Vigo
Caballero evita participar no pleno que xulga o concurso público que simulou para Guns N’ Roses

O alcalde de Vigo limitouse a presidir a sesión extraordinaria que pretendía reprobar o seu papel na organización do concurso de 1,9 millóns de euros que o seu Goberno pactou previamente coa produtora do concerto. Culpa de todo á Xunta.
Caballero guns pleno
Abel Caballero abandonando o pleno do Concello de Vigo. Miguel Núñez

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, decidiu non participar no Pleno extraordinario do Concello de Vigo que pretendía analizar e xulgar o papel que el e máis o seu gabinete xogaron na simulación dun concurso público de 1,9 millóns de euros para celebrar un concerto de Guns N' Roses previamente acordado coa banda e que destapou O Salto en exclusivaO alcalde de Vigo limitouse a presidir a sesión extraordinaria e deixou en mans do seu voceiro a defensa do se argumentario no que culpou de todo ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda. O Goberno municipal do PSdeG-PSOE simulou unha licitación aberta para contratar a dedo a banda norteamericana, que actuou o 12 de xuño no estadio municipal de Balaídos. Fontes oficiais da promotora multinacional Live Nation, que xestiona as actuacións da banda en Europa, recoñeceron a esta redacción que contaban cun acordo previo co Concello para patrocinar a actuación da famosa banda de rock na cidade. As mesmas fontes explicaron, de feito, que ese patrocinio era o principal aliciente para que a banda fixese escala en Vigo e non en calquera outra cidade onde obter unha rendibilidade maior. Apenas un mes e medio despois, fíxose público un documento interno no que o Goberno local ofrecía eses 1,9 millóns á multinacional.

Non serviu de moito que o Bloque Nacionalista Galego lle lembrase onte expresamente ao alcalde de Vigo por carta a súa “obrigación legal de asistir e presidir os plenos”. Facíano, “ante o risco de que o alcalde escapase do Pleno Extraordinario” e, aínda que non abandonou a sesión si se negou a participar como máximo responsable no debate da súa reprobación. Non só el. A súa man dereita, a tenente de alcalde e expresidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que enchufou a dúas sobriñas no gabinete de Caballero, abandonou as instalacións municipais ao pouco de comezar a celebración da sesión extraordinaria. “O incumprimento desa obrigación legal, como ocorreu reiteradamente, representa un inaceptable desacato ao máximo órgano de representación democrática da cidade que é o Pleno Municipal”, explica Xabier P. Igrexas, voceiro municipal do BNG de Vigo.

Así foi o proceso de simulación do concurso

Todo comezou en febreiro deste ano, cando a mítica banda puzo a Vigo en nas canles oficiais da súa xira. Poucas horas despois, o propio alcalde xactábase da súa xestión no programa semanal co que conta na televisión local que o seu propio Goberno financia: “Nós sabemos operar moi co [estadio municipal] Balaídos. Imos meter máis de 30.000 persoas. Isto permítenos un gran concerto”. A pesar de que, nese momento, nin había reserva de crédito orzamentario nin licitación aberta, o alarde continuaba: “Guns N' Roses ven a Vigo e a Madrid. A ningún outro sitio de España. Na xira está en París, en Roma, en Londres... Está nas capitais de Europa e en Vigo (ri). Estou recibindo moitísimas felicitacións”. 

A finais de marzo, as entradas saíron á venda e, en menos de 24 horas, vendéronse case 25.000 ao mesmo prezo que, por certo, a actuación privada da banda en Madrid, algo que contribuiu ás críticas dos partidos de esquerdas na cámara municipal como o BNG ou a Marea de Vigo: “Como é posible que un concerto realizado a custe cero nun estadio municipal e que din que vai a contar con diñeiro público non teña ningún desconto nas entradas?”.

O Concello de Vigo negouse en rotundo a responder calquera das preguntas desta redacción e a súa actitude de obstrución valeulle a reprimenda do Colexio de Xornalistas

Con case todas as entradas vendidas, aínda non se sabía nada do patrocinio que o Goberno local anunciara aos catro ventos ata que, a finais de abril, a Concellería de Festas licitou un contrato de patrocinio publicitario valorado en 1.891.946,12 euros. Pero non era unha licitación normal. En teoría presentábase como “licitación aberta” á que calquera empresa podía concorrer. O obxecto do contrato, iso si, xa sementaba dúbidas da súa suposta concorrencia competitiva: “O patrocinio publicitario dun concerto internacional a celebrar no estadio de Balaídos na data proposta polo adxudicatario entre o 5 e o 27 de xuño de 2023”. O contexto para entender a singularidade: non había ningún outro concerto programado nesas datas e, ata o ano pasado, o estadio municipal levaba máis de dúas décadas sen acoller ningunha actuación. Ademais, só deron dez días para a presentación de propostas nos que, en teoría, unha banda internacional tería que organizar un concerto no estadio e presentarse ao concurso.

Pero a delimitación non foi suficiente. Nas condicións, os técnicos esforzáronse en asegurar a Guns N' Roses. Segundo os requisitos do contrato, a banda debía ser gañadora “como mínimo, dun premio internacional de prestixio no campo musical, tal como o Grammy ou o World Music Award ou semellante”; “contar cunha discografía de polo menos cinco discos de estudo, que no seu conxunto superen os 60 millóns de copias vendidas en todo o mundo”; “realizar un mínimo de cinco xiras internacionais”; e acumular “o número mínimo de subscritores” en redes sociais de 15 millóns. Un concelleiro da oposición facía chanza o día no que saíu o concurso no corredor do Pleno do Concello: “Faltoulles poñer que a actuación debía ser dunha banda cuxo nome empece por Guns e remate por Roses”.

O Concello de Vigo negouse en rotundo a responder calquera das preguntas desta redación. É máis, cando O Salto conseguiu preguntar nunha rolda de prensa ao respecto, a actitude de Abel Caballero valeulle unha reprimenda do Colexio de Xornalistas de Galicia por limitar a liberdade de prensa e o dereito a informar.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Especulación urbanística
Especulación urbanística Dúas nonaxenarias vencen ao fondo voitre do Barrio do Cura e ao Concello de Vigo: as súas casas seguirán en pé
Unha sentenza do xulgado local do Contencioso-Administrativo é un novo revés á promoción dunha urbanización de luxo no centro histórico da cidade. Unha gardaría pública tamén seguirá en pé.
Galicia
Galiza O Goberno tomba o intento da Xunta de regularizar a cidade deportiva do Celta declarada ilegal
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil emite un informe que bota por terra os intentos da Xunta de declarar Proxecto de Interese Autonómico pola porta de atrás unha cidade deportiva con centro comercial en montes comunais expropiados.
Gentrificación
Xentrificación O estrela Michelín Pepe Solla e unha multinacional pesqueira tras unha discoteca que operou sen licenza un ano
O Goberno de Vigo freou a sala de festas de El Palacio de La Oliva, na zona máis xentrificada da cidade. O negocio pertence á pesqueira Interatlantic, líder do sector, e a unha sociedade do galardoado cociñeiro galego.
Especulación inmobiliaria
Especulación inmobiliaria El PSOE retira la Ley del Suelo ante la oposición de sus socios y del PP
La falta de acuerdo con el PP y el voto contrario de Sumar, Podemos, Junts y ERC lleva al gobierno a retirar una reforma que facilita los pelotazos urbanísticos, según las críticas de sus aliados parlamentarios.
Recortes
Educación Huelga educativa contra los recortes, el distrito único y el retroceso del valenciano
La Plataforma en defensa de la enseñanza pública, que agrupa a los principales sindicatos de docentes y tejido educativo, desarrolla hoy la primera huelga de la era PP-Vox.
Cine
Cine y vivienda ¿Dónde están los desahucios en las películas españolas?
Con excepciones señaladas como ‘En los márgenes’ o ‘Antidisturbios’, el conflicto de la vivienda sigue ausente de las ficciones que aspiran a retratar nuestro presente.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Análisis
Análisis AI Act: un reglamento nuevo para afianzar el orden racial y colonial de siempre
La nueva normativa de Inteligencia Artificial establece una “regulación paralela” en función de quienes son las personas afectadas, algo observable en los usos que se prevén en contextos fronterizos y policiales.

Últimas

Medio ambiente
Estreno 'Altri: a sede insostible’, un documental sobre los futuros efectos de la celulosa proyectada en A Ulloa
Este viernes 24 de mayo, El Salto y Xarda estrenan un proyecto audiovisual sobre cómo una multinacional portuguesa pretende destruir recursos naturales y sociales en el corazón de Galicia con la creación de una pastera diez veces más grande que ENCE.
Salud
PRECARIEDAD ALIMENTARIA El Gobierno Vasco adjudica medio millón a una empresa sancionada por servir alimentos en mal estado
La empresa sevillana Plataforma Fermar acumula cinco multas por ofrecer comida en mal estado en residencias para mayores y en centros para menores de edad en Madrid, ha recibido tres millones del Gobierno Vasco para las cárceles.
Cine
Obituario Roger Corman, rey de la serie B, administrador de la cultura ‘freak’ (y sus sesgos)
El autor de ‘El péndulo de la muerte’ dirigió un buen número de películas reivindicables y produjo algunas joyas peculiares dentro de sus pequeños imperios del cine ‘low cost’.
Análisis
Análisis Ventajas e inconvenientes de coger la motosierra
Hagamos un ejercicio de imaginación y cojamos esa motosierra y veamos lo que pasa con la economía.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda Una demanda colectiva contra CaixaBank intenta anular 16 cláusulas abusivas en contratos de alquiler
El Sindicat de Llogaters lleva a la justicia a esta entidad financiera, a la que acusa de abusos sistemáticos en pisos de protección oficial levantados con subvenciones públicas por la Obra Social de la Caixa.
Más noticias
Palestina
El 28 de mayo España, Irlanda y Noruega anuncian el reconocimiento oficial de Palestina como Estado
El 28 de mayo, Palestina será oficialmente un Estado para España, Noruega e Irlanda. Los tres países han anunciado esa fecha como la del reconocimiento oficial de Palestina como Estado.
Fake news
Investigación Así se financia la desinformación en Murcia: ‘OkDiario’ y ‘EsDiario’, los favoritos de López Miras
El Gobierno murciano ha repartido más de 240.000 euros a medios de desinformación en los dos últimos años. De ellos, Eduardo Inda se ha embolsado casi la mitad y EsDiario 54.355 euros.
Música
Tendencias “Solo soy una chica”: lo ‘coquette’ y su presencia en la estética musical
Romanticismo y nostalgia son los dos ingredientes que sustentaron el nacimiento de lo ‘coquette’, una tendencia que se apoderó de TikTok desde principios de 2022 y que tuvo su punto álgido en 2023.

Recomendadas

Genocidio
Genocidio Karim Khan: el tipo duro que ha puesto contra las cuerdas a Netanyahu y de los nervios a Biden
La decisión de la Fiscalía del Tribunal Penal Internacional de solicitar órdenes de detención contra los jerarcas israelíes responsables de la masacre de Gaza genera división entre los países europeos e indigna al gobierno de Estados Unidos.
Alemania
Extrema derecha “Es imposible confiar en el Estado alemán y su policía en la lucha contra los neonazis”
En Alemania, el movimiento antifascista se enfrenta a una oleada de represión, mientras que las elecciones de septiembre auguran la victoria del partido de extremaderecha Alternativa para Alemania en diferentes estados.
Biodiversidad
Biodiversidad Natura 2000: una red de protección medioambiental amenazada por la agricultura
La pieza central de las políticas de protección medioambiental ha sido incapaz de frenar el avance de la agricultura intensiva en zonas sensibles. Visitamos tres ecosistemas protegidos en España, Portugal y Alemania para comprobar su impacto