Elecciones
Néstor Rego: “Non obedecemos ordes de ninguén. Frearemos a dereita defendendo os intereses de Galiza"

Coa maioría de enquisas apuntando a que poidan dobrar a súa representación no Congreso, o único deputado do BNG reivindica que colocou a axenda galega en Madrid e asegura que apoiará unha coalición progresista.
Nestor rego bng
O candidato do BNG pola provincia da Coruña, Néstor Rego.
Traducido por Alma López Figueiras
20 jul 2023 08:13

O nacionalismo galego de esquerda soamente tivo unha faciana no Congreso dos Deputados durante os últimos catro anos, e esa foi a de Néstor Rego (O Vicedo, 1961). O seu partido ten loitado contra unha reforma laboral que considera “insuficiente” e, como candidato á reelección pola Coruña, Rego critica duramente que os deputados e as deputadas galegas “se neguen sistematicamente” a votar en favor de propostas “obxectivamente boas” para Galiza por unha disciplina de voto “marcada desde a dirección dos seus partidos estatales”.

O primeiro que quero preguntarlle é se ten confianza nesas enquisas que indican que estarían en disposición de conseguir o terceiro deputado por Lugo. Sería este un resultado bo para o BNG?
Nós temos a certeza de que o BNG vai medrar nestas eleccións. Van aumentar os apoios e a representación. Todo o que aumente o BNG vai ser positivo para o noso país, para Galiza. Estamos convencidos. Trátase de ter un grupo galego propio que defenda de xeito coherente os intereses do noso país. Que remate coa marxinación histórica en infraestruturas, equipamentos, servizos... Que impulse políticas sociais avanzadas e que, ademais, sirva para frear a dereita. E nese obxectivo estamos traballando.

Elecciones
Ana Pontón “Temos o reto de traducir o sentimento nacional de Galiza en políticas de dereitos para as maiorías sociais”
A líder do Bloque Nacionalista Galego recoñece as boas perspectivas da súa organización de cara ás eleccións xerais, le nos soberanismos a clave dos avances sociais do Estado e fai balance da xestión de Alberto Núñez Feijóo na Xunta durante 13 anos.

Sexa cal sexa o resultado, parece que se se volve repetir un goberno de coalición progresista os votos do BNG serán decisivos para unha potencial investidura. Cales serán as esixencias fundamentais que porán enriba da mesa?
Se algo ten claro a sociedade galega é que, se do BNG depende, a dereita non vai gobernar. Xa o demostramos en 2019. Nin soa nin con Abascal. Mais non lle imos dar un cheque en branco a ninguén. Poremos sobre a mesa a axenda galega e obrigaremos a que se cumpra o acordo ao que cheguemos. Hai unha serie de elementos clave. O principal é levar o investimento no noso país ao limiar dos 2.000 millóns de euros na próxima lexislatura. Unhas cifras nas que xa estivo en 2008, 2009 e 2010. Despois, o PP e o PSOE decidiron baixalo ata os 1.072 millóns, que son insuficientes para atender as necesidades do presente e, moito menos, do futuro.
Falaremos da rede ferroviaria interna, la inexistencia de servizo de curta distancia entre as nosas áreas urbanas e metropolitanas. Pero tamén incorporaremos cuestións de política social como xa temos feito: aumentar o financiamento na Lei de Dependencia, que haxa xulgados de violencia de xénero en todas as cidades galegas (soamente hai en Vigo e na Coruña) ou atender a crise industrial. E no ámbito político, atender a transferencia das competencias pendentes previstas no Estatuto de Autonomía para reforzar o autogoberno.

Sei que non teñen sido soamente vostedes, senón case todos os partidos de esquerda, pero despois da confrontación que tiveron coa reforma laboral, pode ser que a relación coa fronte ampla de Yolanda Díaz e co PSOE estea algo máis tensa?
Nós fomos críticos cunha normativa que, de facto, non derogou a reforma laboral do Partido Popular. A proba máis evidente é que hoxe é igual de barato despedir que cos gobernos do PP. As condicións de despido de 45 a 33 días era un dos elementos máis graves e non foi modificado. Con todo, nós preferimos mirar cara a adiante e formulalo en positivo. Para nós é un obxectivo para a próxima lexislatura recuperar dereitos laborais. Nas condicións de despido e tamén nos salarios de tramitacións; recuperar dereitos en pensións, volver á xubilación aos 65 anos... E aumentar as pensións mínimas para reducir a fenda de xénero e a territorial, porque non esquezamos que Ourense e Lugo son, respectivamente, as provincias coas pensións máis baixas do Estado. Están 650€ por abaixo da máis alta, en Biscaia.

Conseguimos un acordo de investidura que desbloqueou a axenda galega e sigue servindo de referencia para ver como debe ser a orientación das políticas do Estado en relación ao noso país"

Hai moito ruído arredor dos logros do Bloque durante esta lexislatura. Que conseguiron para mellorar a vida das galegas e dos galegos?
Se me permites un comentario, e o digo con carácter xeral, non falo de vós en concreto: é curioso que esta pregunta que se lle fai ao BNG, cun deputado, non se lle faga a forzas como o PP de Galiza, que ten dez deputados no Congreso. Pero iso é positivo. Significa que no imaxinario da xente está que o BNG é unha forza útil porque temos un PP tratando de convencer do contrario en Galiza. Se teñen que facer ese esforzo é porque a percepción social é a contraria.
Nós conseguimos un acordo de investidura que desbloqueou a axenda galega e aínda hai cousas que non se teñen cumprido. Segue servindo de referencia para ver como debe ser a orientación das políticas do Estado en relación ao noso país. Os descontos históricos na AP-9, os traballos de saneamento da ría do Burgo, a conexión ferroviaria co porto exterior da Coruña ou os traballos de modernización da liña ferroviaria entre Lugo e Ourense. Se cun deputado conseguimos todo isto, con tres, catro ou cinco teremos a capacidade de condicionar permanentemente un escenario sen maiorías absolutas.

Elecciones
Municipais galegas A esquerda gobernará en cinco das sete cidades galegas
O Bloque Nacionalista Galego consegue ser a principal forza da esquerda na capital e en Pontevedra. O Partido Popular soamente gobernará en Ferrol. En Ourense, Jácome arrasa. Vigo, A Coruña e Lugo serán gobernadas polo PSOE.

Que diferenza hai entre un voto ao BNG e un voto a Sumar ou a PSOE en Galiza? 
Hai unha diferenza evidente, e é que o BNG é a única forza que asegura a defensa dos intereses do país e das súas maiorías sociais en Madrid. Nós non obedecemos ningunha directriz allea a Galiza. Temos a experiencia desas forzas estatais con presenza en Galiza que, nas votacións, fan o que mandan as súas direccións en Madrid. Incluso votan en contra de propostas que, obxectivamente, favorecen ao pobo galego. Cústame entender que as deputadas e os deputados teán votado en contra de enmendas aos Orzamentos Xerais para, por exemplo, conseguir xulgados de violencia de xénero nas cidades ou rexenerar as nosas rías. Por iso dicimos que o voto para o BNG é un voto que vale dobre: beneficia a Galiza e frea a dereita e a ultradereita.

Nestas eleccións chegan arroupados por figuras significativas do soberanismo galego que tiñan renegado ou se escindiran do BNG. Quero preguntarlle se chegaron a un acordo previo con Anova antes de que persoas como Xosé Manuel Beiras ou Martiño Noriega pedisen publicamente o voto para o BNG.
Non houbo acordo. Houbo conversas. Foi unha decisión deles e, con honestidade, o valoro moi positivamente. Estamos nun momento decisivo para que Galiza se faga valer por si mesma para frear a unha dereita e unha ultradereita reaccionaria e antigalega. É moi positivo e non só dos espazos nacionalistas. Tamén me gustaría destacar os pronunciamentos públicos das persoas que foron primeira e segunda secretaria xeral de Podemos en Galiza: Breogán Riobóo e Carmen Santos, que tamén pediron o voto para o Bloque Nacionalista Galego.

Respecto de Alberto Núñez Feijóo e Yolanda Díaz como candidatos á presidencia, ten esperanzas de que esta presenza galega nas cabezas de lista teña un efecto positivo para o país? 
Sinceiramente, non creo que esa condición vaia ser determinante. Xa tivemos a Mariano Rajoy como presidente e non serviu en absoluto para que estivésemos mellor situados. Póñoche dous exemplos. Con Rajoy, o investimento en Galiza pasou de máis de 2.000 millóns de euros a menos de 1.000 millóns. Ou a transferencia da AP-9, que foi aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia e a freou o goberno do PP, con Ana Pastor, deputada por Pontevedra, como presidenta do Congreso dos Deputados.

O PP goberna unha parte moi pequena da poboación de Galiza fronte ao BNG e o PSOE, que gobernamos para a maioría da poboación"

Hai algo do que Feijóo saca peito e creo que non se entende fóra de Galiza: as súas catro maiorías absolutas na Xunta. En cambio, a esquerda goberna en cinco das sete cidades galegas. Que lle pasa á esquerda galega nos concellos pequenos? Entende mellor o PP as vilas e os pobos que o BNG ou o PSdeG?
Probablemente esta pregunta daría de si para unha conferencia de socioloxía e comportamento electoral (sorrí). Pero hai algunha cuestión que está bastante clara: nos concellos pequenos, as dinámicas clientelares son máis doadas que nun concello grande ou nunha cidade. Con todo, quédome co positivo: hoxe o PP goberna unha parte moo pequena da poboación de Galiza fronte a BNG e PSOE, que gobernamos para a maioría na poboación. Creo que é importante destacar isto.
E hai outro factor clave que non se aprecia desde fóra: o control mediático que ten o Partido Popular en Galizal. A falta de pluralidade real que existe no noso país. Os medios públicos convertidos en aparatos de propaganda do PP e en boa parte dos medios privados. Resulta sarcástico que 
Feijóo diga que si goberna vai garantir a pluralidade de RTVE (sorrí).

Por último, sei que todavía falta algo de tempo, pero como cre que afectarán os resultados destas eleccións na carreira pola presidencia da Xunta en 2024?
Creo que só poden ser positivos e serán decisivos para ese cambio político que moita xente está agardando neste país e que non se pode atrasar máis. As próximas eleccións galegas serán un cambio de rumbo decisivo para deixar atrás as políticas do Partido Popular e ter un goberno galego encabezado polo BNG e por Ana Pontón. Creo que se o BNG confirma un gran resultado ese domingo, parte con moita máis forza para arrebatarlle o goberno galego ao Partido Popular.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Elecciones
Elecciones catalanas El triunfo de Sánchez e Illa en el embrollo catalán
Los socialistas derrotan con claridad al independentismo, pero lo tendrán complicado para formar gobierno y la derechización de la política catalana no es una buena noticia para el PSOE.
Generalitat de Catalunya
Elecciones Catalunya Pere Aragonés abandona la primera línea política tras el batacazo electoral
El candidato de ERC ha asegurado que no recogerá el acta para ser diputado en el futuro parlamento catalán, después de bajar hasta los 20 escaños y asegurar que su partido estará en la oposición.
Catalunya
Elecciones Mayo de 2024 La izquierda en Catalunya pasa un mal trago aunque suma para un posible gobierno del PSC
A falta de un 2% del escrutinio, la suma de PSC, ERC y Comuns Sumar llega al mínimo de 68 diputados para que Illa intente formar Gobierno. Mala noche para la izquierda en Catalunya, que obtiene sus peores resultados en una década.
Sanidad pública
Conciliación en entredicho Enfermeras denuncian que hospitales madrileños están bloqueando reducciones de jornada
De cara al próximo verano grandes hospitales de la Comunidad de Madrid están impidiendo que las profesionales del sector de la enfermería acumulen horas para poder librar días enteros, derecho adquirido que va en retroceso.
Turismo
Baleares Mallorca se prepara para una gran manifestación contra la masificación turística
Miles de personas están llamadas a concentrarse este sábado en Palma para demostrar su malestar ante una situación difícil de sostener en el tiempo.
Minería
Mineras contra el territorio La minera que provocó un conflicto en Groenlandia irrumpe con proyectos en Castilla y León y Extremadura
La polémica compañia australiana ETM, protagonista del convulso proyecto de Kvanefjeld (Groenlandia), tras los planes extractivistas de Villasrubias y El Payo (Castilla y León ) y Salvaleón, en la extremeña Sierra de Gata.
Sindicatos
Sindicatos Los convenios estatales, autonómicos y provinciales articulan una protección laboral en cascada
CCOO defiende la articulación de los convenios estatales, autonómicos, provinciales y de empresa para dar cobertura a todas las personas trabajadoras de todos los sectores.
Educación pública
Recortes La comunidad educativa respalda de forma masiva las manifestaciones por la huelga
Miles de personas secundan las marchas vespertinas y los convocantes de la huelga señalan como éxito el seguimiento en el conjunto del País Valencià.
Especulación inmobiliaria
Especulación inmobiliaria El PSOE retira la Ley del Suelo ante la oposición de sus socios y del PP
La falta de acuerdo con el PP y el voto contrario de Sumar, Podemos, Junts y ERC lleva al gobierno a retirar una reforma que facilita los pelotazos urbanísticos, según las críticas de sus aliados parlamentarios.
Catalunya
Catalunya PSC, Junts, PP y Vox tumban la regulación de los alquileres de temporada en el Parlament catalán
El decreto que regulaba los precios de alquiler de temporada y habitaciones ha estado en vigor menos de un mes. Ha sido la primera votación tras las elecciones del 12 de mayo en Catalunya.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.

Últimas

Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda Instituciones, fondos buitre e inmobiliarias se dan cita en Madrid en plena crisis de vivienda
Decenas de organizaciones sociales suman sus fuerzas contra la feria inmobiliaria SIMA, un evento que reúne desde el martes a fondos de inversión e instituciones públicas para promocionar el uso de la vivienda como activo financiero.
Más noticias
Lanaren Ekonomia
Lanaren Ekonomia Astean 37,5 orduko lanaldiak laister orokortuko dira
Espainiako koalizio gobernuko akordioaren bitartez, lanaldi laburragoak orokortzeko politika garatzea lortuko du Yolanda Diaz Lehendakariordea eta Lan Ministrak
Análisis
Análisis AI Act: un reglamento nuevo para afianzar el orden racial y colonial de siempre
La nueva normativa de Inteligencia Artificial establece una “regulación paralela” en función de quienes son las personas afectadas, algo observable en los usos que se prevén en contextos fronterizos y policiales.
Salud
PRECARIEDAD ALIMENTARIA El Gobierno Vasco adjudica medio millón a una empresa sancionada por servir alimentos en mal estado
La empresa sevillana Plataforma Fermar acumula cinco multas por ofrecer comida en mal estado en residencias para mayores y en centros para menores de edad en Madrid, ha recibido tres millones del Gobierno Vasco para las cárceles.
Cine
Obituario Roger Corman, rey de la serie B, administrador de la cultura ‘freak’ (y sus sesgos)
El autor de ‘El péndulo de la muerte’ dirigió un buen número de películas reivindicables y produjo algunas joyas peculiares dentro de sus pequeños imperios del cine ‘low cost’.

Recomendadas

Cine
Cine y vivienda ¿Dónde están los desahucios en las películas españolas?
Con excepciones señaladas como ‘En los márgenes’ o ‘Antidisturbios’, el conflicto de la vivienda sigue ausente de las ficciones que aspiran a retratar nuestro presente.
Genocidio
Genocidio Karim Khan: el tipo duro que ha puesto contra las cuerdas a Netanyahu y de los nervios a Biden
La decisión de la Fiscalía del Tribunal Penal Internacional de solicitar órdenes de detención contra los jerarcas israelíes responsables de la masacre de Gaza genera división entre los países europeos e indigna al gobierno de Estados Unidos.
Alemania
Extrema derecha “Es imposible confiar en el Estado alemán y su policía en la lucha contra los neonazis”
En Alemania, el movimiento antifascista se enfrenta a una oleada de represión, mientras que las elecciones de septiembre auguran la victoria del partido de extremaderecha Alternativa para Alemania en diferentes estados.