperialismo, pasa necesariamente por Palestina, correspóndelles a eles entender que esa cuestión é prioritaria para nós. Correspóndelle á esquerda comprender que a memoria da historia colonial, da escravitude é fundamental para os negros, os antillanos, para nós, para os magrebís. Correspóndelle á esquerda comprender iso dunha vez por todas.

Queremos transformar a esquerda branca para poder pactar alianzas entre iguais

Así que todas esas cuestións que son fundamentais para nós deben volverse tamén cuestións fundamentais na axenda da esquerda radical, é así como poderemos establecer alianzas. Pero de novo, eu non creo nos bos sentimentos, así que nos corresponde a nós construír o noso campo e impoñer todas estas cuestións á esquerda.

Existe unha parte importante desa esquerda branca que vos acusa de exercer o racismo á inversa, que opinas?
Para comezar, a acusación de que nós somos racistas antibrancos era unha acusación que xa agardabamos. Por que? Porque Francia ela é cega, oficialmente, á cor da pel, como dixen hai un pouco, eles considéranse universalistas, non recoñecen a diferenza racial, etcétera, e os franceses non se ven brancos. Entón, chegamos nós e utilizamos esta retórica, esta terminoloxía, estas palabras -hai brancos e hai indíxenas-. Nós dixemos – se hai negros, porque a palabra `negro´ si a utilizan, é porque hai brancos! […] Fixemos emerxer o termo `branco´ como categoría política. E non dicimos que todas as persoas que caben dentro desa categoría sexan racistas, nós non afirmamos iso, o que nós dicimos é que obxectivamente, sexan racistas ou antirracistas, todos os suxeitos que podemos encadrar dentro desa categoría estanse a beneficiar do privilexio branco. Non estamos a falar da subxectividade das persoas, politicamente, poden ser anticolonialistas, antiimperialistas, antirracistas pero obxectivamente estanse a beneficiar dun status social, político e racial concreto. Así que, para nós a categoría “branco” é unha categoría política, non falamos de xenética, nós ficamos nun nivel moi obxectivo. Así que nós sabiamos que o corpo político branco ía reaccionar negativamente e efectivamente, acusáronnos de facer racismo á inversa.

Evidentemente, eu iso encóntroo divertido na medida en que só poden ser racistas eses que se atopan na categoría xerárquica superior, non se pode ser racista estando abaixo. Nós, os de abaixo, temos ira, podemos reaccionar con violencia contra esa opresión sufrida, pero non podemos ser racistas na medida en que non temos o poder para selo. Nós non temos o poder de discriminar ós brancos. Así que, trátase dunha acusación deshonesta que busca, evidentemente, neutralizar a nosa actividade política.

Non queremos integrarnos senón participar na liberación dos outros oprimidos

Nós dicimos, se somos indíxenas da república, é porque estamos encarcerados dentro dun estatuto político, e esa encarceración demanda unha liberación, así que temos que liberarnos, a nosa é entón unha loita de liberación. Trátase dunha loita de liberación que é a alternativa á integración, porque a República francesa esíxenos que nos integremos no cadro do estado-nación francés e, efectivamente, durante trinta anos nós pensabamos: queremos ser cidadáns coma os outros así que queremos integrarnos porque viviamos en Francia. Pero non importaba o que fixeramos, eles dicíannos: non, vós non sodes verdadeiros franceses; así que, finalmente, acabamos por comprender que nós eramos inintegrables, debido á raza como estrutura da República. Como non podemos integrarnos, finalmente, comezamos unha loita de liberación que é tamén unha loita de liberación territorial. Porque o pobo indíxena está asentado nos barrios periféricos, nos barrios pobres, nos arredores dos grandes centros urbanos. Así que, efectivamente, hai unha loita social á vez dun estatuto social que é unha liberación de corpo, pero tamén hai unha loita territorial, na medida en que é necesario desancrar os barrios populares, liberalos da marxinalidade na que se atopan por cuestións raciais.

Pero a loita é máis ca iso, nós rexeitamos integrarnos no cadro do estado-nación francés porque este estado nación é tamén un estado nación imperialista, co que integrarnos no seu seo significaría aceptar o carácter imperialista deste estado francés e nese caso converternos en cómplices do imperialismo. E nós sabemos que obxectivamente xa somos cómplices, é por iso que nós dicimos que dentro do estado francés somos indíxenas pero en relación ao Sur. Somos indíxenas aristocráticos, iso significa que nós temos ese dobre status. É dicir, en relación ao branco en Francia, queremos igualdade social, igualdade política, pero en relación ao Sur, nós estamos xerarquicamente por riba, porque nós aproveitámonos dos beneficios sociais derivados da explotación do Sur. De dereitos políticos, de sindicatos, mesmo se somos os beneficiarios menos avantaxados, seguimos sendo beneficiarios. Así que, de maneira xeral, beneficiámonos do estado de dereito. E isto é unha responsabilidade política, -é que imos aceptar estar no estado-nación, volvernos brancos, coma os outros, ou é que rexeitamos claramente a branquitude? Porque en relación ao Sur, nós somos brancos. A nosa resposta é non, non queremos integrarnos senón participar na liberación dos outros oprimidos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Especulación inmobiliaria
Gentrificación ¿Por qué se levanta Lavapiés?: “Esta manifestación es solo el principio”
El tejido social del barrio convoca la gran manifestación del 1 de junio para visibilizar la recuperación de la movilización vecinal y denunciar la turistificación, la destrucción de los servicios públicos o el racismo institucional
Unión Europea
Fronteras La ultraderecha prepara su asalto al Parlamento Europeo capitalizando el discurso antiinmigración
Las encuestan apuntan a una mayor representación en la Eurocámara de los dos espacios políticos de extrema derecha, mientras los países que demandan un endurecimiento del Pacto de Migración y Asilo son mayoría.
Países Bajos
Racismo La extrema derecha holandesa llega al poder explotando el desencanto
Al conseguir por primera vez liderar un Gobierno, Geert Wilders ha consumado la conquista del centro político que la ultraderecha holandesa emprendió hace dos décadas.
#3314
18/11/2017 11:39

Muy interesenta y provocadora (en el buen sentido) no la conocía a ella ni al movimiento de los indígenas de la república, gracias!

4
1
Unión Europea
Elecciones Cuando el sionismo sedujo a la extrema derecha europea
La extrema derecha se muestra rocosa en su apoyo al Gobierno de Netanyahu: comparten la agenda de islamofobia y ha permitido al régimen sionista integrarse a la dinámica de las políticas “como siempre” de la UE.
México
Análisis México La nueva presidenta tomará el poder en un México acechado por el crimen organizado
La tarea de gobernar para la próxima presidenta mexicana irá más allá de atender el crimen organizado, los feminicidios, las personas desaparecidas y un reforzado papel del ejército
La vida y ya
La vida y ya Ni con un “sí” ni con un “no”
Cuando alguien afirma (de hecho mucha gente lo afirma) que la educación tiene que ser neutra siempre pienso lo mismo: es imposible.

Últimas

Ocupación israelí
Genocidio en Gaza La comunidad palestina demandará al Gobierno español por incumplir la Ley de Comercio de Armas
El Gobierno sigue sin romper las relaciones militares con Israel y sigue permitiendo el tránsito de armas por territorio español, denuncia la comunidad palestina de Catalunya, que llevará al Ejecutivo central a los tribunales.
Opinión
Opinión Frente el antisemitismo, Palestina libre
Los muros contra los, las y les otres, como el construido por Israel, se erigen como hipérbole del miedo a la pérdida de control en el interior de cada cual y en el Estado.
Más noticias
Que no te lo cuenten
Que No Te Lo Cuenten De concesiones y manifestaciones
VV.AA.
Nueva entrega del noticiero sonoro quincenal de El Salto Radio
Opinión
Opinión ¿Por qué mienten tanto las derechas?
Las derechas saben que el capitalismo está caducando y no quieren asumirlo, porque entonces ¿cómo iban a mantener su poder y riqueza?, ¿quién los apoyaría si dijeran que necesitan guerras para capear sus crisis y ganar más dinero?
Ocupación israelí
GENOCIDIO EN GAZA La UPV/EHU recibirá 4,2 millones por colaborar en nueve proyectos europeos con Israel
Hasta tres universidades, así como cuatro entidades gubernamentales de Israel, acompañan a la Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea en iniciativas de la Unión Europea donde participan además empresas que contribuyen al genocidio.
Estados Unidos
Estados Unidos Trump es declarado culpable de 34 delitos, pero la condena no le impedirá presentarse en noviembre
El expresidente republicano hizo pagos a dos mujeres para encubrir sus relaciones sexuales y falsificó esos pagos en los documentos de su campaña presidencial de 2016. La sentencia será leída en julio.

Recomendadas

México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio
Urbanismo
medio ambiente El mar no espera: retrato de la regresión del litoral alicantino
La línea de costa mengua año tras año a causa de temporales marítimos y los estragos que generan diques, puertos, y espigones en las corrientes, que modifican la superficie arenosa.
Palestina
Palestina Mustafa Barghouti: “Tiene que haber un embargo militar inmediato contra Israel”
El líder de Iniciativa Nacional Palestina saluda el reconocimiento del Estado por parte de tres países europeos pero exige que los gobiernos tomen nota de las demandas de los pueblos que piden medidas de boicot para aislar al régimen de Netanyahu.
Energías renovables
Energía y territorio Avalancha de macroparques solares en suelo rústico en Mallorca
La plataforma Renovables sí, però així no reclama una moratoria para frenar los más de 70 proyectos en tramitación que amenazan el campo isleño.